TODO POLA PASTA!

A rexión das chairas costeiras, perderon casi un tercio da primeira capa superior do chan, desde o inicio da masacre do búfalo. As investigacións, tamén suxiren, que a ausencia de pastos nativos, conduce a que a capa superficial do solo se erosione, o que provoca quebranto da estructura capilar de auga e nutrientes, quedando a terra en forma de pó solto na superficie, favorecendo a erosión e a creación de ventiscas negras na década de 1930.
A finais do XIX o continente americano estaba nun estado de ruina total en canto a renovación das suas riquezas naturais, comprometendo o seu equilibrio ecolóxico. Encamiñándose a extinción integral da maior parte dos representantes da gran fauna e a degradación irreversible de diversos hábitats, e por conseguinte a desaparición de numerosas especies constitutivas da flora e da microfauna.
O bisonte americano (Bison bison) das inmensas chairas entre Canada e México, podemos distinguir duas fases na destrucción desta especie. A primeira abarca o período 1730-1840, no que se produce unha transformación progresiva das terras vírxenes en terras de cultivo, e na necesidade de procurarse peles, carne e graxa. A segunda fase iníciase polo 1830, e buscábase a destrucción total do bisonte, cunhas consecuencias desastrosas. Na zona setentrional de asinación, estos bóvidos foron exterminados para sementar de fame ós sioux e outras tribos de peles vermellas, contra os que os brancos levaban a cabo unha loita sin cuartel de exterminio. En dezaoito meses, W. F. Cody, o lexendario Buffalo Bill, matou 4.280 bisontes. Entre 1872 e 1874, o ferrocarril de Santa Fe transportou un cargamento de 10.793.350 libras (5.000 toneladas) de osos de bisonte.
A morte do bisonte anticipou aquela definitiva, das nacións indias. Matar ao primeiro quería decir exterminar as outras (Historia do Far West, Jean-Louis Rieupeyrout).
A destrución do bisonte norteamericano foi deliberada, eliminando así o sustento das poboacións nativas. No inverno de 1886-87 en particular, as poboacións nativas estaban nun estado de carestía total, cunha elevadísima mortalidade nos seus campamentos. Eliminar os bisontes formaba parte do programa de xenocidio, que conclúe coa matanza de Wounded Knee o 29 do Nadal de 1890. Os guerreiros caídos foron os últimos representantes dos heroicos peles vermellas.
Cando os europeos chegaron a norteamérica, existían máis de 300 linguas indíxenas diferentes, das que máis da mitade desapareceron e as que ainda se falan están en perigo de extinción.
Naquela época, como hoxe en día, moitos sobreviviron, pero o espíritu da nación, tal como era revelado polos seus mitos, a esencia mesma da estirpe, foron destruídos polas ametralladoras da civilización branca. Os pioneiros e novos colonos regalábanlles ou vendían ás poboacións nativas moribundas, mantas e obxectos infectados co virus da varíola ou envelenábanlles os pozos. O alcohol contribúe a degradación do indio de xeito notable, incitando ó seu consumo para aniquilar as veleidades de resistencia, unha xeración tras outra.
Quedou o home, pero a súa alma está morta.
Ao igual que o bisonte, os indios foron recluidos finalmente nas reservas para o san e pedagóxico emprego do tempo libre da maioría silandeira. Os nativos, a diferencia do bisonte que nos parques naconais vai collendo a sua antiga vitalidade, convertíronse "nos máis pobres de todos", minados polas duas calamidades como poucas: unha dieta negativa e a carencia absoluta de calquer motivo de esperanza.
Que no aspecto ecolóxico, lle correspondera mellor destino a unha especie animal que a unha etnia humana, non ten nada de extrano, pois os indios peles vermellas era unha raza inferior para o traballo productivo, era preferida a raza negra para a produción das plantacións.
O indio norteamericano, era a negación dun bo escravo. O xefe Hatuey (Haití-Cuba, 1512), condenado a morte por ofrecer resistencia ós invasores, rexeitou valerosamente a escapatoria da conversión á fé cristián. Cando supo, que tamén os seus verdugos agardaban ir ao ceo: “Entón non quero ser cristián, por non ir a un lugar, onde poda atopar homes tan crueis”.
Os españois descubriron, que unha negra sometida a traballos forzados, valía por catro indias. As servas brancas eran demasiado caras. A suma necesaria para adquirir o labor de dez anos da serva branca (nativa), bastaba para mercar unha negra para toda a vida. Naquela altura, o gobernador das Barbados decía que: "a experiencia naquelas plantacións demostraba que “tres negras, traballan mellor e a menor prezo, que unha soa branca”.
A mellor de todas, era a negra que custaba pouco, que era resinada e resistente.
“A causa da escravitude no novo continente foi económica, non racial, pois nada tiña que ver a cor do traballador, senón o feito de que o traballo saíse barato”.
Os amerindios en conxunto, representan unha das poboacións humanas, onde é máis frecuente o grupo sanguíneo O, dentro do sistema ABO. En ningún outro continente, a poboación nativa, ten un porcentaxe tan alto de ese grupo sanguíneo. O análise de ADN nos seus tres diferentes campos (xenética autosomal, mitocondrial e cromosoma Y) demostra, que hai unha cercanía evidente entre todos os pobos nativos de América. Así, atopamos alta uniformidade xenética ó longo do continente, maior que en calquer outro. Ó mesmo tempo, estes análises, confirman as teorías do poboamento de América a partir da rexión de Siberia, hacia finais da Edade de Xeo (fai 12.000 anos, poida que algo máis).
Fonte:
“Capitalismo e Escravitude (1971)” de Eric Willians.
No libro de “O Embrollo Ecolóxico: A Ideoloxía da Natureza” de Dario Paccino.

OS MÁIS LEIDOS

FESTAS PATRONAIS 1945, A FORTALEZA DO TAPAL E O «SANCTI SPIRITU»

NÓS, OS IRRELEVANTES

FESTAS PATRONAIS 1946 CON SONETO Ó BERBERECHO

GACETA MUNICIPAL - 16 XULLO 1931

GACETA MUNICIPAL - 24 XULLO 1931

ULTREIA: TERCEIRA XEIRA (3/3)

«A DECADENCIA DE OCCIDENTE» de OSWALD SPENGLER (2/4)

MUNICIPAIS DO 31 (e 2)

«A TODO O QUE NON PENSE COMA NÓS»

FESTAS PATRONAIS 1947 / OS EMILIANOS / EVA DUARTE DE PERÓN