«A DECADENCIA DE OCCIDENTE» de OSWALD SPENGLER (2/4)

"FUTBOL NAS TRINCHEIRAS" NA «NO MAN'S LAND»
Na noite do día 24 do Nadal (Noiteboa) do 1914, nas trincheiras dos alemáns se escoitaban vilancicos e panxoliñas, entre eles o de «Noite de Paz». Como resposta das trincheiras contrarias, maioritariamente ingleses, respostaban cantando os seus vilancicos. A mañá seguinte, aparecen desarmados pola "terra de ninguén", soldados alemáns con caixas de cigarros e regalos, na trincheira contraria quedaron "estupefactos" sen saber que facer, nin como actuar, «non se pode disparar, a quen está desarmado». Decidiron saír das súas trincheiras ao encontro cos inimigos bélicos e intercambiar regalos, concertando un partido de fútbol entre ambos bandos, festexando así o encontro navideño. Gañou o equipo do bando inglés por 3-2. O mesmo día, outro oficial británico, rexeitou a idea do partido, pois na súa zona, o terreo entre ambas trincheiras, estaba demasiado triturado polos canonazos e non era posible ter espazo dispoñible para elo.
A gravación de "Kind Of Blue" foi no 30th Street Studio da Columbia Records na cidade de Nova Iorke en apenas dez horas repartidas en dous días, o 2 de marzo e o 22 de abril de 1959. Acompañaron a Miles Davis o saxofonista John Coltrane, o contrabaixista Paul Chambers, no saxo alto Xulian "Cannonball" Adderley, Jimmy Cobb na batería e Bill Evans ao piano, excepto no tema Freddie Freeloader, interpretado polo pianista Wynton Kelly. O disco máis vendido da historia da música Jazz e obra maestra mundial.
Moitos soldados escribiron emocionados as súas casas, relatando ese singular día do Natal. Un dos relatos por carta a familia, narra que no seu partido tiñan un trofeo en disputa, unha lebre, que gañaría o equipo alemán. A tregua, estendeuse ao longo de 700 quilómetros de fronte.
No novo ano 1915, o alto mando militar de ambos bandos, fixo circular a ordenanza “Operation Plum Pudding” polos británicos, ou “Weihnachtswunder” polos alemáns, de que tales encontros non se repetiran, ameazando con fusilamentos según impuña a lei marcial. Soldados e mandos, responsables desta licencia ludaria no inferno das trincheiras, foron executados, e “oficialmente” foi silenciado, como si nunca existiran tales encontros de confraternización entre os soldados.
A vida do soldado, era o tributo a pagar, para satisfacer a «carnicería industrializada» da Primeira Guerra Mundial.
PACIFISMO, FEMINISMO, SUFRAGISMO, ...
Margarette Lenore Selenka (MLS)(Hamburgo, 1860 - Múnik, 1922) creou en Múnik, un comité de organización de marchas pola paz, no contexto da Primeira Conferencia da Haia de 1899. Conseguiu convocar 565 manifestacións de mulleres contra a guerra, que tiveron lugar en 18 países de Europa e América do Norte. Dado o alcance das protestas, MLS puido entregar unha abundante documentación sobre estas mobilizacións ao presidente da Conferencia. Este éxito, foi máis internacional que alemán, xa que no seo do Imperio só 6 cidades acolleran estas concentracións.
Nin estas mobilizacións, nin o asasinato de Jean-Jaurès el 31 de Xulio -político socialista francés, co-fundador de L'Humanité no 1904 e defensor de posicións pacifistas e internacionalistas, asasinado tres días despois de estalar a Primeira Guerra Mundial-, non puideron evitar a continuación das hostilidades, pero provocaron un efecto mobilizador entre as simpatizantes feministas. Frida Perlen (Ludwisburg, Baden-Württemberg, 1870-Karlsruhe, Baden-Württemberg, 1933), comprometida co movemento sufraguista, que enviou xunto con Mathilde Plank, un telegrama ao emperador Guillermo II o 3 de agosto de 1914, no que lle pedía, que non declarase a guerra. En outubro do mesmo ano, dirixiuse ao caudillo Bethmann-Hollweg, para solicitarlle que se asinase un acordo, para poñer fin as hostilidades. Dita misiva, aparece no Völker-Friede, o órgano da SAP (Sociedade Alemaña pola Paz).
O 4 de agosto, o SPD (Sozialdemokratische Partei Deutschland) no Reichstag (Parlamento Alemán), vota a favor dos "créditos de guerra", apoiando ós "militares imperiales" que clamaban pola guerra. Rosa Luxemburgo, ideóloga pacifista da SPD, aseguraba: “Este apoio a guerra supón o triunfo absoluto do nacionalismo imperialista, e a claudicación, sen paliativos, da socialdemocracia alemán, un desastre para o País e a súa área de influencia, e para a emancipación socialista da sociedade”.
Se crea o USPD (Unabhängige Sozialdemokratische Partei Deutschlands), como escisión dos elementos do SPD contrarios a guerra.
Pola contra, as mulleres cun destino a ser "amas de casa", substituían ós homes nas fábricas de municións e se sindicalizaban.
NAS TRINCHEIRAS
Moitos soldados, alimentados coa expectativa do "heroísmo", topáronse ca realidade da «guerra mecanizada». Os soldados, amoreados nas trincheiras asolagadas, vendo como se lles apodrecían os pés, inmersos da peste dos cadáveres, descompoñéndose na «terra de ninguén» e agardando a que, en calquera momento, un proxectil disparado a varios quilómetros de distancia, caerá do ceo e segara as súas vidas, cunha crueza indiferente polo valor e o patriotismo.
Alemaña perde nesta guerra 1 de cada 8 varóns en idade de combater, Francia 1 de cada 5. Millóns quedaron inválidos para sempre. Cidades enteiras quedaron sen homes, enviados sen máis consideración, a servir á fronte.
Jacques Tardi (Valence-Francia, 30 de agosto de 1946) debuxante francés, autor deste cómic "A Guerra das Trincheiras 1914-1918" que adica ao seu avó, por ter participado nesta Guerra como un francés máis, que logrou sobrevivir a este "inferno", pero nunca superou o "trauma da guerra". As situacións que pasou o avó, eran relatadas pola avoa, pois del, nunca saia a máis mínima alusión, a este tempo que padeceu nas trincheiras.
Cada viñeta deste álbum, precisou de unha ou máis conversas telefónicas, co seu colaborador e asesor Jean-Pierre Verney. Todas as historias, "verídicas", tentan de aproximarse a dramática realidade sufrida nas trincheiras.
Nesta presentación, se narran os momentos previos ó lanzamento dun ataque da 3ra. Compañía francesa, contra a trincheira inimiga, onde todos os soldados tiñan a certeza da súa morte, algúns ate o desexaban, para non ter que volver a pasar por esta "tensión mortal". A loucura psicopática do Xeral de brigada Berthier, que non só da a orde de lanzar o ataque suicida, senón que bombardea a trincheira, a que retornaron para protexerse os superviventes da 3ª Compañía, e forzalos a que volvan ao ataque. Como os homes non saíron ao ataque, o militar decidiu fusilar a "toda" a Compañía. Por mediación dun coronel, que os xustificou polo fatiga, o Xeral de brigada conformouse con fusilar a "tres". De xeonllos, xunto a parede dunha granxa, cos ollos vendados, os condenados foron fusilados por soldados novatos recén chegados á fronte.
Os mandos, ben guarecidos, se gababan da cantidade de mortes que se producían nos ataques que ordenaban, para eles o destino dun soldado, era morrer na «no man's land: terra de ninguén», isto lles proporcionaba prestixio e ascenso na carreira militar.
Os soldados: Os cidadáns, foron enviados a unha "fosa común" inmensa. Só en Francia foron 930 hectáreas de cimenterio. Boa terra para a "remolacha", só con cruces plantadas. Si tódolos mortos franceses, desfilaran de a catro o 14 de xullo, farían falta ao menos 6 días e 5 noites, antes de que chegara a pasar o último
11 distritos, 2907 concellos, 485.000 hectáreas forestais, 1.923.000 hectáreas de terra fertil devastada, 794.040 casas e inmobles, 9.332 fábricas, 58.967 km. de carreteiras e estradas e 8.333 obras de arte destruidas, facendo un monto de escombreira duns 71.000.000 de metros cúbicos!. Serían precisos uns 330.000.000 de metros cúbicos de terra para cubrir os 780 Km. de trincheira do frente. O gasto en armamento ascendeo a os Dous billóns e medio de francos en ouro. Por este prezo, cada habitante de Europa -sen contar a os rusos- podería percibir unha pequena casa de catro cuartos.
O Capitalismo Armamentístico, a máis de afundir ao Mundo na barbarie, tamén volveu "tola" a humanidade, co «meigallo belicista».
Oswald Spengler, fillo de Bernhard Spengler e Pauline Grantzow. Foi o maior de catro irmáns e pasou unha infancia con fortes cefaleas e crisis de ansiedade.
DICOTOMÍA: SER E TEMPO
Spengler, establece o marco do debate cultural, sobre termos como «enerxía», «forza e vida», que non se limitaban ós confíns da ciencia. As súas ideas, sobre a dicotomía entre a "vida" vibrante e primixenia, e a "razón" morta e abstracta, debían moito a Friedrich Nietzsche, o pai de todo o pensamento antirracionalista da época, cuxos ataques sutís, poéticos e completamente sistemáticos contra o estilo e o pensamento académicos, estaban predestinados a citarse fora de contexto: as súas observacións sucintas, expresivas e decote, sarcásticas, as puxo ó servizo dun ataque máis masivo, a racionalidade mesma.
Para Spengler, o dominio do pensamento científico era sinal de decadencia cultural, e así o sinalou na súa obra: «Todo arte, toda relixión e toda ciencia, vanse intelectualizando devagar, tornándose algo alleo á nación, incomprensibles para o labrego que traballa a terra. Coa civilización, comeza a decadencia. As antiquísimas raizames do Ser, enxoitanse nos bloques de pedra das súas cidades».
Dende o século XIX, arrastrábase unha forte polémica competitiva en europa, entre a calidade e cantidade de centíficos e intelectuais de orixen xudeo, e os que se aliñaban a favor dun nacionalismo colonialista e imperialista: «cesaristas».
Foi no 1902, cando se divulgou o texto de «Os Protocolos dos Sabios de Sión», suposta transcrición das reunións dos «sabios de Sión». Detallando, os plans dunha conspiración xudeo-masónica, consistente no control da masonería (sociedades moi activas nese momento), dos movementos socialistas e comunistas en todo o Mundo, co fin de facerse co poder mundial. Convértese, na publicación antisemita, máis famosa e de ampla difusión na época contemporánea. Hitler, recurría a él para xustificar o seu "xenocidio". Posiblemente, Spengler bebera nel, para elaborar as teses que expón en «A Decadencia de Occidente», publicado no verán de 1918, e ó que adicou dez anos da súa vida, comenzando a súa obra, anos antes da Primeira Guerra.
En outubro de 1917 se produce a Revolución Rusa. Os servicios secretos do "reich", fixeron posible a presencia de Lenin en Rusia, precipitando o proceso revolucionario, quedando Lenin, nunha posición de "débeda" cos alemáns. O Tratado de Brest-Litovsk, asinado o 3 de marzo de 1918, Alemaña se anexiona amplos territorios do ámbito soviético, contando co respaldo do Soviet Supremo, a pesar das múltiples protestas da cidadanía rusa, que consideraban unha humillación os acordos acadados nesta negociación. A derrota de Alemaña na Guerra, foi un "alivio" para Lenin, pois recupera os territorios sacrificados neste Tratado.
Aproveite "termítico" do cadavre dun equino.
FAME NA ALEMAÑA: COMITÉS DE ALIMENTACIÓN
Na fronte interna, redúcense os salarios, aumentan os prezos e a escaseza de alimentos, que son destinados para a "fronte", para a "produción" da Guerra. Uns 750.000 cidadáns alemáns morreron coa fame, antes de que concluíra a guerra. O comercio paralizouse, polo bloqueo naval.
En abril de 1917, ó redor de 200.000 obreiros industriais alemáns, se puxeron en folga contra a redución das racións alimenticias, estendendo o descontento, entre os mariñeiros da flota de alta mar en Kiel. O resentimento polas condicións de vida, a dura disciplina e os privilexios dos oficiais, facía ferver o descontento na tropa cando se reducían as racións.
Cartaz do KPD (Partido Comunista Alemán), denunciando a miseria provocada pola guerra imperialista.
En Leipzig, os obreiros metalúrxicos en folga, redactan un prego de peticións de "índole económico", como o aumento das racións e da cantidade de carbón para a calefacción, e de "índole político" como, declaración do goberno sobre a paz sen anexións, o voto universal, o fin da censura, o fin da militarización social e laboral, a liberdade dos presos políticos, entre eles os líderes da Liga Espartaquista, Rosa Luxemburgo e Karl Liebknecht, entre outros militantes revolucionarios, encarcerados polo réxime.
Os mariñeiros elixiron «comités de alimentación», esixindo o seu recoñecemento polas autoridades. Esta iniciativa foi "esmagada", dous líderes foron executados, e outros condenados a traballos forzados.
Os Freikorps, asumen un papel de abusiva e brutal represión, contra unha poboación sen dereitos e desnutrida, executando con indiferencia, o que o silandeiro e eficaz "terror da fame" provoca.
NOVA ONDA DE FOLGAS
En xaneiro de 1918, unha nova onda de folgas se estenden por Alemaña, con 500.000 folguistas en Berlín e en ducias de centros industriais. Xorden "consellos obreiros embrionarios", para coordinar a acción. A Liga Espartaquista e socialistas contrarios a guerra, desempeñaron neles un papel dirixente. Os activistas, comparaban estes acontecementos na Alemaña, ca recente e veciña revolución Rusa. As autoridades, respostaron con dura represión, e o movemento retrocedeu. Os gobernantes alemáns, desaproveitaron esta oportunidade para rematar ca guerra.
Ós obreiros se lles prohibiu a folga, cun nivel de vida en caída libre, mentres os banqueiros e grandes empresarios, "facíanse de ouro" cos beneficios da Guerra.
FIN DA GUERRA
A Revolución rusa e o tratado de Brest-Litovsk, puxeron fin a guerra na fronte oriental, o que lles permitía ós alemáns reforzar a fronte occidental, pasando a ofensiva contra británicos e franceses; pero Estados Unidos entra na guerra, e transportaba por mar centos de miles de soldados.
Na primavera de 1918, o xeral Ludendorff, lanza cinco ofensivas distintas; case creban a liña aliada. A liña, aínda se mantiña, cando as ofensivas rematan en xullo. Os alemáns perderon medio millón de homes, os aliados perderon máis, pero cada mes chegan 300.000 soldados norteamericanos.
Os combates na fronte occidental, acadaron unha ferocidade sen precedentes. Os alemáns sufriron unha sucesión de derrotas, perdendo grandes franxas de territorio, que conquistaran no 1914.
"Gaseados" é unha pintura óleo de gran formato (231 por 611,1 centímetros), rematada en marzo de 1919 por John Singer Sargent. Describe as consecuencias dun ataque con gas mostaza durante a Primeira Guerra Mundial, cunha fila de soldados feridos rumbo a un hospital de campaña.
EPIDEMIA DE GRIPE
En agosto de 1918, unha epidemia de gripe fixo estragos a escala mundial, no peor momento de privacións e miseria. A gripe matou ao 3% da poboación mundial. A porcentaxe mortal, foi moito máis alta nas cidades empobrecidas de Europa e os EUA. Só en Francia, morreron catrocentas mil persoas. Foi un desastre demográfico, político e económico, factores que conflúen nunha catástrofe cultural.
Entre setembro e novembro de 1918, se produce o colapso das catro principais potencias.
Erich Friedrich Wilhelm Ludendorff (Kruszewnia, Prusia, 9 de abril de 1865-Múnich, 20 de decembro de 1937). Dispois da "Gran Guerra", Ludendorff converteuse nun destacado lider nacionalista e promotor da lenda da “puñalada polas costas”.
ARMISTICIO:
REVOLUTION VON OBEN
O 29 de setembro, os principais xerais alemáns, Hindenburg e Ludendorff, informan ó Kaiser de que a guerra estaba perdida. Avogan por un "armisticio", un compromiso de paz e un novo goberno imperial, sobre a base dunha maioría parlamentaria, que incluíra ós socialdemócratas, razoando que "era preciso, para evitar un levantamento dende abaixo, mediante unha "revolución dende arriba": «Revolution von oben».
O Kaiser era teimudo e intentou prolongar a guerra, ordenando a frota de alta mar derrotar a Armada Real Británica.
O gabinete se forma o 3 de outubro, ó que se ten que avir o Káiser Guillerme II, coa esperanza de adquirir a credibilidade suficiente ante os aliados, para negociar unha "paz satisfactoria".
A finais de outubro de 1918, os mariños alemáns no porto de Kiel, néganse a zarpar, desobedecendo ós oficiais que os querían levar a destruir a Armada Real Británica, como ordenara o Kaiser. Izaron bandeiras vermellas, e marcharon xunto ós traballadores da cidade. Exixían a libertade dos presos políticos, entre os que se atopaban Rosa Luxemburgo e Karl Liebknecht ao "novo goberno democrático" (Volksbeauftragten), imposto polo «Reichsheer» co seu "armisticio".
O 9-10 de novembro de 1918, o kaiser Guillerme II fuxe ós Países Baixos, como paso previo a asinar o "armisticio" co bando dos aliados e pola presión das mobilizacións cidadáns.
O exército alemán, nunca aceptou a "rendición" no campo de batalla, acusando a civís e políticos de esquerda, de traizoar ó país, uns por abocar á revolución e ós outros pola humillante paz acadada en Versalles.
A expresión de “puñalada polas costas”, foise popularizando tamén, entre cidadáns que, en primeira instancia apoiaran tanto a paz, como a república. Foi unha "xogada mestra", para escorrentar a humillación da paz de Versalles, e cargalo as costas dos republicáns. O Exército do Kaiser, mantivo intacto o seu prestixio, alimentando o mito de que o "bo alemán" é contrario a República, convertendo este rexeite nunha das "bases ideolóxicas" no que se sustentaría a ascensión do "nacionalsocialismo: nazismo".
Previo a aceptación da "non" derrota militar, o "Segundo Reich", xoga a toda presa a carta da transformación das súas institucións políticas e militares, e poder negociar a "paz" eludindo o protagonismo da súa derrota.
Asínase o "armisticio": «na undécima hora do undécimo día do undécimo mes». Houbo moi poucas negociacións. Os alemáns puideron corrixir algunhas demandas imposibles (por exemplo, o desmantelamento de máis submarinos dos que posuía a súa flota), estenderon o cronograma para a retirada e rexistraron a súa protesta formal pola dureza dos termos aliados. Pero non estaban en posición de negarse a asinar. O domingo 10 de novembro de 1918, ós alemáns se lles mostraron periódicos de París para informalos que o káiser abdicara. Ese mesmo día, Ebert lle indica a Erzberger -encabezaba a representación da delegación alemana- que asinara. O gabinete recibira anteriormente unha mensaxe de Hindenburg, solicitando a sinatura do "armisticio" incluso si non se podían mellorar as condicións aliadas.
«CONSELLOS REVOLUCIONARIOS»
O 23 de outubro, é liberado de prisión o dirixente Espartaquista Karl Liebknecht, proclamando a Folga Xeral de inmediato. Rosa Luxemburgo seguía en prisión, polos mesmos cargos que Liebknecht, formar parte do grupo de dirixentes socialistas, que se opuxeron ós "créditos da guerra", o que implicou "licencia parlamentaria" para entrar en guerra.
O 29 de outubro do 1918, os mariñeiros da armada alemana comezan a amotinarse, pasando á ofensiva, organizando manifestacións armadas, para estender a rebelión na frota e nos peiraos.
O 3 de novembro, as concentracións de protesta, foron reprimidas a "tiro limpo", provocando a morte de nove persoas. Un mariño, respostando as descargas, mata un oficial, a manifestación se torna en revolta xeral, e a base naval alemán de Kiel queda baixo control dun "consello revolucionario de soldados".
Karl Liebknecht, era a encarnación mesma da bondade e a amistade. Cun carácter dunha dozura feminina, e unha vontade de revolucionario, dun temple excepcional, que o facía combater ate a morte polos principios que profesaba.
O 4 de novembro, o "consello revolucionario" desarma ós oficiais, ocupan os barcos, liberan os presos amotinados. Os mariñeiros, se xuntan con traballadores civís -metalúrxicos sobre todo-, fundíndose nun "consello de obreiros e soldados" -similar ós "soviets"-, asaltan os cuarteis e apodéranse da cidade ó son da "Internacional". Reivindican a mellora da alimentación, o abandono do proxecto de ofensiva da frota, liberación dos detidos, o sufraxio universal e a abdicación do emperador. Pola tarde, se lles unen os soldados do exército, que as autoridades locais chamaran para sofocar a revolta. A cidade de Kiel, estaba en mans de 40.000 mariñeiros, soldados e traballadores insurrectos.
A noite deste 4 de novembro, o diputado do SPD, Gustav Noske, chega a Kiel presentándose como representante da dirección do SPD do novo goberno do Reich, co encargo do «Reichsheer», de controlar a revolta evitando a "revolución dende abaixo". O "consello da cidade", se posiciona a favor do "novo governo", e a presencia de Noske evidenciaba que contaban co seu apoio, nomeando a Noske «gobernador» esa mesma noite. Ó día seguinte, Gustav Noske, comenza a súa eficaz labor para rematar coa revolución, dando apoio ós "Freikorps" para que fixeran o traballo sucio: reprimir brutalmente e asesinar.
O 9 de novembro, as masas insurrectas forzan as portas da prisión de Breslau para liberar a Rosa Luxemburg. Isto, actúa como un detonante que provoca masivas manifestacións por toda a Alemaña, e en poucos días, ducias de cidades estaban controladas por "Consellos de Obreiros, Soldados e Mariñeiros".
A Primeira Guerra Mundial –a matanza máis sanguiñenta da historia da humanidade ate aquel momento-, rematou gracias á acción revolucionaria de millóns de obreiros, soldados, mariñeiros e labregos de toda Europa.
«CARPE DIEM»: NADA É SEGURO PARA SEMPRE
A visión racional e teórica do mundo, só era posible a costa de insensibilizar o mundo e «acalar as voces á forza», voces que conectan, a cada individuo coa cadea dos seus ancestros e co destino. Pola contra, o pensamento abstracto, era cronicamente incapaz de comprender aquelo que de verdade importa, a saber, «o cando e o porqué, o Destino, o Sangue, todo o que os nosos procesos intuitivos, tocan no máis fondo de nós».
Así pois, «a modernidade era unha carreira hacia a morte», un sinal de que a cultura chega ao seu remate. «O cine, o expresionismo, a teosofía, o boxeo, os bailes negros, o póker e as apostas; todo elo atópase na [antiga] Roma», escribiu Spengler; aínda que resulte un punto inverosímil, «O último home da gran urbe, non quere xa vivir».
Esta concepción da historia e a cultura -moi alemán-, formúlase nun contexto onde predominan ideas moi similares, coa excepción do Círculo de Viena, que se enfocou na filosofía positivista, que Spengler tanto aborrecía. Os filósofos das universidades de fala alemán, afastáronse da claridade e o racionalismo do pensamento da tradición ilustrada, orientándose hacia outras formas de exploración, da inmediatez e da experiencia vivida.
En certo modo, o rexeite do racionalismo foi consecuencia da experiencia da guerra. Para a xeración da posguerra, a «razón» -enxalzada dende a ilustración- xa non era sinal das grandes cousas que se aveciñaban; tornárase contra os seus creadores, e demostrara a súa capacidade destrutiva e de "loucura". Os resultados das investigacións racionais, acanearan os cimentos mesmos do mundo civilizado, e converteran a os seres humanos en "salvaxes". Todos os valores parecían viciados, non quedaba en pé unha soa certidume, todas as esperanzas estaban pervertidas. E, dado que a «razón» non conseguira crear o futuro prometido, xa era hora de buscar noutra parte.
Este rexeite da «razón», aparenta o contrario á "ciencia", pero é bastante seguro que desempeñou un papel importante a hora de dar forma as ideas científicas máis creativas da época; especialmente a mecánica cuántica, que como logo escribira Werner Heisenberg: «Non é casual que o desenrolo que nos conduciu ate aquí, tivera lugar nunha época de fé no progreso. Despois da catástrofe da Primeira Guerra Mundial, comezou a entenderse, fora tamén dos círculos académicos, que a nosa existencia carece de cimentos sólidos, e que nada é seguro para sempre».
REPÚBLICA SOCIALISTA
O 9 de novembro, a revolución chega a Berlín. Centos de miles de folguistas nas rúas, ondeaban bandeiras vermellas e pancartas socialistas. O socialista Karl Liebknecht da Liga Espartaquista, dirixiuse á multitude dende a balconada do Palacio Imperial e invoca a creación dos "Consellos Obreiros", xa activados nos meses precedentes, proclamou unha «República Socialista» e a «Revolución Mundial». Dera comezo a «Revolución Alemana», celebrando a súas primeiras sesións en novembro. Os obreiros en folga se organizan en "Consellos Obreiros", para rematar coa guerra e o imperio.
«Os propios revolucionarios, puxeron fin a súa revolución.»
No Nadal de 1918, o "Congreso Panalemán de Consellos de Obreiros e Soldados" decide a súa disolución. Tamén, apoiar a convocatoria de eleccións e a moderación das reivindicacións do movemento revolucionario, abandonando a vía dunha solución socialista proletaria. Non toda a esquerda, participou desta solución. A Liga Espartaquista, se opuxo a liña branda e sublevouse.
Os "Consellos Alemáns", sacrificaron a estrutura creada coa participación da cidadanía e a democracia directa, por un goberno parlamentario tradicional, o «Rat der Volksbeauftragten (Consellos de Deputados do Pobo)».
Co respaldo político á USPD (Unabhängige Sozialdemokratische Partei Deutschlands), os "Consellos" renuncian a súa independencia e autoxestión política, póndoa nas máns de "políticos profesionais".
Gustav Noske, ministro de defensa e interior da República de Weimar, pasa revista a unha tropa de Freikorps en Berlín, xaneiro de 1919
«FREIKORPS: CORPOS FRANCOS»
Os catro anos da Primeira Guerra, crea unha masa de veteráns fondamente desconectados e extranos para a vida civil. Moitos incapaces de integrarse socialmente, polo desemprego e a mala situación económica da posguerra. Estos veteráns, maiormente xóvenes, uns buscan a estabilidade nunha estructura militar que lles ofreza un estatus social nun "corpo de guerreiros" asegurándolles, ademais dun medio de vida, realizar a mesma tarefa que desempeñaran nos últimos anos: "combater". Outros se uniron ós "Freikorps", invocados polos "militares kaiserianos" ou «Reichsheer», afines ó rexeite da derrota militar da guerra, os termos do Tratado de Versalles e reafirmándose coa consigna da "puñalada polas costas", espallando a culpa de "traición" a marxistas, bolxeviques e xudeos.
Logo se gañaron unha reputación de brutalidade, antisemitismo, nacionalismo extremo e violenta hostilidade cos "consellos obreiros", os sindicatos e a esquerda en xeral.
Moitos dos seus matóns, máis tarde se incorporarían o partido nazi
PRUSIANISMO E SOCIALISMO
Prusianismo e Socialismo (publicado no 1919) de Oswald Spengler, que non gozou de tanta fama, foi moi influínte ideoloxicamente na configuración dogmática do nacional-bolxevismo (stalinismo) e en moitos núcleos do nacional-socialismo (nazismo).
Nesta obra, Spengler, defende o socialismo prusiano como única alternativa para Alemaña, por reivindicar os valores nacionais alemáns e a necesidade dun caudillo nunha sociedade piramidal e corporativa. Asegura a supremacía da «raza» xermánica.
Describe, de xeito anacrónico, a Federico Guillerme I como o primeiro «socialista consciente» e que o seu propósito é o caudillaxe, e a submisión absoluta ó «führerprinzip» ou ó "César".
Termos, que inflúen na propia ideoloxía nacional-socialista (nazismo) e que se aprecian na “Miña Loita” (Mein Kampf) de Adolf Hitler.
OTTO DIX:
Alístase na guerra como voluntario con 23 anos, cun libro de Nietzsche na mochila.
No seu cuadro-tríptico, co título de “A Guerra”, no retábulo esquerdo un pelotón de soldados, a maioría sen rostro, marchan alonxándose do espectador. Dous deles míranse ós ollos, esvaecéndose hacia o campo de batalla en medio dunha densa néboa (gas veleñoso?; usado por primeira vez en Ipres, Bélxica, 1915). No retábulo dereito, un ferido é quitado polo seu colega (o propio O. Dix?), cun ollar deshumanizado, no medio dunha batalla campal tapizada de cadáveres, nunha zoa deformada por cráteres das bombas que llamean e cuspen lume. No panel central expón o resultado da refrega. Un cráter onde había un refuxio. O resgardo convertido nunha fosa común, onde se mantén en pé un miliciano. A Guerra total que mostra corpos destrozados, árbores carbonizados, ruínas e cinzas.
No seu diario, o dun mozo que fora a guerra en busca de aventuras, anota a finais de 1914: «No pasado, as guerras eran por motivos relixiosos; hoxe, polo comercio e a industria (diñeiro) – un paso atrás». Xa non queda nada no que crer; o único que queda é a codicia.
REPÚBLICA DE WEIMAR: «O OVO DA SERPE»
O SPD e o Partido do Centro Católico de Erzberger, tiñan un poder cativo sobre o goberno imperial, e levaban pedindo unha paz negociada dende 1917. O 9 de novembro de 1918, Max von Baden entrega o cargo de canciller ó dirixente do SPD Friedrich Ebert, converténdose no canciller alemán no ocaso do 2º Reich.
Inmediatamente ten ó teléfono a Wilhelm Groener, xefe do Alto Estado Maior, que lle ofrece recoñecer o novo goberno, sempre e cando este apoie e instaure «a estricta disciplina, o orden no exército e a loita contra o bolxevismo». Eber e Groner, convértense en estreitos colaboradores. Dada a implicación de F. Ebert na sinatura do "armisticio" e negociacións de paz desenroladas no 1919 e 1920, a nova República de Weimar vai operando cunha cativa lexitimidade ós ollos dos militares. O SPD foise facendo máis conservador, converténdose nos representantes políticos do Reichstag imperial.
Ó longo de 1919 vaise configurando a República de Weimar -cidade turinxia onde se redactou a Constitución, lonxe dos disturbios berlineses-, nun contexto moi complicado de descontento social, que afonda na erosión da súa lexitimidade.
Ebert constituíu un "goberno provisional", e o exército e os sectores conservadores complicaron todo o que puideron tacticamente ó novo executivo. Dando acougo a socialdemócratas e militares do imperio, tratando de conter a revolución social.
O goberno parlamentario, o «Rat der Volksbeauftragten (Consellos de Deputados do Pobo), se configura en base ó: "SPD" (socialistas de dereitas), os "socialistas kaiser" partidarios da guerra e opostos a revolución, co obxetivo de salvar a Alemaña para o capitalismo, destruindo o propio movimento que os levara ó Poder; a "USPD (Unabhängige Sozialdemokratische Partei Deutschlands)", un socialismo bisagra que integra elementos da dereita e da esquerda, conta co respaldo dos "Consellos de Obreiros e Soldados"; en xaneiro de 1919, o apoio electoral do SPD quintuplicaba o do USPD (11,5 millóns fronte ós 2,3 millóns de votos), en xuño de 1920, ambos partidos estaban a par, o que indica que en dous anos de revolución, os obreiros alemáns teñen un espectacular desplazamento a esquerda.
O terceiro grupo eran os da "Liga Espartaquista (Spartakusbund)", que a partir do 1 de xaneiro de 1919, convértese no KPD (partido comunista alemán); esta agrupación socialista revolucionaria, dirixido por Karl Liebknecht (fillo de un dos fundadores da SPD) e Rosa Luxemburg, ten unha liña política afín ó bolxevismo ruso, e un escaso apoio fora de Berlín. En novembro de 1918, o SPD tiña como dez veces máis membros que a Liga Espartaquista, en pouco tempo a Liga, xa KPD, superará en membros ó SPD.
A fraxilidade intrínseca da xoven República de Weimar, encriptaba perigos incalculables para o futuro de Europa. Como a parede translúcida do "ovo da serpe", que deixa intuír a axitación embrionaria do mal.
TRATADO DE VERSALLES: «PREPARANDO A GUERRA QUE VIRÁ»
O 28 de xuño de 1919, medio ano despois do "armisticio", asinouse o Tratado de Versalles entre Alemaña e os aliados, no que tanto a delegación alemana, os periódicos e o pobo, percibiron o Tratado como un "acto de imposición", e non como unha negociación.
A cláusula do artigo 231, obrigaba a Alemaña a asumir toda a responsabilidade como iniciadores das hostilidades. Destacados oficiais do Exército e sectores conservadores mostráronse reacios a aceptar as condicións, a pesar de que a alternativa era a reanudación dos combates, ca conseguinte invasión do territorio alemán.
Alemaña tivo que renunciar as súas colonias, e acceder a entrega de territorios a diferentes países veciños. As cláusulas militares, obrigan a reducir o exército á mínima expresión, poñendo fin ó servizo militar obrigatorio.
Pero a medida máis severa, foi a indemnización económica a pagar ós “vencedores” da guerra, que se concreta no ano 1921 en 132.000 millóns de marcos de ouro (33.000 millóns de dólares), o que supuxo, un freo determinante para a reactivación económica, provocando o afundimento da súa economía.
No 1923, o incumprimento do pago ós acredores, dou lugar a ocupación da principal zona industrial alemana, a conca do Ruhr, polo exército francés e belga. Foron os traballadores das fábricas, quenes se enfrentaron pacíficamente, ós militares ocupantes.
Neste mesmo ano en París, o xoven retratista español Xosé Simont recibe o encargo de dibuxar a Paul Deschamel -Presidente da Cámara de Diputados de Francia, que participara nas negociacións do Tratado de Versalles, e que ó ano seguinte fora elexido Presidente de Francia-. Mentras o dibuxaba, Simont preguntoulle pola súa opinión sobre o Tratado de Versalles, Deschamel respostoulle: «Acabamos de asinar a Segunda Guerra Mundial».
Veterano de guerra, condecorado ca Cruz de Ferro, mendiga nas rúas de Berlín, 1923
Fontes:
- “A Fractura: Vida e Cultura en Occidente 1918-1938” de Philipp Blom. Editorial Anagrama.
- “Unha Historia Radical do Mundo” de Neil Faulkner. Editorial: Pasado&Presente – Barcelona.
- 1914-1918 A Guerra das Trincheiras, Tardí. Editorial: Norma Editorial-2009.
- Wikipedia
PUBLICADOS:

OS MÁIS LEIDOS

FESTAS PATRONAIS 1945, A FORTALEZA DO TAPAL E O «SANCTI SPIRITU»

NÓS, OS IRRELEVANTES

FESTAS PATRONAIS 1946 CON SONETO Ó BERBERECHO

GACETA MUNICIPAL - 16 XULLO 1931

GACETA MUNICIPAL - 24 XULLO 1931

ULTREIA: TERCEIRA XEIRA (3/3)

MUNICIPAIS DO 31 (e 2)

«A TODO O QUE NON PENSE COMA NÓS»

FESTAS PATRONAIS 1947 / OS EMILIANOS / EVA DUARTE DE PERÓN