PRANTAS DA PACHAMAMA
Fai moito tempo que a Datura asociouse co culto de Shiva, o deus da India que rixe os aspectos creativos e destrutores do universo. Nesta escultura de bronce do século XI, do sureste da India, se ve a Shiva danzando o Anandatandava, a sétima e última das súas danzas, onde se combinan todos os resgos do seu carácter. Shiva aplasta co seu pé dereito ao Demo "Apasmar Apurusa", que se personifica na ignorancia. Shiva sostén coa man dereita superior, un tambor diminuto, que simboliza o tempo, por medio do ritmo da súa danza cósmica, no campo da vida e a creación. A súa man dereita inferior atópase na posición "abhaiamudra", expresando a calidade de Shiva de gardián do universo. Na man superior esquerda sostén unha chama que queima o veo da ilusión. A súa man inferior esquerda na posición de "gaxahasta", apunta ó seu pé esquerdo levantado, libre no espazo, simbolizando a liberación espiritual. O seu cabelo está atado cunha banda, mentres que dúas serpes sost...