ÁRBORE UNIVERSAL DE WOESE
A RIQUEZA XENÉTICA DA MICROSCÓPICA VIDA DA QUE VIMOS OS PLURICELULARES
Toda a diversidade visible na vida o noso arredor: plantas, animais multicelulares, está representada por un par de pequenas bifurcacións dunha rama.
Os procariotas (Archaea + Bacteria)
representan 2/3 da diversidade xenética da Terra. No dominio das «Archaeas» hai máis diversidade e distancia evolutiva, en varios ordes de magnitude, das
que atopamos entre as plantas, animais e fungos xuntos.
1990- Aceleración da investigación de Carl Woese, en base a secuencia do ARNr (secuencia de nucleótidos rudimentario ou ribosómico) de máis organismos.
1996- Secuénciase o xenoma completo (non só fragmentos de ARNr) dun metanóxeno (Methanococeus
Jamaschii), publicáronse os resultados na revista Science.
1998- Xa se clasificaron máis de 5000 organismos.
![]() |
Biodiversidade do chan no entorno das raíces. |
Imaxe superior: (1) Sementes enterradas, (2) Tardígrados, (3) Colémbolos, (4) Ácaros, (5) Larvas de insectos e (6) Formigas.
Imaxe inferior (aumentada): (7) Partículas de arxila, (8) Limo, (9) Area, (10) Protozoos, (11) Fungos, (12) Bacterias e (13) Nematodos.
Ilustración Tamara Clark.
EMERXENDO DO FONDO SOCHÁN E DAS PROFUNDIDADES ABISALES
Os termófilos (amantes da calor) teñen
a historia evolutiva na base da árbore universal, o que revela que a
vida que concibimos tivo o seu orixe nun hábitat de altas
temperaturas (no sochán profundo) ou no interior dos sedimentos preto
das fumarolas submariñas dos fondos abisales.
Os datos do ARNr revelan que os tres
dominios (Archea, Bacteria e Eukarya) xurdirían fai uns catro mil
millóns (4.000.000.000) de anos dunha unidade común de vida
primitiva, en vez de derivar unha rama de outra.
Parece que os tres dominios se afastaran fai moito tempo e a maior parte evolucionou de xeito independente.
Obsérvase na base de cada dominio, que os
parentes se embrollan, pois aquelas antiquísimas criaturas
unicelulares eran capaces de transferir “horizontalmente”
material xenético a organismos de parentesco moi lonxano, incluso
dun dominio a outro.
Naquel reino, onde “un era o que comía”, o
material xenético desprendido por células danadas dunha especie,
podería ser absorbido como alimento por células activas de outra
especie e incorporalo ó seu xenoma.
Nas capas superiores do chan, empregando
métodos moleculares, unha serie de científicos examinaron mostras
de rexións tan diversas como Finlandia, Amazonas e Wisconsin,
atopando evidencias de arqueas que viven entre as lombrices de
terra, os insectos e os microorganismos nos horizontes dos chans
superiores.
O papel ecolóxico exacto das arqueas atopadas nos chans
e nas augas oceánicas frías descoñécese de momento.
As bacterias e parentes, levan
evolucionando dende fai 3.500 millóns de anos, mentres que as
criaturas multicelulares levan no mundo menos de 1.000 millóns de
anos.
![]() |
Baño do camarote do Capitán do Titánic. |
No atlántico norte atopáronse "arqueas", entre as comunidades de bacterias que devoran o transatlántico de
luxo afundido, RMS Titanic. Estas comunidades de bacterias, extraen
ferro da superestrutura de aceiro, producindo xigantescas
“oxilactitas” de ferro, algunhas de varios metros de longo, que
penduran do barco afundido.
As comunidades microbianas prosperan a
centos de metros no sochán, a temperaturas e presións
extremadamente altas, sen oxíxeno, sen luz e dispoñibilidade de
auga. Algúns obteñen carbono do dióxido de carbono gasoso, e a
enerxía a obteñen do hidróxeno gasoso e demais sustancias químicas
inorgánicas.
Son os produtores primarios de toda a vida visible, e representan os descendentes directos das primeiras formas de vida na Terra. Astrónomos e xeólogos coinciden na probabilidade de que moitos corpos planetarios sólidos do universo teñen entornos
infrasuperficiais moi parecidos ó da Terra.
O INVENTO DA FOTOSÍNTESE, ESPLOSIONA A VIDA EN SUPERFICIE
A atmosfera dos principios da Terra,
antes do invento da fotosínteses, contiña moi pouco oxíxeno, polo
que os habitantes do Planeta eran anaerobios (non respiraban oxíxeno)
e termofílicos (afines ó calor).
A proliferación dos organismos
fotosintéticos, fai uns 2.800 millóns de anos, produciu un rápido
aumento dos niveis de oxíxeno atmosférico, que é un subproduto de
desfeito da fotosínteses. Para moitos organismos anaerobios o
oxíxeno gasoso é letal, porque non producen antioxidantes naturais,
ó contrario das criaturas aerobias (nós entre elas), que si producen
antioxidantes dun xeito natural.
O ATURUXO INTERMINABLE DA VIDA, ALÉN DO HUMANO
Os litótrofos (extremófilo), obteñen
a súa enerxía desprendendo electróns, dos átomos dos minerais
inorgánicos da rocha, ou ben, dos átomos de hidróxeno do hidróxeno
gasoso.
Os traballos de investigación do
sochán dos últimos coarenta anos, puxeron patas arriba, as ideas
preconcibidas que tíñamos da vida, no noso propio planeta. Tanto o
espazo habitable, como o espectro de formas de vida terrestres, podería
ser varias veces máis grande, do que nos imaxinábamos.
Temos que aprender a aceptar o feito, de que a superficie quecida polo Sol, coa
que estamos tan familiarizados, non é mais que un dos escenarios, nos
que a vida leva a cabo as súas xestas extraordinarias. Dentro do
contexto da vida, no conxunto do universo, a superficie da Terra
alimentada polo Sol, podería non ser o escenario central, senón un
compoñente case insignificante.
Fonte:
- Sochán (Subsolo)-Unha Historia Natural da Vida Subterránea de David W. Wolfe.
- Wikipedia
Outros artigos da mesma fonte:




