ATLÁNTIDA
Cando os deuses olímpicos se repartiron o Cosmos, Posidón, Señor do Océano, tomou posesión dunha cadea de illas que se estendían dende España ata Centroamérica. A maior destas illas era tan grande como toda Asia Menor.
Inspeccionando os novos dominios, a Posidón pareceulle que estas illas eran máis fermosas que ningún outro lugar do mundo. Cada folla de cada árbore era tan brillante coma unha esmeralda, e os prados eran tan louzáns e verdes coma as ondas do mar no verán. As flores tiñan aromas tan ricaces, que o ar embriagaba como o viño. Grandes manadas de gando manso pacían nos prados, a auga dos regatos era crara e cristalina, e nos sebes relucían vetas de mármore branco, preto e vermello, e xacementos de metais preciosos de toda cras.
O deus do mar descubriu que os poboadores das illas eran particularmente agraciados e intelixentes, pero como eran de recente creación, non dispoñían de gobernantes nin organizacións sociais. Nin sequera lle dera tempo a darlle un nome a súa terra.
Posidón, na súa exploración chegou ó cumio elevado no centro da illa máis grande. Preto vivía a muller máis fermosa que xamais vira. Chamábase Clito. A ollada dos seus ollos azuis mariño e a suntuosa beleza do seu rostro e o seu corpo espeliron tal desexo no deus, que se propuxo namorala xa. Ela rendeuse ardentemente ó seu poder e esplendor. Co tempo daríalle dez fillos. O primoxénito chamárono Atlante, e no seu honor Posidón nomeou ó arquipélago Atlántida e ó océano que o rodea Atlántico.
Posidón o máis virulento e ciumoso dos deuses, tamén desconfiado de todos os mortais, incluída Clio, mantívoa illada no sebe da montaña, escavando tres grandes fosos ó seu redor. Cada foso medía un quilómetro de ancho e estaba separado dos outros por un círculo de terra da mesma anchura. Deste xeito, o sebe de Clito quedou rodeada por grandes círculos concéntricos de terra e auga.
Cando os dez fillos de Posidón se fixeron maiores, responsabilizounos de un décimo do territorio da Atlántida; ordenoulles que formaran un consello, dirixido por Atlante, como rexente da nación no beneficio de todo o pobo.
Os atlantes eran tan vigorosos e intelixentes, tan hábiles no arte e na tecnoloxía, e tan industriosos na explotación dos recursos das illas, que pronto estableceron a primeira e máis perfecta civilización da terra. Co permiso de Posidón, e baixo a dirección dos dez reis, construíron unha magnífica cidade sobre os círculos de terra que rodeaban a coliña de Clito. Os arquitectos usaron o mármore branco, preto e vermello do seu país, para erguer edificios de espléndido deseño, onde os tres colores fundíanse artisticamente ou contrastaban de maneiras moi atractivas. No sebe de Clito construíron para ela un gran palacio que, como os palacios dos dez reis e os templos erixidos a Posidón, resplandecía con incrustacións de ouro e pedras preciosas. O principal templo de Posidón marabillaba a todo o mundo.
A beleza da cidade, cos seus círculos de terra conectados por grandes pontes que cruzaban os círculos de auga, realzándoo con espléndidos xardíns, arborada en flor e innumerables fontes. Grandes universidades, observatorios, bibliotecas, laboratorios e academias para xente de todas as idades, demostraban que a Atlántida era un punto focal das artes e as ciencias humanas.
Certas partes da cidade estaban adicadas o comercio e a industria, coa filosofía do I+D+C daquela época, o resultado das investigacións tiñan unha aplicación directa a nivel comercial, provocando un florecente comercio con outras nacións. Escavaron un gran canal dende a cidade ó mar, ademais de outros túneles que comunicaran os círculos de auga entre si.
Os turistas da época, escribían entusiasmados sobre a fermosura dos homes e mulleres, da liberdade que disfrutaban baixo o goberno dos dez reis; da habilidade dos artesáns que traballan metales ordinarios e preciosos, e da frescura das brisas que despexaban o fume das fundicións; dos populosos mercados con produtos das súas hortas; os festivais nos que as rúas se enchían de atlantes cantando e bailando.
O maior de estes festivais celebrábase canda cinco anos, cando os dez reis reuníanse no templo de Posidón para a súa conferencia quinquenal. Mentres eles deliberaban, os gandeiros traían touros de espléndida planta, e os pechaban nos terreos do templo. Grandes multitudes reuníanse para admirar aqueles monstruosos animais, co seu pelexo lustroso e os cornos como frouxadas mouras, mentres os nobres e os guerreiros preparábanse para a caza do touro. Cando remataba a conferencia, ceibábanse os touros, e os cazadores ían tras eles coas mans núas, polos terreos do templo. Esquivando as súas embostadas mentres trataban de atrapar un e derríalo no chan. Por fin, un grupo logra acurralar a un touro e derribalo, este era sacrificado en honor de Posidón. Os touros restantes volvíanse a levar as súas facendas e o solemne festival concluía cun gran banquete público.
Os científicos e tecnócratas da Atlántida non se mostraban celosos dos seus coñecementos e habilidades, incluso actuaban como misioneiros industriais, difundindo os seus coñecementos polo mundo coñecido. Ensinaron ós exipcios e a os maias a construír pirámides, e ós gregos a construír “atlantes”, grandes figuras escultóricas que sosteñen os arquitrabes dos templos e outros edificios. Difundiron a metalurxia, astronomía, medicina, magnetismo e outras moitas ciencias e artes. Inventaron a lectura e a escritura, as matemáticas, a agricultura, a arquitectura e todos os conceptos da civilización humana. Andaba coma un ruxe-ruxe, que os científicos atlantes andaban tras a forza mística que fai funcionar o Cosmos, e que cando a dominaran os seus logros non terían límites.
Durante moitos séculos, a Atlántida foi o centro do mundo. A paz e seguridade da nación estaban protexidas por un gran exército e unha flota demasiado poderosa para que ningún outro país se atrevera a desafialos.
Pero fai uns 12.000 anos, o parlamento dos dez reis comezou a cambiar de actitude na súa política exterior. E nunha das conferencias quinquenais, os reis decidiron que non bastaba con que a Atlántida difundira a súa civilización dun lugar a outro. Os que se beneficiaban da tecnocracia atlante debían converterse en súbditos e pagar tributo os seus señores imperiais.
Así, os atlantes emprenderon a conquista do mundo. Os seus barcos levaron forzas expedicionarias a América Central e Sudamérica, onde derrotaron ós incas, aztecas e maias, enviando un rico botín á Atlántida. Outra forza conquista todo o norte de Africa e reagrupouse en Exipto para invadir Grecia e seguir avanzando hacia os reinos orientais de Asía.
Hacia o ano 9500 a.de C., unha gran flota invasora atlante atacou a baía de Atenas, onde o exército ateniense, inferior en número, saleulle ó paso. Cando os exércitos atopáronse, as frechas voaron en tal cantidade que escureceron o ceo, as pezoñas dos cabalos que tiraban dos carros resoaban como o trono do Olimpo, o resplandor das armaduras atlantes cegaba os ollos e as súas lanzas parecían tan numerosas como as espigas nun campo de trigo. Pero os atenienses combateron desesperadamente na defensa da súa cidade-estado, e por fin os batallóns atlantes fraquearon, comezando a retroceder e remataron retirándose, correndo en desbandada hacia as súas naves.
A flota atlante cando se dispuña a zarpar, todo o ceo tinguiuse de cor do sangue seca e unha masa de nubes mouras erguéronse con sonoro estrondo, como nunca se escoitara antes. No mar erguéronse xigantescas ondas que se tragaron a toda a flota, coma si foran barquiños de papel, o mundo enteiro estremeceose con terremotos e o océano oscilou dunha costa a outra, como a auga bailando nunha cunca.
![]() |
A Caida da Atlántida, de Françoise de Homé s. XVII |
Durante días interminables, pareceu que o Cosmos iba a facerse pedazos. Caeron dos ceus un diluvio de auga, as montañas abríronse, os océanos eran unha continua tormenta con monstruosas ondas. Cando por fin os mares acougaron, uns poucos barcos desmantelados chegaron a porto coa nova de que a Atlántida desaparecera e que o océano Atlántico cubríao todo, desaparecendo aquel magnífico imperio.
Dende aqueles días, os historiadores buscaron os motivos que provocaron a aniquilación da Atlántida. Algúns opinan que Posidón indignouse pola derrota ante os atenienses e como castigo a destrución total. Outros creen que un científico atlante, descubrira os segredos prohibidos do Cosmos, liberando forzas capaces de destruir a humanidade enteira.
![]() |
O Diluvio Universal de Gustavo Doré |
Fonte:
“Enciclopedia das Cousas que Nunca Existiron” de Michael Page e Robert Ingpen.







