ZEUS, DEUS DE DEUSES
Soberano do Olimpo. Un deus con moitas calidades ademirables, contrarrestadas polo seu carácter rancoroso e o seo insaciable desexo carnal. Na súa manifestación coa forma de home maduro irradia sabedoría e compaixón, pero a mera visión dunha muller atractiva é suficiente para facerlle crebar as súas propias leis.
![]() |
Deméter, irmán maior de Zeus. Deusa da agricultura
e protectora do matrimonio e a lei sagrada. |
Despois dunha xuventude difícil, alcanzou a supremacía no Olimpo a base de valor e astucia, estabelecéndose como árbitro supremo dos deuses e os homes. Protexe todas as leis e sistemas morais, mortais ou divinos, é a orixe de todo o ben e o mal. Interésase polos pobres e cativos, polos prisioneiros e fuxitivos, e polos fogares das familias. Os parlamentos e asembleas similares gozan do seu beneplácito, e mantén firmes os lazos da amizade e o matrimonio.
Nunca nega súa axuda ós que a piden con sinceridade, pero aplica terribles castigos ós que lle ofenden. Cando Prometeu roubou o lume do Olimpo, Zeus o fixo encadear nunha rocha por 30.000 anos, enviándolle cada día unha águia que lle devorara o fígado.
A pena é que perdeu gran parte do respeuto que merece, a causa da súa conduta totalmente amoral coas mulleres. Nin sequera os amigos máis íntimos están a salvo da súa luxuria. Na súa paixón de conquistar, non se detén ante nada, e se lle fallan as súas artes de enloiar recorre ó engano, a trampa ou a violación.
![]() |
Hera, irmán e terceira esposa de Zeus co seu atributo o pavo real. |
Zeus estivo casado numerosas veces, pero nunca vacilou en abandonar a unha esposa para tomar outra, nin en correr tras dunha virxe recén saído do leito conxugal.
A maioría das deusas sucumbiron a súa ardente masculinidade, pero cando Deméter o rexeitou, converteuse nun touro e a violou. A ninfa Asteria logrou escapárselle, transformándose en paspallás e fuxiu voando. Táigete, a filla de Atlas, librouse no último momento, gracias a que Artemisa converteuna en cerva para que puidera correr máis que Zeus.
Por fin veuse forzado a un matrimonio estable con Hera, a Raíña do Ceo, que se lle resistiu ate que se lle ocorreu converterse en “cuco” e finxir estar xeado de frío. A deusa meteuno na cama para quecelo, pero cando se topou cun home nos brazos, no lugar dun paxaro, negouse a entregarse ate que lle prometera casamento. Zeus descubriu pronto que a beleza é unha cousa e o carácter outra: Hera resultou ser unha esposa celosa e vingativa.
Dánae, envolta en chuvia de ouro. |
Zeus sinte especial atracción polas ninfas, e recorre a toda clase de trucos para seducilas e para manter a raia ós indignados parentes varóns. Ningunha muller mortal, solteira ou casada, está a salvo dele. Por moito que os seus gardiáns traten de protexela, Zeus sempre atopa un xeito de chegar ó seu leito.
Acrisio fechou a súa filla Dánae nunha torre de bronce, pero Zeus transformouse en chuvia de ouro e penetrou por unha regandixa. Leda, a fermosa esposa de Tindáreo, estábase bañando nun estanque cando se lle achegou un fermoso cisne; ó acariñalo converteuse no ardente deus. Raptou a Europa, transformándose nun espléndido touro mansiño, a moza topouno tan atractivo que se subiu ó seu lombo e púxolle grinaldas de flores nos cornos.
![]() |
Zeus (touro), en pleno rapto de Europa. |
De súpeto, o touro saltou ó mar e levou a moza ate Creta, onde se transformou en Zeus e posuíuna baixo as ramas dun plátano (a árbore obtuvo o privilexio de non perder nunca as suas follas).
Con estes e infinitos trucos, o Señor do Olimpo posueo a innumerables mulleres, das que tivo moitísimos fillos, mortais e inmortais. Os problemas que estes lle causaron quizá o fixeron meditar sobre si o breve éxtase da sedución compensa o prezo que se paga a longo prazo.
Fonte:
Enciclopedia das Cousas que Nunca Existiron (1987)” de Michael Page e Robert Ingpen



