O EXCREMENTO DAS IDADES

A comezos do século XX, os medios de información operan unha transformación a medios de comunicación, convertendo a bidericcionalidade informativa entre emisor ou creador-elaborador de contidos informativos e o público a quen se dirixe, nunha comunicación unidireccional, onde o emisor informativo se postula interesadamente, determinando o tipo de información que recibe o público, discriminando calquera "disidencia" en prol da verdade, converténdose nun cuarto poder ó servizo instrumental dos poderes económicos. O poder económico e o mediatíceo, operan impoñéndose como poder inquisitorial, sobre o poder político organizado en Estado, invalidando o funcionamento democrático do Estado, converténdose en capadores do dereito a información da cidadanía.
O fascismo non precisa abrirse camiño ao poder. Moitos movementos de extrema dereita, están xa no goberno, tanto polo seu propio dereito, como ao traveso da colonización de outros partidos, ou uníndose en coalicións coa extrema dereita, posición que utilizan para potenciar os seus programas nacionalistas e racistas. Incluso onde non exercen un poder gobernamental, a súa presencia está reconstruíndo o escenario político, preparando o terreo que lles proporcione o seu fortalecemento, para un eventual avance futuro. O espazo para o desenrolo de formas de fascismo máis racista, máis autoritario e máis violento, está en constante expansión.
Os "antiglobalizadores" somos realmente os "globalizadores", porque queremos globalizar a sanidade, a cultura, o acceso a educación, a xustiza social, e os "antiglobalizadores", son os que nos queren converter en "globalizados: libre circulación de capitais e mercadorías" tras a globalización do capital diñeiro (José Luís Sampedro)
O fascismo, pódese definir como unha mobilización activa de “polbo humano atomizado" (a frase é de Trotski), en torno a un cóctel de extrema dereita, na que se misturan nacionalismo, racismo, sexismo e autoritarismo. Esta mistura, é un batiburrillo irracional, un montón de fábulas, prexuízos e iconas, que representan a regresión a un período anterior a ilustración, anticentífico, negacionista e ultrarreaccionario no seu xeito de pensar. Non obstante, continuando co seu programa, a extrema dereita busca tamén, o control das formas máis modernas de poder coercitivo estatal. O fascismo é o mito do século XI, alimentado pola tecnoloxía do XXI.
Ca primeira Revolución francesa (1789), que se acompaña da primeira revolución industrial coa forza do vapor que acelera a transformación das materias primas en bens de mercado, o capitalismo vaise fortalecendo exercendo centripetismo da man de obra (o campesiño se converte en urbanista), moita dela infantil, que satisfacían ca oportunidade de poder sentirse útiles e unhas moedas, mentres traballaran ata morrer. A plusvalía xerada por estes infantes, era íntegra para o capitalista, enriquecéndose este dun xeito fácil e rápido, deixando unha gran cantidade de vítimas mortais ou enfermos de por vida a temprana idade. Vítimas dos que nin o capitalista, nin o Estado se facían cargo. O capital acumulado na actualidade, está manchado tamén desta sangue infantil escravizada dende o seu nacemento ata a súa morte.
O fascismo, non é un “instrumento” deseñado para unha tarefa histórica concreta. É unha expresión concentrada de nacionalismo, racismo, xenofobia, sexismo, militarismo, condescendencia, intolerancia relixiosa, culto ó poder e cólera psicótica, o que Marx denominou: “o excremento das idades”, que xurde das cloacas capitalistas das sociedades decadentes coloniais. O fascismo, converte este material, nun movemento de masas contrarrevolucionario, para protexer ao sistema capitalista das potenciales explosións revolucionarias, inherentes a unha sociedade que acumula descontento cidadán.
A debilidade da esquerda, despois de catro décadas de contrarrevolución neoliberal, unha social democracia europea creada e dirixida polo sionismo israelí despois da segunda guerra, reducindo a súa capacidade de combate e resistencia á mínima expresión, o que implicou substituír ós descerebrados paramilitares fascistas, por unhas forzas de orde público, cunha preparación e formación afín ó fascismo, provocou a capitulación do centro liberal ante os imperativos do capital financeiro. Despois do crash do 2008, que evidenciou a fractura e parasitismo do capital financeiro, este proporciona o contexto político para o avance da extrema dereita.
Informe Lugano (4 piares nos que se sustenta o sistema: económico, político, ético-ideolóxico e psicolóxico), que representa o papel do pensamento ideolóxico único e da ética, asistimos ó banal anuncio da televisión dun desastre calquera con vítimas e mortes, e nos facilitan un número de conta bancario, onde poder facer doacións para paliar ese desastre e atender as vítimas que sobreviviron, eticamente, doando estamos facendo o parvo, pois apelando a unha solidariedade de marcado carácter cristián (a Igrexa disfrázase de pobre: manipulación psicolóxica) asumimos o pago de algo que obrigatoriamente deberían asumir os magnates. As grandes farmacéuticas negan a súa obriga ética a enviar fármacos a prezos axustados a esta emerxencia, nin sequera a o envío a granel ou xenéricos destas medicinas, co resultado de que doando estamos financiando os super beneficios destas corporacións farmacéuticas, chegando a cruel infamia de non enviar os fármacos ou mandalos caducados (como o noivo de Ayuso), provocando unha mortalidade xenocida das poboacións afectadas por este desastre.
O atractivo da extrema dereita é obvio. Por un lado, os bancos están rescatados, os poderes das grandes corporacións esténdense e os ricos fanse cada vez máis ricos. Polo outro lado, os servizos públicos están privatizados, a vivenda faise inasumible, os prezos aumentan, os salarios están estancados e os pobres están ben fodidos. Grandes grupos de amargados e disconformes, acumúlanse nas profundidades da sociedade.
Os conservadores, os liberais e os falsos “socialistas” dos principais partidos, presiden este momento travestidos en desprezables chantaxistas, parte dunha elite política corrupta, apresada no peto dos especuladores e dos saqueadores de recursos.
O consentimento desprázase do centro desacreditado, pero o descontento non atopa un líder na esquerda. O fascismo soterrado, xurde cando o sistema político se valeira. A desesperación social vai en aumento, e o movemento dos traballadores é incapaz de propoñer unha alternativa socialista. A cambio, o descontento canalízase hacia o nacionalismo e a intransixencia, e a ira diríxese, non contra o sistema, senón contra as súas vítimas.
Na Galiza, nas décadas 80 e 90, o PSdeG (PSOE) agredía sistematicamente ao BNG no lugar de combater a os herdeiros políticos do Franquismo, operándose unha mutación dos partidos socialdemócratas, en verdadeiros partidos conservadores, valéndose das estruturas político-xudiciais da Ditadura, enganando ó electorado coas siglas de "socialistas" e "obreiros", eliminando calquera atisbo de organización emancipadora a súa esquerda.
Os matóns paramilitares, ocuparon un posto secundario na represión fascista. O aparello do estado, foi sempre, o primeiro instrumento para a supresión da democracia liberal e a organización dos traballadores. Isto foi certo, durante o fascismo de entre-guerras: na Italia de 1922, na Alemaña de 1933 e na España de 1939. E sigue sendo así hoxe.
O verdadeiro perigo, non son os paramilitares fascistas, senón, o control da policía por parte da extrema dereita.
O “ariete” fascista do período de entre-guerras, foi unha explosión da violencia dirixido contra o movemento da clase obreira revolucionaria. O “disimulado” fascismo de hoxe, é a implosión dunha sociedade xa completamente desarticulada.
Na Europa de comezos do século XXI, o fascismo é un perigo claro e ben presente.
Fonte:
“Unha Historia Radical do Mundo: O Fascismo que Crece Sixilosamente” de Neil Faulkner.
Textos das imáxenes quitados de: "A Estrela na Palabra: Novas Conversas con Xosé Manuel Beiras" de Miguel Anxo Fernán Vello e Francisco Pillado Maior" da Editorial Laiovento, 2004.

OS MÁIS LEIDOS

FESTAS PATRONAIS 1945, A FORTALEZA DO TAPAL E O «SANCTI SPIRITU»

NÓS, OS IRRELEVANTES

FESTAS PATRONAIS 1946 CON SONETO Ó BERBERECHO

GACETA MUNICIPAL - 16 XULLO 1931

GACETA MUNICIPAL - 24 XULLO 1931

ULTREIA: TERCEIRA XEIRA (3/3)

«A DECADENCIA DE OCCIDENTE» de OSWALD SPENGLER (2/4)

MUNICIPAIS DO 31 (e 2)

«A TODO O QUE NON PENSE COMA NÓS»

FESTAS PATRONAIS 1947 / OS EMILIANOS / EVA DUARTE DE PERÓN