XOFRE: COMIC GALEGO
Subtitulado "historieta galega",
naceu en 1979 en Santiago por iniciativa de varios debuxantes entre
os que se atopaban históricos da banda deseñada galega coma
Miguelanxo Prado, Xoan López Domínguez ou Fran Jaraba.
Editouse un só número, este, suficiente para existir e ter o mérito de ser «o primeiro fanzine de banda deseñada en galego», con portada a dúas cores e tamaño A5.
Editouse un só número, este, suficiente para existir e ter o mérito de ser «o primeiro fanzine de banda deseñada en galego», con portada a dúas cores e tamaño A5.
A primeira revista de Historietas en Galego.
Data da súa Distribución: 17/05/1979
Imprenta: Imprenta Minerva
Lingua: Galego
Formato: Caderno – Grapa
Tamaño: 24,5 x 17 cm – 44 páxinas
Color: Bicolor (portada) – B/P (interior)
Autores:
Portada: Miguel Anxo Prado
Contraportada: Fran Jaraba
Ilustradoras: Anselmo Lamela, Fran Jaraba, María B., Miguel A. Prado
Humor Gráfico: Suso Toro.
Historietista: Alvarito, Fran Jaraba, Lázaro, López Domínguez, Loquis
Guionista: Euxenia López Meirama
Dibuxante: Miguel A. Prado
DESGLOSE DE CONTIDOS:
Cubierta: ilustración de portada realizada por Miguelanxo Prado; na parte inferior "Publicación do Coleitivo Xofre".
Páx. 2: Ilustración de Anselmo
Lamela.
Páx. 3: Editorial e "índice"
co Sumario de contidos da publicación.
Páxs. 4/6: Historieta
humorística de Fran Jaraba titulada "Special Brigade".
Páxs. 7/15: Historieta de
fantasía heroica con guión de Euxenia López Meirama e dibuxos de
Miguelanxo Prado, co título “A Petadura do Orballo”.
Páx. 16: Ilustración asinada por María B., que consta no "índice" como María Barcala.
Páxs. 17/20: Historieta
humorísitica de Ricardo Lázaro titulada "O Matha-Cans".
Páx. 21: Historieta humorística
que asina Alvarito (seudónimo do escritor Suso de Toro) titulada
“Manolo Pita (Neto de María Pita)”.
Páxs. 22/23: Historieta
humorística de Fran Jaraba titulada “Brunhilda”.
Páx. 24/31: Historieta
humorística de Xan López Domínguez (asina Xan Carlos
López) titulada “Camiño a Compostela”.
Páx. 32: Ilustración de
Miguelanxo Prado.
Pág. 33: Historieta sin título
de ciencia ficción realizada por Fran Jaraba.
Páxs. 34/36: Historieta
fantástica de Fran Jaraba titulada “Madame Delia”.
Páx. 37: Historieta fantástica sin título de Xan López Domínguez (asina como Xan Carlos López).
Páxs. 38/39: Historieta sin
título obra de Loquis.
Páx. 40: Viñeta de humor gráfico asina Suso T. (seudónimo do escritor Suso de Toro) titulada
“Notas de Sociedade”.
Páx. 41: Historieta humorística de Fran Jaraba titulada “Virgin Jungle”.
Páx. 42: Ilustración de Anselmo
Lamela.
Páx. 43 (tercera de cubertas):
Publicidade de locais e librerías onde se podía adquirir este
fanzine: Galimatías (santiago de Chile 25, Santiago de Compostela),
Vacaloura (La Rosa 20, Santiago de Compostela), Librería Abraxas
(Montero Ríos 50), Librerías Follas Novas (Montero Ríos 37,
Santiago), Librería Segrel (P. Universidade 3, Santiago).
Contracuberta en branco e preto, con ilustración de Fran Jaraba.


