GALAXIA AMOR
FUNDAMENTACIÓN CIENTÍFICA DAS EMOCIÓNS NO UNIVERSO
A «astronomía» é a ciencia que estuda os corpos do universo (planetas, satélites, cometas, estrelas, materia interestelar, materia escura, galaxias, etc ). Dado o seu amplo campo de estudio, esta dividiuse en catro ramas: Astronomía de Posición, Mecánica Celeste, Astrofísica e Cosmoloxía.
A Astronomía de Posición sitúa na esfera celeste a posición dos astros. Describe o seu movemento e fenómenos como os eclipses. Se aplica ó «Universo das Emocións» para determinar a posición das diferentes emocións no espazo.
A Mecánica Celeste ten por cometido interpretar os movementos da Astronomía de Posición. Estuda o movemento da lúa, os planetas en torno ó sol, dos seus satélites e o cálculo das órbitas de cometas e asteroides. A súa aplicación ó «Universo das Emocións» consiste no análise da progresión dunha emoción a outra.

Guiándonos pola astrofísica, definimos a emoción como un estado complexo do organismo caracterizado por unha excitación ou perturbación que predispón á acción. Un mesmo obxeto pode xerar emocións diferente en distintas persoas. A figura representa o modelo que integra os elementos esenciais da estructura dunha emoción.
A Astrofísica estuda os astros cono corpos cunhas calidades físicas propias, analizando a súa composición, estrutura e evolución. A súa aplicación ó «Universo das Emocións» consiste en analizar as características intrínsecas de cada emoción.
A Cosmoloxía estuda os orixes, estrutura e evolución do universo no seu conxunto. A "Cosmoloxía Física" desenrolouse na primeira metade do século XX, a consecuencia dunha serie de acontecementos e descubertas, como por exemplo:
1915-1916: Einstein formula a «Teoría Xeral da Relatividade».
1920-1921: Establécese a existencia de galaxias externas a Vía Láctea.
1930: Lemaitre esboza a hipótese da procedencia do universo dun só "cuanto de enerxía".
1933: Fritz Zwicky propón a distribución das galaxias e introduce o concepto da «Materia Escura».
1964: Se acepta o modelo Big Bang (Gran Explosión) ca idea do «Universo en Expansión».
1915-1916: Einstein formula a «Teoría Xeral da Relatividade».
1920-1921: Establécese a existencia de galaxias externas a Vía Láctea.
1930: Lemaitre esboza a hipótese da procedencia do universo dun só "cuanto de enerxía".
1933: Fritz Zwicky propón a distribución das galaxias e introduce o concepto da «Materia Escura».
1964: Se acepta o modelo Big Bang (Gran Explosión) ca idea do «Universo en Expansión».
A aplicación da astronomía ás emocións consiste en estudar os orixes e funcións primitivas e como evolucionan. Por exemplo, analizar a evolución do concepto de paisón, amor ou felicidade ao longo dos anos.
COMPLEXIDADE DO AMOR
Así como a alegría se pode considerar unha emoción sen complicacións, o amor é, probablemente, a emoción máis complexa que existe. Tanto é así que algúns autores dudan de que sea unha emoción básica. De feito non está en moitas das clasificacións. Esta complexidade é debida, en gran medida, a que hai unha única verba para refirirnos a moitos tipos e formas de amor.
FUNCIÓN DO AMOR
A función do amor é aumentar as probabilidades de permanencia da especie. Neste senso ten que ver, loxicamente, coa reproducción. Hai un longo proceso para asegurar a reproducción, que pode incluir a atracción erótica, o enamoramento, a atracción sexual, o compromiso, a maternidade e paternidade, a convivencia, a educación dos fillos, etc. Según en qué aspecto fixemos a atención, teremos distintas formas de entender o amor.

Prisma central.
Simboliza as conexións entre as polaridades emocionais. O triángulo que forma a linea continua, mostra a relación por afinidade entre elas, mentras que as lineas discontinuas verticais, mostran a súa oposición por polaridade.A forma dibuxa un espacio 3D virtual no que se configura todo o universo.
Simboliza as conexións entre as polaridades emocionais. O triángulo que forma a linea continua, mostra a relación por afinidade entre elas, mentras que as lineas discontinuas verticais, mostran a súa oposición por polaridade.A forma dibuxa un espacio 3D virtual no que se configura todo o universo.
RÉMORAS DO AMOR
As emocións asociadas o amor poden ser extremadamente poderosas, chegando con frecuencia a ser irresistibles. Neste senso non hai dúvida de que o enamoramento é unha emoción, coas respostas fisiolóxicas propias das emocións fortes, que chegan incluso a facer sofrer a persoa enamorada. Pero, esto é amor?. Probablemente, referímonos o “amor” como outra cousa distinta do “enamoramento” ou a “atracción erótica”.
INTELIXENCIA EMOCIONAL
A intelixencia emocional consiste en gran medida en poñer intelixencia (razón, cognición) as emocións. Esto ten unha gran aplicación o amor. Teríamos que desenrrolar un “amor intelixente” que poida proporcionar benestar a humanidade e evitar as pasións (amor paisoal) e esaxeracións que poden causar tantos problemas.
Din que «obras son amores e non boas razóns». O amor faise presente na acción polo benestar da outra persoa. Na familia e en calquera convivencia fanse inevitables os conflictos que xeran emocións contrarias ó amor. Neses momentos fai falta moita regulación emocional e mente clara para continuar construindo o benestar da outra persoa.
Nas situacións de conflicto, nas que o sentimento amoroso pode estar ausente, tamén se pode falar de amor?. Fixémonos en que fomos pasando da emoción a razón. Na definición do *amor, hai máis regulación emocional e razoamento que de emoción espontánea strictu sensu. Pero esta é a complexidade do amor, sobre a cal queda moito por aprender e por facer. Por eso proponse como unha *galaxia en expansión.
EDUCANDO NO AMOR
Na educación formal foise introducindo a educación sexual, e está moi ben. Si analizamos os contidos acostuman a ser a anatomía sexual, reproducción, métodos anticonceptivos, prevención de embarazos non planificados e prevención do sida.
Pero o amor acostuma a estar ausente da formación. Aprender a amar, aprender no amor e aprender do amor, son todavía unha asinatura pendente.
Na educación emocional, dende os primeiros anos da vida na familia e ó longo da educación infantil, primaria, secundaria e na formación continua o longo da vida teriase que introducir os coñecementos que a investigación centífica ten aportado sobre o amor nun amplo senso. Non podemos supor que as persoas nacen con cencia infusa sobre o amor. Se non educamos no amor, se non creamos contextos que posibiliten aprender a amar, estamos sacrificando un aspecto moi importante da educación dunha persoa.
AMOR NO PROSOCIAL
A educación prosocial ten como finalidade desenrrolar comportamentos prosociais, que son aqueles nos que se realizan accións en favor de outras persoas sen agardar nada a cambio. Curiosamente, esto pode ser unha gran fonte de satisfacción emocional. Educación prosocial e educación emocional se poden considerar como aspectos dun mesmo fenómeno encamiñado ó desenrrolo da persoalidade integral. Ambos son unha vía prometedora para aprender a amar.
--------------------------------------------------------------------------------
*AMOR: Amor é a emoción esperimentada por unha persoa hacia outra. Maniféstase en desear a súa compaña, alegrarse co que é bon para ela e sofrer cando ela sofre. É o afecto que sentimos pola outra persoa, grupo, animal, cousa ou idea. Vivir o amor implica participar activamente na construcción activa do benestar do ser amado. Neste senso o amor combina a ternura coa razón para a acción (emoción, cognición e comportamento).
*GALAXIA: As galaxias das emocións, son agrupacións masivas de fenómenos afectivos, e son as estructuras máis grandes nas que se aglutinan as emocións.
O universo está formado por galaxias e estímase que hai uns 100.000 millóns de galaxias no universo, a mesma cantidad de neuronas que temos no cerebro. Esta curiosa coincidencia numérica, fai propor un paralelismo entre o universo cósmico e o universo das emocións que se procesan no cerebro.
As galaxias poden ser:
a) Galaxias Espirais, o 75% das galaxias do universo son de este tipo, tamén no universo das emocións a maioría son de este tipo. O centro está ocupado pola emoción básica e esta da nome a galaxia. Algunhas de este tipo son: “medo, ira, tristura, ledicia, amor e felicidade”;
b) Galaxias Espirais Barradas, tamén se considera materia interestelar que se expande por todo o universo. Exemplo de este tipo é a “sorpresa”, que tamén se presenta nas demais galaxias;
c) Galaxias Elípticas, exemplos desta son as “emocións sociais” ou as “emocións estéticas”. Están presentes en todas as galaxias pola característica estética: non é o mesmo unha tristura real, que unha tristura provocada por unha obra (literatura, teatro, cine, ópera, etc.);
d) Galaxias Irregulares, non se axustan a ningunha forma das anteriores, tendo en común coas demais que normalmente son pequenas e conteñen un alto porcentaxe de materia interestelar. Calcúlase que supoñen o 5% das «galaxias do universo». No universo das emocións, pódense considerar galaxias de este tipo “o asco e a ansiedade".
a) Galaxias Espirais, o 75% das galaxias do universo son de este tipo, tamén no universo das emocións a maioría son de este tipo. O centro está ocupado pola emoción básica e esta da nome a galaxia. Algunhas de este tipo son: “medo, ira, tristura, ledicia, amor e felicidade”;
b) Galaxias Espirais Barradas, tamén se considera materia interestelar que se expande por todo o universo. Exemplo de este tipo é a “sorpresa”, que tamén se presenta nas demais galaxias;
c) Galaxias Elípticas, exemplos desta son as “emocións sociais” ou as “emocións estéticas”. Están presentes en todas as galaxias pola característica estética: non é o mesmo unha tristura real, que unha tristura provocada por unha obra (literatura, teatro, cine, ópera, etc.);
d) Galaxias Irregulares, non se axustan a ningunha forma das anteriores, tendo en común coas demais que normalmente son pequenas e conteñen un alto porcentaxe de materia interestelar. Calcúlase que supoñen o 5% das «galaxias do universo». No universo das emocións, pódense considerar galaxias de este tipo “o asco e a ansiedade".
--------------------------------------------------------------------------------
ZONA CONFIANZA CEGA: ESTRIPEIROS EMOCIONAIS
"As esperanzas dudosas fan ós homes atrevidos pero non temerarios".
(Miguel de Cervantes)
(Miguel de Cervantes)
Hai persoas que, indiscriminadamente e sen seleccionar en quen depositan a súa confianza, abren a súa vida e o seu mundo emocional a estraños. Iso non é confianza, é temeridade. O podemos ver a diario nas redes sociais e tamén na rúa.
Poida que escoitaras a alguén dicir: «Confío cegamente en fulano ou en mengano». Si cho din, fuxe. A confianza cega en alguén é unha cadea de dependencia que pode rematar aprisionando ao receptor de dita confianza. A confianza debe nacer e ser cultivada sen presa, e debe ir sempre acompañado de ollos abertos e prudencia. Non hai que permitirlle o acceso ó noso mundo emocional ao primeiro que pase. As emocións son material delicado e sensible, polo que cando confiamos somos vulnerables. Por elo, para relacionarnos con intimidade é preciso un proceso de "co-creación" de ese territorio compartido, algo que non pode improvisarse sen máis.
ZONA ESPELLO: FENDAS NO ESPELLO, FENDAS NO PLANETA
A «confianza lúcida» se opón tanto á desconfianza como á confianza cega.
CHUVIEIRA DE METEORITOS EMOCIONAIS
"Levoume moito tempo non xulgarme a min mesma ó traveso dos ollos de outro."
(Sally Field)
(Sally Field)
Te cuestionas por qué se fendeu a confianza da túa base, do teu territorio interior?.
O propio planeta che responde. De repente, observas unha "chuvia de pequenos pero rápidos meteoritos" que comezan a impactar no chan e penetran na terra provocando rupturas e fendas. Son «meteoritos emocionais».
Ao longo da nosa vida, aparecen "meteoritos ameazantes" que de cote escapan ó noso control. Impactan na mente e no corazón, e nos fan moito dano, pois rachan o espello interior, e van destruíndo a confianza que sentiamos en nós mesmos, nos demais e na propia vida.
Poida que non sepas de onde veñen. Observas que veñen como descontrolados, e que van tan rápido que se converten en "fogo incandescente" cando entran na atmosfera do teu planeta interior. Poden destruír, danar, perforar, ... Teñen forma de: «insulto, verbas dardo e violencia en todas as súas formas». Chegan, impactan e fanche sufrir.
Para a túa protección, deberás dispor dun refuxio interior a toda proba. Non poderás improvisalo no momento en que cheguen. É preciso preparar en tempo de bonanza, un "espazo interior" protexido para, cando cheguen os impactos te sintas a salvo.
Cada meteorito ten un nome. É importante que llo asignes. Así tomarás conciencia do dano que che provocou. Se collar, deixes de confiar nas túas posibilidades para facer realidade os teus sonos; ou poida que desconfíes das persoas que dicían amarte, porque delas recibes máis dor que amor. O peor, é chegar a desconfiar do valor da túa propia existencia, e deixar de agradecer «o don da vida». Entón é cando caes no "buraco verme" que che leva a desesperanza, a desolación e a depresión.
TRAPECISTAS VOADORES
"Só aqueles que se atreven a deixar moito, poden lograr moito."
(Robert Kennedy)
(Robert Kennedy)
Soltar seguridades no instante decisivo. Saber recibir a oportunidade que te chega. Aí radica o éxito, eso é confiar nun mesmo!.
SALTADORES DE PRECIPICIOS
"A mente é como un paracaídas: só funciona si se mantén aberta."
(Albert Einstein)
(Albert Einstein)
Logo de camiñar un tempo, chegas a un abrupto acantilado onde un grupo de persoas agardan para lanzarse ó baleiro.
Observas que uns o fan con parapente, outros cunha especie de paracaídas que os protexe. Confiados, sen temor ó precipicio, saltan ó ar e durante uns segundos parecen paxaros que se deixan levar polas correntes.
Isto fai reflexionar. Cantas veces na túa vida saltaches sen comprobar que levabas a protección precisa. De feito, non significa o mesmo confiar que ser temerario. A confianza ten unha base na experiencia e nos aprendizaxes que imos adquirindo sobre nós, os demais e o mundo. É o convencemento de que dispoñemos de todos os elementos para lograr o éxito no que queiramos emprender e que, aínda que demos un salto ó baleiro, sabemos que levamos un equipaxe de intanxibles que de xeito similar a un paracaídas, evitará o impacto da caída.
A confianza é difícil de xerar e moi fácil de destruír. É importante traballar a base que nos permitirá conseguir unha boa autonomía persoal. Este camiño componse de cinco etapas chamadas as SA.
CAMIÑO DAS SA
"A satisfacción da necesidade de autoestima conduce a sentimentos de autoconfianza, valía, forza, capacidade e suficiencia, de ser útil e necesario no mundo."
(Abraham Maslow)
(Abraham Maslow)
Autocoñecemento: A mellor base para construír a confianza é manter actualizado o coñecemento de nós mesmos, das nosas potencialidades e recursos. A conciencia de que «somos valiosos como seres humanos» reduce a nosa dependencia do xuízo externo. Saber con que contamos para dar resposta ós retos que a vida nos plantea, é o primeiro paso na construción da confianza que reside no convencemento de que seremos capaces de atopar a mellor resposta, a máis adaptativa para manter o noso equilibrio, incluso cando parece que todo se vai a "merda".
Sabes quen eres hoxe?. Si, hoxe, agora, neste momento. Porque é importante que te plantees si estás viaxando cun mapa anticuado de ti mesmo.
De ser así, de que che vale ese mapa?.
Sería como facer un longo e difícil viaxe guiado por cartas de navegación elaboradas con coñecementos sen actualizar. Acabarías perdido.
Que sabes dos intanxibles que conforman a base do teu iceberg persoal?.
Lembra que nun iceberg só percibimos unha octava parte do seu volume, o resto está baixo a auga, pero é precisamente esa base que non vemos o que permite aboiar. En función de como se atope a base, esta se afundirá ou poderá seguir aboiando. Algo parecido nos pasa ós humanos. O esencial que nos constitúe é invisible ós nosos ollos. Que sabes de ti mesmo a data de hoxe?.
Autoestima: Para pasar a este nivel, primeiro temos que transitar e traballar o "Autocoñecemento". Só amamos o que coñecemos. O amor a un mesmo, como o amor ós demais, é o gran paso que nos levará a Galaxia Amor, i é importante lembrar que a confianza é un dos integrantes precisos para chegar a ela. Só si te coñeces poderás valorarte.
Autoconfianza: É importante que cando te atopes nunha nova ou incerta situación, dispós dos recursos suficientes para saír adiante. Confías en ti mesmo.
E si non tes autoconfianza?. Si non a sentes é moi perigoso que deposites a túa confianza nos demais pois crearías vínculos de dependencia e cederías o control da túa vida ós demais. Esta conduta podería resultar perigosa, irresponsable e destrutiva.
Autoxestión emocional: Só si perseveras no teu coñecemento persoal, só si eres capaz de saber con que capital emocional contas, poderás autoxestionar os teus afectos de xeito adaptativo. A "Autoxestión Emocional" é a capacidade de dirixir a nosa enerxía emocional de tal xeito que podamos dar a resposta máis intelixente a os retos que a vida nos ofrece. Sen ela, vivimos a mercede do que ocorra no noso contexto ("O pato é feliz na súa charca, porque descoñeze o anchuroso mar", Otero Pedrayo) e a mercede do que fagan ou deixen de facer os demais.
Autonomía: Si confías en ti mesma, dispós da mellor equipaxe para ser un "explorador emocional", alguén capaz de adentrarse en territorios descoñecidos, sen que o temor ós Dragóns-Medo te intimiden e deteñan. Eres alguén que confía no teu criterio, que non teme explorar as súas emocións por difíciles que sexan, alguén que pasa a acción e non se queda só no desexo. Cultivas a confianza nas túas relacións, xeras vínculos baseados no respeto a liberdade persoal, e asumes o liderazgo da túa propia existencia.
ABONOS PARA ALIMENTAR A TÚA CONFIANZA
"Ti mesmo, tanto como calquera persoa no universo enteiro, te mereces teu amor e afecto."
(Buda)
(Buda)
Busca o esencial. Valora que condicións e elementos é preciso protexer tanto de ti mesmo como nas túas relacións cos demais e o mundo. Non te deixes arrastrar polos accidentes da vida, as crises, as enfermidades. Só si te amas a ti mesmo poderás atopar a motivación e a enerxía creativa precisas para enfrontarte ós teus medos.
Aprende a dar e a recibir reforzos positivos, froito dunha observación ou valoración sinceira de outro ou da súa actuación: "Moi ben, vexo que te esforzaches. Gústame o que fixeches e dixeches. Tiveches unha aptitude moi xenerosa. Felicítote."
Acepta e regala abrazos, sorrisos, carantoñas.
Expresa gratitude. Comunica ós demais como inflúen positivamente en ti. Agradece todo aquelo que valores: «gústame estar contigo; estou contenta de terte como amigo; gracias por escoitarme.» A xenerosidade cos demais axuda a mellorar a propia autoestima.
AMPLIANDO O MAPA DO PLANETA CONFIANZA
• Confianza non é seguridade. É un sentimento que ten o seu orixe no noso interior.
• Non se ve todo o que hai. Debemos escoitar a voz do corazón.
• A confianza non se atopa, se constrúe.
• Confiar require un proceso de coñecemento. Sen ese proceso, no lugar de confianza sería imprudencia ou temeridade.
• É preciso traballar coas SA como elementos para chegar á autonomía persoal.
• Autoconfianza para confiar. Si non confías en ti mesmo, non confiarás en ninguén.
• A confianza non é imprudencia, é prudente, e está baseada na experiencia de coherencia e compromiso que un vive ou recibe dos demais.
Fonte:
"Universo de Emocións" de Rafael Bisquerra, prologado por Eduard Punset- universodeemociones.com
"A Forza da Gravitación Emocional: Unha Viaxe Extraordinaria ó Universo das Emocións" de Rafael Bisquerra, Mercé Conangla, Jaume Soler. Edicións B, S.A., 2016.






