ARAWAK
![]() |
Honores a Raiña Anacaona, pobo Taino |
A verba “Arawak (caníbal)” provén
dos indios Caribes, que tamén lle deron nome ó mar do Caribe.
Cando Cristóbal Colón arribou as illas caribeñas no 1492, descubriu que
algunhas tribos tiñan por costume comerse ós inimigos que
capturaban. Según as crónicas dos conquistadores, os feroces
caribes atacaban os asentamentos dos pacíficos indios Tainos,
secuestraban as mulleres, comíanse os homes e castraban os nenos
para engordalos con vistas a ágapes posteriores; de feito, a verba “barbacoa” de uso común, era orixinalmente a lumarada onde os Caribes cociñaban ós Tainos capturados.
A visión de numerosos cranios e osos humanos nas cabanas caribes, horrorizou ós expedicionarios e serviu para xustificar a conversión forzosa dos
nativos ao cristianismo, unha relixión (a cristiana) onde, curiosamente, faise gala dun canibalismo simbólico durante a misa.
A pesar dos caníbales, foron os conquistadores quenes querían cristianizar a estos nativos, os que exterminaron aos Arawak e Tainos.
![]() |
Rebelión Taina-Boriquén (Porto Rico)-Xaneiro 1511 |
Os restos fósiles son probas reais dun canibalismo moi antigo na liñaxe humana, esto significa que
trataríase dun hábito presente nos nosos antepasados máis remotos.
Si o Homo antecesor fora tanto o antepasado dos neandertais como dos humanos modernos, entón o estigma do canibalismo estaría firmemente
ancorado nas nosas raizames evolutivas e no noso propio continente. A
vida destes antepasados era terriblemente dura, como o demostra a
ausencia de individuos que poidan considerarse maiores de 30 anos
e as numerosas fracturas e feridas que presentan. O perigo dos
depredadores e os rigores do clima, especialmente en sitios situados
tan ó norte como Atapuerca (Burgos) ou Zhoukoudian (xacemento do río
Solo en Xava-Indonesia), tamén hai que engadir crises alimentarias
periódicas, asociadas as flutuacións do número de presas cazadas.
Quizá comerse a un conxénere, era un acto normal en tempos de fame,
e quizá si nós chegamos ate aquí, é porque no pasado, alguén
conseguiu sobrevivir de este xeito.
![]() |
Arte rupestre Taino en Cuba. |
Fonte:
“Cando Éramos Caníbales”de Carles Lalueza Fox. Da colección “Prismas Casa das Ciencias 2005”.


