SERVIDUME VOLUNTARIA - VII/IX
Esta
é unha obra que representa un cambio de paradigma, a diferencia dos
autores clásicos, para Etienne non hai tiranía benéfica. Tampouco
se fai ilusións, pois é consciente, de que só uns poucos teñen a carraxe
suficiente, para querer ser libres e para recoñecerse como tales.
Na súa profética "psicoloxía da servidume", combina dous vectores que, un pouco máis tarde, estarán condenados a diverxer: liberdade e igualdade. Porque, si somos libres, non é posible que «a natureza
puxera a alguén en "servidume", poñéndonos a todos en compañía».
Alén desta condición ontolóxica, Étienne denuncia a perda da
apaixoada defensa da liberdade, que constituía a mellor vacina
fronte a quen busca usurpala.
Os Reis Asirios, e despois deles os Medos, so aparecían en público o
máis tarde posible, ao anoitecer, para que o pobo xulgase que eles
tiñan algo de sobrehumano, aludindo así as xentes propensas ao
devaneo e amigas de imaxinar aquilo que non ven claramente.
Foi así que as nacións que durante longos anos pertenceron ao imperio
Asirio, acostumáronse a ser servos con tal misterio, e servían tanto
máis, canto máis misterio e descoñecemento tiñan sobre o soberano; e todos o respectaban e
temían, sen que ninguén o vise nunca.
Os primeiros reis de Exipto, eses nunca se mostraban en público sen
levaren un ramo ou unha luz na cabeza e enmascarábanse como
saltimbanquis, cousa tan estraña de ver que os súbditos se enchían
de respecto e veneración por eles; e había xente tan doída e tan
submisa que se prestaba a tal comedia en vez de rir con ela. Da mágoa
oír comentar as artimañas a que os tiranos de antes recorrían para
consolidaren as súas tiranías.

Na mitoloxía grega, Salmoneo era fillo de Eolo, irmán de Atamante, de
Sísifo e pai de Tiro. Salmoneo converteuse en rei de Elis e fundou a cidade de Salmone. Quixo igualarse a Zeus conducindo unha cuadriga de
bronce e imitando o ruído do trono por medio de caldeiros atados á
cuadriga que producían gran estrondo, e forzou ós seus súbditos a transferir os sacrificios de Zeus a el mesmo. Como castigo, Zeus
matou a Salmoneo cun lóstrego e arrasou o seu reino.
Sabían
que era posible faceren o que quixesen dun pobo que se deixaba apañar
na rede, por moi fráxil que ela fose, un pobo tan fácil de enganar
e someter que canto máis del se burlaban máis se rebaixaba.
E que direi daquela outra patraña a que os pobos antigos sempre deran
gran crédito? Crían firmemente que o dedo grande do pe de Pirro,
rei dos epirotas, facía milagres e curaba as doenzas do bazo.
Crían na lenda de que dito dedo, despois da cremación do corpo de Pirro,
ficaría enteiro no medio das cinzas.
Era o propio pobo que forxaba as mentiras en que posteriormente
acreditaba. Moitos así o escribirán e, polo modo como o fixeran, é
patente que se limitaran a recoller o que oían dicir nas cidades
entre o pobo.
Vespasiano, no regreso de Asiría, pasando por Alexandría camiño de Roma, para
facerse co goberno do Imperio, din que realizou moitos milagres.
Puña os coxos a andar, dáballe a vista aos cegos e obraba moitas outras
fazañas en que so podía acreditar quen fose máis cego que aqueles
que se supuña curados.
Ate os mesmos tiranos se admiraban coa forma como os homes poden soportar
un home que lles fai mal; utilizaban para iso o disfrace da relixión
e, tomando o aspecto de certas divindades, servíndose diso para
protexeren a mala vida que levaban.

Publio Virxilio Marón foi un poeta
latino que escribiu poesía épica, poesía didáctica e poesía
pastoral. Nado en Andes, preto de Mantua, fillo de pais modestos,
Virxilio tivo unha esmerada educación, estudou retórica, lingua e filosofía gregas en Cremona, Milán, Roma e Nápoles. Estudou tamén
algo de medicina, matemáticas e filosofía, adquirindo una selecta
cultura. E autor das Bucólicas e as Xeórxicas e a Eneida. Virxilio
pintado por Rafael.
Se crésemos á Sibila de Virxilio e a súa descrición do inferno,
Salmoneo, por se ter burlado dos deuses e vestido a indumentaria de
Xúpiter, está agora no fundo do inferno a recibir o castigo que
merece:
... As penas vi crueis e penetrantes
De Salmoneu soberbio, que tanto erra,
De Salmoneu soberbio, que tanto erra,
De
Xúpiter Tonante o raio horrendo.
E do Olimpo os trebóns contrafacendo.
E do Olimpo os trebóns contrafacendo.
De catro frisóns este conducido
Un fachón acendido meneando,
Polos pobos de Grecia ía atrevido,
E polo medio de Elides triunfando.
O culto aos altos deuses só debido
Pedía: louco, que rodando
Pola ponte no carro miserable,
Finxía a chuvia e o raio imitable.
Un fachón acendido meneando,
Polos pobos de Grecia ía atrevido,
E polo medio de Elides triunfando.
O culto aos altos deuses só debido
Pedía: louco, que rodando
Pola ponte no carro miserable,
Finxía a chuvia e o raio imitable.
Mais dunha nube densa un raio horrendo,
Vibrando irado, o pai omnipotente
O derrubou con ímpeto tremendo,
Non con fumoso raio ardente...
O derrubou con ímpeto tremendo,
Non con fumoso raio ardente...
(Eneida, Virxilio, Cap. VI)
Se este, cuxo crime foi facer de tolo, padece hoxe tales tormentos no inferno, é de crer que merecen moito peor os que abusasen da relixión para fins ruíns.

A Santa Ampola (Sainte Ampoule en Francés) foi un frasco de vidro, usado a primeira vez polo Papa
Inocencio II para unxir a Luís VII de Francia en 1131, e para coroar
a Luís XV de Francia en 1774, asegurando a crisma ou unxindo o óleo
da coroación dos reis da Francia. A ampola foi destruída en 1793
durante a Revolución Francesa, cando a Convención enviou Philippe
Rühl co fin de destruí-la publicamente, sobre o pedestal da estatua
de Luís XV de Francia con un martelo.
Os nosos reis sementaran por Francia sapos, flores de lis, a Santa
Ampola e a oriflama. Pola parte que máis me cabe, non poño en
dúbida que os nosos maiores e nós non temos razón de queixa, pois
sempre tivemos reis bos en tempo de paz, valerosos na guerra, reis
que, aínda sendo de nacenza, parecen ter sido non criados pola
natureza, como os outros, pero electos por Deus Todopoderoso, antes
de tomaren nas mans as rédeas do goberno e a garda do reino.
Aínda
que así non fose, non pon en dúbida a verdade contada polas
nosas historias, nin as discutiría con vistas a rebaixar a nosa
fermosa nación e deslustrar a nosa poesía francesa, a cal, máis do
que remozada, está hoxe completamente renovada grazas aos nosos
Ronsard, Baïf e Du Bellay, que fixeron evoluír a nosa lingua ao
nivel de que os gregos e latinos non son en nada superiores, a non
ser quizá no dereito de antigüidade.
Según o mito, cando Hefesto (Vulcano)
intentou violar a Atenea (Minerva), que buscaba unha ferramenta no
seu taller, o semen caeu no muslo da deusa, e no intento de quitalo,
sen querer fecundou a Terra (Xea), e dela naceu Erecteo I ou Erictono
(nado da terra). Según Pausanias, Atenea puxo a Erictono dentro
dunha canastra, que entregou a tres irmáns, chamadas: Aglauro, Herse
e Pándroso. Lles prohibiu abrila, pero Herse e Aglauro a
desobedeceron e ao ver a Erictono, con corpo de serpe, tolearon e
lanzáronse pola parte máis abrupta da Acrópoles de Atenas. Tamén
se di que Erictono podería ser a serpe tallada xunto a lanza da
Atenea Pártenos, esculpida por Fidias e sita no Partenón.
E sería da miña parte gran ofensa á nosa métrica que, ornada por moitos mecánica, ten moita xente capaz de ennobrecela e de
restituíla á súa honra primitiva, sería, digo, grande ofensa,
subtraerlle os belos contos do rei Clovodeo, nos cales xulgo ver
despuntar fácil e elegantemente a vea do noso Ronsard e da súa
Franciada. Presinto o seu alcance, recoñézolle a graza e finura de
espírito. Ten arte para facer da oriflama o que os romanos fixeran
das escravas, como di Virxilio: "E os escudos do ceo caendo á
terra". Erguerá a nosa Santa Ampola tanto canto os atenienses o
cesto de Eríctono; e as nosas armas serán faladas tanto canto o foi
a oliveira que aínda hoxe se encontra na torre de Minerva. Sería de feito ultraxante renegar dos nosos libros e desdicir os nosos poetas.
Mais volvendo ao asunto do que sen querer me afastei, quen máis que os
tiranos teñen conseguido para a súa seguridade e beneficio, convencer ao pobo
á obediencia e á servidume ate á devoción?.
Todo, pois, o que ate aquí dixen sobre o costume das persoas a seren
voluntariamente escravas, aplícase apenas ás relacións entre os
tiranos e o pobo embrutecido
O BOSQUE DOS INOCENTES SEN IDENTIFICAR
O agudo ponferradino, Ángel Pestaña, que asistiu ó Congreso da Terceira Internacional no verán de 1920 en Moscú como representante delegado da CNT española, definía ao novo réxime soviético. como: «a ditadura dos que tomaron ao proletariado por sufrido "asno" sobre o que poder cabalgar confiadamente».
Para o goberno revolucionario dos soviets de Lenin, «Kronstadt» representou a constatación de poder emplastar de raíz calquera tipo de oposición en todos os niveis da sociedade, se sucede unha onda de terror con arrestos arbitrarios, tormento e execucións coa frialdade eficiente de "profesional do crime". A eficiente estrutura de propaganda do Réxime en base a un «block de notas» que lle confiscaron a un "espía" na fronteira finlandesa (lugar onde se refuxiaron os que lograron escapar do asedio ó Kronstadt), divulgaron con prioridade da existencia dunha "rede conspirativa antibolxevique a nivel internacional". Tal anuncio xustificaba ó Réxime poder deter a Vladimir Nikoláievich Tagántsev, un mestre de xeografía experto en glaciares que nunca mostrou o maior interese pola política. Para a Cheka era máis que suficiente para sinalar a Tagántsev ...como integrante da trama conspirativa antibolxevique, con conexións que permeaban ate as raízames da «intelixencia» de Petrogrado.

O 31 de maio de 1922, após dunha semana do aplanamento da Rebelión do Kronstadt, as autoridades arrestan ó discreto xeógrafo e o encerran na prisión da Cheka en réxime de illamento, de cote o sometían a martirizantes interrogatorios. En xuño, Tagántsev intenta suicidarse, pero os gardas llo impediron. Logo, o Comandante da Cheka local lle ofrece un trato: «indulxencia para él e inmunidade para todos os membros da conspiración que él nomeara, e que xa non serían perseguidos»; a "amnistía" ofreceuse por escrito e asinada por funcionarios se alto rango, comprometendo as maiores instancias do poder local. Esgotado e rendido da constante tortura, aliviouse cedendo e dando unha serie de nomes de coñecidos, algún coa esperanza de aliviarlle a súa tortura, ou os que sibilinamente lle suxerían os seus torturadores. A cousa collía unha maior ámbito que o local, para ser conducido directamente polo o Réxime afondando na «conspiración antibolxevique internacional», un bo argumento que sempre funcionou moi ben politicamente para xustificar os máis horribles crimes e masacres de Estado.
A amnistía era unha trola para que Tagántsev fixera a súa lista, na que incluía gran parte da elite intelectual de Petrogrado, homes e mulleres de quen os bolxeviques sempre sospeitaron como pouco afectos co Réxime e pouco leales á Revolución. A Cheka arresta a oitocentas persoas para interrogalas, entre elas, a Nikolái Gumilíov, poeta respectado e exmarido de Anna Ajmátova, outra gran estrela do firmamento poético ruso.

O 25 de agosto, a Cheka executa no bosque Kovalevski, nas aforas de Petrogrado, a Tagántsev, a súa dona, a Gumilíov e a outros sesenta presos. Entre 1918 a 1928, nese mesmo bosque se calcula que foron asasinados trinta mil homes e mulleres, a maioría sen xuízo e catro mil quiñentos cadáveres seguen enterrados en foxas comúns sen identificar.
Gumilíov, polo seu matrimonio con Ajmátova, que durou uns anos e tiveran un fillo, poñía en extremo perigo a vida da poeta. Ajmátova contaba con trinta e dous anos cando executaron ó seu exmarido, e traballaba de bibliotecaria no Instituto de Agronomía. O salario apenas lle daba para alimentarse, ela se refire a esta etapa da súa vida como: «os anos vexetarianos»; por anos o seu alimento consistiu en pan con té.

Kronstad e a época de represión subseguinte, marcaron o final da Revolución Rusa, e os líderes bolxeviques deixaron absolutamente claro que o poder que representa ós soviets locais electos democraticamente está supeditado ó ditado de Moscú e do seu Polit Buró, en diante gobernarían con "man de ferro".
En 1922 Iosif Stalin se impón como Secretario do Partido. En decembro, Lenin sofre o seu primeiro "ictus". A principios de 1923, con Lenin impedido na cadeira de rodas e sen fala, tenta desprazar a Stalin da cúpula do Partido, e fixo saber a súa preferencia por Trotsky na liña sucesoria, pero xa era demasiado tarde. Lenin morre o 21 de xaneiro de 1924, o poder que ostentaba Stalín era case absoluto.
Os «Gulags» conxugan con fría precisión política a aniquilación dos sospeitos*s de disidencia ideolóxica co asasinato en masa. Creadas no principio da década dos anos vinte do século XX, a finais da mesma década Stalin lle da dimensións industriais, ligándoa a extracción de codiciados recursos mineiros, condicións extremísimas e como «carpantas». Os prisioneiros, produto das represións stalinistas, comezaron a chegar ó «Gulag de Kolymá» a principios da década do ano 1930, para comezar a explotación dos recursos naturais. A flota de transporte “ad hoc” transportaba a súa carga humana, só con billete de ida ó xeado país do Norte. Moi poucos entre eles puideron volver ó seu país de orixe, e os que retornaron o fixeron xeralmente inválidos; vítima de conxelacións severas. A maioría descansa nas fosas comúns, escavadas no "permafrost", enterrados baixo montóns de pedras ou levados, como folla morta, polo desxeo de primavera ao océano Ártico. Millóns de «inimigos do pobo», utilizados como man de obra escrava morreron nas minas de ouro do norte siberiano. O sistema tiña un dobre obxectivo: a explotación dos recursos mineiros e simultaneamente, a liquidación dos opositores políticos.

Fonte:
- “Discurso contra a Servidume Voluntaria – Etienne de La Boétie”. Publicado en: Animal+: Revista Cultural para Todas as Especies, nº 19 – Inverno 2008. Edicións Positivas. Traducción: Onofre Sabaté.
- «A Fractura: Vida e Cultura en Occidente, 1918-1938», de Philipp Blom. Edita Anagrama.
- «Pestaña no país dos soviets». Revista O Salto, novembro 2025, n° 81.
- WIKIPEDIA
PUBLICADOS: