CANSIÑO PRADAIRO

Hai 5 tipos diferentes de especies: o de Gunnison, de Rabo-branco, de Rabo-preto, o Mexicano e o de Utah. Todas estas especies, que comparten o xénero biolóxico dos esciuridos, primos das marmotas e os esquiús (ardillas), localízanse en América do Norte, distribuidas dende o norte de México ata Canadá.
VIDA COMUNITARIA
Os cansiños pradairos comezan as súas actividades no albor do día, pasándose varias horas alimentándose da vexetación, facéndolle a manicura a paisaxe, toman o sol no seu montículo e acicálanse entre eles, quitándose os parasitos (pulgas e carrapatas). A maioría métese na tobeira protexéndose das horas de calor do día, reaparecendo un rato ó atardecer e retíranse a durmir cando se fai de noite.
Nas horas de vixilia adícanse a vixiar a paisaxe por si aparece algún depredador: teixóns, coiotes, raposos, furóns, linces, serpes de cascabel, aguias e falcóns. Cando algún depredador é avistado entrando na colonia, dáse a voz de alarma. Algunhas especies de cansiños pradairos son activos no inverno, o que subministra unha fonte crucial de nutrición para os depredadores, dado que a maioría das posibles presas están invernando. Mantendo unhas poboacións de depredadores moito maiores que as que se atopan nas praderías circundantes.
Corpo tosco, pernas cortas e o rabo fainos lembrar ós seus primos: a marmota e o esquiu (ardilla). Cunha circunferencia craneal entre 30 e 35 cm e un peso entre 800 e 1.400 g. Os machos teñen un promedio máis corpulento e un 10% máis peso que as femias.
BARBEANDO A HERBA
Esta cotián actividade, os convirte nuns xardineiros sofisticados, e moitas outras especies benefícianse da súa actividade. Co fin de protexerse dos seus depredadores, manteñen a herba da praderías e os matorrais recortados a unha altura uniforme. Este segado promove a diversidade das plantas e estimulando o crecemento de abundantes especies suculentas de herbas máis cortas, como os trebos (ricos en proteínas), e outras leguminosas substanciosas para os rumiantes ungulados (animais con pezuños) como os bisontes e gando doméstico. No inverno, a súa dieta basease na chumbeira (Opuntia polyacantha), cactos que o gando non come e pode invadir as zonas de pasto. A árbore do mezquite tamén a inclúen na súa dieta, limitando o seu crecemento dominante.
A relación dos cansiños pradairos co seu hábitat natural é similar o que realizan as lombrices de terra, as bacterias fixadoras de nitróxeno e demais especies do subsolo. Eliminando estas especies clave do ecosistema, todo vense abaixo rapidamente, degradándose moitas especies de plantas e animais coas que interactúan.
Cansiño Pradairo rabi-preto.
TERRITORIO, CAMARILLA E BICO
O cansiño pradairo de rabo negro (Cynomys ludovicianus) subdivídese en unidades sociais pequenas denominadas camarillas. As fronteiras territoriais son marcadas por rasguños físicos do terreo (arroios, saíntes de rochas ou vexetación). Nun sector determinado, pode haber dende un feixe de camarillas ate varias ducias. As camarillas compóñense de tres ou catro femias en idade de criar, un macho dominante o “amo do harén” e varias crías e outros aínda xoves para criar.
Cada camarilla ocupa e defende o seu territorio e a súa rede de túneles, que pode ocupar case media hectárea e ter ate cincoenta entradas. Os membros da mesma camarilla recoñécense e saúdanse cun xesto característico de “bico”. Cando un macho dunha camarilla intenta entrar no territorio de outra, as batallas poden ser salvaxes. Nestes enfrontamentos evítanse os danos físicos, inclúen ollares, rechían de dentes e amago de embestidas.
A pel pigmentada nun ton marrón grisáceo, algo máis oscuro na capa. Os rabi-pretos e os Mexicanos teñen unha cola de punta negra. Mentras que os rabi-brancos, os Gunnison e os de Utah a teñen de cor branca. Polo demais son especies difícilmente distinguibles entre sí. O tamaño das moas e a forma de vocalizacións son moi parecidas en todas as especies.
MADUREZ SEXUAL E INFANTICIDIOS
Cando as crías femias alcanzan a madurez sexual (dous anos), o macho dominante afástase da camarilla buscando un novo harén e unha nova camarilla, evitando as relacións sexuais entre parentes cercanos. Os machos viven unha media de cinco anos e as femias oito.
As veces sucede que, cando dúas ou máis femias están coidando das súas crías nunha camarilla, unha das femias entra na zona de anidación de outra e mátalle algunhas crías ou a todas, conseguindo eliminar a competencia con respecto a súa prole. As femias defenden con celo as súas crías de estes ataques, pero cando a matanza foi consumada o rancor é breve. É común o amamantamento e a crianza comunitaria das pequenas, observándose este proceder nas camarillas onde se produciu un infanticidio.
DESCUBERTA
No 1803, Thomas Jefferson (presidente dos EEUU) funda con outros biólogos o Corpo de Descubridores, marcándose como misión trazar un mapa das vías fluviais principais dende Saint Louis (Misuri) ata o noroeste do Pacífico, catalogando as marabillas naturais que atoparan.
Meriwether Lewis e William Clark, líderes de este Corpo, foron os encargados de esta exploración, e encheron os seus diarios de descricións de miles de especies novas de plantas e animais. Esta expedición se producía tres cuartos de siglo antes de que se publicara o libro de Darwin sobre "as lombrices de terra", e que determinou a apreciación sobre a vida subterránea.
Cando a femia está en celo comenza a lamerse os xenitais, dase baños de póo, fai máis vida social dilatando a hora de voltar a madrigueira a durmir. O macho, fai unha especie de ladridos cada 3-15 segundos, nunha obvia chamada de apareamento. Copulan dentro da madrigueira. Ao remate, o macho perde o interés na sua compañeira, pero esto non evita que inserte tapóns nos xenitais femeninos para evitar que outros machos se apareen con ela e disminuian así as posibilidades de ser o fecundador.
"PETIT CHIEN" A COMUNIDADE ANIMAL ALTAMENTE ORGANIZADA
Os exploradores franceses foron os primeiros que se referiron a un “petit chien” (cansiño). O 7 de setembro do 1804, Lewis e Clark tiveron o primeiro encontro con eles. Tras unha fría mañán de remar varios quilómetros polo río Misuri ate o actual Boyd (Nebraska), desembarcaron ó pé dunha lomba. Camiñaron ate o alto da loma para ter mellor perspectiva e baixaron serpenteando polo outro lado, ate reparar estar rodeados de centos de pequenas lombas cubertos de herba nunha hectárea e media. A herba era densa e recortada dun xeito uniforme, perfecta, como unha cancha de bolos. Aquelo era un traballo de seres humanos ou ben dunha comunidade animal altamente organizada. Pronto, advirten estar rodeados de movementos por todos lados.
Durante as glaciacions de fai 230.000 anos, o sul do que agora é Coahuila (México, fai fronteira con EEUU) inúndase –comenzou a ser un deserto fai 10,000 años– separando as poboacións de cansiños pradairos. As poboacións do sur foron acumulando cambios no seu ADN ata converterse noutra especie: o Cansiño Pradairo Mexicano.
PROTECCIÓN TERRITORIAL O "JUMP YIP", A PRIMEIRA VÍCTIMA
Eran observados polos olliños marróns de centos de roedores parecidos ós esquius de cor areoso, con igual estupefacción que os biólogos. Algúns dende a entrada das súas tobeiras, outros descaradamente de pé sobre as lombiñas. Desafiantes, facían soar o seu rechiar de dentes, ladridos agudos outros, proxectando a cabeza e as patas anteriores hacia atrás como sinal de protección territorial (jump yip). Clark describía no seu diario, que a voz de alarma se propagou como un incendio por todo o “poboado” e a maioría de aquelas estrañas criaturas se esfumaran. Non se irían de alí sen capturar e examinar as criaturas. O que pensaban unha ocupación de horas, levoulles un día enteiro, ocupando para elo a todo o persoal do Corpo de Descubridores. Inundaron as madrigueiras fondas e tortuosas. Cando o sol se estaba poñendo e consideraban un fracaso tal búsqueda, un empapado e exhausto residente emerxeu da madrigueira e foi o primeiro sacrificado para o seu exame e clasificación. A detallada descrición de Lewis sería a primeira mención publicada de aquel mamífero subterráneo.
No diario de Lewis do 17 de setembro de 1804, e despois de cruzar Dakota do Sur, describe unha rexión enorme de uns dez quilómetros de ancho cunha poboación infinita e a herba e as matas cortas dábanlle a pradería un precioso aspecto de coidado: “Estes animais forman grandes continxentes, e as súas madrigueiras poden chegar a ocupar unhas oitenta hectáreas. Seus montículos, as veces de medio metro de altura e metro e vinte de diámetro, son usados como atalaias polos seus poboadores. Cando se achega alguén, soltan unha especie de silbo agudo, parecido ó piar dos paxaros, que é o sinal de alarma para que os seus se retiren as súas trincheiras. (Diario de Lewis)". Investigacións posteriores, puxeron de manifesto que os gritos de alarma que emiten, inclúen “verbas descritivas” vocalizadas, que informan sobre a cor da roupa das persoas que provocan a alarma.
EN NORTEAMÉRICA, NO PRINCIPIO ERAN UNS CINCO MIL MILLÓNS
Expedicións posteriores de colonos camiño do Oeste, tardaban varios días en atravesar por completo os inmensos poboados dos cansiños pradairos. En Texas, rexistrouse un poboado que ocupaba 65.000 quilómetros cadrados (algo máis do doble da extensión de Galicia), e quizá podería albergar a uns catrocentos millóns de individuos. Calcúlase que a mediados do século XIX vivían nas praderías de América do Norte, un total de cinco mil millóns de cansiños pradairos, abarcando as súas comunidades zonas que ían dende o Centro de Canadá ate Texas e o norte de México, e ate as montañas Rochosas no oeste.
“As exuberantes praderías coidadas polos cansiños pradairos albergaban e alimentaban a enormes manadas de cervos, wapitíes, berrendos (Antilocapra americana, parecido o antílope) e búfalos. Poden atoparse un gran número de lobos de pequeno tamaño, falcóns e algúns furóns. Dou por sentado que estes animais aliméntanse dos cansiños pradairos (Diario de Meriweather Lewis do 17 de setembro do 1804)".
Furón Pés-pretos.
DEPREDADORES
Baixo unha doce e adorable aparencia, o Furón de Pés-pretos é un depredador altamente especializado do cansiño pradairo. Un dos poucos depredadores, cuxa presa principal e igual ou maior ca ele. Dispón de grandes fauces, corpo alongado e flexible (no interior dun tobo estreito é capaz de dar media volta e votar a andar sobre as súas extremidades posteriores). No inverno atopa entradas de tobos sepultadas baixo medio metro de neve. O seu método de ataque confabúlase pola noite. O furón cólase no covil do cansiño pradairo ate que atopa a algún durmindo só. Posiciónase a uns centímetros da vítima. Estira a pata para darlle uns toques no lombo: tap, tap. O cansiño pradairo esperta adurmiñado, ergue a cabeza, e o furón dálle unha certeira e violenta dentellada, afundíndolle os longo colmillos no pescozo. A especialización do furón en cazar cansiños pradairos, evitou a súa competencia como depredador de presas alternativas, creándose unha relación simbiótica entre eles. Nunha colonia de cansiños pradairos de catrocentas hectáreas, poden vivir varios millares de cansiños, pero so poden subsistir cinco ou dez parexas de furóns de pes pretos, para evitar a endogamia. Polo que o labor de exterminio do cansiño pradairo, incide e afecta directamente ó furón de pés-pretos. A mediados dos anos sesenta, moitos biólogos estaban dispostos a declarar extinta a especie dos furóns. No 1981, nun rancho de Meeteetse (Wyoming), un vello can mata a un furón que estaba a comer no seu conco. Científicos de axencias gobernamentais e universidades, despois dunha intensa e metódica búsqueda, verificaron unha poboación viable na zona. Cando os superviventes baixaron a dez individuos, puxeron seis en catividade e catro en liberdade. Os científicos contaban con catro femias sans e dous machos para reconstruír a especie.
A colonización do oeste norteamericano destruiu a simbiosis ecolóxica entre animais e indíxenas.
PESTES
A mesma vida comunitaria facilita a propagación de enfermidades. Os cansiños pradeiros son susceptibles a infección pola bacteria Yersinia pestis (propagada polas pulgas e carrapetas), levada o seu hábitat polos colonos, os efectos de este contaxio pode devastar colonias enteiras. Coa colonización, tamén se introduciu a “varíola” e outras enfermidades que mataron a centos de miles de nativos americanos, que igual que os cansiños pradairos carecían de defensas. Este terrible impacto sobre as poboacións indíxenas, tanto humanos como animais, foi eclipsado pola guerra aberta que os colonos europeos libraron contra ambos.
COLONOS E EXTERMINIO
Os colonos (agricultores e gandeiros) que se asentaron nas Grandes Chairas invadindo o hábitat, vían o cansiño pradairo como o inimigo público numero un. Estigmatizando ós cansiños conque lles comían a vexetación. Foi fácil que os gandeiros se convenceran de que si querían criar gando,.tiñan que erradicar aqueles animais. Iniciáronse campañas de envelenamento, animadas polo espírito pioneiro de “conquista” da natureza.
Na década de 1880, os agricultores adoptaron a avea veleñada con estricnina para combater o cansiño pradairo. A comezos do século XX se cuestionaban o antieconómico de este xeito de aniquilación. No 1902, C.H. Merriam, director do Departamento de Bioloxía de EEUU (precursor do Servizo de Fauna e Pesca de EEUU), prestou o seu apoio oficial as campañas velenosas. Fixo público que as colonias de cansiños pradairos reducían entre un 50 e un 75 por cento a produtividade das terras dos ranchos. Unha desapiadada mentira que avivou a animadversión dos gandeiros contra os cansiños pradairos. Na rexión das Grandes Chairas vivíase unha mentalidade de guerra contra os cansiños pradairos, chegando a obsesión aniquiladora. Os gandeiros asumiron que estaba en xogo o seu propio sustento. Era unha batalla contra un ecosistema que ocupara unha quinta parte de América do Norte.
Os hábitats dos cansiños pradairos eran destruídos sistematicamente, o gasto en velenos dos gandeiros os aproximaba a ruína económica.
Foto de principios do século XX, dispois do envelenamento dunha pequena colonia.
Cortesía da Predator Conservation Alliance.
PROGRAMAS DE ENVELENAMENTO OU PRESERVACIONISTAS
En 1915, o goberno federal (a contribuínte norteamericana) comezou a facerse cargo do 75 por cento da factura dos custes do veleno. A investigación sobre os cansiños pradairos centrábase en exclusiva, na mellora da eficacia dos métodos de envelenamento. En 1920 o Departamento de Bioloxía de EEUU exterminaba varios millóns de cansiños pradairos o ano. Neste ano aplicáronse 1.460 toneladas métricas de gran con estricnina, en 7,3 millóns de hectáreas de ranchos e terras agrícolas, e a 1,8 millóns de hectáreas de terreo público. No 1925 se crea a División de Control de Animais Depredadores e Roedores, continuando o labor veleñicida.
Esta labor destrutiva, reduciu as colonias de entre 40 e 100 millóns de hectáreas en 1870, a menos de duascentas mil hectáreas no 1960. As colonias sobreviventes illadas xeográficamente, ameazaba a supervivencia da especie. Os refuxios da rede de Parques Nacionais dos EEUU actuaron como oasis de supervivencia, ante o seu total exterminio.
Os últimos análises de rentabilidade, confirman que os programas de envelenamento foron unha ruína económica e as inmensas praderías segadas como campos de cricket, uns ecosistemas desequilibrados.
En xullo do 1998, a National Wildlife Federation e a Predator Conservation Alliance solicita que o Cansiño Pradeiro Rabi-preto se clasificara como especie ameazada baixo a Lei de Especies en Perigo de Extinción. Cando se anunciou en febreiro do 2000, o Servizo de Fauna e Pesca dos EEUU declarou que se concedía a “petición” pero non se podía facer efectiva inmediatamente. Actualmente, as medidas tomadas en terreos públicos chocan coas políticas gobernamentais e regulacións locais, restándolle eficacia as medidas preservacionistas.
Fonte:
O Subsolo (Unha Historia Natural da Vida Subterránea) de David W. Wolfe.

OS MÁIS LEIDOS

FESTAS PATRONAIS 1945, A FORTALEZA DO TAPAL E O «SANCTI SPIRITU»

NÓS, OS IRRELEVANTES

FESTAS PATRONAIS 1946 CON SONETO Ó BERBERECHO

GACETA MUNICIPAL - 16 XULLO 1931

GACETA MUNICIPAL - 24 XULLO 1931

ULTREIA: TERCEIRA XEIRA (3/3)

«A DECADENCIA DE OCCIDENTE» de OSWALD SPENGLER (2/4)

MUNICIPAIS DO 31 (e 2)

«A TODO O QUE NON PENSE COMA NÓS»

FESTAS PATRONAIS 1947 / OS EMILIANOS / EVA DUARTE DE PERÓN