SERVIDUME VOLUNTARIA (IV/IX)
Era o «Discurso» no seu tempo, un texto moi ousado e vixente aínda hoxe en día.
Morreu novo Étienne, pero tivo tempo para escribir sonetos, traducir a Xenofonte e Plutarco, e mesmo para tentar mediar nas guerras
relixiosas que opuñan en Francia a católicos e protestantes.
Hai
tres especies de tiranos. Refírome aos malos príncipes. Chegan uns
ao poder por elección do pobo, chegan outros pola forza das armas, e
outros sucedendo aos da súa raza.
Os
que arriban ao poder polo dereito da guerra, pórtanse coma quen pisa
térra conquistada.
Os
que nacen reis, as máis das veces, non son mellores; nacidos e
criados no sangue da tiranía, tratan os pobos en quen mandan, coma se
fosen os seus servos hereditarios; e, conforme ó carácter ao que son
máis dados, avaros ou pródigos, así fan do reino o que fan, con
outra herdanza calquera.
Aquel
a quen o pobo fixo monarca, debería ser máis soportable; e seríao,
ao meu ver, se desde o momento en que se ve colocado en altos postos
e colléndolle o gusto á chamada grandeza, non decidise ocúpalos
para sempre. O que acontece xeralmente é, que fan todo o posible para
lle transmitir aos fillos, o poder que o pobo lles concedeu. E, toman
tan de presa esa decisión, por estraño que pareza, que ultrapasan
en vicio e ate en crueldade, os outros tiranos; para conservaren a
nova tiranía, non atopan mellor medio que, aumentar a servidume e
afastar dos súbditos, a idea de liberdade que eles, tendo aínda
a memoria fresca, comezan a esquecerse dela.

Bertold Brecht mostra a súa visión romántica da cencia no seu drama "A vida de Galileo", no que o centífico reflexionaba: «Puxen a miña sapiencia a disposición dos poderosos, para que a usaran ou non, ou abusaran dela según os seus fins. Traicionei a miña profesión e, cando un home fai o que eu fixen, a súa presencia non pode ser tolerada nas filas da cencia». Filas nas que se poden atopar de cote na nosa sociedade dividida en clases, a fez da Terra, responsable dos peores delitos contra la humanidade.
Así,
para dicir toda a verdade, encontro entre eles algunha diferenza,
pero non vexo por onde escoller.
Sendo
diversos os modos de chegar ao poder, a forma de reinar é sempre
idéntica.
Os
elixidos, proceden cos subditos como quen doma touros; os conquistadores, como quen
se aseñorea dunha presa á que ten dereito; os sucesores, como quen
lida con escravos naturais.
Se
acaso hoxe nacese un pobo completamente novo, que non estivese
acostumado á obediencia nin soubese o que é a liberdade, que
ignorase todo sobre unha e outra cousa, incluíndo os nomes, e se lle
fose dado escoller entre o ser servo ou o vivir a liberdade, cal
sería a escolla dese pobo?
Non
custa responder, que preferirían obedecer á razón, en vez de
serviren a un home; a non ser que se tratase dos "israelitas", os
cales, sen ninguén os obrigar e sen necesidade, elixiran un tirano,
Saúl; pero nunca leo a historia de tal pobo, sen unha grande
decepción e algunha furia, tanta que case me alegro, por lle teren
acontecido tantas desgrazas.
Unha
cousa é certa, porén: os homes, mentres neles houber algo de
humano, só se deixan subxugar se foran forzados ou enganados;
enganados polas armas estranxeiras, como Esparta e Atenas polas
forzas de Alexandre, ou polas faccións, como aconteceu cando o
goberno de Atenas caeu nas mans de Pisístrates e foi por tres veces
tirano de Atenas. (Da primeira vez foi derrubado por Licurgo. Da
segunda por Hermodio e Aristogiton. Débese, con todo, a Pisístrates
a compilación das obras de Homero, como a Iliada e a Odisea).

«O ritmo que se impón hoxe en día na fábrica a cadea de montaxe, é o mesmo ritmo que oprime a vida cotián de calquera persoa, os velenos que contaminan o ar confinado nas fábricas, son os mesmos que intoxican a atmosfera da cidade, é o desprezo pola vida do obreiro, é o desprezo pola vida humana en xeral. Na fábrica, todo é máis intenso, máis violento». (Berlinguer)
Moitas
veces, perden a liberdade, porque son levados ao engano, non son
seducidos por outros, pero si enganados por sí mesmos. Así, o pobo de
Siracusa, cidade capital de Sicilia, oprimido polas guerras, sen
ollar a nada a non ser o perigo, elevou ao poder a Dionisio Primeiro
e entregoulle o comando do exército. Tantos poderes lle foi dando,
que o traidor unha vez victorioso, coma se tivese triunfado, non
sobre os inimigos, senón sobre os cidadáns, subiu de capitán a rei
e de rei a tirano.
Incrible
cousa é ver ao pobo, unha vez subxugado, caer en tan profundo
esquecemento da liberdade, que non esperta, nin a recupera; antes
comeza a servir, con tanta rapidez e boa vontade, que parece ter
perdido a liberdade, a favor da servidume.
É
verdade que, ao principio, serve con constrinxemento e pola forza;
pero os que veñen despois, como non coñeceron a liberdade, nin saben
o que ela é, serven sen esforzo, e fan de boa gana o que os seus
antepasados fixeran por obriga.
Así
é: "os homes que nacen baixo o xugo, son criados na servidume, sen
ollaren máis ala, limítanse a vivir tal como naceran, nunca pensan
ter outro dereito, nin outro ben, senón o que aceptan como natural ao
estado que atoparon cando nacen.
E
aínda non hai herdeiro tan pródigo e desleixado, que non pase unha
vez os ollos polos libros de rexistros, para ver se goza de todos os
dereitos hereditarios, e se non foi espoliado dos seus dereitos, ele ou
o seu predecesor.
Mais
o costume que sobre nós exerce un poder considerable, ten unha
grande forza para nos ensinar a servir, e tal como Mitrídates se
foi afacendo aos poucos a beber veleno, e a engulir todo, ate que
deixamos de sentir o amargor do "veleno da servidume".
Non
pode negarse, que a natureza ten forza para nos levar a onde ela
queira e facernos libres ou escravos; pero importa confesar, que ela
ten sobre nós, menos poder que o costume e que a natureza, por moi
boa que sexa, acaba por se perder, se non for tratada cos coidados
necesarios; e o alimento que comemos, transmítenos moito de seu, faga
a natureza o que fixer.
As
sementes do ben, que a natureza en nós coloca son tan pequenas e
inseguras, que non aguantan o embate do alimento contrario. Non se
manteñen facilmente, estráganse, desfanse, redúcense a nada. Como
acontece coas árbores de froito, posuidoras dunha natureza propia,
que conservarán así as deixaren; mais pasarán a ter outra e a dar
froitos estraños, non os propias delas, a partir do momento en que sexan
enxertadas.

O director de «Natura Societá» preguntou a doutora Cora Grasso -do Instituto de Hixiene de Florencia, que xunto dous colegas fixeran unha investigación para determinar as porcentaxes de "insecticidas clorados" presentes no sangue dos habitantes de Prato e Pescia-, se non sería oportuno a prohibición total destes insecticidas. A doutora admíteo que «devastamos a natureza pois, xunto cos insectos ós que vai dirixido o insecticida morren todos os demais, e tamén morren as aves. Por outra banda, como alimentamos a poboación do mundo sen insecticidas?». Preguntáronlle si a alternativa a non morrer por contaminación polo uso dos "clorados" sería morrer de fame. Contesta a doutora Grasso que «con respecto a "fame no mundo" non se lle da un gran peso, pois se destrúen produtos alimentarios para manter altos os prezos». «Eu non defendo os "clorados", e penso que sería moi oportuno outras formas de loitar contra os insectos nocentes. Pero a realidade é que, os "clorados" son máis duradeiros ao longo do tempo e por iso son privilexiados. O que puidemos constatar é que os "clorados" se acumulan nos organismos, e que a nai llos transmite ao neno cando o amamanta».
As
herbas, teñen cada unha a súa propiedade, a súa natureza e a súa
singularidade propia; pero o frío, o tempo, a terra ou a man do
xardineiro, auméntanlle ou sácanlle moitas das súas virtudes. Vese
nun sitio unha planta que, noutro sitio non se logra.
Véxanse
os venecianos, un puñado de persoas libres, tanto, que ate o peor de
todos, renunciaría a ser rei, nados e criados de tal modo, que a
gran ambición deles é defenderen celosamente a liberdade de cada
un; educados desde o berce nestes principios, non aceptarían todas
as outras felicidades da terra, se para iso tivesen que perder unha
miga das súas liberdades. Véxanse os venecianos, repito, e repárese
despois nos que habitan as terras daquel ao que chamamos Gran Señor,
xente que non fai nada que non sexa servilo e que, para o manteren no
poder, dan a propia vida.
Diría
quen vise a uns e outros que, posúen todos a mesma natureza?
Non
xulgaria antes que saíra dunha cidade de homes para entrar nun
curral de animáis? Licurgo, reformador de Esparta, criara dous cans
que eran irmáns, alimentados co mesmo leite, un deles habituado a
ficar na cocina e o outro acostumado a correr polo campo, ao son da
trompa e da corneta; querendo mostrarlle ao pobo lacedemonio que os
homes son o que a educación fai de cada un, colocou os dous cans no
medio da praza e puxo ao carón deles un prato de sopa e unha lebre.
Un correu para o prato e o outro para a lebre. Malia que son irmáns!,
dixo Licurgo.
Lembrarei
con pracer un dito dos favoritos de Xerxes, señor de Persia, a
respecto dos espartanos.
Cando
Xerxes se preparaba para conquistar Grecia mandou embaixadores as
cidades gregas a pedirlles auga e terra. A Esparta e Atenas non os
enviou, porque os enviados de seu pai, Darío, que xa fora facer
igual pedido, os espartanos e atenienses lanzáranos en covas e
outros en pozos, dicíndolles que sacasen terra e auga á vontade e
que fosen levarlla ao seu príncipe.
Ningún
daqueles pobos toleraba que, nin de palabra, alguén lles tocase a
liberdade.
Por
así teren feito, viran os espartanos que tiñan incorrido no odio
dos propios deuses, especialmente no de Taltibio, deus dos arautos.
Para
apacigualos, mandaran a Xerxes dous cidadáns, para que fosen á
presenza del e el os tratase de forma agradable, desagraviando así
dos embaixadores que seu pai enviara e foran mortos. Dous espartanos,
un de nome Specto e outro Bulis, ofrecéranse voluntariamente para
esta misión.
Foran
e, polo camino, entraran no pazo dun persa chamado Gidarno,
lugartenente do reí en todas as cidades do litoral de Asia. Este
recibiunos con moita honra. E, despois de conversar sobre varios
asuntos, preguntoulles qué motivos tiñan os gregos para recusar a
amizade do Rei. "Podedes crer, espartanos -dicíalles-, xúrovos
que o Rei sabe honrar a quen o merece e, se vos tornardes seus
súbditos, veredes que asi é. Se aceptardes e ele vos coñece, veredes
como será, cada un de vos, nomeado inmediatamente señor dunha cidade
da Grecia".

“Prometeo, foi o primeiro Santo do calendario filosófico. A casa luminosa, que en Esquilo, Prometeo ensina como un dos grandes dons, a transformación do home cavernario en home en sociedade, ese "don" xa non existe para o obreiro. A luz, o ar, etc., a hixiene máis elemental, da que incluso gozan os animais, deixan de ser necesidade para o home. A inmundicia, ese embarroarse e corromperse do home, o sumideiro da civilización, convértese para o obreiro nun elemento vital. Convértese nun elemento vital para sí, o abandono completo e antinatural, a natureza podre”. «Manuscritos económico-filosóficos de K. Marx, 1844»
Ao que lle responderan os lacedemonios: "Ruín consello é o que nos dás, Gidarno. O ben que nos prometes, xa o experimentaches, mais
nada sabes do que nós xa posuímos; gozas do favor do Rei, mais nada
sabes da liberdade, do gusto que ela ten, da súa dozura. Se a
coñeceses, habías de nos aconsellar a defendela, non só con lanza e
escudo, tamén con unñas e dentes."
O
espartano tiña razón; pero un e outro, falaban de acordo co que
aprenderan.
Non
lle era posible ao persa avaliar a liberdade, pois nunca a tivera,
nin ao lacedemonio aceitar a suxeición, despois de ter coñecido o
gusto da liberdade.
Catón
de Útica, cando era aínda un neno de escola, entraba moitas veces
na casa do ditador Sila, cuxas portas lle estaban abertas, non so por
pertencer a unha familia nobre, mesmo por ser parente próximo de
Sila.
Acompañábao
sempre o preceptor, como era costume entre os fillos de boas
familias.
Deu
ele entón conta, de que en casa de Sila, na presenza deste ou pola súa
orde, moitos cidadáns eran presos e condenados, uns eran desterrados
e outros estrangulados, decretábase a confiscación dos bens e
moitos perdían a cabeza.
Ou
sexa, mais parecía o pazo dun tirano que a morada do gobernador da
cidade, era menos un tribunal de xustiza, que un antro da tiranía.
Preguntoulle
o nobre infante ao preceptor: "Darasme un puñal? Heino meter
baixo a toga e, como entro moitas veces nos apousentos de Sila, antes
de ele acordar, o meu brazo ha de ter forza suficiente, para liberar ó
pobo".
Este
é un dito propio de Catón. Así xa se revelaba, digno da morte que
tivo.
Mais
se por ventura, a historia non referise o nome del nin o local, sería
doado adivinar, que se trata dun romano e natural de Roma, da
verdadeira Roma, cando ela era libre.
MICHELE SCHIRRU
Según o seu propio testimonio, Michele «Michael» Schirru naceo no 1899 na abxecta pobreza da Cerdeña rural, fora un «monstruiño despeinado e salvaxe». Obligado a deixar o colexio cando tiña dez anos, foi aprendiz de ferreiro, e creceo odiando a os que mandaban sobre ele e ós da súa caste que os mantiñan na pobreza e a ignorancia. Ós quince anos deixa a súa illa natal para traballar nos asteleiros de Turín. No 1917 alístase no exército italiano e combateo no horrendo frente alpino, cando tornou a vida civil decátase da nula valoración social dos sacrificios dos soldados e que as súas "esperanzas" dun país mellor truncábanse co avanze do fascismo no control das rúas. Participou en enfrentamentos contra os fascistas e prometeo adicar a súa vida a axitación política. Fichado pola policía como "alborotador", tornou a Cerdeña.
No 1920, Schirru decide emigrar ós Estados Unidos seguindo os pasos do seu pai. Chega a Nova Iork en novembro deste ano, e contacta con anarquistas e socialistas italianos, e comeza a colaborar con artigos periodísticos en revistas e periódicos. No 1926, durante o xuizo a Sacco e Vanzetti, foi un dos que traballou para salvalos da silla eléctrica. En van. Tiña morriña de italia, e o ascenso do fascismo o anguriaba fondamente. No 1930, retorna a Europa viaxando por Francia, Bélxica e, posiblemente, Gran Bretaña. Chega a Milán en xaneiro de 1931, logo a Roma, onde toma un cuarto no Hotel Royal, preto da estación do ferrocarril de Trevi. Na mala levaba duas bombas e un revolver.
Ante o "poder absoluto" de Mussolini que dirixía o país con man de ferro, Schirru maquina atentar contra esta ditadura rebanándolle o pescozo, o magnicidio. Foi paciente agardando pola oportunidade que non daba chegado. O 3 de febreiro o arrestan no Hotel, posiblemente por un soplo dun confidente. Entre as súas pertenzas atoparon un testamento que escrebira un mes antes: «Sempre sentín un profundo horror polo fascismo, as ditaduras e as tiranias. Mussolini, que se regodea coas súas cínicas brutaldades e persecucións atroces [...] sempre o considerei un réptil perigoso para a humanidade. Coas súas aptitudes propias dun Nerón, o papel de verdugo do pobo italiano e a súa libertade, da que se enorgulece, sempre me inspiraron odio -odio e repulsión-, non tanto polo home que pesa pouco máis dun quintal de carne flácida e allada, senón polo déspota, o asasino dos meus camaradas, o traidor de eses pobres traballadores que, ate fai poucos anos, lle daban de comer. Os meus anos de meditación só serviron para acumular máis odio no meu corazón: vai chegar un día no que estoupe».
Schirru sabía o destino que lle agardaba cando o arrestaron e que non estaba disposto a aceptalo. O levaron á comisaría de Trevi, alí quitou o revolver e disparou contra os axentes que o arrodeaban, logo intentou quitarse a vida, pero só conseguiu ferirse e desfigurarse. Durante os dous meses que seguiron agardando polo "xuizo", recuperouse das feridas e intentou desesperadamente contactar coa súa familia, pero ninguén contestou as súas cartas que, moi probablemente, nunca chegaron ós seus destinatarios.
Schirru foi xuzgado por un tribunal fascista "ad hoc" o 28 de maio, en virtude dunha nova lei. Sen xurado, só a defensa máis superficial ante o presidente do tribunal, un xoven militante fascista lé a sentenza: «O acusado será executado por un disparo polas costas diante dun pelotón de fusileiros», que, por insistencia de Mussoloni, debería estar integrado por "voluntarios sardos". Ó día seguinte, as dúas e media da madrugada, acordaron a Schirru na súa cela, este negouse a recibir ao sacerdote antes de que o conduciran ó patíbulo, onde se executou a sentenza. Tiña trinta anos.
Schirru foi xuzgado por un tribunal fascista "ad hoc" o 28 de maio, en virtude dunha nova lei. Sen xurado, só a defensa máis superficial ante o presidente do tribunal, un xoven militante fascista lé a sentenza: «O acusado será executado por un disparo polas costas diante dun pelotón de fusileiros», que, por insistencia de Mussoloni, debería estar integrado por "voluntarios sardos". Ó día seguinte, as dúas e media da madrugada, acordaron a Schirru na súa cela, este negouse a recibir ao sacerdote antes de que o conduciran ó patíbulo, onde se executou a sentenza. Tiña trinta anos.
Fonte:
- “Discurso contra a Servidume Voluntaria – Etienne da Boétie”. Publicado en: Animal+: Revista Cultural para Todas as Especies, nº 19 – Inverno 2008. Edicións Positivas. Traducción: Onofre Sabaté.
- “O Embrollo Ecolóxico: A Ideoloxía da Naturaleza" de Dario Paccino.
- «A Fractura: Vida e Cultura en Occidente, 1918-1938», de Philipp Blom. Edita Anagrama.
- WIKIPEDIA
PUBLICADOS:






