«A TODO O QUE NON PENSE COMA NÓS»

O proxecto reformista da República do 31 non fracasou, senón que o fixeron fracasar e destruír os únicos culpables, que foron os militares africanistas nacionais, que se ergueron en armas o 18 de xullo de 1936 contra o goberno lexítimo, e o unilatreal apoio da "igrexa católica, apostólica e románica" que a declaraba "Guerra Santa", invocando a unha igrexa inquisitorial moi afín a executar a todo aquel que pense diferente, ou dispoña dun atisbo de dignidade.
Durante os escasos cinco anos da República, o desenrolo das autonomías favoreceu a estabilidade territorial, acadando un maior consenso político, proba da súa eficacia, obsérvase en que serviu de modelo para outros países nas posteriores décadas. A nivel educativo: Créanse as Misións Pedagóxicas, encargadas de difundir a cultura xeral, a moderna orientación docente e a educación cidadán nas aldeas, vilas e lugares, con especial atención a os intereses espirituais da poboación rural; aprobación do decreto que establece a entrada gratuíta ós museos nacionais e centros artísticos e históricos dependentes do Ministerio de Instrución Pública, a favor dos profesores, mestres e alumnos dos Centros de Ensino Públicos; Plan Quinquenal para a creación de 5.000 escolas cada ano; apróbase o Proxecto de Lei para solicitar un préstamo de 400 millóns de pesetas para a construción de escolas, a inverter en oitos anos, que xunto as reportacións dos concellos (200 millóns) fan un total de 600 millóns, que representa a maior inversión en educación da Historia da Humanidade ate ese momento; a expresa prohibición as ordes relixiosas de ofrecer "ensino xeral", cousa que quedou no intento pola brevidade deste tempo político. A cuestión agraria alterou os factores de produción, logrando unhas relacións sociais sen precedentes. A reforma militar baseada nunha metodoloxía, fiabilidade na aportación de datos e conclusións, que estreitaba o cerco sobre os "africanistas" e a pendente depuración de responsabilidades do "Desastre do Annual".
A multitude celebrando a proclamación da República.
A Batalla do Annual (1921) goza de certa similitude castrense, co espírito que "pita" marcando a saída da "trincheira" na Primeira Gran Guerra (España se mantivo neutral, os empresarios gañaron moitos cartos e os salarios seguían sendo miserables) a unha morte máis que segura, case desexable, para tapizar cas vidas a terra das xestas militares, a terra da impunidade criminal do cidadán.
A Primeira e única Democracia Española -sen monarca- e as súas reformas, significaron un novo paradigma para a Historia Política de España, de Europa e do Mundo.
"En España foi onde a xente da miña xeración, aprendeu que un pode ter razón e saír derrotado, que a forza pode destruír a alma, e que as veces, a coraxe non ten recompensa". (Albert Camus)
O mesmo día 19 de xullo do 36, unha notable parte dos rifeños coordinada por Suliman Al-Jatabbi, o primo de Abd- el-Krim, reuniuse cun grupo considerable de “caídes” da rexión en Adjir coa intención de predispoñelos a favor de Franco. A maioría das autoridades nativas simpatizaba cos sublevados dos cales -pensaban-, podían sacar máis partido que dos franceses. Uns franceses, menos permisivos cos “nacionais” no seu Protectorado, e que eran favorables ao goberno republicano español. Os sublevados encargáronse, igualmente, de vender moi ben a idea de uns roxos ateos e inimigos da relixión e, polo tanto, potencialmente adversarios dos musulmáns.
Os xefes militares do Protectorado Español foron lixeiros no seu labor de captar voluntarios entre os marroquís, incluso en Sidi Ifni, o Sáhara ou a zona francesa. Neste último caso, facía falta informar ós militares galos, cousa que non se fixo. A os xóvenes lles atraía a paga, ao redor de 4 pesetas diarias e, os chamamentos que acentuaban uns valores case propios da yihad contra os “sen Deus” marxistas.
Foto de Tomás Alfaro na campaña do Rif
NACIONAIS: «OS AUTÉNTICOS ESPAÑOIS PARA GOLPEAR A "SANGUE E SAÑA", A PELOTA DA CONSPIRATIVA REPÚBLICA».
Para a camarilla de xenerais que dirixían a nova sublevación, a democracia republicana representaba unha profunda ameaza e a vitoria da coalición da Fronte Popular nas últimas eleccións en febreiro do 36, era visto como algo execrable. Estaban convencidos de que conduciría a unha nova versión da Revolución Rusa. Os militares insurxentes se auto denominaron “nacionais”, un termo máis rotundo, según o historiador Paul Preston, «pola súa connotación de “os únicos auténticos españois”, que a acostumada interpretación inglesa de “nacionalistas”».
Un dos principais xerais do complot era Francisco Franco, que todavía non se erixira como o xefe da sublevación. Home cauteloso, agardou a unirse ó golpe de Estado cando o seu éxito parecía asegurado. Para compensar a súa corta estatura (metro sesenta e dous), unha barriga pouco marcial, con dobre papada e unha voz afrautada, moi pronto se gañou a reputación de frialdade e disciplina de ferro, incluso cando trataba de ordenar o fusilamento de soldados insubordinados.
Franco era amplamente considerado o xeral máis competente do exército. Como primeiro director da Academia Xeral Militar, que, para exasperación do exército, fora clausurada polo goberno republicano, era ben coñecido por centos de xóvenes oficiais. Ambicioso e puritano, artífice da elitista Lexión Española, sentíase inspirado pola férrea convicción de estar predestinado a salvar a España da letal conspiración de bolxeviques, masóns e xudeus (pouco importaba que os reis Fernando e Isabel expulsaran a estes últimos do reino no 1492, na Inquisición, e que só unha minoría retornara).
A decisión do goberno da Fronte Popular de destinalo ás Canarias, e a outros xerais dereitistas, a outros destinos lonxanos, resultara un craso erro, xa que esa decisión lles permitira ocultar mellor os seus plans para o levantamento.
Varios lexionarios españois sosteñen cabezas de indíxenas rifeños a comezos dos anos 20 en Marrocos que foran capturados e decapitados. Falanxe publicou esta foto anónima, durante a Guerra Civil, dicindo que eran cabezas de comunistas das Brigadas Internacionais.
O hispanista británico Sebastián Balfour vincula no seu libro ‘Aperta Mortal’ os métodos e as estratexias do conflito do Rif e o Golpe Militar dos Nacionais, na que case 80.000 indíxenas magrebís mercenarios loitaron na vangarda, como “carne de canon” contra o “inimigo ateo e comunista”.
Aínda colean, os efectos do uso do exército español de armas químicas, como o "gas mostaza" contra a poboación rifeña, após dun século, a incidencia do cancro, é moi superior no antigo Protectorado, con respecto a media de Marrocos.
O DESASTRE DO ANNUAL: AFRICANISTAS, ESPAÑA RIFEÑA, LEXIÓN ESTRANXEIRA E OS ÁRABES
Ante o "Desastre do Annual (1921)", no que as tropas españolas sofren unha importante derrota, fronte os rebeldes rifeños, liderados por Abd el-Krim -provocou a morte duns once mil quinientos soldados, oito mil españoles e tres mil quinientos rifeños integrados no exército español, máis da mitade executados tras a rendición-, o Ministro da Guerra español, ordena unha Comisión de Investigación co obxecto de depurar responsabilidades sobre este "Desastre". Dita comisión é dirixida polo Xeral Xoán Picasso, que elabora o chamado "Informe Picasso". Nel, se sinalaban múltiples erros de carácter militar. O "Informe Picasso" sufre a acción obstrutiva de algúns ministros e xuíces, impedindo que poda chegar a afondar nas implicacións políticas, que alcanzaban ó propio Rei Alfonso XIII, por apoiar a penetración irresponsable do Xeral Silvestre, a puntos lonxanos de Melilla, sen contar cunha defensa adecuada na retagarda. Antes da presentación do "Informe Picasso" nas Cortes, o Xeral Miguel Primo de Rivera da o " golpe de estado" o 13 de setembro de 1923, iniciando o período da súa ditadura, encubrindo as responsabilidades monárquicas e dos militares implicados no "Desastre do Annual". Esta "impunidade" e "incompetencia militar criminal" da monarquía e dos militares africanistas implicados, xera esta «cosmovisión» que alenta ó xeral Franco, Mola, Millàn Astrai e Sanxurxo, a que encabezaran o "golpe" para derrocar a República.
A maioría dos organizadores do golpe, pasaran a maior parte da súa carreira militar nas colonias; eran os “africanistas”, veteranos da sanguenta guerra dos anos vinte contra os rebeldes bérberes na montañosa rexión do Rif. Algúns naceran nas colonias, no seo de familias de militares. Considerábanse a si mesmos, duros e aguerridos gardiáns dos valores tradicionais españois, fronte ós rebeldes coloniais e a corrupción do mundo moderno. «Sen África -declararía Franco-, apenas podo explicarme a min mesmo».
Demasiado importante a vida dos mortos, para que os culpables sigan impunes: "Me matan si vou a guerra e si me nego a ir tamén".
Estes oficiais trouxeron de volta a España a súa mentalidade colonialista. Un destacado xeral, referiuse desprezativamente ós empobrecidos campesiños españois como “rifeños”. Durante os máis de dez anos que pasou en Marrocos, nunha ocasión o propio Franco, voltara dunha expedición contra os Cabileños, con 12 cabezas cortadas. Outros “africanistas” combateron ós rebeldes marroquís con bombas e proxectís recheos do mortífero gas mostaza, mercado ós alemáns tralo final da Primeira Guerra Mundial.
Cando Franco e os compañeiros de conspiración se embarcaron na brutal campaña para facerse co "control" de España, as forzas máis profesionais baixo o seu mando eran as que formaban o Exército de África, que incluía a tristemente célebre «Lexión Estranxeira». A pesar do seu nome, estaba formada maioritariamente por españois, moitos deles criminais ós que se lles conmutara a pena a cambio do seu alistamento.
A maior parte do Exército de África estaba formado por árabes ou bérberes recrutados. Os "mouros", como os chamaban os españois, demonizados pola súa barbarie contra a poboación civil, e aleccionados polos "africanistas" con esa finalidade, na súa maioría eran analfabetos, campesiños empobrecidos por unha pertinaz sequía, a os que o exército golpista ofertaba unha considerable "prima" de alistamento, diñeiro e comida, co que lles permitía a supervivencia das súas familias. A estes musulmáns, comandados por oficiais españois, lles prometeran que loitarían contra infieis e xudeus que querían eliminar a “Alá”. Ironicamente entrarían en batalla, xunto con milicianos monárquicos españois, con boinas vermellas, que combatían ó grito de «Viva Cristo Rei!».
Embarque das tropas africanas.
«OPERACIÓN FOGO MÁXICO»: SIN ELA A REALIDADE SERÍA OUTRA
Había poucos avións dispoñibles para o traslado das tropas de Marrocos á Península, formadas por máis de 40.000 soldados, Franco recorre a Bieito Mussolini e Adolf Hitler, pois a maior parte da forza aérea republicana negárase a participar do golpe.
Os emisarios envíados a Alemaña, foron recibidos por Hitler, despois de que este asistira a representación do «Sigfrido» de Wagner no Festival de Ópera de Baireuth. O Führer ía vestido co uniforme pardo das SA, mentres que o resto do seu séquito, en traxe de etiqueta, que quedou agardando para a cea, mentres ele reuníase cos enviados de Franco. Trala negociación, de varias horas (a maior parte do tempo, foi un monólogo de Hitler, que seguía ferido no seu orgullo porque España se mantivera neutral na Primeira Guerra Mundial), o ditador accedéo a facilitar a Franco todo o que necesitara e chamou ó mariscal do ar Hermann Göring, ordeándolle que mandara a Franco todos os avións que lle pedira.
Ós poucos días, os primeiros avións dirixíronse a Marrocos, e comezaron co transporte das tropas a Península. En consideración coa ópera a que asistiran os xerarcas nazis, na que o intrépido “Sigfrido” atravesa heroicamente as chamas para acordar a Brunilda do seu profundo sono, o envío dos avións de transporte alemáns, recibiu o nome de «Operación Fogo Máxico». Para Hitler, resentido polo desdeñe das democracias occidentais dende a súa arribada ó poder, facía tres anos e medio, era un desquite que os militares de outro país pediran a súa axuda.
Os "mouros" en plena acción de golpismo militar.
Así mesmo, Mussolini accede a enviar axuda, ansioso por ser considerado polos “nacionais españois” como o seu principal benfeitor. O que lle permitiría estender a influencia italiana polo Mediterráneo, chegando a par do Imperio Romano co «Mare Nostrum». Foron uns 80.000 soldados italianos os que engrosaron o exército golpista. O escuadrón enviado estaba composto por unha ducia de bombardeiros trimotores Savoia-Marchetti. Na torreta do canón de cola dun deles, voltou un dos enviados nacionais.
Hitler enviou máis avións: 20 Junkers Ju-52, avións de carga trimotores, chamados «as tres Marías» polos españois, que servían indistintamente como bombardeiros e avións de transporte, acompañados por pilotos e mecánicos alemáns. Aínda que a capacidade nominal de cada aparato era de 17 pasaxeiros, unha vez retirados os asentos, podían encherse ate con 40 tatuados lexionarios ou mouros coas súas túnicas flotantes e turbantes ou feces vermellos, en cuclillas cos xeonllos a altura do peito. Moitos mouros nunca viran antes un avión e moito menos viaxaran nun.
En cuestión de días, foron transportados por vía aérea 15.000 homes a Sevilla, o punto de partida peninsular para a "ofensiva nacional" cara ó norte. Foi «a primeira gran operación militar aerotransportada da historia». Sin ela, o “golpe” podería ser facilmente sufocado.
Reconstrucción dos fusilamientos no “paredón de España” de Paterna (imagen: Wikiloc)
«ARREFRÍO DE TERROR»: LIMPEZA DOS "RIFEÑOS ESPAÑOIS".
Un arrefrío de terror recorre España, pois toda a campaña nacional estaba deseñada para maximizar o derramamento de sangue. Nun anticipo do que Europa experimentaría uns anos máis tarde, os xefes militares utilizaban o termo de “limpeza” ao ordear as lúgubres columnas de prisioneiros vestidos de civil avanzar coas mans en alto. Algúns pelotóns de fusileiros actuaban de noite, aliñando as súas vítimas a luz dos faros dos coches. Dirixentes sindicalistas e políticos republicanos, entre eles 40 parlamentarios da coalición de goberno, foron asasinados a baionetazos ou a tiros, o mesmo que os oficiais do exército que se negaron a unirse á conspiración. Para os militares disidentes, o rango non era unha protección: sete xerais e un almirante reacios a unirse ao golpe foron executados. Incluso os lazos familiares desapareceron: cando un oficial se resistiu a que os nacionais se apoderaran dun aeródromo militar, a orde de que o executaran veo do seu primo carnal e compañeiro de xogos da infancia, o xeral Franco.
A elección dos executados carecía de sentido, como en Huesca, por exemplo, onde foron fusilados un centenar de presuntos masóns cando na cidade a organización afirmaba contar con menos dunha ducia de membros, apenas importaba, pois o pánico resultante producía aínda máis medo (os masóns españois, figuraban como obxectivos da conspiración por ser anticlericais). Este tipo de masacres se producían por doquier, houbera ou non resistencia ao avance das tropas nacionais.
Sevilla, verán do 36.
«É necesario crear unha atmosfera de terror -declarou o xeral africanista Emilio Mola, xefe inicial do golpe-, hai que deixar sensación de dominio eliminando sen escrúpulos nin vacilación "a todo o que non pense coma nós". Temos que causar unha gran impresión, todo aquel que sexa aberta ou secretamente defensor da Fronte Popular debe ser fusilado». Aínda que a propaganda de dereitas presentaba ós comunistas españois como un gran perigo, na realidade eran relativamente escasos, foron millóns de persoas os que apoiaron á Fronte Popular.
As directrices de Mola se puxeron en práctica con escalofriante meticulosidade. No norte da provincia de Navarra, un de cada dez votantes da Fronte Popular foi executado sumariamente. A un ancián sacerdote navarro que denunciou as matanzas, lle cortaron a cabeza. Foron clausurados os periódicos progresistas ou de esquerdas. Os traballadores que se declaraban en folga, enfrontábanse a pena de morte. As veces a natureza do terror variaba sadicamente en función das vítimas. En Córdoba, onde estaba preso un parlamentario socialista diabético, os carcereiros nacionais o forzaron a comer azucre ate que morreu.
Morra a intelixencia!, Viva a morte!, foron as verbas que, o 12 de outubro de 1936, apenas uns meses após do "golpe militar", o xeral Millán Astrai xaleáballe ao histórico filósofo vasco Miguel de Unamuno, rector entón da Universidade de Salamanca. Condensando nesta insultante proclama, a ideoloxía do violento rèxime franquista.
«A MATANZA SE ENSEÑOREA POLAS RÚAS»
Un dos máis coñecidos entre os que non pensaban como os “nacionais”, era o poeta e dramaturgo Federico Garcia Lorca, que declarara: «Sempre estarei do lado dos que nada teñen», e levou a súa compañía de teatro ambulante as aldeas máis pobres. O mataron na súa Granada natal, onde, só na cidade, foron executadas unhas 5.000 persoas. Abrumado pola cantidade de cadáveres, o encargado do cimenterio local, sufre unha crise nerviosa e tivo que ser internado nun psiquiátrico.
Calquera que pertencera a un movemento non estritamente español (vexetarianos, esperantistas, mestres das escolas Montessori ou membros da Rotary Club) eran sospeitosos. Simplemente, levar unha garabata vermella, podería ser considerado un sinal de inclinación comunista e causa de detención. En León, un home foi fusilado, trala denuncia dun delator, por asistir a unha conferencia sobre a teoría da evolución de Darwin e facer preguntas que poñían de manifesto o seu coñecemento sobre o tema. En Mérida, un militar identificaba ós sospeitosos paseando pola rúa cun médico republicano preso e tomando nota de quen se achegaba a saudalo. Máis tarde o médico foi fusilado.
«HOLOCAUSTO FRANQUISTA»
Poucas semanas após o golpe, os nacionais, coa xenerosa axuda en armamento e munición de alemáns e italianos, se fixeran co control dunha terceira parte do territorio español, fundamentalmente as zonas rurais do sur e o oeste. As súas matanzas, sumaban decenas de miles de persoas, moi por riba das levadas a cabo por Hitler e Mussolini cando tomaron o poder.
Como macabras advertencias, os corpos dos republicanos asasinados eran abandonados en rúas, prazas e cruces de camiños. Non todas as matanzas foron cometidas polos nacionais sublevados, aínda que abre a caixa de pandora da "sede de sangue fácil".
No lustro republicán, o cidadán recupera e exerce o seu denostado estatus de cidadán. Os privilexiados económicos da monarquía borbónica, arden de "carraxe" esta perda de privilexios. No "río revolto" do golpe dos nacionais, os privilexiados recuperan o seu estatus con enerxía de "desquite criminal", cunha "impunidade" que dura ate a actualidade, con premeditación manifesta e ufana alevosía.
No libro "A Columna da Morte" de Francisco Espinosa se rexistran até 1.500 cidadáns, aínda que moitos non foron rexistrados, polo que o número real de executados se triplique. Neses días as rúas eran da cor do sangue escura. Un oficial nazi que presenciou este holocausto asesino, Hans von Fünk, aconsellaba nun informe ó alto mando alemán "non enviar tropas alemáns a España, dado que o "salvaxismo" do exército golpista mermaría a "moral" dos soldados".
CORRESPONSAIS PERIODÍSTICOS NO BANDO NACIONAL: «BADAXOZ» POR CULPA DAS ALCANTARILLAS.
Moitos corresponsales estadounidenses se apresuraron a cubrir a guerra. O do New York Herald Tribune, John T. Whitaker, alugou durante dous meses un cuarto, como base para as súas viaxes a fronte, en Talavera da Raíña, no territorio controlado polos nacionais, dende onde podía escoitar o que pasaba nun cuartel preto: «Non pasei alí nin unha soa noite, na que non me acordaran na alborada, as descargas dos pelotóns de fusileiros no patio do cuartel. O premédeo de executados diarios era duns trinta. Vía ós homes que eran metidos no cuartel. Eran simples campesiños e traballadores».
Por todas partes, era visible o rastro de execucións. «Podías atoparte con catro vellas camponesas tiradas nunha cuneta; trinta ou corenta milicíanos xuntos coas mans atadas as costas, fusilados nun cruce de carreteiras. Lembro na praza dun pobo, os restos de dous xóvenes membros da garda de asalto republicana, ós que ataran espalda con espalda con aramio, os rociaron con gasolina e os queimaron vivos».
Explosión dunha mina no Alcazar de Toledo durante o asedio no golpe dos "nacionais".
Montado na traseira dun tanque, calzado con zapatillas de tenis, acompañando as forzas republicanas que tentaban tomar o Alcázar de Toledo ocupado polos "nacionais". «Entón comprendín por qué os soldados se lanzan ó ataque con entusiasmo e pasión animal. Hai algo embriagador na combinación de perigo e esforzo físico». No medio dun tiroteo, co ar cargado de fume e disparos, axudou a dous soldados a levar a un compañeiro ferido ate unha camilla e logo subilo a mesa de operacións nun posto de primeiros auxilios. «Unha húmida mancha vermella, íase facendo cada vez máis grande no seu peito. Xemía pedindo auga, pero non había. Un balazo arrincoulle parte do xeonllo, e tiña un anaco de metralla incrustado nas costelas». Coa roupa manchada de sangue, Louis Fischer, periodista do Moscow Daily News, convértese nun dos primeiros, aínda que non o último, dos corresponsais estranxeiros en España, en cruzar a liña que afasta o observador do participante.
Jay Allen, do Chicago Daily Tribune, informou de que un soldado moro, tentara de venderlle unha orella humana por unha peseta. Pero a historia de Allen que suscitou máis interese foi o do sucedido en Badaxoz, xunto a fronteira con Portugal, na provincia onde decenas de miles de xornaleiros ocuparan grandes latifundios en tempos da República.
Coa rexión agora baixo control nacional, todos os republicanos, tanto militares como civiles, foron conducidos a praza de touros. «Filas de homes coas mans en alto. Eran xóvenes, maioritariamente camponeses coas súas blusas azuis, mecánicos co mono de traballo, ...». As catro da mañá, foron meténdoos no rodo pola porta usada para o paseillo dos toureiros. Alí os agardaban as ametralladoras. «Mil oitocentos homes e mulleres, foron acribillados en 12 horas. En 1.800 corpos hai máis sangue da que se puidera pensar». Tres días máis tarde, Allen observaba a area da praza de touros, cuberta por unha capa de sangue amourada e caiada de varios centímetros de espesura.
Actualmente é o Palacio de Congresos de Badaxoz.
O golpe militar creba todas as liñas sociais, se impón un "sálvese quen poida", un inferno dantesco que a víctima desea que se acabe canto antes, e os carentes de escrúpulos, unha oportunidade codiciada.
A crónica de Allen sobre as atrocidades de Badaxoz, enfurruñou tanto ó dono ultraconservador do Tribune, o coronel Robert McCormick, que o despediu.
Nos seus encontros con periodistas estranxeiros, os nacionais non se andaban con sutilezas diplomáticas. «Claro que os executamos!, -lle dicía o comandante en xefe de Badaxoz a John T. Whitaker-. Que esperaba?, que ia a levarme comigo a 4.000 roxos, mentres a miña columna avanza contrarreloxio!?».
Co seu gran mostacho, o capitán Gonzalo de Aguilera e Munto, Conde de Alba de Ieltes, oficial de prensa, veulle a dicir o mesmo: «Sabe de onde veñen todos os males de España? -lle comentaba ó reporteiro-. Das modernas alcantarillas!. En tempos mellores, mellores no senso espiritual me refiro, estaban as pragas e as pestes para dezmar as masas españolas. Hoxe en día, cos modernos sistemas de alcantarillado e todo o demais, proliferan demasiado rápido. As masas non son mellores que os animais, sabe vostede?, e non se pode pretender que se libren do virus do bolxevismo. Ao fin e ao cabo, son as ratas e os piollos, os portadores da peste».
O conde, apaisoado xinete xogador de polo, contaba que, cando se produciu o golpe, aliñou ós traballadores da súa finca e matou friamente a media ducia, simplemente para demostrar quen mandaba.
"Francisco Franco e Millán Astray abrazados entonan que son "os noivos da morte", canto lexionario. Cuartel de Dar Riffien". Fotografía do 1926, de Bartolomé Ros.
«CAUDILLO E XENERALÍSIMO POLA GRACIA DE DEUS»
Non había duda de cales eran as clases sociais que respaldaban a rebelión militar. Cando os soldados nacionais xuraban fidelidade a súa causa bicando a bandeira española, eran bendecidos polos bispos e vitoreados por elegantes señoras que vestían mantillas de encaixe negras.
Noutra execución en masa preto de Badaxoz, díante dun gran número de espectadores, tocou a banda de música e un cura celebrou misa, antes de que soaran os disparos. «Algúns fillos de terratenentes -escribiu o historiador Antony Beevor- organizaron cacerías de campesiños a cabalo, referíndose a elas burlándose, como a “reforma agraria”, na que os braceiros ían ter dereito a un pedazo de terra para o seu corpo».
Dez semanas despois do golpe, con varios rivais potenciais fora de xogo (Calvo Sotelo, político de dereitas, asasinado presuntamente por activistas de esquerdas antes do levantamento, outro no cárcere e o xeral Sanxurxo, no que en principio era electo para o avance dos golpistas sobre Madrid, morto en accidente de aviación), Franco, nos seus corenta e tres anos, convértese no líder supremo da rebelión. A súa diminuta e pouco agraciada figura, ocultaba unha ambición sen límites, e unha silandeira e burocrática habilidade, para superar ós seus competidores.
Moscardó, Varela e Franco.
Moscardó era "coronel" na República, únese os "golpistas" en Toledo, onde resiste o asedio do exército da República no Alcázar de Toledo.
Vestindo uniforme adornado con borlas douradas, tomou o título de Xeneralísimo dos exércitos do estado e logo, nunha pomposa cerimonia, con convidados diplomáticos alemáns, italianos e portugueses, o de Xefe do Estado, o cal sorprendeu a varios dos seus compañeiros no xeneralato, que crían elixilo unicamente como Xefe de Goberno (en moitos países europeos, ambos cargos están separados).
O seu aparello de propaganda, fortemente controlado, comezou a referirse a ele como «Caudillo pola gracia de Deus». Máis tarde, tamén se autonomeará Capitán Xeral, un rango ata entón privativo dos reis. Ao longo da xerarquía nacional, todos facían alarde de símbolos de rango e status: o propio Franco, lucía en ocasións especiais, unha ancha banda escarlata e dourada; os oficiais do Estado Maior, unha azul e dourada, e incluso un xeral africanista de puño de ferro, Xosé Varela, levaba as súas medallas na bata que se poñía sobre o pixama.
Compracido polo recoñecemento do seu réxime por parte dos poderes fascistas, Franco declarou exaxeradamente: «Este momento marca o cumio da vida do mundo».
Con tais aliados, o Xeneralísimo disfrutaba dunha vantaxosa posición. Hitler só trataba con ele, o que lle permitiu controlar o fluxo de armas e municións procedentes do exterior e distribuílas entre os outros xerais a vontade. Isto, xunto ó mando do exército en África, lle permitiu apartar dun plumeiro a todos os demais competidores. O único posible rival que lle quedaba, o xeral Mola, o líder orixinal do levantamento, acabaría, afortunadamente para o líderato de Franco, perecendo vítima de outro accidente aéreo ó ano seguinte.
O integrismo da igrexa católica respaldou fervorosamente ós "nacionais". Varios prelados fan o saúdo fascista, xunto ó xeral Millán Astrai, fundador da Lexión e Xefe de Prensa e Propaganda da ditadura, durante e após a Guerra.
A "igrexa católica" estaba en conflicto ca República, que quería limitar a súa capacidade educacional nun estado aconfesional. Na España tomada polos nacionais, a igrexa católica apoiou dende o primeiro momento a «causa nacional», calificando o golpe militar como unha "cruzada" ou "guerra santa" en defensa da relixión, outorgándolle así ao bando golpista e ó seu xefe supremo o xeral Franco, a lexitimidade relixiosa, xogando un papel de control e acoso ca "disidencia", como institución que permeaba toda a sociedade.
«AS MULLERES NO SEU SITIO»
Como moitos outros movementos fundamentalistas, os “nacionais” estaban ferozmente decididos a por ás mulleres no seu sitio. Se lles prohibiu levar pantalóns, e as faldas e as mangas tiñan que ser longas. A escolaridade, transformada en laica durante a República, volveu a estar en mans da Igrexa, e en canto á educación das mozas, fíxose fincapé na costura e a relixión. Prohibiuse a coeducación, que nas verbas dun prominente líder nacional, era un complot dos xudeus.
Respecto as mulleres que apoiaban a República, a crueldade dos nacionais non coñecía límites. O xeral Gonzalo Queipo de Llano, xefe militar do sur, outro veterano de África con debilidade polos uniformes, as medallas e os escoltas a cabalo, nas súas emisións de radio, reiterábase na promesa as súas tropas musulmáns sobre a toma de Madrid: «As mulleres de Madrid, non se van librar da violación por moito que forcexen e pataleen».
Vinte mulleres embarazadas, que se atopaban nunha casa de maternidade de Toledo, consideradas simpatizantes dos republicanos, foron trasladadas ó cemiterio local e fusiladas.
Preto de Sevilla o tristísimo tormento do coñecido por "As Nenas de Aguaucho", localidade onde os soldados golpistas violaron e mataron a un camión enteiro de rapazas prisioneiras, despois botaron os seus corpos a un pozo e pasaron desfilando polo pobo cos seus fusiles enarborando a roupa interior das mulleres asasinadas.
Franco declara que todo voluntario estranxeiro feito prisioneiro, será executado. A ferocidade da guerra móstrase con moderno vigor, como non se sentía dende a Primeira Gran Guerra: "bombardeo de cidades ate reducilas a escombros, martirio e asesinato por simplemente estar sindicalizado, ametrallamento de salas de hospital atestadas de feridos, marcar o peito das mulleres como reses co emblema falanxista, executar sentenzas a garrote vil, ..."
AS ROXAS, «SEGUÍAN SENDO MULLERES E ESPAÑOLAS»
Whitaker, do Herald Tribune, estaba coas tropas nacionais nun cruce da carreteira a Madrid, cando lle levan a presencia dun comandante duas mozas adolescentes. O seu único crime era, que unha levaba un carné sindical por traballar nunha fábrica téxtil. Despois de interrogalas, o comandante «levounas a unha pequena escola onde descansaba a tropa duns corenta soldados mouros. Ao velas entrar, elevouse un grito aloulante de quenes estaban dentro. Quedei horrorizado, cun sentimento de ira impotente». Cando Whitaker protestou, o comandante contestoulle: «Ou!, Non se preocupe, non vivirán máis de catro horas».
Violacións como estas era o procedemento decote e, aproveitándose dos prexuízos raciais, credo fortalecido pola salvaxe colonización das potencias na segunda metade do século XIX, e compartido por boa parte do espectro político, os oficiais nacionais compartían o exacerbarante terror social que creaba, ó escoller “tropas mouras” para perpetrar as violacións. Según Noel Monks, do británico Daily Express, os soldados nacionais presumían do que lles facían as mulleres capturadas: «Pero non eran “atrocidades”. Ah, non señor!. Nin sequera o feito de pechar a unha moza miliciana nun cuarto con vinte mouros. Non señor!, Iso era simple diversión».
«Ao menos en media ducia de veces que comín con eles, os oficiais españois trataron a idoneidade da medida -escribiu Whitaker-. Ningún oficial ocultaba que a decisión procedía de Franco. Pero algúns argumentaban que, aínda que unha muller fora roxa, seguía sendo española e muller». Non obstante, ese razoamento non se impuxo.
No seu avance, as tropas nacionais grafitaban nas paredes: «As vosas mulleres parirán fascistas». Ademais das violacións, pobo tras pobo, as mulleres, cuio único crime era ser partidarias dos partidos da Fronte Popular, lles afeitaban a cabeza e, utilizando unha práctica tomada dos fascistas italianos, as forzaban a tomar aceite de riciño (un poderoso laxante), para logo pasealas polas rúas, as veces núas ou medio núas, burlándose delas mentres se facían as necesidades por riba.
O único país que ofreceo axuda inmediata a República Española foi o lonxano México, enviando 20.000 fusiles, munición e alimentos. O Presidente Lázaro Cárdenas (1 de decembro de 1934 ó 30 de novembro de 1940) aceptou en pago unha suma simbólica, considerablemente menor do seu valor de mercado. Esta arribada de armas, veu compensar a desproporción de un arma por tres soldados, brigadistas e cidadáns que facían o groso do exército republicán.
«ARMÁNDOA»
Para o fascismo italiano como para o nazismo alemán, España supuña ademais dun aliado, un bo campo de entrenamento para as súas tropas e posta a punto en combate da nova ferramenta de destrucción e morte.
Os alemáns codiciaban as materias primas da península para a súa industria bélica. Foi con elas como a Ditadura saldou o seu estimable e vital apoio para imporse a República. Tamén unha base de submarinos no atlántico. Según estudio do experto Ángel Viñas, estima o monto final da axuda de italianos e alemáns ó exército golpista entre uns 432 e 692 millóns de dólares da época, o que equivale entre 7.000 e máis de 11.000 millóns de dólares actuais.
O combustible para que os avións "nazis" bombardearan e ametrallaran, proviña de Texas, vendido con xenerosas facilidades de pago, polo magnate do petróleo estadounidense Torkild Rieber, Director Xeral da Texaco, afín a ditadores asasinos fascistas. Na Segunda Guerra, negociaría cos Nazis.
Se fai o cálculo do ouro de que dispuña a República no 36, e que alcanzaba as 630 toneladas, cun valor actual de mercado, duns 12.000 millóns de dólares.
Según estimacións académicas actualizadas, máis de 49.000 civiles foron asesinados no territorio republicano durante a guerra, a maior parte nos catro primeiros meses do golpe militar. Na España controlada polos "golpistas" , foron uns 150.000, e outras 20.000 execucións rematada a "guerra".
A finais do outono do 36, a República comenza a proverse de armamento do único máis próximo do que proverse, a Unión Soviética. Para Stalin axudar a República era de obligado cumplimento dado o apoio a República Española que suscitaba na esquerda mundial. A República aprobou o maior presuposto orzamentario para a educación da historia da humanidade. Stalin preside a Internacional Comunista o Comintern, esta decide reclutar brigadas especiais de voluntarios.
O armamento que a Unión Soviética proporcionou a República a finais do 36 e comenzos do 37, incluían lanzagranadas alemáns que quedaran obsoletas facía 20 anos, un variado surtido de toscos fusiles dun só tiro, cunha antigüedade duns 60 anos. Dos Winchester estadounidenses, algúns coa data de fabricación de 1860. A maioría dos 13.000 fusiles italianos, foran incautados polos rusos na batalla contra os turcos en 1877. Tal variedade de antigualla armamentística, multiplicaba a dificultade de conseguir a específica munición, facendo do fusil un simple ferro.
O Presidente Lázaro Cárdenas con fillos de Republicanos enviados para que non sufriran a brutalidade da Guerra. Serían sobre uns quinientos os que se libraron do "inferno" do golpe militar dos nacionais, e miles de exiliad*s posteriormente.
O armamento pesado, non era moito mellor. Cabe destacar: Unha ametralladora marabillosamente fabricada, demencialmente complicada, cun cerroxo (cuxo funcionamento nunca chegamos a entender de todo) que funcionaba por un sistema de engranaxes e pezas deslizantes, cunha complexidade de reloxio antigo, o mecanismo indicaba o día do mes e a fase luar. Pero o máis preocupante era o seu peso, o asento e o trípode eran 54 kilos cada un. Completando o listado da tal "antiarma", era que se encasquillaba constantemente, quizá sería o motivo polo que o exército francés a retirara en 1914.
Stalin comentaba no seu círculo de íntimos, que os españois non voltarán a ver o seu ouro, "igual que non poden ver as súas orellas". Foran 4 pequenos cargueiros cargados de lingotes de ouro, e miles de sacas pechadas cunha corda, que contiñan uns 60 millóns de moedas de todo tipo. Certamente España non volveu ver ese ouro e riqueza material. Pero, sin as armas que chegaron a cambio, a República probablemente non pasaría do inverno do 36.
A REPÚBLICA ESPAÑOLA: «O LUSTRO DA REVOLUCIÓN DOS DESCAMISADOS»
A Unión Soviética acólleo a varios miles de refixiad*s, moit*s nen*s. Moit*s destes refuxiad*s, foron vítimas das sospeitas psicopáticas de Stalin, estimándose nunhas 270 republican*s español*s foron confinadas en "gulags", moit*s morreron de fame, esgotamento ou conxelación.
O groso do exército que resistiu o avance dos "nacionais" nos primeiros meses do golpe militar, estaba formado por cidadáns que conseguiron armarse. Os obreiros ocuparon centos de fábricas, reconvertendo as posibles, para producir as municións que precisaban con urxencia. O campesiñado dos latifundios, se asignaron parcelas, para tamén optimizar a produción. Toda unha "Revolución" que xurde da base, fronte a un "golpe militar da extrema dereita", en consonancia co nazismo alemán e o fascismo italiano. Dous anos máis tarde rematará e dará comenzo a Segunda Gran Guerra.
Si as democracias occidentais axudaran a República a vencer ós "asasinos nacionais", privarían ós nazis, na longa guerra que se aveciñaba, dunha fonte de estratéxicas materias primas para a súa produción de armamentos, como ferro, cobre, mercurio, tungsteno e piritas, así como de importantes bases de submarinos e dos máis de 45.000 homes da División Azul.
Onde está o español?. En que sitio está o español?. Aínda non hai máis que barro e sombras?. Confusión. E odio por riba de todo. Sobre as ideoloxías e os intereses políticos que ergueron as primeiras trincheiras, quedou o odio dominándoo todo. Loitamos contra o odio. E hai que matar ao odio. Mañá, cando o odio caia dos nosos ollares, do noso corazón e das nosas mans, coma un arma inútil, como ferramenta inservible, sobre as ruínas, o pranto e o sangue de España, aparecerá non un comunista nin un fascista, senón un español: o home que buscou ao home con máis empeño neste mundo, por enriba de todas as ideoloxías e de todos os partidos.
("O Home é o que Importa" - O Pallaso dos Sopapos e o Pescador de Cana, León Felipe, escrito no barco "Bretaña", rumbo ó exilio americano no 1938: "Todo cambiou, todos cambiamos, e pensando que estes versos resultaban xa obsoletos, extravagantes e inoportunos hoxe, non os incluín nas miñas obras completas publicadas pola editorial Losada en Bos Ares e ata última hora dubidei si este poema -O Pallaso dos Sopapos ...- debía entrar nesta «Biblioteca» na súa forma orixinal, tal como o escribín no Bretaña o verán do 38". México, D.F., xullo de 1968).
Fontes:
“España no Corazón: A Historia dos Brigadistas Norteamericanos na Guerra Civil Española”, de Adam Hochschild. Traducción de Mariano López. www.malpasoed.com
"O Pallaso dos Sopapos e o Pescador de Cana", León Felipe. Colección León Felipe-Visor de Poesía número CXL. © Herdeiros de León Felipe, por contrato con Alexandre Fisterra, apoderado xeral. 1981.
https://www.elsaltodiario.com/memoria-historica/84-anos-de-la-matanza-de-badajoz
https://todoslosrostros.blogspot.com/2015/07/se-les-rapaba-se-les-purgaba-se-las.html
http://blogs.canalsur.es/lamemoria/2019/01/23/los-militares-golpistas-sublevados-contra-la-republica-importaron-la-brutalidad-de-la-guerra-de-africa-a-la-contienda-civil-espanola/
https://ctxt.es/es/20200901/Firmas/33451/legion-guerra-del-rif-margarita-robles-millan-astray-luis-gonzalo-segura.htm
https://parderrubias.com/2020/07/17/la-guerra-de-africa-de-nuestros-abuelos-historias-del-rif-por-juan-carlos-sierra-freire/comment-page-1/
https://serhistorico.net/2018/09/15/los-moros-de-franco/
https://blogs.ua.es/quintasorihuelaalicante/historia-2/
https://heraldodemexico.com.mx/cultura/2024/4/16/muera-la-inteligencia-los-filosofos-que-la-guerra-civil-espanola-trajo-mexico-591978-amp.html
https://florentinoareneros.blogspot.com/2010/09/el-paso-del-estrecho-del-verano-de-1936.html
https://conversacionsobrehistoria.info/2022/03/26/cadiz-verano-de-1936-el-terror-judicial-militar-en-accion/
https://conversacionsobrehistoria.info/2021/08/14/historia-y-memoria-del-terror-franquista/
https://www.google.com/amp/s/www.leyendasdetoledo.com/el-fantasma-del-alcazar-de-toledo/%3famp
https://www.google.com/url?sa=t&source=web&rct=j&opi=89978449&url=https://diposit.ub.edu/dspace/bitstream/2445/120713/1/TFG_Jim%25C3%25A9nez%2520Ortiz%252C%2520Juan%2520Antonio.pdf&ved=2ahUKEwjeh826xsiKAxXoBdsEHYM6C2kQFnoECDYQAQ&usg=AOvVaw2eQzgTSKmQVHonBmyClsaG
https://www.tecnos.es/libro/biblioteca-de-historia-y-pensamiento-politico/franco-nacio-en-africa-los-africanistas-y-las-campanas-de-marruecos-daniel-macias-fernandez-9788430976355/
https://www.eldiario.es/andalucia/obispos-exhibian-iglesia-apoyo-franquismo_1_4612199.html
https://www.bbc.com/mundo/noticias-internacional-47749895

OS MÁIS LEIDOS

FESTAS PATRONAIS 1945, A FORTALEZA DO TAPAL E O «SANCTI SPIRITU»

NÓS, OS IRRELEVANTES

FESTAS PATRONAIS 1946 CON SONETO Ó BERBERECHO

GACETA MUNICIPAL - 16 XULLO 1931

GACETA MUNICIPAL - 24 XULLO 1931

ULTREIA: TERCEIRA XEIRA (3/3)

«A DECADENCIA DE OCCIDENTE» de OSWALD SPENGLER (2/4)

MUNICIPAIS DO 31 (e 2)

FESTAS PATRONAIS 1947 / OS EMILIANOS / EVA DUARTE DE PERÓN