SERVIDUME VOLUNTARIA (III/IX)

Para que o traballo dos esclavos chegue a ser a modalidade de producción dominante de toda unha sociedade, requírese un incremento todavía maior da producción, do comercio e da acumulación da riqueza.
Nas antigas comunidades naturais, con propiedade común do territorio, a esclavitude non existe ou só ocupa un lugar de segundo orden. É o que sucedía na Roma primitiva: "cidade campesina". En troques, cando Roma se transforma na “cidade universal” e a propiedade agraria dos itálicos, caeu cada vez máis, en mans dunha clase pouco numerosa de propietarios enormemente ricos, entón a poboación campesiña foi suplantada por unha poboación de esclavos. («A Orixe da Familia», Friedrich Engels - 1820/1895).
O "Discurso sobre a Servidume Humana" foi escrito en 1548. Pasou de man en man por sectores ligados á política, filósofos e escritores de renome. Foi publicado 25 anos despois.
O texto de La Boétie, valora a cuestión da lexitimidade de calquera autoridade sobre un pobo e analiza as razóns da submisión (relación dominación / servidume). Deste xeito, o "Discurso" prefigura a teoría do contrato social e convida ao lector, a unha minuciosa vixilancia, sempre coa "liberdade" como horizonte do porvir humano.
Os numerosos exemplos sacados da Antigüidade clásica, que —como era costume na época— aparecen no texto, lle permiten criticar, baixo unha aparencia de erudición, a situación política do seu tempo.
Aínda que La Boétie foi un servidor do orde público, é considerado por algúns, coma un precursor intelectual da desobediencia civil e do anarquismo.
Morreo víctima da peste en Germignan, o 18 de agosto de 1563, ós 33 anos.
Os
médicos aconsellan non tocar coa man as chagas incurables; non é,
pois, sensato que eu dea consellos a un pobo que hai moito perdeu a
conciencia e cuxa doenza, unha vez que el xa non sente dor, é
evidentemente mortal. Temos, antes, que procurar saber como ese
desexo teimoso de servir se foi enraizando coma se o amor á
liberdade parecese cousa pouco natural.
En
primeiro lugar, eu creo firmemente que, se nós vivísemos de acordo
coa natureza e coas súas ensinanzas, seriamos naturalmente
obedientes ao país, submisos á razón e de ninguén escravos.
Todos
os homes, por si mesmos, sen outro consello que non sexa o da
natureza, gardan obediencia ao pai e a nai; canto á razón,
discuten moito os académicos e todas as escolas filosóficas se ela
nace ou non connosco.
De
momento penso non errar ao crer que hai na nosa alma unha semente
natural de razón, a cal, se for cultivada con bos consellos e bos
costumes, florece en virtude; se, polo contrario, é atacada polos
vicios, morre de asfixia e aborta.
Unha
cousa é clarísima na natureza, tan clara que a ninguén pode ser
cega a tal respecto, e é o feito de a natureza, ministra de Deus e
gobernanta dos homes, nos ter feito todos iguais, con igual forma,
aparentemente nun mesmo molde, de forma que todos nos recoñecésemos
como compañeiros ou mesmo irmáns.
Ao
facer as partillas dos dons que nos legou, deu, máis a uns que a
outros, certos dons corporais e espirituais; pero é igualmente certo
que non pretendeu pornos neste mundo como en campo fechado, nin lle
deu aos máis fortes e aos máis avisados orde para, coma salteadores
emboscados no monte e armados, eliminaren os máis f noracos.

Non todos poden posuír un escravo. Para poder servirse de él, precísanse dúas cousas: no primeiro lugar, os instrumentos e os obxectos para o traballo do escravo, en segundo lugar, os medios necesarios para manter a este. Polo tanto, antes de que sea posible a escravitude, tense que alcanzar un certo nivel na produción, sendo mester, que apareza un certo grado de desigualdade na distribución. (“A Orixe da Familia”, Friedrich Engels-1820/1895).
É
de crer, iso si, que favorecendo a algúns e desfavorecendo a outros,
pretendía dar lugar á fraterna afección, darlles medios de se
manifestar, pois se a uns asiste o poder de axudar, os outros tiñan
necesidade de ser axudados.
Esta
boa nai, deunos a todos a terra para nela morarmos, albergounos a
todos nunha mesma casa, moldeounos a todos nunha mesma masa, para así
todos poder mirarmos e recoñecernos uns nos outros; a todos en común,
outorgou o grande don da voz e da palabra, para sermos máis amigos e
máis irmáns e, pola común e mutua declaración dos nosos
pensamentos, establecermos a comuñón das nosas vontades.
E
pois, ela buscou por todos os medios, apertar e estreitar máis
fortemente os nós da nosa alianza e sociedade, e por todas as formas,
mostrou máis desexo por vernos unidos, que ser só Un, non hai dúbida
de que somos todos compañeiros, e ninguén poderá xamais admitir que
a natureza, integrándonos a todos nunha sociedade, teña destinado
uns para escravos.
Non
importa verdadeiramente discutir se a liberdade é natural, probado é a escravitude como unha ofensa para quen a sofre, e unha
inxuria á natureza, que en todo canto fai é razoable.
Non
hai dúbida, pois, de que a liberdade é natural e que, pola mesma
orde de ideas, todos nós nacemos non só señores da nosa liberdade,
tamén con condicións para a defendermos.
Se
acaso puxermos iso en dúbida e descermos tan baixo, que non sexamos
quen de recoñecer, cal o noso dereito e as nosas calidades naturais,
vou ter que vos tratar como merecedes e poñer ós propios animais, a
darvos leccións e a aprendervos, cal é a vosa verdadeira natureza e
condición.

O bisonte era para os peles vermellas, o que a foca para os esquimales. Durante séculos, o bisonte serviulle ós indios como alimento, roupaxe e protección (Dee Brown, escritor norteamericano). Thévenin e Coze, presentan unha longa lista de obxectos extraídos dos bisontes: tendas, caixas, escudos, roupaxe, calzado, revestimentos das piraguas, tiras de coiro, cofres, vainas, leitos, berces, mantas, capas, pas, agullas, puntas de frechas, materiais para a pesca, cordas de arco, lazos, etc; cos cornos facían recipientes, a graxa e os excrementos eran usados como abonos, das pezoñas extraían colas e vernices, e do cerebro un fertilizante moi apreciado. As manadas de bisontes foron exterminadas, e falábase de manadas que se estendían ó longo de decenas de quilómetros, e que desfilaban durante días e máis días. (Darío Paccino, Arrivano i nostri, Edizione Avanti, Milán, 1956).
Só quen for xordo, non oe o que din os animais: Viva a liberdade!. Moitos
deles morren, cando os atrapan. Como o peixe que, fóra da auga, perde
a vida, tamén outros animais se negan a vivir sen a liberdade que
lles é natural.
Se
os animais establecesen entre si calquera grandeza e preeminencia,
farían, e créoo firmemente, da liberdade a súa nobreza.
Algúns
hai que, dos maiores aos menores, ao serem presos, opoñen
resistencia coas garras, os cornos, as patas ou o bico, demostrando
así claramente canto aprezan a liberdade perdida. E unha vez no
cautiverio, dan evidentes sinais do coñecemento que teñen da súa
desgraza e deixan ver perfectamente que se senten máis mortos que
vivos, continuando a vivir máis para lamentaren a liberdade perdida,
que por lles agradar a servidume.
Que
quer dicir o elefante que, despois de se defender ate máis non
poder, sentíndose impotente e presto a ser atrapado, espeta as
queixadas nas árbores e as quebra, mostrando así o grande desexo
que ten, de continuar libre como naceu?.
Así
dá a entender que desexa negociar cos cazadores, dándolles os
dentes para que o solte, entregándolles o marfil en peñor da
liberdade.
Comezamos
a domesticar o cavalo, desde o momento en que ele nace, preparámolo
para nos servir e non podemos glorificarnos de que, unha vez domado,
el non morde o freo e non se empina cando o esporeamos, como se
quixese mostrar a súa natureza e testemuñar por esa forma, que serve non
de boa vontade, senón por ser obrigado a servir.
Que
dicir perante isto?. Que: “Ate os bois xemen baixo o xugo / E na
gaiola as aves están chorando”; como escribín no tempo en que
verseava á francesa (cito versos meus, o que nunca fago; como seica
che gustan, non me acusarás de ser pretensioso).
Todas
as cousas que teñen sentimento, senten a dor da suxeición e suspiran
pola liberdade; os animais, feitos para serviren ao home, non son quen
de se habituar a servidume, sen protestaren desexos contrarios.
A
que azar, pois, se deberá que o home, libre por natureza, teña
perdido a memoria da súa condición e o desexo de a ela regresar?.

Ret Marut - B. Traven - Hal Croves morre na Cidade de México o 26 de marzo de 1969. O mesmo día, a súa dona anunciou nunha conferencia de prensa que o verdadeiro nome do seu home era Traven Torsvan Croves, que nacera en Chicago o 3 de maio de 1890, fillo de Burton Torsvan de ascendencia noruega e Dorothy Croves de ascendencia anglosaxona. Afirmou que tamén usara os seudónimos B. Traven e Hal Croves durante a sua vida. Ela leeo esta información do testamento do seu home, redactado por ele o 4 de marzo, tres semanas antes da súa morte. Traven Torsvan Croves, tamén era o nome do certificado de defunción oficial do escritor; as suas cinzas, logo da cremación, foron espalladas dende un avión sobre o mato do estado de Chiapas.
B. TRAVEN: ANIQUILADE A PRENSA!
O panfletario inconformista de nome Ret Marut, mentres exercía funcións de Director de Prensa da República Bávara dos Consellos en xaneiro de 1919, supera o seu individualismo e entrégase a causa do cambio do mundo en Baviera.
Comprendía moi ben, o poder que tiña a «prensa aliñada» cos intereses do "capital" da sociedade industrial, e estaba determinado a combatela, imaxinando a "utopia" de reemplazala por unha «prensa libre», independente dos poderes económicos e políticos. Afirmaba que: «unha publicación, periódico ou revista, que non poda sosterse sen ingresos publicitarios, non merece existir».
Así clamaba en xaneiro de 1919:
«Humanos!, só tedes un inimigo. É o máis depravado de todos. A tuberculose e a sífilis, son pragas terribles que fan sufrir ó home. Pero hai unha praga máis devastadora que todas as pestilencias que infectan os corpos, pois esta arrasa os espíritos. É unha epidemia incomparablemente máis terrible, máis traicioneira e máis perniciosa. Falo da “prensa”, esa rameira pública. Ningunha revolución, ningunha liberación do Ser Humano acada o seu obxectivo, si non se comeza por aniquilar, sen piedade, a prensa. Aniquilade a prensa!. Expulsádea a correazos da Comunidade dos Humanos, a eses proxenetas, e se vos perdoarán os pecados, os que cometedes e os que aínda non cometéchedes. Ningunha reunión, nin asemblea de seres humanos, debe desenrolarse sen que retombe o deflagrante aturuxo:
ANIQUILADE A PRENSA!!».
O 7 de abril, proclámase a «República dos Consellos de Baviera», integrado por intelectuais de gran integridade e pouco pragmatismo: Erich Mühsam, Ernst Toller, Gustav Landauer e un panfletario inconformista de nome Ret Marut.
O 13 de abril, se produce un golpe militar (Putsch) comandado polo Ministro da Guerra Schneppenhorst, do Goberno de Hofman. Isto forza ós comunistas a tomar os mandos da que consideran a “inmatura” República dos Consellos, e Leviné, accidentalmente, atópase en primeira liña fronte as forzas reaccionarias. Despois dunha dura batalla polas rúas de Múnic, entre as tropas de Schneppenhorst e as forzas obreiras improvisadas e comandadas polo mariñeiro Rudolf Eglhofer, o golpe militar é derrotado.
O 30 de abril, as tropas de Noske, entran en Múnic, e toda resistencia cesou o 2 de maio. Logo veu o “terror branco”, como non se coñecera antes. A caza dos Espartaquistas (xa KPD: Partido Comunista Alemán), prolongouse unha semana. A clase obreira quedou fora da Lei. Noske, mandou executar en prisión ó Ministro de Educación da República dos Consellos, Gustav Landauer. Atrocidades bestiais coas mulleres, máis encarnizadas, si cabe, coas «feminas espartaquistas». Setecentos cidadáns, foron executados sen xuízo. Os tribunais militares condenan a fusilamento a Eglhofer e Leviné. Mühsam a 15 anos de prisión, e Toller a cinco.
Ret Marut escapou polos pelos á vinganza dos "asasinos" corpos brancos. Detido, foi arrastrado ante un tribunal sumario, pero aproveitou a confusión para desvanecerse discretamente, dando comezo a «eterna fuxida» deste escorregadizo personaxe. Despois de que publicara clandestinamente, varios números da súa revista Der Ziegelbrenner (O Ladrilleiro), abandona Alemaña e Europa para sempre. Vagou por mar e terra, aterrando en México, adoptando o nome como escritor de «B. Traven», publicando: “O Barco da Morte”, “A Rebelión dos Colgados”, “O Tesouro de Serra Nai”, …
A revolución foi esmagada, o triunfo sanguinario dos "Corpos Brancos" adiántase 14 anos ó dos "matóns nazis".
Fonte:
- “Discurso contra a Servidume Voluntaria – Etienne de La Boétie”. Publicado en: Animal+: Revista Cultural para Todas as Especies, nº 19 – Inverno 2008. Edicións Positivas. Traducción: Onofre Sabaté.
- “O Embrollo Ecolóxico: A Ideoloxía da Naturaleza" de Dario Paccino.
- “B. Traven: Como a Revolución Bávara pareo un gran novelista”, Texto: Julius van Daal; Traducción: Gladys Martínez. Publicado no apartado de “Radical: A Utopía en Actos”; na revista “O Salto” nº 18, de Outubro de 2018.
- Viñetas gráficas (de abaixo arriba): Quino e O Roto.
- WIKIPEDIA
PUBLICADOS:






