Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta SIMBIOXÉNESIS

SIMBIOXÉNESIS DE LYNN MARGULIS

Imaxe
Lynn Margulis (1938-2011) foi profesora da Universidade de Massachusetts en Amherst (EEUU), dende 1998. Antes pasou por outras universidades e outros moitos países. Nesa época xa era unha microbióloga famosa e controvertida. Na Wikipedia di dela: “Trae unha influencia espectacular, pois aporta a mistura de bioloxía con humanidades. É da liñaxe dos científicos como Galileo Galilei, Copérnico e Newton. Cunhas ideas radicais, que o tempo e a historia demostran ser correctas”. Recibiu a Medalla Nacional de Cencias dos EEUU no 1999, e varios doutorados honoris causa, un deles en Valencia e outro en Barcelona. A pesares delo, nunca obtivo financiación da National Science Foundation, nin o premio Nobel que merecía. Cando lle preguntaron, por que cree ela que a xente non lle gusta a "simbioses"?, ela contestou que “é feminina, cooperativa e non competitiva”. O periódico británico The Telegraph revela que se lle denegaron moitas becas, algunhas coa resposta: “A súa investigación é un...

ÁRBORE UNIVERSAL DE WOESE

Imaxe
Árbore Universal da Vida , desenrrolado por Carl Woese e outros, baseándose na secuencia de nucleótidos do ARNr (secuencia de nucleótidos ribosómicos). A zona sombreada representa os microorganismos termófilos. Ilustración de Tamara Clark. A RIQUEZA XENÉTICA DA MICROSCÓPICA VIDA DA QUE VIMOS OS PLURICELULARES Toda a diversidade visible na vida o noso arredor: plantas, animais multicelulares, está representada por un par de pequenas bifurcacións dunha rama. Os procariotas (Archaea + Bacteria) representan 2/3 da diversidade xenética da Terra. No dominio das «Archaeas» hai máis diversidade e distancia evolutiva, en varios ordes de magnitude, das que atopamos entre as plantas, animais e fungos xuntos. 1990- Aceleración da investigación de Carl Woese, en base a secuencia do ARNr (secuencia de nucleótidos rudimentario ou ribosómico) de máis organismos. 1996- Secuénciase o xenoma completo (non só fragmentos de ARNr) dun metanóxeno (Methanococeus Jamaschii), publicáronse os resultad...