ALAN LOMAX
Alan Lomax (Austin-EUA, 31/01/1915 - Safety Harbor-EUA, 19/07/2002), fillo do tamén cazador de melodías John A. Lomax, a finais da década dos corenta grava no Mississipi e Lousiana o son dos negros acosados e desprezados polo supremacismo branco. Un dos primeiros en gravar foi a Muddy Waters e a Woody Guthrie, co seu emblemático adhesivo na guitarra "This Machine Kills Fascists". En Lousiana descubriu a Lead Belly detrás das
reixas dun presidio. Cambioulle a vida ao músico rexistrando a súa creatividade, e mudou a historia
do blues. Tamén do folk. Alan Lomax co seu equipo de gravación, foi
o maior compilador de música popular dos EUA, do Caribe, Europa e do
norte de África. No 1952 percorre Galicia, coa mesma gravadora e
afán de recolleita.
O PERIPLO: CAZANDO MELODÍAS NA IBÉRICA
Entre 1952 e 1953 o afán por rastrexar os cantos do Mundo trouxo a Lomax a España negra e famélica da posguerra civil. A estancia durou seis meses. O folclorista ía co seu enorme gravador de acetatos e unha cámara de fotos Leica. Se desprazaba en autobuses alá onde lle dicían os paisanos que había un bo intérprete de gaita o un cantador de xotas. Non lle importaban as distancias, os camiños de cabalos ou a Garda Civil, que o marcaba en curto coa sospeita de estrañas e revoltosas intencións daquel "ianqui" rechoncho, cun micrófono e un magnetófono a pilas na maleta.
Da viaxe, reconstruída agora nun documental, saíron 75 horas de gravación "in situ" e catorce discos, os primeiros de música popular gravados en España fora dos estudios. Rexistrando o maior archivo de Música Popular do Mundo, que inclúe máis de trinta localizacións españolas de: Andalucía, Aragón, Asturias, Cantabria, Castela e León, Castela-A Mancha, Cataluña, Estremadura, Galicia, Illas Baleares, Madrid, Murcia, País Vasco, Valencia...
COMEZANDO POLA FIN DO MUNDO ROMANO
19/Novembro/1952
: Alan Lomax na compaña da súa axudante Jeanette, recala en
Fisterra para gravar “a canción tradicional da Procesión de
Pascua”, interpretado polo coro da igrexa. No seu diario di: “boa
xente, pero cun estilo completamente convencional”. No
remate da interpretación, tres mozos reclaman seren escoitados:
“Preguntaron por qué gravamos esas parvadas, e non as baladas dos
seus pescadores (Eres unha, eres dúas). Foi o mellor que fixemos, e
teríamos rexistrado máis, de non ser por andarmos tan curtos de
cinta”.
A letra di:
“As mozas de San Martiño
teñen a cor do leite
comen o caldo sen unto
as sardiñas sen aceite”.
teñen a cor do leite
comen o caldo sen unto
as sardiñas sen aceite”.
![]() |
Jeannette Bell xunto ó vehículo de Alan Lomax (Alan Lomax o 27 de novembro de 1952). |
Esa
mesma tarde chegan a Corcubión. Camiñan durante horas, co propósito
de atopar as vellas mulleres, que algún día foran voces principais
de festa. Unha enfermara, outra morrera, outra non cantara en 25
anos, outra non sairía da súa casa para cantar, outra deunos a
benvida pero maldicindo a idea de lembrar esas vellas cousas. A piques
de desistir, o informan de dúas das mellores cantantes da provincia
que se mudaran dende o outro lado das montañas para Corcubión, e
que son mulleres novas que coñecen os mellores temas musicais.
![]() |
Mulleres de Paredes |
Describindo
o encontro no seu diario: “Manuela posúe o incrible temperamento
da cantante de folk. Marucha non pesa máis de 100 libras (45 kgrs.),
pero pode manexar dous bois grandes e chantar un arado de madeira na
terra rochosa”. Cunha terceira irmá acoden á casa da veciña
Juana Luna Sánchez. E pronto as mulleres maiores, esas que antes se
desentenderan de Lomax, comezan a se sumar e a lembrar cancións
vencelladas ao solsticio de verán, como o son: “Onde vai San Xoán?;
Coplas a San Pedro, ....”. O día péchase coa canción de berce: “O
Meniño” nos beizos de Manuela.
En
moitos sentidos –diario de Lomax- esta fora a mellor noite de
gravación en España. Este grupo de mulleres terribelmente pobres
... encheran un cuarto nu cos seus belos cántigos durante tres horas. As cancións que gravamos co coro de mulleres vellas de Corcubión foron abrindo portas, declárannos "membros do clan". Sempre acontece o mesmo cos
celtas, sexa en Galicia ou en Galway, existe a hostilidade, a
complexidade, a desconfianza dos estraños, incluso duplicidade. É
entón cando a música comeza.
Ao fin e ao cabo, non son recordos, senón experiencias sensoriais puras, tan inmediatas como poden ser os soños. O único que precisamos para volver a habitalos é convocandoos (Alan Lomax). |
8/Decembro/1952: Lomax e a súa axudante Jeanette, asisten a unha anual "pig-slaughtering, a matanza do porco": “Os ricos levaban dous porcos, a maioría da xente levaba un, e os pobres miraban famentos”. Fica impresionado pola vitalidade da xente: “As súas xentes transfórmanse cando a música comeza a soar. Marchei descansar ás tres da madrugada e todos seguían a bailar como posesos”..
CONTROL OFICIAL
Entre outros, Filgueira Valverde foi un animador desta estadía de Alan Lomax. Para o réximen do momento, Lomax era coma "un elefante nunha cacharreira". Un home que arrastra durante quilómetros, unha pesada gravadora para inmortalizar as cancións dos esfameados dun suburbio de Carolina do Sur en tempos de segregación racial?. Era estraño e, como pouco, un chisco sospeitoso. Un dossier de 800 páxinas do F.B.I. de entre os anos 1940-80, da fe delo: “un tipo moi peculiar, que só está interesado pola música folk, moi temperamental. Non ten sentido do valor monetario, e ten tendencia a descoidar o traballo durante períodos de tempo. Despois, xusto antes do prazo límite, produce excelentes resultados”.
![]() |
Redeiras de Malpica. |
En España se preguntaban que pintaba ese americano corpulento en Faramontaos, A Merca, ...?. Era un misterio. Cando a realidade motivadora de Lomax, era que estaba a facer unha sorte de road-movie por corredoiras enlameiradas, en pleno réxime franquista. Un réxime, que acalaba todo aquilo que Lomax soñaba con amplificar.
Relata no seu diario: “Tíñanme nas súas listas; nunca saberei por que, nunca me detiveron; pero ao parecer sempre sabían onde atoparme. Nos lugares máis perdidos, menos probábeis ... aparecían como voitres mouros, que levaban consigo o fedor do medo, coa súa presencia *s músic*s perdían a súa coraxe”.
Anotaba Lomax: "Por todas partes, hai cuarteis poeiros, cun cartel sobre a porta: Todo pola Patria. É tan forzado, que un ten que preguntarse: Que Patria?, basta unha ollada na entorna dun, para decatarse de que non é a Patria desta xente".
O maior atranco coa autoridade foi co director do Instituto de Musicoloxía de España, o alemán Marius Schneider: “Un autoritario idiota e nazi refuxiado, que asumira a dirección de música folclórica de Berlín, cando Hitler inhabilitara ao seu director xudeu”. Ante a ameaza de vetarme: “Eu respondinlle, que gravaría a música deste desgraciado país, aínda que tivese que empeñar o resto da miña vida nelo”.
THE PAN PIPER: A XIRINGUEIRA OU O CHIFRE DE PAN
Ante o atento control da Garda Civil, o americano grava o chifro que anunciaba a presenza do capador Xosé María Rodríguez, a quen lle escribiría meses despois para lle comentar que decidira situar o seu tema de primeiro porque “era extremadamente fermoso”. Tamén lle resultou engaiolante a Miles Davis, quen tomaría a melodía de Faramontaos para compoñer "The Pan Piper", un dos temas do seu álbum "Sketches of Spain".
En Ribadavia, Lomax grava ó lendario gaiteiro Modesto Sánchez con Gabriel González Adam ao tambor, un pasacorredoiras. O gaiteiro lle explica a Lomax, que o mellor estilo para a gaita é o pechado -tapando parcialmente os buratos-, el toca a maioría do gravado en aberto.
![]() |
THE
SPANISH RECORDINGS: GALICIA
Álbum
gravado pola Rounder Records no 2002, recolle 30 temas musicais do
periplo de Lomax por O Cañizo, Corcubión, Fisterra, Hío, Lumatra,
Paredes, Ribadavia, Sobrado do Bíspo, Solveira e Soutoxuste. Logo
converteuse nunha peza de culto e quedou esgotada. Este álbum forma parte dunha serie de oito compactos de audio da estadía en territorio español, editados e coordinados por *Judith Cohen.
![]() |
*Judith Cohen: Canadense de orixe, no ano 1973 visita Galicia como autostopista. Con espírito a lo Lomax, chega no coche dun mozo catalán que a recolle en Calatayud. A informan de coñecer o pai do cantautor da Terra Chá, Xosé Luís Rivas Cruz "Mini" (do dúo Mini e Mero), o buscan nas Casas Sindicais. Alí encontran o pai, a nai e o irmán de Mini, e todos cantan "cousas preciosas".
Volta de novo a Galicia no 1993 para dar un concerto en Vigo como performer de música sefardí, inclinada por esta música polo regalo dun gaiteiro de un disco de Joaquín Díaz facía 20 anos. Volta a cantar no festival-congreso-sefardí en Ribadavia no 1994 coa filla de oito anos, e volve varias veces polo estudio da construción dunha identidade medieval sefardí e a música neste contexto, polo que lle tocaba a Festa de Istoria de Ribadavia.
No 1998 un dos organizadores da Festa da Istoria, faloulle dunhas gravacións vellas feitas por un mestre inglés. Logo douse conta que pertencían a Alan Lomax. Contacta co centro de Nova York e no verán seguinte foi alá.
LEGADO ETERNO DO PATRIMONIO ATÁVICO MUSICAL "POP" DA IBERIA, DUN ESTRAÑO TIPO, CANDO MENOS "SOSPEITOSO"
Afectado por unha trombose e coincidindo coa edición final do CD galego, Judith Cohen encárgase de que asista ao tratamento do material coa axuda da súa filla Anna Lomax Wood: “Tiven o privilexio de pasar o último Nadal con eles. Xa non podía ler, estaba nunha cadeira de rodas, falaba pero coa afasia era difícil entendelo, aínda que Anna o comprendía perfectamente. Ensineille as entrevistas que lles fixera aos artistas que ele gravara ou aos seus descendentes, e prestou moita atención. Foron uns días emocionantes”, lembra Judith Cohen.
![]() |
Alan Lomax con Jerome Weisner no seu estudio |
30/Xaneiro/2012 Nesta altura Lomax cumpriría 97 anos, o seu vasto legado en formato dixital, vaise abrindo ao público. Na web da Association for Cultural Equity (Culturalequity.org), máis de 5.000 horas de son, miles de relatos de viaxe, 150.000 metros de película e 5.000 fotografías, forman parte da base de datos Jukebox Global.
Judith
Cohen comenta sobre o labor de Lomax: “Ficou entusiasmado coa música
que atopou en Galicia, escríbeo no diario, pero tamén con moitas
outras, porque cada cultura merece ser tratada con comprensión,
dignidade e admiración, non só cara a música senón cara aos seres
humanos que a crean, escoitan e viven”.
Fonte:
- Do artigo de Marga Tojo co título: "Alan Lomax, o cazador de melodías galegas", publicado na revista Luzes nº 16 de 2015.
= «Asubíasme de lonxe»: o eco de Alan Lomax na Galiza, de David Bizarro: https://www.agenteprovocador.es/publicaciones/alan-lomax-en-galicia
= O Tesouro do folclor: 17.400 cancións en streaming, entre elas moitas españolas de Javier Rada: https://www.20minutos.es/artes/blogs/trasdos/tesoro-folclore-17-400-canciones-streaming-entre-ellas-muchas-espanolas-5543766/








