FROITA EXÓTICA
Como a froita se esvae na súa esencia E se troca en ledicia a súa ausencia Ao se perder na boca a forma enteira Exalo aquí o meu futuro lume E canta o ceo na alma e se consume No rumoroso cambio da ribeira Antón Avilés de Taramancos , traducindo ó galego «O Cemiterio Mariño» de Paul Valery . Foille tan ben a miña nai coa froitería que comezou a importar produtos exóticos de Bolivia, Perú e a selva Amazónica. Había unha especie de piña que, si non fora por unha campán de vidro que a illaba, invadiría o local cun insoportable cheiro a podre. Non me explicaba como podían mercala. A propósito dese cheiro fedento, lembro a un cabaleiro de fondos ollos verdes, pel escura, moi ben vestido, que comezou a visitar a Dona Sara. Sentábase na trastenda, durante a hora de descanso e falaban, quen sabe de que, porque nunca puiden achegarme a él: tiña este señor, unha enfermidade que o facía "exsudar un cheiro fedento". Todo o que tocaba quedaba impregnado. Un día esqueceu o seu lapis. ...