HISTORIA DE GRISÓSTOMO E MARCELA
SÉQUITO MORTUORIO DE GRISÓSTOMO, CURIOSAMENTE ENTRE ELES DON QUIXOTE CURIOSO.
Comeza o Capítulo XIV do primeiro libro de Don Quixote, co recitado da “Canción Desesperada de Grisóstomo” por Vivalvo, que ía no grupo de Don Quixote e outros pastores que asistían curiosos ó enterro do pastor Grisóstomo que morreu de pena e desamor de Marcela.
Por deseo póstumo de Grisóstomo, a súa tumba será no mesmo lugar onde declarou o seu amor a Marcela e esta o desenganou e desdeñou, así o aseguraba o seu amigo Ambrosio que dirixía o séquito mortuorio.
Vivalvo, curioso polos papeis e libros que ían no cadaleito de Grisóstomo. Ambrosio, consinte que recite a “Canción Desesperada” de Grisóstomo, onde este a modo poético, da razóns que o conduciron a poñer fin a traxedia da súa miserable vida.
APARICIÓN DA FERMOSA MARCELA "VOLVENDO POR SÍ", E DESVELAR A SINRAZÓN DAS ACUSACIÓNS QUE A CULPAN.
Vivaldo querendo ler outro papel dos que salvara do lume, “..., estorbouno unha marabillosa visión que improvisadamente se lles ofreceu aos ollos; e foi que, por riba da pena onde se cavaba a sepultura, apareceu a pastora Marcela, tan fermosa que pasaba á súa fama a súa fermosura”.
Ambrosio, tan pronto a viu, reprochoulle con ánimo indignado o que provocara por rexeitar o amor de Grisóstomo:
“... Dinos presto a que vés, ou que é aquilo de que máis gustas; que por saber eu que os pensamentos de Grisóstomo xamais deixaron de obedecerte en vida, farei que, aínda el morto, te obedezan os de todos aqueles que se chamaron os seus amigos”.
Non veño, oh Ambrosio!, a ningunha cousa das que dixeches -respondeu Marcela-, senón a volver por min mesma e a dar a entender a sin razón de todos aqueles que das súas penas e da morte de Grisóstomo me culpan; e así, rogo a todos os que aquí estades me esteades atentos, que non será mester moito tempo nin gastar moitas palabras para persuadir unha verdade aos discretos.
"...se como o ceo me fixo fermosa me fixese fea, sería xusto que me queixase de vós porque non me amabades?"
Fíxome o ceo, segundo vós dicides, fermosa, e de tal xeito, que sen ser poderosos a outra cousa, a que me amedes vos move a miña fermosura, e polo amor que me mostrades, dicides, e aínda queredes, que estea eu obrigada a amarvos. Eu coñezo, co natural entendemento que Deus me deu, que todo o fermoso é amable; mais non alcanzo que, por razón de ser amado, estea obrigado o que é amado por fermoso a amar a quen o ama. E máis, que podería acontecer que o amador do fermoso fose feo, e sendo o feo digno de ser aborrecido, cae moi mal o dicir: “Quérote por fermosa; hasme amar aínda que sexa feo”. Pero, posto caso que corran igualmente as fermosuras, non por iso han correr igual os desexos, que non todas as fermosuras namoran; que algunhas alegran a vista e non renden a vontade; que se todas as belezas namorasen e rendesen, sería un andar as vontades confusas e descamiñadas, sen saber en cal habían parar; porque sendo infinitos os suxeitos fermosos, infinitos habían ser os desexos.
Todo o parlamento de Marcela é unha síntese da concepción platónica do amor, do concepto da honestidade, a libertade da muller para escoller esposo, e do ideal renacentista da "dignidade humana". |
E segundo eu oín dicir, o verdadeiro amor non se divide, e ha ser voluntario, e non forzoso. Sendo isto así, como eu creo que o é, por que queredes que renda a miña vontade por forza, obrigada non máis de que dicides que me queredes ben?. Se non, dicídeme: se como o ceo me fixo fermosa me fixese fea, sería xusto que me queixase de vós porque non me amabades?. Canto máis que habedes considerar que eu non escollín a fermosura que teño, que, tal cal é, o ceo deuma de graza, sen eu pedila nin escollela. E así como a víbora non merece ser culpada pola pezoña que ten, aínda que con ela mata, por darlla a natureza, tampouco eu non merezo ser reprendida por ser fermosa; que a fermosura na muller honesta é coma o lume apartado ou coma a espada aguda, que nin el queima nin ela corta a quen a eles non se acerca. A honra e as virtudes son adornos da alma, sen as cales o corpo, aínda que o sexa, non debe parecer fermoso. Pois se a honestidade é unha das virtudes que ao corpo e á alma máis adornan e fermosean, por que a ha perder a que é amada por fermosa, por corresponder á intención daquel que por só o seu gusto, con todas as súas forzas e industrias procura que a perda?.
"E así como a víbora non merece ser culpada pola pezoña que ten, aínda que con ela mata, por darlla a natureza, tampouco eu non merezo ser reprendida por ser fermosa; que a fermosura na muller honesta é coma o lume apartado ou coma a espada aguda, que nin el queima nin ela corta a quen a eles non se acerca."

A orixe do nome Marcela, atopámolo en Marte, o Deus da Guerra. Que comenza a súa vida como Deus sendo pastor de ovellas. Sin querelo, xa sea pola súa torpeza, xa sea por ser un gran mentiroso, converteuse no Deus da Guerra sen motivo. Os exércitos que o veneraban como Deus, xacen afundidos no pasado, aínda que actualmente, o Deus Marte sigue ensinando ós guerreiros, como atopar unha tumba prematura.
Eu nacín libre, e para poder vivir libre escollín a soidade dos campos. As árbores destas montañas son a miña compañía, as claras augas destes regatos os meus espellos; coas árbores e coas augas comunico os meus pensamentos e fermosura. Lume son apartado e espada posta lonxe. Os que namorei coa vista, desenganei coas palabras. E se os desexos se sustentan con esperanzas, non dando eu ningunha a Grisóstomo nin a ningún outro, en fin, de ningún deles, ben se pode dicir que antes o matou a súa porfía ca a miña crueldade. E se se me fai cargo que eran honestos os seus pensamentos, e que por iso estaba obrigada a corresponder a eles, digo que cando nese mesmo lugar onde agora se cava a súa tumba me descubriu a bondade da súa intención, díxenlle eu que a miña era vivir en perpetua soidade, e de que soa a terra gozase o froito do meu recollemento e os despoxos da miña fermosura; e se él, con todo este desengano, quixo porfiar contra a esperanza e navegar contra o vento, que moito que se anegase na metade do golfo do seu desatino?. Se eu o entretivese, sería falsa; se o contentase, faría contra a miña mellor intención e presuposto. Porfiou desenganado, desesperou sen ser aborrecido: mirade agora se será razón que da súa pena se me dea a min a culpa!.
"Quéixese o enganado, desespérese aquel a quen lle faltaron as prometidas esperanzas, confíese o que eu chamase, oufánese o que eu admitise, pero non me chame cruel nin homicida aquel a quen eu non prometo, engano, chamo, nin admito."

No 1484, Inocencio VIII da por oficial a existencia da bruxería por medio da bula Summis desideratis affectibus. O Malleus Maleficarum (do latín: 'Martelo das Bruxas') é un tratado sobre a bruxería, escrito polos frades dominicos Heinrich Kramer e Jacob Sprenger, e foi publicado en Estrasburgo no 1487. Trala primeira publicación do Malleus Maleficarum, foi reeditado ducias de veces, difundiuse por toda Europa. Esta obra foi notoria polo seu uso no período da "histeria" pola caza de bruxas, alcanzando a súa máxima divulgación desde mediados do século XVI ata mediados do XVII. Durante este período de persecución da bruxa, saíron a luz ao menos unhas sesenta e catro edicións deste libro de 250.000 palabras en latín, alemán, francés, inglés e italiano. Os dominicos Sprenger e Kramer eran uns misóxinos fanáticos, crueis, obsesionados coa idea de que as bruxas eran unha ameaza para a verdadeira fe e que debían ser exterminadas sen preocuparse de valores morais, dor, derramamento de sangue, nin da xustiza. Argumentaban que para unha condena total das mulleres, elucubraban cunha filoloxía fantástica, asegurando que a verba femina (muller) derivaba de "fe", cun significado evidente, e "minus", que significaba "menos", de sorte que as mulleres carecían de "fe". A Igrexa nunca aprobou oficialmente a caza de bruxas, tampouco as condenaba, ata o 1657 que prohibiuse as persecucións ca bula Pro formandis. As acusacións servían de base para o interrogatorio, e non se requiría ningunha outra proba válida de culpabilidade que a confesión obtida mediante tortura, as miles de mulleres executadas serviu para apropiarse das perténceas e posesións das vítimas. Neste período de "caza de bruxas", onde os "beatos" eran o máximo expoñente da propagación de bulos e a difamación, eliminando a calquera competidor que se opuxera ós seus materialistas fins, coincide co período de vida de Cervantes e que posiblemente leería o Malleus Maleficarum.
Quéixese o enganado, desespérese aquel a quen lle faltaron as prometidas esperanzas, confíese o que eu chamase, oufánese o que eu admitise, pero non me chame cruel nin homicida aquel a quen eu non prometo, engano, chamo, nin admito. O ceo aínda ata agora non quixo que eu ame por destino, e o pensar que teño que amar por elección é escusado.
Este xeral desengano sirva a cada un dos que me solicitan do seu particular proveito; e enténdase de aquí en diante que se algún por min morrese, non morre de celoso nin de desditado, porque quen a ninguén quere, a ningún debe dar celos; que os desenganos non se han tomar en conta de desdéns. O que me chama fera e basilisco, déixeme como cousa prexudicial e mala; o que me chama ingrata, non me sirva; o que descoñecida, non me coñeza; quen cruel, non me siga; que esta fera, este basilisco, esta ingrata, esta cruel e esta descoñecida, non os buscará, servirá, coñecerá nin seguirá de ningún xeito. Que se a Grisóstomo matou a súa impaciencia e ousado desexo, por que se ha culpar o meu honesto proceder e recato?. Se eu conservo a miña limpeza coa compaña das árbores, por que ha querer que a perda o que quere que a teña cos homes?.
"Que se a Grisóstomo matou a súa impaciencia e ousado desexo, por que se ha culpar o meu honesto proceder e recato?."
Eu, como sabedes, teño riquezas propias e non cobizo as alleas. Teño libre condición, e non gusto de suxeitarme; nin quero nin aborrezo a ninguén. Non engano a este, nin solicito a aquel; nin burlo con un, nin me entreteño co outro. A conversa honesta das pastoras destas aldeas e o coidado das miñas cabras entretenme. Teñen os meus desexos por termo estas montañas, e se de aquí saen, é a contemplar a fermosura do ceo, pasos con que camiña a alma á súa morada primeira.
DISCRETO "MUTIS" DE MARCELA. DON QUIXOTE FAI FRONTE ÓS QUE PRETENDEN PERSEGUILA, E ALEGA POLO DESEXO DE MARCELA DE VIVIR A VIDA SIN PRETENDER E SIN QUE A PRETENDAN.
E en dicindo isto, sen querer oír resposta ningunha, volveu as costas e meteuse polo máis pechado dun monte que alí preto estaba, deixando admirados, tanto da súa discreción coma da súa fermosura, a todos os que alí estaban.
E algúns deron mostras -daqueles, que da poderosa frecha dos raios dos seus belos ollos estaban féridos- de querela seguir, sen aproveitarse do manifesto desengano que oíran. O cal visto por don Quixote, parecéndolle que alí viña ben usar da súa cabalaría, socorrendo as doncelas mesterosas, posta a man no puño da súa espada, en altas e intelixibles voces, dixo:
“Ningunha persoa, de calquera estado e condición que sexa, se atreva a seguir a fermosa Marcela, so pena de caer na furiosa indignación miña. Ela mostrou con claras e suficientes razóns, a pouca ou ningunha culpa que tivo na morte de Grisóstomo, e como vive allea de condescender cos desexos de ningún dos seus amantes; pola cal causa é xusto que, en lugar de ser seguida e perseguida, sexa honrada e estimada de todos os bos do mundo, pois mostra que nel ela é soa a que con tan honesta intención vive”.
FONTE:
D. QUIXOTE DA MANCHA - CAPÍTULO XIV: Onde se poñen os versos desesperados do defunto pastor, con outros non esperados sucesos.
-"Historia da Bruxería II, de Frank Donovan, 1971, Alianza Editorial, S.A. Publicado na Biblioteca do periódico "El Sol" no 1992, que advirte: Libro entregado xunto co exemplar do diario "O Sol".
https://commons.m.wikimedia.org/wiki/File:1921,_The_History_of_Don_Quixote,_It_was_Marcella_herself.jpg

