STRANGE FRUIT: ECHE O QUE HAI!
![]() |
Billie Holliday é a vivinte
encarnación dunha idea pronunciada por
Fats Waller, que no jazz, non ten tanta importancia o “que”, senón
o “como”. Por dar un so exemplo, en 1935 Billie gravou, en
colaboración con Teddy Wilson, un song tan trivial e barato, como o
é “What a Little Moonlight Can Do”, e o resultado foi unha obra
de arte de pleno valor.
Cantou blues ocasionalmente. Pero o seu
xeito de frasear e a súa concepción doulle atmosfera de blues a
casi todo o que cantou.
En 1938 fixo a presentación ca gran
orquestra de Artie Shaw, unha orquestra branca. Durante meses tivo
que usar a entrada do persoal de servizo nos locales onde actuaba,
mentres os seus compañeiros de combo entraban pola porta principal.
Tiña que durmir en pensións de mala morte, mentres o resto do
equipo aloxábanse en hoteis palacianos coa entrada vetada para as
negras. Moitas veces non podía comer cos compañeiros de orquestra.
Logo formou parte da orquestra de Count
Basie, esta vez os integrantes eran todos negros. Moitos asistentes
ós concertos estimaban que o ton da súa tez era demasiado claro.
Divulgouse o inimaxinable naquel momento, que unha cantante branca
presentábase cunha orquestra de negros. Certa noite en Detroit, tivo
que poñerse maquillaxe negro.
![]() |
Diario de Billie Holliday, Capítulo 1/9: Videodrome/Radio3 ("click" na pequerrecha Eleonora Fagan, alias "Billie Holliday"). |
Estaba convencida, de que tiña que
obviar este tipo de humillacións, por negra e por ser a única
muller da orquestra. Tiña que soportalo, para establecer un exemplo.
Creía que si unha vez un artista negro o lograra, outros tamén o
lograrían.
Soportouno ate que finalmente derrubouse. Moitos dos seus
amigos din que iso foi o que a induciu a consumir drogas.
Gravou máis de 350 títulos de discos,
entre eles uns 70 con Teddy Wilson. Con ele e Lester Young fixo nos
anos trinta as gravacións máis belas. Na trama que forma entre as
liñas vocais de Billie e as improvisacións do saxo tenor de
Lester, a cuestión de onde se orixina a melodía e onde o
acompañamento, cal liña é instrumental e cal vocal, pasa a un
segundo termo.
Billie Holliday é a gran cantante da
discreción. A súa voz non ten nada da voluminosa dureza ou da
maxestosidade dunha Bessie Smith (1894-1937). É unha voz sensible, cultivada e
flexible, e sen embargo foi Billie quen interpretou unha canción
que, máis que todo o que cantara Bessie Smith e as cantantes
clásicas do blues, converteuse no símbolo musical da protesta
contra a discriminación racial: “Strange Fruit (1939)". Foi a
célebre canción sobre a “estraña froita” que colga da árbore:
o corpo dun negro linchado. E iso cantouno como si enunciara
simplemente o feito de ..., "eche o que hai!".
Fonte:
JAZZ: Orixe e Desenrolo (Joachim E. Berendt), 1986
FROITA ESTRAÑA
As árbores do sur, dan unha estraña froita.
Sangue nas follas e sangue nas raizames.
Corpos pretos pendurando a brisa do sur.
Estraña froita colgando das choupeiras.
Escea pastoral do agasalleiro sur.
Os ollos saltóns e a boca torta.
Arrecendo de magnolia, doce e fresca.
De súpeto, o cheiro a carne queimada.
Aquí hai unha froita, para que os corvos podan depenar.
Para que a choiva se xunte, para que o vento cure.
Para apodrecer ó sol, para que a arbre tombe.
Aquí hai unha colleita estraña e amarga.
“Strange Fruit” convértese no punto culminante das aparicións de Holiday. A artista pon o tema adrede no final do seu programa de actuación. As luces están apagadas, só un foco de luz ilumina a cantante. Unha peza final apaisoante, impactante e conmovedora, tras a cal non pode haber máis cancións. Holiday lembra máis tarde: “Rematei o set con Strange Fruit e logo vou directamente ao baño, como sempre fago porque o canto me ergue e me enferma. Simplemente me quita todas as forzas. Entón, unha muller entrou no baño de mulleres no Downtown Club e me encontra completamente exhausta de chorar. Deixara o esceario a carreira, tiña frío e calor ao mesmo tempo. Ela me mirou e as bagoas brotaron dos seus ollos: ‘Meu Deus’, dixo, ‘Nunca escoitara algo tan marabilloso na miña vida. Aínda se pode escoitar caer unha agulla por ahí”.
O tema é a contribución moi persoal de Holiday a loita contra o racismo. O seu pai morrera no 1937, porque todos os hospitais da zona, negáronse a tratar a un afroamericano. Ela escrebe: “Aínda me pon triste cando o canto. Lémbrame como morreu meu pai. Pero tiña que seguir cantándoa, non só porque a xente o quería, senón tamén porque vinte anos despois da morte do meu pai, estas cousas que o mataron, seguen sucedendo no sur”. (Fonte: Pasión polo Jazz e Blues, páxina no Facebook) |




