FROITA EXÓTICA
![]() |
Foille tan ben a miña nai coa froitería que comezou a importar produtos exóticos de Bolivia, Perú e a selva Amazónica.
Había unha especie de piña que, si non fora por unha campán de vidro que a illaba, invadiría o local cun insoportable cheiro a podre. Non me explicaba como podían mercala. A propósito dese cheiro fedento, lembro a un cabaleiro de fondos ollos verdes, pel escura, moi ben vestido, que comezou a visitar a Dona Sara. Sentábase na trastenda, durante a hora de descanso e falaban, quen sabe de que, porque nunca puiden achegarme a él: tiña este señor, unha enfermidade que o facía "exsudar un cheiro fedento". Todo o que tocaba quedaba impregnado.
Un día esqueceu o seu lapis. Non me din conta e collino para rematar a miña tarefa. Case debroco!. O repelente arume, quedoume pegado entre o polgar e o índice un par de horas!. Sen embargo a miña nai adicáballe moito tempo recibíndoo agarimosa e sorrinte.
Un día, aborrecido, griteille: “Tes que expulsalo de aquí!”. Nunca vira a miña nai tan anoxada: púxose roxa, acaneoume un minuto e logo, tomando un coitelo (xeeime), partiu en dous o froito cheirento (uf, que alivio!) e ofreceume: “Come un anaco desta piña silvestre!”. “Non podo ..., cheira a merda!”. Apertoume o nariz, selando as fosas nasais. Abrín a boca para respirar e entón meteume o anaco … que marabilla”. Nunca probara un froito tan doce, fino, saboroso!. Déronme ganas de comer unha ducia.
“Ves?. O olfacto non é o rei. Recibo a ese cabaleiro porque escrebe poemas, os máis fermosos que lin na miña vida. É un alma de selección, un puro, case santo. Non sabes o que reconforta ao meu ser. Gracias a él, comprendín o importante que é a beleza. Lembra o Evanxeo apócrifo, cando Cristo e os seus apóstolos pasan xunto a un can podre?. Mentres os demais tapan o nariz e foxen con noxo. Xesús achégase, olla o cadáver e dí: “Ten fermosos dentes!”. Neste mundo todos estamos cheos de enfermidades, porque a sociedade mesma está enferma. Si so víramos os defectos, endexamais falaríamos con alguén. Hai que buscar as "calidades" de cada ser, e esquecer as súas taras. Iso é vivir con cortesía!”.
![]() |
Fonte:
“A Vida é un Conto”
de Alexandre Jodorowsky.

