LIMITES PLANETARIOS
Cada ano, cada cidadán norteamericàn
gasta unha media de 16 toneladas de minerais e combustibles fósiles.
Se multiplicamos esta cifra pola poboación de Estados Unidos (270
millóns) obtemos unha cantidade de toneladas tremenda. Peor aínda:
en todo o mundo desenrolado, o consumo crece a par do crecemento
económico, en torno o 3%- Esta cifra, aparentemente inocente, non o
é: significa que dentro de 23 anos consumiremos o dobre que agora
(2002, ano de publicación de "Biografía da Terra", libro do que se extrae o presente artículo). E o
mesmo sucede co resto dos recursos, coas consecuencias previsibles:
destrución das reservas de peixe, talas (e incendios) desmesuradas,
ou extracción cada vez maior das augas subterráneas. Estes últimos
recursos levan a tranquilizadora etiqueta de renovables, pero só ate
certo punto: superado este, pasan a ser tan agotables como o petróleo
ou o cobre.
1972_CLUB DE ROMA: CRECEMENTO CERO.
A principios da década de 1970, un
grupo de educadores, economistas e industriais coñecidos como Club
de Roma, fixo elaborar un complexo modelo no que se definían varios
posibles futuros para a humanidade e a Terra. O estudio dou orixe a
un libro, titulado "Os Límites do Crecemento", que desatou
unha dura polémica. Algúns titulares de prensa foron: "Un
ordenador mira o futuro e trema: Un estudio vislumbra o desastre para
o ano 2100"; "Os científicos advirten sobre a catástrofe
global".
As conclusións eran tres:
1. Si as actuais tendencias de
crecemento na poboación mundial, industrialización, contaminación,
produción de alimentos, e explotación de recursos continúan sen
modificacións, os límites do crecemento no noso planeta
alcanzaranse nalgún momento dos próximos cen anos. O resultado máis
probable será un declive súbito e incontrolable tanto da poboación
como da produción industrial.
2. E posible alterar estas tendencias
de crecemento, e establecer unhas condicións de estabilidade
económica e ecolóxica que poidan ser sostidas no futuro. O estado
do equilibrio global pode ser deseñado de tal xeito que as
necesidades materiais básicas de cada persoa sexan satisfeitas, e que
todos, mulleres e homes, teñan igualdade de oportunidades para
realizar o seu potencial humano individual.
3. Si a poboación do mundo decidira
encamiñarse na segunda conclusión e non na primeira, canto antes se comencen
os esforzos para logralo, maiores serán as súas posibilidades de
éxito.
A solución do Club de Roma ao "problema
do futuro", chamouno "Crecemento Cero": unha conxelación da
demografía, pero tamén da produción industrial.
Para evitar o
colapso, o mundo debería adicarse, según o informe, a redistribuír
a riqueza xa lograda.
1983_INFORME BRUNDTLAND: DESENROLO SOSTIBLE.
Unha década despois, este intento privado de
prever o futuro foi sucedido por outro oficial no 1983: A Asemblea
Xeral das Nacións Unidas creou a Comisión Mundial sobre o Medio
Ambiente e Desenrolo, presidida pola norueguesa Gro Harlem
Brundtland. Tras máis de tres anos de traballo, a comisión emitiu
un informe "Noso Futuro Común", máis coñecido como
Informe Brundtland, no que, contra o concepto de Crecemento Cero do
Club de Roma, propuña o Desenrolo Sostible, definido como "o
progreso social e económico que resolva as necesidades do presente,
sen comprometer a capacidade das xeneracións futuras, de satisfacer
as súas propias necesidades". Ou sea, solidariedade intra e
interxeneracional. As medidas concretas que había que poñer en
marcha de xeito inmediato para lograr un mundo sostible eran:
1°
Erradicar a pobreza cunha axuda
inmediata e masiva ó Terceiro Mundo, que inclúa a condonación da
deuda externa, pero tamén unha inxección económica xigantesca,
adicada ó crecemento da economía mundial ata o ano 2000, cunha
media de crecemento anual do 4%. Isto significaría multiplicar o
volume da economía entre cinco e dez veces en cincuenta anos.
2° A supresión da pobreza traería
consigo automaticamente unha disminución da natalidade no Terceiro
Mundo e un estrito aforro da enerxía no mundo desenrolado, cuia
industria terá que asumir o costo da contaminación, e cos
ministerios de Medio Ambiente deberán ter o mesmo peso político que
os de Economía.
O concepto de Desenrolo Sostible, non
só se converteu na "doutrina obrigada" nas reunións internacionais
sobre o medio ambiente e desenrolo, senón tamén no modelo económico
oficial das Nacións Unidas. Sen embargo, as inversións económicas
masivas que o plan requiría (no Informe Brundtland se valoraba obter dos fondos
dos gastos militares, que ascenden a principios do século XXI a 2.700 millóns de dólares ó
día, entre todos os países) nunca se materializaron.
Os habitantes
do Terceiro Mundo, seguen sendo tan pobres como eran, e ninguén fixo
esforzo serio por convencer os países desenrolados de que si non
consumen cada vez menos, en vez de máis, o futuro é inviable non só
para o Terceiro Mundo, senón tamén para o Primeiro. Consellos que
chocarían, ademais, coa convicción, profundamente arraigada no
subconsciente do home moderno, de que a tecnoloxía, inventada ou por
inventar, solucionará calquera problema, como sucedeu no pasado.
O concepto de sostibilidade solapa áreas do primeiro modelo, o do neomalthusiano Club de Roma. Robert Malthus, sociólogo
inglés, autor no 1798, de Ensaios sobre o principio da poboación,
no que defendía a limitación do crecemento demográfico, como o
modelo idóneo de conservar uns recursos tamén limitados.
1991_MÁIS ALÓ DOS LÍMITES DO CRECEMENTO.
Na actualización de 1991: Máis aló dos Límites do
Crecemento, defenden como posible "unha sociedade sostible,
técnica e economicamente". As dúas grandes utopías
sociais do final do século XX se xuntan loxicamente, pois as dúas
cuestionan o modelo económico vixente, que postula un desenrolo sen
pausa, co adxectivo de "sostible" nas conferencias sobre
medio ambiente.
DIFERENCIAS ENTRE ROMANOS E SOSTIBLES.
As grandes diferencias entre as dúas correntes son,
que o "sostible" defende un crecemento masivo e inmediato,
aínda que sea por unha boa causa, sendo a mesma evolución que
propoñen os "industrialistas". Ademais, como obrigar a un país a
licenciar o seu exército e adicar o seu presuposto militar ós pobres?.
A outra diferencia é o ton co que encaran o futuro: mentres que os
"sostibles" falan (nun ton esvaído) de esperanza, os
"romanos" exhiben unha lúcida desesperación. No capítulo
de conclusións, "Mais aló dos Límites ..." contén o
seguinte diagnóstico: "A utilización do home de moitos
recursos esenciais e a xeración de moitos tipos de contaminantes,
sobrepasa as taxas que son fisicamente sostibles. Sen reducións
significativas nos fluxos de materiais e enerxía, haberá nas
décadas vindeiras unha incontrolable diminución da produción de
alimentos, enerxía e produción industrial per cápita". Non
fai falta insistir demasiado no que a tendencia real do consumo é
moi distinta a desexable. Por exemplo, entre 1999 e 2000, a demanda
de combustibles en España creceu un 6,9%, a pesar dos altos precios;
si mantivésemos ese ritmo, as nosas necesidades de combustible
duplicaríanse en só dez anos. E como esa é a pauta xeral, algúns
analistas chegaron a sorprendente conclusión, de que o discutido, pero
xa confirmado quecemento da Terra, non chegará a ser perigoso ...,
porque os combustibles fósiles agotaranse antes, nalgún momento da
segunda metade do século XXI.
DEMOGRAFIAS, IDENTIDADES, ODIOSAS RIVALIDADES E ESTULTICIA
A demografía mostra unha certa
desaceleración do crecemento: quizá só sexamos 8.000 millóns, e
non 10.000 millóns no 2050. Será suficiente?.
No 1983, os cidadáns
de Assam (estado da India fronteiriza con Blangladesh), atacaron a
emigrantes bengalís acusándoos de roubarlles as terras, e mataron a
1.600 nun só incidente. O exército interveu, pero as matanzas
repítense periodicamente.
Non gañamos o apelativo de "sapiens"
que nos dera Linneo no 1758, precisamente no mesmo ano no que, nunha
Europa convulsionada polas guerras, nacía Friedrich von Schiller.
Nunha das súas últimas obras, o dramaturgo alemán corrixiu a
clasificación do naturalista sueco, facendo pronunciar a un dos seus
personaxes unha terrible sentencia sobre o comportamento do home:
"Contra a estupidez humana, os propios deuses loitan en van".
Fonte:
"Biografía da Terra: Historia dun Planeta Singular" de Francisco Anguita.
Editado no 2002 por Aguilar.
Editado no 2002 por Aguilar.






