PSICOLOXÍA TRANSPERSOAL

Transformar as distraccións sensoriais en portas ó inefable,
é tarefa da mente evolucionada
(Xosé Maroto Mingo)
A METÁFORA SUFÍ
Existe unha coñecida metáfora dos mestres sufís, describindo cunha fermosa imaxe do ser humano, como unha unidade formada por: mente, corpo, emocións e espírito.
Ó nacer, somos provistos dunha carruaxe (o corpo), conducido por un cocheiro (a mente), impulsado por dous cabalos (emocións e instintos). Dentro da carruaxe, viaxa o propietario (o Ser) que da as ordes, mentres viaxa ó traveso dos camiños (a vida).
É a nosa responsabilidade, durante a viaxe da vida, coidar a carruaxe; revisala, afinala e atender o que sea necesario para o seu mantemento. Deste xeito, a carruaxe nos permitirá visitar e coñecer moitos lugares. Durante a viaxe, imos dándonos conta do importante que é ensinar ó cocheiro, para que deixe de castigar ós cabalos. Mostrarlle medios para non reprimilos, que aprenda a coidalos e animalos. E tamén indicarlle como dominalos, para que non se desvoquen. Este é o "entreno" e a «atención mental sostida». Así "limpamos" a visión coa que vemos a realidade, para poder percibir unha ampla gama de opcións. Somos conscientes e estamos presentes nas emocións, os desexos, as necesidades, as pulsións, os afectos e os sentires.
Nese momento, cando o cocheiro pode escoitar a voz do propietario, o auténtico viaxeiro -o Ser-, é cando atopamos o sentido da vida, achamos respostas e a viaxe faise máis confortable e armónica para tod*s.
Esta bela alegoría, conta o que descubrimos tras moitos anos de búsqueda persoal e de experiencias terapéuticas, que acompañan o noso proceso de crecemento; é a aceptación total de un mesmo, é o final de todo proceso de crecemento psicolóxico e de saúde integral. E temos tanto dentro de nós?.
O MIRAGE DO DESPERTAR
Unha actitude “transpersoal” é asumir agarimo por todo o que sentimos, evitando as resistencias a que emerxa o inconsciente, e renderse (ou entregar a vontade do teu ego) á vontade profunda do Ser, que é amor incondicional puro.
Vivir dende o corazón, dende o Ser, fai que todo o que suceda na nosa vida se transforme en dita ó momento. A confianza e a apertura interior, son os ollos dende os que ollamos o que sucede ó noso arredor. Ese é "o mirage do despertar".
A observación ecuánime ou atención plena, afástanos da carga dun pasado que limita 'o noso agora'. Esta denominada 'contemplación mística', é a forza que nos axuda a franquear a porta hacia o noso Ser.
A dor reprimida e inconsciente d* nen* interior, nos leva ó pasado. Comprendendo isto, pódese transcender. Para non quedarnos enganchados na emoción ou no sentir condicionado e aprendido, é preciso soltalo. Deste xeito, voltamos ó 'agora', que é o camiño directo ao 'acordar divino'. O bíblico 'reino dos ceos' é o reino do Ser, no que realmente, e tralo aparente, todos vivimos xa.
É primordial, en todo proceso de crecemento persoal ou despertar espiritual da consciencia, deixarnos guiar polo noso corpo (vehículo do noso eu) para contactar c* nen* interior. Isto nos permite, contactar co 'corpo-dor' acumulado e que lastramos. O corpo-dor, é unha forma semiautónoma de enerxía, feita de emocións, que viven no noso interior. Dispón da súa propia intelixencia primitiva, moi parecida a dun animal astuto, e o principal obxectivo de esa intelixencia é a supervivencia. Como calquera forma de vida, precisa de alimento periódico (absorber nova enerxía) e o seu alimento é a enerxía compatible coa súa propia, é dicir, a enerxía que vibra de xeito semellante. Toda enerxía emocionalmente dolorosa, pode converterse en alimento para "o corpo-dor". Este é o motivo que tanto lle agrada ó "corpo-dor", os pensamentos negativos e o drama das relacións humanas. O "corpo-dor" é unha adicción á infelicidade ("O Poder do Agora"-Eckhart Tolle). Alí residen, as respostas as preguntas acerca de como saír do cárcere do ego. O segredo estriba en ir máis lonxe da identificación ca emoción, sexa positiva ou negativa. Pódese pensar que a felicidade é a meta, cando ser feliz é insignificante en comparación coa vivencia de transcender ó ego. Integrar a sombra persoal, coa aceptación do reprimido, franquéanos o Ser, onde todo cabe e todo está ben, séa ou non agradábel.
PROCESO DE TRANSMUTACIÓN
Eckhart Tolle (mestre espiritual), define o “ego” como: «fluxo non observado de pensamentos, sen consciencia e emocións reactivas». Establecendo unha diferencia con respecto ás emocións non egoicas, é dicir, as emocións conscientes, e polo tanto favorables, que son aquelas coas que non nos identificamos. Non fala de ignoralas, nin de intelectualizalas ou pensalas, nin de disimulalas ou escondelas, nin de suprimilas, nin negalas, senón de observalas!. De despertar o testigo ecuánime das emocións, mentres suceden. Pois só coa observación consciente, crebamos a identificación. Tomamos distancia da emoción, e así liberámonos da ilusión, de que somos esa emoción ou ese pensamento.
Na filosofía Zen, este proceso coñécese como cultivar a "conciencia testigo". A emoción é a reacción do corpo a mente pensante; diferenciamos os contidos da mente, os pensamentos (cabeza) das emocións (corpo). Coa definición do “corpo-dor como o campo de enerxía de emocións vellas, pero aínda moi vivas, presentes en case todo ser humano.”, Tolle indica que estamos encadeados a un pasado, ó traveso do que vivimos no presente. O cal é dramático, tendo en conta que as nosas emocións vellas almacenadas no noso corpo, son con frecuencia, o resultado de vivencias desagradables. Faise ineludible, para quen pretenda vivir con un mínimo de benestar, crebar a identificación con este "corpo-dor".
O ego e o seu corpo-dor, non queren que os observemos directamente e vexamos como son, pois de facelo romperíamos a identificación do eu, cortando o vínculo entre o corpo-dor e o proceso do pensamento. Así poñemos en marcha o proceso da transmutación.
ALQUIMIA TRANSPERSOAL
Tolle desenrola tamén a sabedoría da rendición: “O único lugar onde podes experimentar o fluxo da vida é agora; polo tanto, renderse é aceptar o momento presente incondicionalmente e sen reservas. É renunciar a resistencia interna ao que é”. Isto conleva, a aceptación total, a entrega absoluta as sensacións físicas, emocións e pensamentos que emerxen dentro de ún a cada instante.
Frecuentemente, o temor as consecuencias que fantasiamos, non nos permite a conexión co* nen* interior ou co corpo-dor. Esta resistencia é a que nos fai dano realmente. A dor é algo natural e pasaxeiro, o sufrimento é a resistencia a esa dor e que nos ancora.
Para a alquimia transpersoal, utilizamos a respiración consciente, como chave mestra de acceso ó corpo. Poñendo atención en cada respiración: o ar entra na inspiración (entra ó espírito) e sae en cada expiración (sae do espírito). A consciencia do roce do ar na pel, é o ancoraxe para poder voltar con facilidade ó corpo, unha e outra vez con actitude transpersoal. O corpo é a cortiza do ego, polo tanto, o muro o freo que nos limita ao acceso ó Ser. Sen embargo, a atención consciente na respiración, permítenos a percepción desperta ou consciente das sensacións do corpo. Deste xeito o muro do corpo, queda transformado nunha porta luminosa e consciente por medio da alquimia. E asín, atravesando a porta do ego, chegamos ó Ser.
Fonte:
- “Psicoloxía Transpersoal: A Alquimia da Consciencia”, de Xosé Maroto e María Blanch Matute.

OS MÁIS LEIDOS

FESTAS PATRONAIS 1945, A FORTALEZA DO TAPAL E O «SANCTI SPIRITU»

NÓS, OS IRRELEVANTES

FESTAS PATRONAIS 1946 CON SONETO Ó BERBERECHO

GACETA MUNICIPAL - 16 XULLO 1931

GACETA MUNICIPAL - 24 XULLO 1931

ULTREIA: TERCEIRA XEIRA (3/3)

«A DECADENCIA DE OCCIDENTE» de OSWALD SPENGLER (2/4)

MUNICIPAIS DO 31 (e 2)

«A TODO O QUE NON PENSE COMA NÓS»

FESTAS PATRONAIS 1947 / OS EMILIANOS / EVA DUARTE DE PERÓN