SERVIDUME VOLUNTARIA (I/IX)
Étienne de La Boétie estudou desde moi novo os clásicos gregos e latinos, e aos 18 anos publicou o seu “Discurso contra a Servidume Voluntaria”.
Pregúntase Étienne, xa no s. XVI, sobre o inexplicable desexo das persoas, de se deixaren tiranizar: "Non entende, o abandono do natural amor pola liberdade. Á liberdade se chega, só con querelo."
![]() |
- “Moita xente a mandar, non me parece ben; Un só xefe, un só rei, é o que máis nos convén”.
Así proclamaba publicamente Ulises en
Homero (Iliada, cap. II). Tería toda a razón se dixese algo así:
- “Moita xente a mandar, non me parece ben”.
Debería, para ser máis claro,
explicar que o dominio de moitos, nunca pode ser boa cousa, xa que o
dominio de un só, que usurpa o título de soberano, xa é bastante
duro e pouco razoable; en vez diso, porén, engadiu:
- “Un só xefe, un só rei, é o que máis nos convén”.
Unha única desculpa que ten Ulises, é a necesidade que tivo de recorrer a semellantes palabras, para acalmar
as tropas amotinadas, adaptando o discurso ás "circunstancias", mais
que a "verdade".
Vistas ben as cousas, non hai
infelicidade maior, que estar suxeito a un xefe; nunca se pode confiar
na bondade del, e só del depende o ser malo, cando así o considere.
Ter varios amos, é ter outros tantos
motivos para ser extremadamente desgraciado.
Non quero, sen embargo, recuperar o
discutidísimo problema de saber, se as outras formas de gobernar a
cousa pública, son mellores que a monarquía. A miña intención é
antes interrogarme, sobre o lugar que a monarquía lle cabe, entre as
malas formas de gobernar. Porque non é fácil admitir, que o goberno
de "Un Só", teña preocupación pola cousa pública.
A visión teleolóxica e pseudocientífica de un «paraíso da evolución», con seres perfectos nun futuro lonxano, non era máis que un ruín e porcañento mandilón de laboratorio sobre unha idea antiga e de esencia relixiosa, a saber, «a transcendencia final da humanidade e advenimento do "Home Novo"».
Para Sigmun Freud, pioneiro da psicanálise, o sono da transcendencia era unha mera ficción social imposta ós individuos como control dos impulsos naturais que se apartaban da norma. Aseguraba que «As visións de transformación nun ser superior e cunha vida de eterna dita só eran espellismos no deserto da vida burguesa de Viena e, por extensión, da vida humana; podería ser necesario para que non desaparecese a esperanza, pero, así e todo, seguían sendo ilusións».
Para Sigmun Freud, pioneiro da psicanálise, o sono da transcendencia era unha mera ficción social imposta ós individuos como control dos impulsos naturais que se apartaban da norma. Aseguraba que «As visións de transformación nun ser superior e cunha vida de eterna dita só eran espellismos no deserto da vida burguesa de Viena e, por extensión, da vida humana; podería ser necesario para que non desaparecese a esperanza, pero, así e todo, seguían sendo ilusións».
É mellor que ese problema, sexa
discutido separadamente, en tratado propio, pois é daquelas polémicas que trae
consigo, todo tipo de disputas políticas.
Quero para xa, se for posible,
esclarecer tan só o feito de que tantos homes, tantas vilas, cidades
e nacións soportaren ás veces un tirano que ten o poder de
perxudicalos mentres eles quixeren aturalo; que só lles pode facer
mal mentres eles prefiran aturalo a contrarialo.
Digno de asombro, aínda que moi común,
e tan doloroso como impresionante, é ver millóns de homes a servir,
miserablemente curvados ao peso do xugo, esmagados non por unha forza
moi grande, pero aparentemente dominados e encantados, apenas polo
nome de "Un Só" home, cuxo poder non debería asustalos, visto que é "Un Só" e cuxas calidades, non deberían prezar, porque os trata deshumana e cruelmente.
Tal é a fraqueza humana: temos
frecuentemente, que nos curvar perante a forza, somos obrigados a
contemporizar, non podemos ser sempre os máis fortes.
Se, polo tanto, unha nación é pola
forza da guerra, obrigada a servir a "Un Só", como a cidade de Atenas
aos trinta tiranos, non debe admirarnos a súa servidume; debemos
antes lamentala; ou entón, non sorprendernos, nin lamentarnos, e sí
sufrir con paciencia e agardar, que o futuro traia días máis
felices.
Está na nosa natureza, que
os deberes da amizade, ocupen boa parte da nosa vida. É xusto amarmos
a virtude, estimarmos as boas accións, apreciar aos que fan o ben,
renunciarmos a certas comodidades para mellor honrarmos e
favorecermos aqueles a quen amamos e que o merecen.
Así dando probas
de ser previsor e sabio ao gobernalos, valente ao defendelos, pasan a
obedecelo en todo, e a concederlle certas prerrogativas; é unha
práctica reprobable, porque van acabar por afastalo da práctica do
ben e empurralo para o mal. Sucede en semellantes casos: "xúlgase que
poderá obrar sempre ben e nunca mal, quen un día nos fixo tanto ben".
Pero, que vén a ser isto, afinal?. Que nome se debe dar a esta desgraza?. Que vicio, que triste vicio é este: un número infinito de persoas,
non a obedecer, si a servir, non gobernadas, si tiranizadas, sen bens,
sen país, sen vida a que poidan chamar súa?.
Soportar a pillaxe, as
luxurias, as crueldades, non dun exército, non dunha horda de
bárbaros, contra os cales darían o sangue e a vida, mais de "Un Só"
que non é nin Hércules, nin Sansón, mais dun só individuo, que
moitas veces é o máis covarde e afeminado de toda a nación,
acostumado, non tanto á poeira das batallas, como á area dos torneos,
menos dotado para comandar homes, do que para ser escravo de mulleres,
chamaremos a isto covardía?. Temos o dereito de afirmar que todos os
que así serven, son uns míseros covardes?.
É estraño, que dous, tres ou catro, se
deixen esmagar por "Un Só", mais é posible; poderán dar a desculpa,
de lles ter faltado valor. Pero cando vemos cen ou mil, submisos a "Un
Só", non podemos dicir que non queren, ou que non se atreven a
desafialo.
Como non é covardía, poderá ser
desprezo, poderá ser desdén?. Cando vemos non xa cen, non xa mil
homes, senón cen países, mil cidades e un millón de homes
sometérense a "Un Só", todos eles servos e escravos, mesmo os máis
favorecidos, que nome merece isto?. Covardía?.
Ora, todos os vicios teñen naturalmente
un límite, alén do cal, non poden pasar. Dous poden ter medo de Un,
ou até mesmo dez; mais se mil homes, se un millón deles, se mil
cidades non se defenden de "Un Só", non pode ser por covardía.
A covardía non vai tan lonxe, da mesma
forma que a valentía tamén ten os seus límites: "Un Só" non
conquista unha fortaleza, non se enfronta a un exército, non
conquista un reino.
Que vicio monstruoso entón é este, que
nin sequera merece o nome vil de covardía?. Que a natureza nega ter
criado, e que a lingua rexeita nomear?.

«A HEREXÍA XUDEA DO NAZISMO»
«Os alemanes modernos son, máis que un pobo civilizado, un pobo relixioso. Por extraño que pareza, a súa relixión procede directamente do Antigo Testamento. A idea dunha Raza Elexida, inserta nas raigames da mentalidade alemana, xurde da terra de Israel, que tamén creou, moito antes que Hitler e Göbbels [sic], os seus Ahnenprüfers, os «examinadores dos ancestros» (os "perfectos" heréticos?), nas figuras históricas de Esdras e Nehemias, que prohibían os «matrimonios pecaminosos», é decir, as unións con mulleres de outra relixión. [...] Todos eles estaban a favor da pureza da raza, polo orgullo e o poder da raza. Os alemanes, seguindo os seus pasos, non saben o reaccionarios que son nen o afines que son espiritualmente, a aqueles a quenes aborrecen. [...] O hitlerismo non é senon unha "herexía xudea"». Oscar Levy, 28 Marzo 1867 – 13 Agosto 1946, médico e escritor xudeo alemán, recoñecido por editar as obras completas de Friedrich Nietzsche ao inglés.
Fonte:
- “Discurso contra a Servidume Voluntaria – Etienne de La Boétie”. Publicado en: Animal+: Revista Cultural para Todas as Especies, nº 19 – Inverno 2008. Edicións Positivas. Traducción: Onofre Sabaté.
- «A Fractura: Vida e Cultura en Occidente, 1918-1938», de Philipp Blom. Edita Anagrama.
- WIKIPEDIA
PUBLICADOS:


