Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta SUBSOLO

A ORIXE DA VIDA

Imaxe
Os "termófilos" son un tipo de "extremófilos" como estes microorganismos que crecen formando colonias de cores rechamantes nunha poza do Parque Nacional de Yellowstone, EUA. Moitos científicos se debaten entre si foron primeiro os xenes que transportan o código necesario para crear proteínas, ou si foron as proteínas enzimáticas (facilitan as reaccións nas células convertendo o substrato en produto sen alterarse nin transformar o medio onde se producen estas reaccións) capaces de catalizar (provocar os procesos reactivos cunha orientación exitosa) a sínteses dos xenes. Aínda que a pregunta fundamental está en como se crearon, tanto xenes como proteínas. Entre moitas teorías está, a de atribuír ó "solo" o papel protagonista da xeración destas unidades básicas, mais concretamente os "minerais arxilosos". CHANT OF THE SOIL Album: "Nude Ants"> Piano: Keith Jarret; Batería: Jon Christensen; Contrabaixo: Palle Danielssen; Saxo Soprano...

ÁRBORE UNIVERSAL DE WOESE

Imaxe
Árbore Universal da Vida , desenrrolado por Carl Woese e outros, baseándose na secuencia de nucleótidos do ARNr (secuencia de nucleótidos ribosómicos). A zona sombreada representa os microorganismos termófilos. Ilustración de Tamara Clark. A RIQUEZA XENÉTICA DA MICROSCÓPICA VIDA DA QUE VIMOS OS PLURICELULARES Toda a diversidade visible na vida o noso arredor: plantas, animais multicelulares, está representada por un par de pequenas bifurcacións dunha rama. Os procariotas (Archaea + Bacteria) representan 2/3 da diversidade xenética da Terra. No dominio das «Archaeas» hai máis diversidade e distancia evolutiva, en varios ordes de magnitude, das que atopamos entre as plantas, animais e fungos xuntos. 1990- Aceleración da investigación de Carl Woese, en base a secuencia do ARNr (secuencia de nucleótidos rudimentario ou ribosómico) de máis organismos. 1996- Secuénciase o xenoma completo (non só fragmentos de ARNr) dun metanóxeno (Methanococeus Jamaschii), publicáronse os resultad...

O SOCHÁN (O SUBSOLO)

Imaxe
Menhir de Andabao (Boimorto). Un día calquera que esteas polo monte ou no xardín da casa, afundes o índice e o polgar onda as raíces dunha mata de herbas e quitas unha polgada de terra. O máis seguro e que teñas na man alrededor de mil millóns de organismos individuais vivos, cunhas dez mil especies diferentes de microorganismos, a maioría aínda sen nomear, catalogar, nin entender. Entretecidas cos miles de raiciñas da herba, que podemos observar a simple vista, existen madeixas duns filamentos microscópicos e parecidos a tela de araña chamados "hifas micóticas", cunha lonxitude total que non se mide en centímetros senón en quilómetros. E todo isto nunha simple polgada de terra. Nun puñado de chan normal e corrente hai máis criaturas que humanos no planeta enteiro, e quizá centos de quilómetros de microscópicas hifas de fungos asociados. Como seres humanos temos que aprender a reconciliar a natureza dual dos chans. Dun lado, dentro das decenas de millares de especies q...