EU SON EU

Virxinia Satir (1916-1978) psicóloga pioneira, que xunto a outros especialistas, creou o Mental Research Institute de Palo Alto (California). Este texto dela, resulta moi convinte para traballar a autoestima ou cando te sintas bloquead*.
INTRO
Ser ou non ser (Ernst Lubitsch, 1942), unha das grandes xoias do cine clásico e todo un alegado de valentía e honestidade nesa época. Ser ou non ser é unha comedia atemporal que se recomenda de volver a ver -si xa se veu antes- encarecidamente. Exemplo en clave humorística, do éxito dun Eu desestructurado entre a emerxente revolución social ideolóxica, un militarismo imperial e un capitalismo armamentístico, que se brinda a resarcir a derrota humillante -a humillación alimenta o EuMonstruo- da Primeira Guerra Mundial.
QUEN HAI DENTRO MIÑA?
En todo o mundo, non existe ninguén exactamente igual a min.
Hai persoas que se me parecen, pero de ningún xeito son eu. Por conseguinte, todo o que sae de min, é autenticamente meu, porque eu só o escollín.
Todo o meu me pertenece: meu corpo, todo o que fai; miña mente, con todos os seus pensamentos e ideas; meus ollos, incluíndo as imáxenes que perciben; meus sentimentos, calesqueira que sexan: ira, ledicia, frustración, amor, decepción, emoción; miña boca, e todas as verbas que dela saen, refinadas, doces, ou cortantes, correctas ou incorrectas; miña voz, forte ou suave, e todas as miñas accións, sexan para outr*s ou para min.
Son don* das miñas fantasías, meus soños, miñas esperanzas, meus temores. Son meus, os meus triunfos e os meus éxitos, todos os meus fracasos e tamén os erros.
Posto que todo o meu me pertenece, podo chegar a coñecerme intimamente. Ao facelo, podo chegar a quererme e sentir amizade, con todas as miñas partes.
Podo facer factible, que todo o que me concerne, funcione acorde cos meus intereses.
Sei que teño aspectos que me desconcertan e outros que descoñezo. Pero mentres eu me estime e me queira, podo buscar con valor e optimismo, solucións para as incógnitas e ir descubríndome cada vez máis.
Como queira que pareza e sone, diga e faga o que sexa, pense e sinta nun momento dado, todo é parte do meu ser. Isto é real e representa o lugar que ocupo nese momento do tempo.
Facendo un exame de conciencia, respecto do que dixen e fixen, do que pensei e sentín, algunhas cousas podo consideralas inadecuadas. Pero podo descartar o inapropiado, conservar o bo e inventar algo novo que supla ao descartado.
Podo ver, escoitar, sentir, dicir e facer.
Teño os medios para sobrevivir, para achegarme ós demais, para ser produtiv* e para lograr darlle sentido e orde, ó mundo de persoas e cousas que me rodean.
Pertenézome, e así podo estruturarme.
Eu son eu, e estou ben
Meditar:
- Maestro, para que serve meditar?.
- Para darte conta, de que non eres quen crees ser, e que eres quen crees non ser.
Alexandre Jodorowsky, do libro “A Vida é un Conto”
Fonte:
© Virginia Satir, California 1975.

OS MÁIS LEIDOS

FESTAS PATRONAIS 1945, A FORTALEZA DO TAPAL E O «SANCTI SPIRITU»

NÓS, OS IRRELEVANTES

FESTAS PATRONAIS 1946 CON SONETO Ó BERBERECHO

GACETA MUNICIPAL - 16 XULLO 1931

GACETA MUNICIPAL - 24 XULLO 1931

ULTREIA: TERCEIRA XEIRA (3/3)

«A DECADENCIA DE OCCIDENTE» de OSWALD SPENGLER (2/4)

MUNICIPAIS DO 31 (e 2)

«A TODO O QUE NON PENSE COMA NÓS»

FESTAS PATRONAIS 1947 / OS EMILIANOS / EVA DUARTE DE PERÓN