SERVIDUME VOLUNTARIA (IX/IX)

Co discurso IX complétase o “Discurso contra a Servidume Voluntaria” que Etienne Da Boétie (1530-1563) escribe en 1548 ós dezaoito anos de idade. Contemporáneo de Montaigne, este quedou sorprendido da ousadía e calidade do autor, así o aseguraba no prefacio da súa publicación 25 anos despois.
O discurso tamén se coñece como «O Contra Un», porque o tirano que desarraiga a sociedade da terra, da liberdade, destrúe a amizade e desterra o pluralismo, saqueando as fronteiras, acadando os redutos da intimidade humana: «É difícil crer que haxa algo de público, neste goberno no que todo é de un», afirma Etienne. Parecendo así, que a “rex pública (o ben común)”, é suplantada pola pretensión particular, subxectiva, de quen se arroga ser dono da representación da cidadanía. Esta defensa do goberno das leis, que alcanza a mesma conclusión a que chegou Platón, cando as circunstancias o obrigaron a renunciar a práctica da utopía, convén que non caia no esquecemento.
A verdade é que o tirano nin ama nin é amado. A amizade é unha palabra sagrada, é unha cousa santa e so pode existir entre persoas de ben, so se mantén cando hai estima mutua; consérvase, non tanto polos beneficios, como por unha vida de bondade.
O que lle da ó amigo, a certeza de contar co amigo, é o coñecemento que ten da súa integridade, a forma como corresponde a súa amizade, o seu bo feitío, a fé e a constancia.
Non cabe amizade onde hai crueldade, onde hai deslealdade, onde hai inxustiza.
Cando os malos se reúnen, fano para conspirar, non para trabaren amizade. Apóianse uns os outros, pero témense reciprocamente. Non son amigos, son cómplices.
Aínda que así non fose, sempre será difícil achar nun tirano, un amor firme. É que, estando él por riba de todos e non tendo compañeiros, sitúase máis ala de todas as raias da amizade, a cal ten o seu albo na equidade, non acepta a superioridade, antes quer que todos sexan iguais.
Por iso é, que entre os ladróns, reina a maior confianza no reparto do botín; todos son pares e compañeiros e, se non se estiman, témense polo menos uns aos outros e non queren, desuníndose, tornarse máis débiles.
Canto ó tirano, nin os propios favoritos poden ter confianza nel, pois aprenderán por si mesmo que él pode todo, que non hai dereitos nin deberes os que estea obrigado, a súa única lei é a súa vontade, non é compañeiro de ninguén, antes é "señor de todos". Que dignos de piedade, por tanto, son aqueles que, perante exemplos tan evidentes, fronte a un perigo tan inminente, non aprenden co que outros xa sufriran!.
Como pode haber tanta xente, que guste de convivir cos tiranos, e que nin un so teña intelixencia e ousadía que basten para lles dicir o que, no dicir do conto, a raposa respondeu ao león que se finxía doente: «De boa gana entraría no teu covil; pero so vexo pegadas de animais que entran e ningunha dos que del teñan saído».
Eses desgraza-dos so ven o brilo dos tesouros do tirano e fican ollando espantados para o fulgor das súas suntuosidades, deslumbrados con tanto esplendor; aproxímanse, e non ven que están a tirarse para o medio dunha fogueira que non tardará en consumilos. O Sátiro indiscreto, reza a fábula: «ó ver aceso o lume descuberto por Prometeu, achouno tan fermoso, que foi bicalo e queimouse».
A bolboreta que, esperando encontrar algún pracer, se tira ao lume, ven-doo lucir, acaba por ser vítima dunha outra calidade que o lume ten: a de queimar, di o poeta Lucano.
Imos admitir que os favoritos consigan escapar as mans daqueles a quen serven. Non escaparán do rei que veña despois. Se for bo, todo fará para pedir contas e repor a xustiza. Se for malo e semellante ao que eles serviran, ha de ter os seus favoritos que, evidentemente, alén de pretenderen ocupar o lugar dos outros, han de querer tamén os bens e as vidas deles.
Sendo así, como pode haber alguén que, no medio de tantos perigos, de tanta inseguridade, queira ocupar tan desgrazada posición, e servir con tal risco tan perigoso amo?.
Joseph Goebbels foi o pai da propaganda nazi e responsable do Ministerio de Educación Popular e Propaganda, creado por Adolf Hitler a súa chegada o poder en 1933. Goebbels foi o director da tarefa comunicativa do Partido Nazi e o gran arquitecto do seu ascenso o poder. Unha vez no Goberno e coas mans libres para monopolizar o aparato mediático estatal, Goebbels prohibiu todas as publicacións e medios de comunicación fora do seu control, e orquestrou un sistema de consignas para ser transmitido mediante un poder centralizado nel: cine, radio, teatro, literatura e prensa.
Que tormento, que martirio este, meu Deus: vivir día e noite a pensar en ser agradábel a alguén e, ao mesmo tempo, temelo máis que a calquera home!.
Que tormento estar sempre ollo á espreita, de oído atento, a espiar de onde virá o golpe, para descubrir embustes, examinando sempre as caras dos compañeiros, a ver se descobre quen o traizoa, rindo para todos, receando-os a todos, non tendo inimigo declarado, nin amigo certo!.
Que tormento, facer sempre que se está contento, ter o corazón aflixido, non poder mostrarse contento e non se atrever a ser triste!.
Apracible é considerar o que eles gañan con tanto tormento, o que poden esperar dos traballos que pasan e da mísera vida que levan.
O pobo gusta de acusar dos males que sofre, non ao tirano, sí ós que o aconsellan: os pobos, as nacións, toda a xente, incluíndo os campesiños e labregos, todos saben os nomes deles e os respectivos vicios; sobre eles lanzan mil ultraxes, mil vilanías, mil maldicións. Todas as súas oracións e votos, son contra eles. Todas as desgrazas, todas as pestes, todas as fames lles son atribuídas e, se as veces, exteriormente, lles tributan algún respecto, non deixan de maldicilo no máis fundo do corazón, teñen por eles un horror maior, do que teñen ós animais feroces.
Tal é a honra, tal é a gloria que reciben en pago polos servizos que prestan aos pobos, os cales nunca se darán por saciados e compensados do que sufriran, aínda que por eles, repartisen o corpo en anaquiños. Mesmo despois de morreren, os que quedan, farano todo para que o nome de «ComeXentes» lles sexa atribuído e manchado pola tinta de mil plumas, e a súa reputación desfeita en millares de libros, e os propios osos, a ben dicir, pisados polos vindeiros, que así castigan despois de mortos, os que tiveran vida ruín.
Aprendamos con estes exemplos, aprendamos a facer o ben.
Ergamos os ollos para o Ceo, sexa por amor da nosa honra, sexa polo amor da propia virtude, ollemos para Deus Todopoderoso, testemuña certa dos nosos actos e xusto xuíz das nosas faltas.
Pola miña parte, penso, e non me engano, que nada hai máis contrario a un Deus liberal e bondadoso que a tiranía, e que el reserva aos tiranos e aos seus cómplices un castigo especial.
Fonte:
- “Discurso contra a Servidume Voluntaria – Etienne de La Boétie”. Publicado en: Animal+: Revista Cultural para Todas as Especies, nº 19 – Inverno 2008. Edicións Positivas. Traducción: Onofre Sabaté.
- WIKIPEDIA
PUBLICADOS:

OS MÁIS LEIDOS

FESTAS PATRONAIS 1945, A FORTALEZA DO TAPAL E O «SANCTI SPIRITU»

NÓS, OS IRRELEVANTES

FESTAS PATRONAIS 1946 CON SONETO Ó BERBERECHO

GACETA MUNICIPAL - 16 XULLO 1931

GACETA MUNICIPAL - 24 XULLO 1931

ULTREIA: TERCEIRA XEIRA (3/3)

«A DECADENCIA DE OCCIDENTE» de OSWALD SPENGLER (2/4)

MUNICIPAIS DO 31 (e 2)

«A TODO O QUE NON PENSE COMA NÓS»

FESTAS PATRONAIS 1947 / OS EMILIANOS / EVA DUARTE DE PERÓN