FESTAS PATRONAIS 1946 CON SONETO Ó BERBERECHO

Vizcondes de San Alberte, Segunda Pais Gutiérrez e Xosé Varela de Limia e Menéndez, casados o 2 de maio do 1900.
Segunda era filla de Segunda Gutiérrez de Hombre (da que herdaría o Pazo da Pena do Ouro) e Pedro Pais Lapido (nado en Santiago no 1841, militante do partido Federal e redactor do manifesto que dera paso á Primeira República 1873-1874).
Os Vizcondes tiveron seis fillos: Xosé María, María, Pedro, Carmen, Pilar e María Tareixa.
CRONOLOXÍA 1946
A primeiros de ano incorpórase o novo Axudante de Mariña, Emiliano González Labairu, que xunto a "catro señores da vila", intentan a privatización dos bancos marisqueiros de Testal.
24 de febreiro: na Arxentina, Xoán Domingo Perón gana as Eleccións presidenciais co 56% dos votos.
1 de Marzo: Peche das fronteiras entre Francia e España
5 de Marzo: Declárase o porto de Noia de interese xeral, único na ría, debendo ser as súas obras costeadas polo Estado. (Efemérides Noiesas).
6 de marzo: Nace David Gilmour, músico británico da banda Pink Floyd.
13 de marzo: Nace Manolo Galván, cantante español (f. 2013).
Pazo da Pena Douro.
17 de Marzo: Falece en Santiago, Xosé Varela de Limia (Vizconde de San Alberte) (n. Xixón 1874), dunha insuficiencia cardíaca crónica.
VIZCONDES DE SAN ALBERTE
Facilitaron o ensanchamento da Alameda no ano 1918, a creación do Muelle do Marqués, o Campo de Fútbol, múltiples obras de caridade, costeou a instalación do Arquivo de Galicia en Santiago, a restauración do Pórtico do Gran Hospital, restauración do Mosteiro de Toxos Outos, co traslado do claustro ó Pazo da Pena do Ouro, compensando a parroquia cun espléndido donativo e ornamentos e obxectos de prata para o culto relixioso, ….
Era Maestrante de Ronda, Cabaleiro de Santiago e Xentilhome da S.M. na Corte de Alfonso XIII, estudou a carreira de Ciencias en Madrid, mestre na Universidade de Santiago e Conselleiro do Banco de España, cargo que ocuparía ate o final da súa vida. Actuou en política no Partido Conservador, foi Deputado Provincial e Gobernador Civil en León e Zamora, deputado a Cortes por Noia, dúas veces senador do Reino (cedendo as dietas as Escolas da Sociedade Económica de Madrid).
Figura como anfitrión da segunda convocatoria fundacional da Unión Rexional de Dereitas en Berrimes (Lousame) o 30 de marzo do 31, cun claro propósito proselitista e auñar protesta en contra da Reforma Agraria en cernes. Foi interrompida por uns disparos, suspendéndose a convocatoria. Nesta asemblea tamén participarían os destacados activistas da dereita católica, Xosé Neira Arias e Fermín Zabalada.
Actual estado de conservación do claustro de Toxosoutos no pazo da Pena do Ouro.
O Vizconde de San Alberte foi testemuña de excepción do proceso de perdas das colonias que representaban o pasado Imperial de España, da creación de estrutura político-económicas, ocupando o baleiro que se creara coa desamortización do poder da Iglesia e das herdades señoriais que viñan da idade media, a segunda revolución industrial-modernización, o paso do carbón ó petróleo como fonte enerxética, a neutralidade de España nunha Europa imbuída na brutal guerra de trincheiras da Primeira Guerra Mundial, a peste de gripe do 1918, a revolución Rusa e incidencia desta nas políticas de todo o Mundo, o desastre do Annual na guerra marroquí contra Abd elKrim do ano 1923, a ditadura de Primo de Rivera (1924-1930), a evasión do Borbón Alfonso XIII que dou paso a Segunda República (1931-1936), o golpe militar e a sanguinaria Guerra Civil (1936-38) e a ditadura franquista.
Perón recibe os atributos de mando.
23 de marzo: Falece Francisco Largo Caballero, político e dirixente socialista español (n. 1869).
12 de Abril: Nacen as Quinielas.
18 de abril: se disolve a "Sociedade de Nacións" e transfire todas as súas competencias ás «Nacións Unidas».
7 de maio: Se funda a compañía Sony.
4 de xuño: o xeneral Xoán Domingo Perón toma posesión da presidencia da República Arxentina por primeira vez.
Proba Nuclear AbleLarge, no atolón Bikini.
1 de xullo: Estados Unidos fai detonar a bomba atómica AbleLarge (a cuarta detonación nuclear da Historia humana, e a primeira despois dos bombardeos atómicos sobre Hiroshima e Nagasaki en agosto de 1945), no atolón Bikini.
4 de xullo: Filipinas se independiza de Estados Unidos.
5 de xullo: Como corolario da Segunda Guerra Mundial (1938-1945), Berlín é dividida en catro zonas gobernadas polos aliados.
Se presenta en sociedade o «bikini».
25 de xullo: Estados Unidos fai detonar a 27 m. de profundidade, a bomba atómica Baker (a quinta detonación nuclear da Historia humana, e a segunda despois dos bombardeos atómicos sobre Hiroshima e Nagasaki en agosto de 1945), no atolón Bikini. A carga de contaminación radioactiva creada, provoca o considerado primeiro desastre nuclear de orixen humana. En 1968, reinstalouse neste atolón ós 4000 nativos desaloxados para esta proba nuclear, pero debido as enfermidades tivo que volver a expulsalos a outras illas máis lonxanas.
FESTAS PATRONAIS 24-27 AGOSTO 1946
- Formato: 10 x 15 cm. (de peto)
- Impresión: Tipográfica, a 3 tintas: texto en negro, programa festivo en azul e a publicidade en vermello escuro.
- 46 Páxinas: 4 da capa exterior; 8 co Programa das Festas; 14 con 20 publicitarios; 20 páx. numeradas:
“Una Explicación Previa”, páx. 1 e 2.
Aclaración do termo “americanaso”, empregado no programa festivo do ano 45, dun xeito que alguén sentiu "insultante".
“Nuestro Propósito”, páx. 2 e 3.
Agradecemento ós publicitarios que apoian a edición do Programa, e a humilde pretensión da creación dunha colección divulgativa da historia do pobo e a súa xente.
“Mas Juicios sobre Noya”, páx. 3, 4, 5 e 6.
A raíz do programa festivo do 45, Andrés Rodríguez Millares (Noia 1893-Coruña 1975). Emigrado a Cuba no 1908, ca profesión de periodista afincado en Guantánamo, ponse en contacto con Paquito, emocionado pola edición do programa. Neste ano do 46 ven a Noia, establecéndose a vivir no pobo natal uns anos despois. Xunto a Manuel Fabeiro (Manolé) e outros, formaría o equipo directivo dos nove números da extraordinaria revista Tapal (1950-1955).
Isabel Marqués, unha distinguida dama catalana, interesándose por Noia: “... en verdad parece imposible, que un rinconcito de España, pueda encerrarse tanta poesía.”
Fragmento dunha poesía do noiés Santiago Abella, escrita en Bos Ares no 1911.
Semblanza sobre Noia de Manuel Martínez Murguía.
“Un Recorrido con Sabor Histórico”, páx. 7 a 18.
Don Pakito fai labores de cicerone con un visitante ideal, describindo o Convento das Trinitarias, Porta da Vila, Corredoira, semblanza de Luís Cadarso Rey heroe da guerra en Filipinas contra os EEUU en 1898, descrición da muralla que comprendía a Noia e as portas de que dispuña, rapiña do Conde D. Garcia Pérez (Idade Media) das Crónicas Compostelanas, Santa María a Nova, San Martín e Praza do Tapal.
“Conclusión”, páx. 18 a 20
Labor pedagóxica do Colexio San Vicente de Paúl (aporta publicidade), pretensión do alcalde Sáez Pichel, de crear unha escola nocturna para obreiros incluíndo unha sección adicada á música.
30 de Agosto: Lei da Represión contra o «estraperlo».
A ÉPOCA DO WOLFRAMIO
"Houbo xente que gañou cartos. O wolfran notouse moito na economía das aldeas. Chegouse a vivir a conta do estraperlo (roubacha) do mineral durante uns anos.
Co carto feito nestes anos de demanda do "wolfran", construíronse casas nas aldeas, mercáronse arados de ferro e terras nos arredores. O que gardou doulle para moitos anos. Pero tamén derrochouse moito. O que non supo administrar, engrosou a masa de famentos da guerra.
Despois da Segunda Guerra Mundial a cotización do wolfran desplomouse, tamén a demanda do mineral.
A intensidade extractiva deixaba unha imaxen desoladora no entorno das minas de Vilariño, Vilacoba e Berrimes, a xente non o creía. Volveuse a miseria da época da guerra (Aurelio Vázquez Costa)".
5 de setembro: nace en Stone Town, Zanzíbar (Tanzania) o cantante e compositor Freddie Mercury (f. 1991), vocalista e pianista da banda de rock «Queen».
16 de setembro: Falece Mamie Smith, cantante estadounidense de jazz e blues (n. 1883).
20 de setembro: inaugurase o primeiro Festival Internacional de Cine de Cannes.
16 de outubro: Primeiras sentencias do Xuízo de Nuremberg.
Acto na Confraría de Pescadores, presidido polo alcalde Pedro Sáez Pichel
SONETO Ó BERBERECHO
Neste ano de 1946, estando de alcalde de Noia Pedro Sáez Pichel (1944-49), o Axudante de Mariña, Emiliano González Labairu (xaneiro 1946 a 1949), intenta concederlle a explotación marisqueira da Praia de Testal a “catro señores” da vila, co pretexto de que os bancos de area non eran rendibles para os mariñeiros.
Don Paquito (F.P.M.) compón o “Soneto ó Berberecho” como protesta ante esta privatización, e o interesado e manipulador argumentario do Axudante de Mariña, que cuestionaba a súa verdadeira riqueza marisqueira:
SONETO
Cando deitado na branca area
do mar os aloumiños agardabas,
eras feliz, pois non pensabas
nos que urdían a túa mortal condea.
Á túa ledicia, sucedeu a pena
de verte aferrollada en indignas tramas,
cando o que ti en verdade ansiabas
era vivir na nosa praia amena.
E eses que, egoístas, querían
con perxuizo dos mariñeiros,
trocarte por vil metal,
creron que estes non che defenderían,
pero dixeron, bizarros e altaneiros:
O berberecho quédase en Testal!.
Francisco Pérez Morales, Noia 1946
A consecuencia do “Soneto ó Berberecho”, Paquito e o artista local Eduardo Mariño foron denunciados na Audiencia Militar de Ferrol, como instigadores das protestas que soliviantaron ós mariñeiros en contra do Axudante de Mariña.
A Xeifa do Berberecho, de Anne Turbau 1975-79.
14 de novembro: Falece Manuel de Falla, músico español (n. 1876).
29 de novembro: Nace Silvio Rodríguez, cantautor cubano da «Nova Troba Cubana».
7 do decembro: Acordo municipal en Noia de facerlle unha homenaxe a Luís Cadarso Rei.
9 do decembro: Primeira manifestación patriótica na Praza de Oriente contra a ONU.
28 de decembro: o poeta chileno «Neftalí Ricardo Eliecer Reyes Basoalto» pasa a chamarse, por sentencia xudicial, «Pablo Neruda», seudónimo que viña usando dende 1920.
29 de decembro: Nace Patricia Lee «Patti» Smith en Chicago (Illinois-EUA), cantante, artista visual e escritora, apodada «a madriña do punk-rock».
Fonte:
- "MEMORIAS DO FRANQUISMO" de Xerardo Agrafoxo. Editorial Toxosoutos.
- "EFEMÉRIDES NOIESAS" de Manuel Hermida Iglesias (Fanaraco) e Xosé Agrelo Hermo (Pepe Agrelo)
- WIKI e GALIPEDIA.
PUBLICADOS:

OS MÁIS LEIDOS

FESTAS PATRONAIS 1945, A FORTALEZA DO TAPAL E O «SANCTI SPIRITU»

NÓS, OS IRRELEVANTES

GACETA MUNICIPAL - 16 XULLO 1931

GACETA MUNICIPAL - 24 XULLO 1931

ULTREIA: TERCEIRA XEIRA (3/3)

«A DECADENCIA DE OCCIDENTE» de OSWALD SPENGLER (2/4)

MUNICIPAIS DO 31 (e 2)

«A TODO O QUE NON PENSE COMA NÓS»

FESTAS PATRONAIS 1947 / OS EMILIANOS / EVA DUARTE DE PERÓN