O DECRECENTE FUTURO ESTÁ AQUÍ
O capitalismo comercial dos séculos XVII e XVIII na europa occidental, era o dos mercaderes que acumulaban capital co comercio. Xa na primeira revolución industrial de finais do XVIII, este capital mercantil acumulado se inviste en canais, máquinas e fábricas, posibilitando maior acumulación de capital. Cando o principio comercial de "só mercar para vender obtendo unha ganancia", se convirte en principio xeral da sociedade, se estaba a producir a mutación do comerciante burgués en "capitalista".
Un neno chora de fame na sabana de África oriental. Os peitos da súa nai están enxoitos porque ela está famenta tamén. O gando morreu por falta de auga. Non hai alimentos no pobo. As chuvias non caeron porque os mares estanse requecendo e os ventos son frouxos. As bagoas do neno son por causa do cambio climático.
A moita distancia, un pai bengalí chora a perda dos seus fillos, esmagados embaixo dun monto de cemento polo derrubamento dunha fábrica en Dhaka, planta explotadora corporativa da capital de Bangladesh. Cada fábrica está construída seguindo a oferta máis baixa. As horas de traballo son longas, os salarios escasos e a intimidación é rutina. A rutina da montaña de chollo a quitar de diante, non deixa ver as gretas nas paredes da factoría do Rana Praza de oitos pisos con cinco mil traballadores. No derrube morren 1.138 operari*s. A cativez da instalación fabril, contrasta co soberbio valor bursatil da marca beneficiada. Fábricas máis seguras custan moito e implican menos beneficios para Primark ou Zara. As miles de ventas a golpe de clic, completan o panorama da destrución do tecido comercial, avocando a miles de autónomos a pechar a porta do seu negocio.

Ó longo do 1800 o neocapitalismo espolado pola revolución industrial e a consolidación do mercado transoceánico, ferozmente fortalecido cunha forza de traballo miserablemente escrava ate morrer, e a desamortización dos territorios en poder da igrexa, esta deixaba atrás as rivalidades politico-militares das antigas cidades-estado e os reinos medievais, emprendendo un proceso de auto alimentación con crecemento exponencial baseado na competencia económica entre os capitalistas rivais. O capitalismo é pois un sistema de acumulación competitiva de capital. É o resultado da fusión dinámica de tres elementos: o principio comercial de mercar para logo vender cun beneficio; o incremento da produtividade posibilitado pola innovación industrial e a escravitude; e a división da economía en unidades de capital en competencia.
A menos dun quilometro de esa rúa, un inválido aforcouse. Suprimíronlle os subsidios e non pode alimentar a súa familia. Morre en Burnley, Gran Bretaña, o décimo país máis rico do mundo. El non é o único: un millón de británicos acoden ós bancos de alimentos. Porque os pobres son cada vez máis pobres. A isto o chaman “reducir o déficit”.
Os ricos converteron os bancos en casinos de xogo. As deudas van a peor e as entidades case colapsan. Entón saquean os fondos públicos para rescatar ós bancos. Pero alguén ten que pagar. Eles deciden que deberían ser os pobres. A iso o chaman “austeridade”.
Noutro espazo lonxano, unha muller xemení chora polos seus fillos, tamén emplastadas por un montón de cemento, esta vez por culpa dun ataque aéreo saudí. Industrias de países europeos proporcionan o seu armamento. A isto o chaman “guerra contra o Terror”. Un millón de persoas ou máis morreron en Asia Central ou en Oriente Medio. Decenas de millóns non posúen casa. Pero a guerra continúa, e os vendedores de armas fanse máis ricos.

Marx na súa "teoría do valor-traballo" apunta que nun primeiro momento o capitalismo capta ós traballadores a cambio dun salario en pago, non polo traballo que realizan, senón pola súa forza laboral, isto é a súa capacidade de traballar. Esa diferencia era o segredo interno do sistema: nun principio, o traballador contratado recibía todo o valor do que produce e non habería beneficio; no novo trato co traballador, se lle paga o prezo do mercado pola súa forza de traballo, para exisirlles de seguido que fagan un traballo de maior valor. A cuestión se resume en que baixo o capitalismo, o traballador produce a riqueza que representa o seu salario máis o beneficio. O capitalista se consolida e fortalece co valor engadido na produción por riba do valor pagado en salarios. A diferencia entre ambas é a "plusvalía" ou o beneficio.
No Mediterráneo, unha lancha de remos sobrecargada de persoas afúndese. Cen persoas afóganse antes de que chegue salvamento. En total unhas mil persoas morren cada ano intentando cruzar o mar. Mil entre os millóns que están en movemento, nun mundo asolado polo militarismo e o poder corporativo.
Quenes lograron cruzar rematan amoreados nos campos de concentración, son prisioneiros entre reixas de aramio e están amedrentados por matóns uniformados, humillados por políticos racistas. Eles son os leprosos do capitalismo moderno, os non desexados, os marxinados, os “sucios”. Máis de 400 deles tentaron de suicidarse en Alemaña despois de arribar no país. Vinte o conseguiron.

Baixo o capitalismo, os traballadores son explotados e alienados pola falta de control sobre o proceso do traballo, e a súa explotación polo feito de non recibiren o valor pleno do seu traballo. Capitalismo e traballador están inmersos nunha loita sen fin sobre o proceso de produción e a retribución acordada.
O cambio climático, a guerra e a pobreza, están desmembrando o noso mundo. Estes non son temas separados, non son “problemas illados”. Están conectados entre si. Forman parte dun sistema de estados rivais e corporacións. A guía do sistema é a competencia para obter beneficio.
Ligado con elo está o enriquecemento duns poucos, o empobrecemento de moitos e a destrución do planeta. Só o beneficio conta. A miseria humana e a destrución do medio ambiente son factores externos que non custan nada. Sociedades crebadas e natureza amourada son os produtos residuais do sistema.

O capitalismo multiplicou a produtividade do traballo humano, creando tal abundancia de riqueza material que repartido en base a necesidade solucionaría moitos problemas a humanidade. Embora, esa promesa é negada polo sistema que o capital creou. Por un lado, a competencia e a anarquía do mercado libre, dan lugar a unha economía moi contraditoria sometida a crises, estancamentos e empobrecemento de masas. Polo outro, a alienación e explotación no lugar de traballo empobrecen a vida da maioría da cidadanía, someténdoa a fatigas, miseria e tensión negativa ou protofeixista.
Este sistema nos está levando a un abismo de máis polución, máis guerra, máis pobreza. O planeta estase quecendo rapidamente. O orde internacional estase rompendo. A fábrica social estase desgarrando a través dunha grotesca desigualdade.
O sistema non se pode reformar. As corporacións transformaron os parlamentos en teatros de marionetas. Políticos millonarios pavónanse no esceario, sen significar nada. O Parlamento converteuse na caixa de resonancia dos aturuxos das corporacións.
O 1 por 100 non vai render as súas riquezas, nin o seu poder. Ningunha elite na historia fixo nunca tal cousa. Eles non van a desmontar o sistema do que depende a creación da súa riqueza e o seu poder. Ou rematamos co goberno dos ricos, os bancos e as corporacións, ou o sistema da crises vainos a arrastrar a barbarie e a destrución do noso planeta.
![]() |
Neil Faulkner. |
Fonte:
“Unha Historia Radical do Mundo” de Neil Faulkner, 2018.
