OUTRO MUNDO É POSIBLE
A BARBARIE SEN SAIAS E AO TOLO
Un mito bíblico, presenta o fin do mundo anunciado pola aparición dos Catro Xinetes da Apocalipse, que representan a Conquista, a Matanza, a Fame e a Morte.
A perspectiva que se abre fronte a humanidade hoxe, pode verse como verdadeiramente apocalíptica. O capitalismo neoliberal, desenrolou as forzas produtivas da economía global, a un extremo sen precedentes. Pero estas forzas non están baixo un control democrático ou un plan racional, están propulsadas por imperativos económicos e militares de acumulación competitiva capitalista. En consecuencia, a pesar do seu potencial para emancipar a toda a humanidade das necesidades materiais, o capitalismo, fai o contrario, destruíndo a mesmísima civilización industrial.
A ignorancia, a avaricia, a irresponsabilidade dos nosos gobernantes ante a crise, está enraizada na irracionalidade do sistema. A catástrofe climática, a depresión económica e a guerra imperialista, afunden as súas raíces na loucura dos mercados e na cega competición económica e militar, que impulsa as nacións-estado e as megacorporacións do capitalismo neoliberal. O sistema, é profundamente patolóxico e destrutivo, levándonos, a maior crise planetaria da historia humana.
OUTRO MUNDO É POSIBLE
Outro mito bíblico, contraponse ó dos Catro Xinetes apocalípticos. Nesta versión da Apocalipse, a culminación era un Xubíleo Popular, onde os recadadores de impostos e señores da terra serían expulsados. Escravos e servos, serían liberados. A terra, sería devolta ó pobo que a traballa.
Comezaría entón, unha nova Era Dourada de liberdade e plenitude.
Para transformar o Apocalipse en Xubíleo neste século XXI, necesitaríamos:
1. Comprender a necesidade dun cambio completo de sistema. Só unindo distintos frontes, protestas e loitas para o asalto xeral ó sistema, que está na raíz dos problemas da humanidade, podemos esperar resolvelos.
2. Comprender a necesidade do internacionalismo. Iso significa rexeitar calquera forma de racismo, nacionalismo e "socialismo de un só país", e construír novas redes de solidariedade e resistencia, capaces de desafiar ao poder global dos ricos.
3. Comprender a centralidade da clase traballadora -que constitúe o 80 por 100-, para calquera sistema estratéxico de cambio. Só mobilizando a maioría da clase traballadora ordinaria, poderemos encontrar a forza de enfrontar e derrotar ao capital corporativo e as nacións-estado.
4. Construír unha rede de movementos sociais de masas e de asambleas populares participativas, para organizar, difundir e manter as loitas dos traballadores contra o sistema.
5. Organizar ós revolucionarios, en redes de activistas, capaces de liderar e organizar resistencias masivas dende abaixo, dirixindo a ira popular en ondas de loitas da clase obreira, que eventualmente, nos conduzan a un novo movemento global revolucionario comparable -aínda que maior- ós de 1789, 1848, 1917, 1968 e 1989.
Un mundo diferente, converteuse nunha necesidade histórica absoluta. Outro mundo é posible. A revolución é, neste senso, unha "actualidade".
Pero non é unha certeza. Temos que loitar por ela. As súas consecuencias, dependen do que fagamos cada ún de nós.
As apostas históricas, nunca foron tan altas.
Fonte:


