NÓS DICIMOS "NON"
Discurso de inauguración das xornadas de “Chile Crea”, en Santiago de Chile, a mediados de 1988. Viñemos aquí dende diversos países, xuntándonos ó carón da xenerosa sombra de Pablo Neruda, acompañando ó pobo de Chile, que di "non". Tamén nós dicimos "non". Dicimos "nòn" á louvanza do diñeiro e da morte. Decimos "non", a un sistema que pon prezo as cousas e a xente, onde o que máis ten é o que máis vale, e dicimos "non", a un mundo que destina ás armas de guerra, dous millóns de dólares cada minuto, mentres cada minuto mata trinta nen*s por fame ou enfermidade curable. A bomba de neutróns, que safa ás cousas e aniquila á xente, é un perfecto simbolo do noso tempo. Para o asasino sistema, que convirte en obxectivos militares as "estrelas da noite", o ser humano se configura como un factor de produción e de consumo e un "obxecto de uso"; o tempo , nun "recurso económico"; e o planeta enteiro , nunha ...