Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta DIVINIDAD NATURAL

MARÍA CHOROU NOS PÉS DE XESÚS

Imaxe
Nado en Montreal no 1960, Chester Brown publicou a súa primeira tira ós doce anos nun periódico local, e antes de cumprir os vinte trasladouse a Toronto co propósito de profesionalizarse na súa paisón que o catapultaría como unha das personalidades máis novedosas do cómic independente. No 1983, autoedita o minicomic “Yummy Fur”, que sería o previo a editar a súa novela gráfica “O Paiaso Feliz”, que acadaría varios premios internacionais, e as lembranzas autobiográficas co título de “O Playboy” e “Nunca me gustaches”. Outros traballos notables son a biografía do líder rebelde canadense do século XIX “Louis Riel”, ou as súas rotundas reflexións sobre a prostitución, baseadas en experiencias reais, recollidas no libro “Pagando por Elo”. De personalidade introvertida pero impúdico no seu discurso, Chester Brown logrou converterse nunha das voces máis poderosas e influentes con que conta hoxe o mundo do cómic para adultos. “SON MARÍA DE BETAÑA E MARÍA MADALENA, A MESMA PERSOA?” Non pod...

LIMITES PLANETARIOS

Imaxe
Cada ano, cada cidadán norteamericàn gasta unha media de 16 toneladas de minerais e combustibles fósiles. Se multiplicamos esta cifra pola poboación de Estados Unidos (270 millóns) obtemos unha cantidade de toneladas tremenda. Peor aínda: en todo o mundo desenrolado, o consumo crece a par do crecemento económico, en torno o 3%- Esta cifra, aparentemente inocente, non o é: significa que dentro de 23 anos consumiremos o dobre que agora (2002, ano de publicación de "Biografía da Terra", libro do que se extrae o presente artículo). E o mesmo sucede co resto dos recursos, coas consecuencias previsibles: destrución das reservas de peixe, talas (e incendios) desmesuradas, ou extracción cada vez maior das augas subterráneas. Estes últimos recursos levan a tranquilizadora etiqueta de renovables, pero só ate certo punto: superado este, pasan a ser tan agotables como o petróleo ou o cobre. 1972_CLUB DE ROMA: CRECEMENTO CERO. A principios da década de 1970, un grupo de educadores, ec...

A MARÍA: NÉCTAR DA DELICIA

Imaxe
1) Parte superior da planta macho, con frores; 2) Parte superior da pranta femia con froitos; 3) Xerminación da pranta; 4) Foliolo dunha folla dividida en once partes; 5) Porción dunha inflorescencia estaminífera con capullos e fror madura; 6) Frores femias; 7) Froito pechado nunha bráctea resistente; 8) Froito, vista lateral; 9) Froito, vista posterior; 10) Velosidade glandular con tallo corto, visible, dunha soa célula; 11) Velosidade glandular con tallo corto, visible, dunha soa célula; 12) Velosidade non glandular contendo un cistolito. O NÉCTAR DA DELICIA A relación do ser humano e a Cannabis, existe probablemente, dende moito antes do descubrimento da agricultura no Vello Mundo, fai máis de dez mil anos. Pola súa múltiple utilidade, a Cannabis convértese nun dos cultivos máis antigos e máis estendidos do mundo, cumprindo eficazmente cinco propósitos: Fonte de Fibra (cáñamo), Aceite, Sementes (fonte nutricional), Narcótica e Terapéutica para tratar un amplo espectro...

PSICOLOXÍA TRANSPERSOAL

Imaxe
Transformar as distraccións sensoriais en portas ó inefable, é tarefa da mente evolucionada (Xosé Maroto Mingo) METÁFORA SUFÍ Existe unha coñecida metáfora dos mestres sufís, describindo cunha fermosa imaxe do ser humano, como unha unidade formada por: mente, corpo, emocións e espírito. Ó nacer, somos provistos dunha carruaxe (o corpo), conducido por un cocheiro (a mente), impulsado por dous cabalos (emocións e instintos). Dentro da carruaxe, viaxa o propietario (o Ser) que da as ordes, mentres viaxa ó traveso dos camiños (a vida). É a nosa responsabilidade, durante a viaxe da vida, coidar a carruaxe; revisala, afinala e atender o que sea necesario para o seu mantemento. Deste xeito, a carruaxe nos permitirá visitar e coñecer moitos lugares. Durante a viaxe, imos dándonos conta do importante que é ensinar ó cocheiro, para que deixe de castigar ós cabalos. Mostrarlle medios para non reprimilos, que aprenda a coidalos e animalos. E tamén indicarlle como dominalos, para que non se d...

ÁRBORE UNIVERSAL DE WOESE

Imaxe
Árbore Universal da Vida , desenrrolado por Carl Woese e outros, baseándose na secuencia de nucleótidos do ARNr (secuencia de nucleótidos ribosómicos). A zona sombreada representa os microorganismos termófilos. Ilustración de Tamara Clark. A RIQUEZA XENÉTICA DA MICROSCÓPICA VIDA DA QUE VIMOS OS PLURICELULARES Toda a diversidade visible na vida o noso arredor: plantas, animais multicelulares, está representada por un par de pequenas bifurcacións dunha rama. Os procariotas (Archaea + Bacteria) representan 2/3 da diversidade xenética da Terra. No dominio das «Archaeas» hai máis diversidade e distancia evolutiva, en varios ordes de magnitude, das que atopamos entre as plantas, animais e fungos xuntos. 1990- Aceleración da investigación de Carl Woese, en base a secuencia do ARNr (secuencia de nucleótidos rudimentario ou ribosómico) de máis organismos. 1996- Secuénciase o xenoma completo (non só fragmentos de ARNr) dun metanóxeno (Methanococeus Jamaschii), publicáronse os resultado...