SERVIDUME VOLUNTARIA - V/IX
O “Discurso sobre
a Servidume Voluntaria” ou “O Contra Ún”, é unha breve
requisitoria de 18 páxinas contra o absolutismo, que sorprende pola
súa erudición e solidez, xa que quen o escribiu, só tiña 18 anos de
idade.
Cando Michel de Montaigne leeu esta obra, inmediatamente quixo
coñecer ó autor. De este encontro, nace unha amizade, que remata coa temprana
morte de La Boétie.
Hai
tres especies de tiranos. Refírome aos malos príncipes. Chegan uns
ao poder por elección do pobo, chegan outros pola forza das armas, e outros sucedendo aos da súa raza.
Dignos de
lamentación, son os que naceron coa canga ao pescozo.
Deben ser
desculpados e perdoados, pois, nunca tendo visto sequera a sombra da
liberdade e ninguén lla teña mostrado, non saben como é de malo
seren escravos.
Hai países en que o Sol aparece de modo distinto a como estamos habituados: despois de
brillar durante seis meses seguidos, quedan mergullados na
escuridade, e non os visita en medio ano; se os que naceron durante
esa longa noite, e nunca oísen falar do día, sería de espantar que
eles se habituasen as trebas en que naceron e nunca desexasen a luz?
Nunca se estraña o
que non se coñece, so se ten disgusto despois de ter gozado o
pracer, despois de coñecer o ben e lembrar a alegría pasada.
É natural no home o ser libre e o querer selo; mais está igualmente na súa natureza,
ficar con certos costumes que a educación lle da.
Dígase pois, que acaba por ser natural todo o que o home obtén pola educación e polo
costume; pero a esencia da súa natureza, é o que lle ven da mesma
natureza pura e non alterada; así, a primeira razón da servidume
voluntaria é o hábito: próbano os cavalos sen rabo, que no
principio morden o freo e acaban despois por brincar con ele; e os
mesmos que se rebelaban contra a sela, acaban por aceitar a albarda e
usan moi oufanos e vaidosos os arreos que os apertan.
Afirman, que sempre viviron na servidume, que xa os pais viviran. Pensan, que están
obrigados a usar freo, próbano con exemplos e co feito de que desde
hai moito, xa son propiedade daqueles que os tiranizan.
Pero a verdade é, que os anos non dan o dereito de practicar o mal, mais ben agravan a inxuria.
Sempre haberá unhas poucas almas, mellor nacidas que outras, que senten o peso do xugo e
non evitan sacudilo, almas que nunca se acostuman á suxeición e
que, á imitación de Ulises, o cal por mar e terra procuraba avistar
o fume do seu lar, nunca se esquecen dos seus privilexios naturais,
nin dos antepasados e da súa antiga condición.

O Roto
«A Ideoloxía é a expresión ideal da opresión e da explotación de clase. As clases superiores se xustifican (...) coas ideoloxías. Como, obxectivamente, a resistencia eficaz a opresión é a loita nun partido de clase, tamén, obxectivamente, a única actitude mental que "aniquila" ás ideoloxías e permite captar o seu auténtico significado é a "conciencia de clase"». (Jean Fallot sobre a acepción marxista da ideoloxía).
Son eses dotados de claro entendemento e espírito clarividente; non se limitan, coma o vulgo, a ollar so para o que ten diante dos pés, ollan tamén para
tras e para fronte e, estudando ben as cousas pasadas, coñecen
mellor o futuro e o presente.
Alén de teren un espírito ben formado, fan todo para perfeccionalo polo estudo e polo
saber.
Eses, aínda cando a liberdade se perdese por completo e desaparecese para sempre do
mundo, non deixarían de imaxinala, de sentila e de saboreala; para
eles, a servidume, por moi ben disfrazada que lles aparecese, nunca
sería cousa boa.
O Gran Turco tivo conciencia de que os libros e a doutrina, máis que calquera outra
cousa, danlle aos homes a capacidade de se coñeceren e de odiaren a
tiranía. Sábese, que nas súas terras non hai mais sabios, que os que
lle convén a ele.
Acontece, que o celo e a dedicación dos que, malia todo, aprezan a liberdade, non ten
efecto, pois, mesmo que sexan en grande número, non se poden coñecer
uns aos outros.
A tiranía
subtráelles toda e calquera liberdade de reacción, de falar e case
de pensar.
Teñen que gardar só para eles as súas fantasías. Razón tiña Momo para mofarse, cando
censurou o home forxado por Vulcano, por non lle ter feito no corazón
unha venta a través da cal puidesen ser vistos os seus pensamentos.

Forges
«Crerse "animal" de cabeza ós pés é un vulgar materialismo, pola contra sentirse por riba, exento de animalidade, é o que chamamos espiritualismo vulgar obtuso e inxenuo -con horribles consecuencias previsibles. (...) Nas relacións de produción dunha sociedade sen clases, dun xeito natural a persoa se afasta do "animal" e dos demais en canto as súas condicións de vida, para que emerxa a empatía que nos faga sentir máis preto dos demais na propia existencia -animal, natural- de esta vida». («Marx e la questione delle machine» de Jean Fallot).
É sabido que Brutus e Casio, ao planearen a liberación de Roma, ou máis ben do mundo enteiro, non quixeran que Cicerón, o maior celador do ben público, entrase na conspiración; xulgaran que tiña un corazón demasiado
débil para tal fazaña, confiaban na vontade del, pero non estaban
moi seguros da súa coraxe. Quen estude os feitos da antigüidade e
as vellas crónicas, descubrirá que véndose o país mal gobernado e
maltratado, e tomándose a firme decisión de liberalo, poucos ou
ningún deixaran de conseguilo; tiveran niso a axuda da propia
liberdade, ansiosa por renacer.
Harmodio,
Aristogiton, Trasíbulo, Brutus o Vello, Valerio e Dion executaran
cabalmente o que valorosamente planearan. En casos así, a sorte case
nunca falta a quen quer o ben. O mozo Brutus e Casio, derrubaran a
servidume e repuxeran a liberdade, e morrendo por iso, pero non
deshonrosamente. Deshonroso sería, dicir que foi deshonrosa a vida ou
a morte deses mozos.
Tristeza e desgraza, foron a ruína da república,
que viría a ser enterrada con eles. As conxuras que despois houbo
contra os emperadores romanos, foran todas actos de xente ambiciosa e
non debemos lamentar as derrotas que sufriran; era evidente que non
querían derrubar ou arruinar a coroa, pretendían expulsar ao tirano
e manter a tiranía.
Non é para min desexable, que eles tivesen
triunfado e agrádame que, polo exemplo, teñan mostrado que non se
debe abusar do sagrado nome da liberdade, para levar a cabo ruíns propósitos.

Miguel Brieva
«A persoa ten que librarse dunha vez do seu sono milenario e utópico, para atisbar a súa completa soidade, o seu absoluto extranamento. Ele ten que decatarse, como calquera "xitano" sabe, que se atopa ao marxen do universo no que debe vivir». («O Azar e a Necesidade» de Jacques Monod.)
«GERNIKA»
Mentres os países democráticos do Mundo dubidaban sobre tomar partido e apoio á República fronte o "golpe militar africanista", os "aliados fascistas dos golpistas" tiñan moi claro o obxectivo de usar a guerra española en proveito propio. En xullo de 1936 a Luftwaffe enviou tropas de xóvenes a España, que dicían formar parte do movemento naturalista Kraft durch Freude, encargándose da organización das vacacións de millóns de alemáns. Baixo o disfrazo de inofensivos turistas que só querían pasar uns dias de campo e praia, na realidade foron asinados para formar parte da recén fundada «Lexión Cóndor», unha unidade alemán de dez mil soldados que operaban de xeito encuberto en España e vestían uniformes que non delataban a súa pertenza ó Terceiro Reich. Nun principio a maioría formaba parte de "unidades aerotransportábel", após xaneiro do 1937, tamén chegaron efectivos con carros de combate.
O obxectivo da Lexión Cóndor non se limitaba a axudar e asistir militarmente ós "golpistas". A os estrategos militares nazis lles interesaba especialmente avaliar a eficacia do novo armamento deseñado e as tácticas de combate. Por exemplo, descartaron a tradicional formación en V pola parella de cazas, que na Batalla de Inglaterra desempeñaron un importante papel destrutivo. Tamén os novos métodos combinando a artillería con ataques aéreos sobre as posicións inimigas, experimentaron con carros de blindados e puxeron a proba a precisión letal e a forza destrutiva de novas bombas, como as cargas explosivas de catrocentos cincuenta quilos e dispositivos incendiarios de fósforo.
Unha desas manobras tivo lugar o 26 de abril de 1937, cando a Lexión Cóndor, apoiada por avións da Aviazione Legionaria Italiana, atacou Gernika, a uns quince quilómetros da liña da fronte. Unha cidade de dez mil habitantes de pouco interese estratéxico, pero, según os militares fascistas, podería chegar a usarse como parte dun plan B coas unidades republicanas en retirada. Ademais, tiña unha fábrica de armas e pertrechos militares e unha ponte importante. Pero os avións que apareceron no ceo de Gernika o 26 de abril de 1937, día de mercado, non lanzaron as súas bombas sobre a fábrica, tampouco sobre a ponte. O que fixeron foi, destruír a cidade nunha serie de ataques sucesivos.
O obxectivo da Lexión Cóndor non se limitaba a axudar e asistir militarmente ós "golpistas". A os estrategos militares nazis lles interesaba especialmente avaliar a eficacia do novo armamento deseñado e as tácticas de combate. Por exemplo, descartaron a tradicional formación en V pola parella de cazas, que na Batalla de Inglaterra desempeñaron un importante papel destrutivo. Tamén os novos métodos combinando a artillería con ataques aéreos sobre as posicións inimigas, experimentaron con carros de blindados e puxeron a proba a precisión letal e a forza destrutiva de novas bombas, como as cargas explosivas de catrocentos cincuenta quilos e dispositivos incendiarios de fósforo.
Unha desas manobras tivo lugar o 26 de abril de 1937, cando a Lexión Cóndor, apoiada por avións da Aviazione Legionaria Italiana, atacou Gernika, a uns quince quilómetros da liña da fronte. Unha cidade de dez mil habitantes de pouco interese estratéxico, pero, según os militares fascistas, podería chegar a usarse como parte dun plan B coas unidades republicanas en retirada. Ademais, tiña unha fábrica de armas e pertrechos militares e unha ponte importante. Pero os avións que apareceron no ceo de Gernika o 26 de abril de 1937, día de mercado, non lanzaron as súas bombas sobre a fábrica, tampouco sobre a ponte. O que fixeron foi, destruír a cidade nunha serie de ataques sucesivos.

Ao mando de Wolfram von Richthofen, primo de Manfred von Richthofen -"as" da aviación da Primeira Guerra Mundial-, a Lexión Cóndor aproveitou o ataque como unha oportunidade inestimábel para probar o «bombardeo de saturación», unha táctica concibida para causar os peores estragos posibles e aterrorizar á poboación civil. Aínda hoxe polemízase sobre as circunstancias concretas e a intención dese bombardeo masivo sobre Gernika, sen chegar a conclusións definitivas. Algúns historiadores sosteñen que a Lexión Cóndor escolle Gernika simplemente polas facilidades que ofrecía a súa situación para o transporte, e aínda así non se entende por que non bombardearon a fábrica, a ponte e os camiños. Tampouco sexa probable que a súa elección estivera influída pola súa condición como símbolo do independentismo vasco, pois, según parece, Von Richthofen non se enterou dese detalle ate despois do ataque. Calquera que foran as verdadeiras razóns, da cidade non quedou nada en pé. Primeiro caeron unhas corenta toneladas de bombas que esnaquizaron os edificios, logo a artillería incendiaria converteu a escombreira nun mar en chamas. En menos de dúas horas, Gernika quedou reducida a unhas ruínas carbonizadas e sanguinolentas. Non se sabe con certeza a cantidade de víctimas, estímase que unhas tres mil, sobre un total de 10.000 persoas que aquel día se encontraban en Gernika.
Fonte:
- “Discurso contra a Servidume Voluntaria – Etienne de La Boétie”. Publicado en: Animal+: Revista Cultural para Todas as Especies, nº 19 – Inverno 2008. Edicións Positivas. Traducción: Onofre Sabaté.
- «A Fractura: Vida e Cultura en Occidente, 1918-1938», de Philipp Blom. Edita Anagrama.
- “O Embrollo Ecolóxico: A Ideoloxía da Naturaleza" de Dario Paccino.
- WIKIPEDIA
PUBLICADOS:


