BARRO

O barro é o material básico empregado por algun-has Creador-as para dar forma a Humanidade e a outras criaturas da Terra. O método habitual é que o-a Creador-a, modele unha muller e un home, a partir de calquera xacemento de arxila, para despois engadir ornamentos, tais como pedriñas para os ollos, herba seca ou febra de coco para o pelo e sementes para os pezóns. Logo o-a Creador-a, pon as figuras a secar ao sol, e cando están listas, asopraba sobre elas para infundirlles o "alento da vida". Naturalmente, o-a Creador-a pode escoller calquera cor de arxila, para modelar as súas criaturas, pero os preferidos para os Seres Humanos, parecen ser o negro, o marelo, o marrón, o branco, o roxo e diversas tonalidades de ocre.
Os humanos son de creación moi simple, en comparación con todos os demais animais. Os/As Creadores-as adicaron moito máis tempo na elaboración dos humanos, e demostraron un considerable enxeño nas súas formas e coloracións. Non contentas con infundirlles o simple alento da vida aos seres vivos, as/os Creadores-as, os dotaron cunha inmensa gama de coñecementos, instintos e capacidades, que malgastaron en creacións tan simples, como as mulleres e os homes.
Deusa sentada no seu trono, flanqueada por dous felinos da a luz un fill@. Estatuiña de barro cocida, ligada ó culto da fertilidade, atopada na arca para o gran, do santuario máis moderno de Çatal Höyük (5400-5200 a.c.- Cidade sen ruas do VII milenio, a máis antiga do mundo conservada).
O emprego de barro para a "creación da humanidade", explica o por qué esta ten un corazón tan terreal, máis predisposto a aspectos materiais do universo que a etérea liberdade da atmosfera.
Algun-has Creador-as non puxeron coidado no manexo do barro e na preparación das figuras. Moldearon figuras desproporcionadas ou as deixaron secar en mal sitio, co que quedaron agreadas polo sol ou desgastadas polo vento e a chuvia. Os/As Creadores-as son xeralmente moito menos meticulosas ó crear o ser humano, que ó crear outros animais. En consecuencia, cada animal parécese ós demais da súa especie, mentres que os humanos son todos diferentes, e as figuras varían moito entre o fermoso e o feo.
Fonte:
- “Enciclopedia das Cousas que Nunca Existiron”, no apartado de: “Cousas de Maxia, Ciencia e Invención” de Michael Page e Robert Ingpen.

OS MÁIS LEIDOS

FESTAS PATRONAIS 1945, A FORTALEZA DO TAPAL E O «SANCTI SPIRITU»

NÓS, OS IRRELEVANTES

FESTAS PATRONAIS 1946 CON SONETO Ó BERBERECHO

GACETA MUNICIPAL - 16 XULLO 1931

GACETA MUNICIPAL - 24 XULLO 1931

ULTREIA: TERCEIRA XEIRA (3/3)

«A DECADENCIA DE OCCIDENTE» de OSWALD SPENGLER (2/4)

MUNICIPAIS DO 31 (e 2)

«A TODO O QUE NON PENSE COMA NÓS»

FESTAS PATRONAIS 1947 / OS EMILIANOS / EVA DUARTE DE PERÓN