A DECADENCIA DE OCCIDENTE de OSWALD SPENGLER (4/4)
![]() |
Gustav Stresemann (Berlín, 10 de maio de 1878-Berlín, 3 de outubro de 1929). Fundador e dirixente do Partido Popular Alemán (DVP) no 1918.
A economía foi un dos motores do seu pensamento, xa que entendía que os problemas políticos e a orixe das guerras, derivan de cuestións de índole económico.
O 13 de agosto de 1923, o presidente da República, Friedrich Ebert, o nomea Canciller; os seguintes cento tres días, Stresemann resolve a maioría dos problemas do momento. En outubro do 23, instaura a nova moeda: «Retenmark», que baseaba o seu valor, non no ouro, senón sobre na produción agrícola e industrial, conseguindo estabilizar a economía alemán.
Do doble album "Nude Ants" do 1979, interpretado por: Keith Jarrett no piano, Jan Garbarek no saxofón, Palle Danielsson no contrabaixo e Jon Christensen na batería; o tema "Processional".
No agosto do 24 reemplázase o «Rentenmark» pola recuperada moeda «Reichsmark», posibilitando a inversión estranxeira en Alemaña e fortalece a inversión alemán no estranxeiro.
No 1926 lle conceden o Premio Nóbel da Paz, polo seo firme e reiterada labor de estabilizar a Europa de posguerra. Consigue a retirada das tropas francesas da Renania postumamente o 30 de xuño de 1930.
Pouco antes da súa morte, Stresemann comenta ó diplomático Albert Bruce Lockhart: «Si os Aliados viñeran a verme unha soa vez, tería ó pobo apoiándome, e aínda hoxe podería facelo. Pero non me deron nada, e as pequenas concesións que se fixeron, viñeron sempre demasiado tarde. Así, non nos queda nada máis que a violencia bruta. O porvir está nas mans das novas xeracións e esta, a xuventude alemán, que se podería sumar a nosa causa pola paz e a reconstrución, a perdemos. Esta é a miña traxedia e o crime dos Aliados».
![]() |
GRAN DEPRESIÓN
A catástrofe dos valores humanistas e da ética do traballo que soporta a xove República de Weimar, despois de varios anos de rendemento económico, a confianza xeral vaise rexenerando amodo, e ate dou para pensar que a “non amada” democracia alemán, estaba en condicións de votar raizames. Pero dous golpes seguidos sacuden a Alemaña.
O primeiro foi a morte o 3 de outubro de 1929, de Gustav Stresemann, o Ministro de Asuntos Exteriores da Weimar, que exerceu unha positiva política de sagaz visión de futuro, contribuíndo a erosionar asperezas cos antigos inimigos bélicos de Alemaña, co obxectivo de renegociar as duras condicións do Tratado de Versalles. Os préstamos estranxeiros -sobre todo o de EUA-, para enfrontar a débeda, reparacións da guerra e manter a paz social interna.
A morte de Stresemann, priva a República do seu negociador máis curtido e máis respectado a nivel internacional. Pero nin a súa habilidade negociadora podería porlle freo as consecuencias do “crack” de Wall Street, que pechou o grifo dos préstamos norteamericanos, e os acredores esixían o pago inmediato dos créditos xa concedidos.
Este foi o segundo golpe fatal, para unha democracia non aceptada de todo e unha economía que comezaba a repuntar. As consecuencias son desastrosas. Miles de traballadores perderon o seu traballo. No 1932, a taxa oficial de desemprego alcanza o 42%, e os logros de sete anos atrás, sitúanse na diana do cuestionamento.
![]() |
O Exército repartindo comida ós necesitados, 1931. |
Cando a cólera da xente se dirixe contra banqueiros, políticos e sistema, esta despraza o seu apoio a esquerda, hacia a loita de clases e o cambio revolucionario. Pero, cando os enfrontamentos son mutuos, entre os propios traballadores, entón este apoio desprazase hacia a dereita, hacia a política do odio e a insolidariedade.
A Gran Depresión afunde a sociedade alemán, nunha grande polaridade entre os partidarios socialistas da "esperanza revolucionaria" e os partidarios fascistas da "desesperación contra revolucionaria". Pasando da moda libertina e cocainómana dos anos vinte, a unha nova actitude social sobria e de cultivo de valores físico-corporais, tamén provocada polo paro e a escaseza económica. Vida natural e en contacto coa natureza, fronte a vida nocturna. "Nova obxectividade", no lugar do "expresionismo" e o lisérxico "dadaísmo".
Nesta altura o "Partido Nacionalsocialista", apoiado pola industria do armamento, e pergeñado por Josep Goebels -futuro ministro de propaganda-, supo aproveitar o caos, a degradación moral da sociedade e a crise económica, gañando a confianza dun gran sector da poboación alemán.
![]() |
ALDOUS HUXLEY
Aldous Huxley leera «Nós» de Yevgueni Zamiatin -ou eso dixera George Orwell-. No 1931, mentras vivía en Italia, Huxley comenzou a escribir unha novela acerca dun futuro Estado Mundial, cuia poboación é totalmente feliz. A poboación dividida en castas. Todos saben, nesta sociedade feliz, o lugar que lle corresponde a cada un, e funcionan de maneira responsable, e todos son vixiados. Non existen os ciumes, o sexo é só un momento de lecer e todo o mundo pode consumir libremente «Soma», unha droga que aleda a vida. Un mozo extranxeiro é incapaz de adaptarse a esa realidade sen emocións e sen apegos persoais. A felicidade incesante e impersoal da maioría, se impón a súa inadaptación. A novela se publica no 1932, co título de «Un Mundo Feliz».
O NAZISMO OU O FASCISMO ALEMÁN
A República de Weimar foise artellando cos militares prusianos (Reichsheer) marcando a folla de ruta e traballando a "revolución dende arriba (Revolution von Oben)", cos goriludos Freikorps primeiro, logo foron os “Brancos” e logo os “Camisas Pardas”, os carniceiros desapiadados dos que se atrevían a reivindicar a "revolución dende abaixo", mantendo un estado de guerra limitado a trincheira interna, perfectamente organizada e cruelmente sanguinaria.
A “oposición” ó nazismo estaba 'circunscrita', e ningunha figura pública podería publicar ou asinar ningún manifesto ou alegado contrario ó nazismo e sobrevivir. A falta dun heroísmo absoluto, a negativa a participar, era a única alternativa moral dos que non desexaban emigrar.
A conquista nazi do poder, tiña tres eixos: “Asembleas e Desfiles”, daban a impresión de forza e determinación fronte a crise sociocultural, os “Camisas Pardas” que substitúen a labor dos Freikorps prohibidos, emprendendo unha loita brutal e sen descanso nas rúas, para destruír as organizacións obreiras; e “Hitler” buscou entre os grandes empresarios e dirixentes do estado, apoio, financiación e cota de poder.
O núcleo de apoio ós nazis, estaba na clase media -igual que en Italia co fascismo de Mussolini-, Hitler expresaba o rancor dos desesperados, nun mundo que se viña abaixo e que frustraba as aspiracións sociais. Os pequenos propietarios, executivos de baixo rango e profesionais de pequenas cidades, odiaban de igual xeito a capitalistas que a políticos que provocaran a crises, como tamén ós sindicatos e partidos de esquerda que representaban ós traballadores.
O capitalismo, nun estado de crises xeneral desde 1914, xa se encontraba cuestionado, o crac do 1929, outra crises de 'sobreprodución', non fixo máis que empeorar a situación: Millóns de parados, pobreza xeneralizada, radicalización de sectores amplos da sociedade que buscaban superar este sistema económico, inestabilidade política, auxe dos partidos comunistas por toda Europa coa influencia da Unión Soviética,…
Como consecuencia, a partir de 1929, estes mesmos banqueiros, empresarios e magnates do aceiro e o carbón que crearon «A Liga Antibolxevique» e as primeiras organizacións fascistas, non só continuaron apoiando ó "partido nazi" para intentar alonxar a clase traballadora do marxismo, senón que depositaron nel todas as esperanzas para o futuro.
A comezos da década dos trinta, o partido nazi crece exponencialmente e con relativa rapidez. O concepto de «conspiración xudía internacional», que vincula a Moscova con Wall Street, comunistas e capitalistas, obreiros e super ricos, era a expresión suprema da "irracional visión do mundo" dos nazis. Para os «nazis», como para «o fascismo en xeral», todo o que non sexan cantos a Patria, lles parece unha extravagancia, pornografía ou terrorismo.
A finais de 1932, a clase dominante alemán, respalda ós nazis para resolver, ó seu xeito, a crises económica. Hitler explicitaba o rexeite ó Tratado de Versalles, poñendo fin as paralizantes reparacións de guerra e reconstruír o poderío alemán en Europa. Os Camisas Pardas se encargan de eliminar as esquerdas do país. Dando seguridade as inversións alemáns no estranxeiro. Por estes motivos Fritz Thyssen, un dos principais industriais do Ruhr, converteuse nun “seguidor entusiasta dos nazis”. O Canciller Von Papen, dixo: «Sería un desastre si o movemento de Hitler, se desintegrara ou fora aplastado». E o Presidente Paul von Hindenburg, mariscal de campo na Primeira Guerra, que convida a Hitler -que só chegara a “cabo” naquela guerra-, a constituír un goberno en xaneiro de 1933, no mesmo momento no que o apoio ós nazis, comezaba o seu descenso.
Solidaridade - Kaethe-Kollwitz, 1931-1932. |
Na propia tarde-noite dese 30 de xaneiro do 33, formáronse manifestacións multitudinarias dun xeito espontáneo, en contra de Hitler en toda Alemaña. Millóns de traballadores entendían o perigo, e estaban dispostos a combatelo. A incapacidade da esquerda, de “compartir visión” do «perigo nazi», e o control de Stalin do Comintern (Internacional Comunista), seguindo unha política sectaria ultraesquerdista, facía de todo “imposible” a creación dun fronte común ante o nazismo.
Cando Hitler chega ó poder no 1933, circulaban por Alemaña, máis de "douscentos mil exemplares" das "Cartas de Guerra de Estudantes Alemáns" «Kriegsbriefe Deutscher Studenten», que Philipp Wittkop publica no 1916, unha obra propagandística que exalta o heroismo do soldado.
Os nazis, só tiveron que exercer a súa «vontade de poder», para apropiarse da «causa nacional alemán».
![]() |
Desfile das SA en Núremberg en honor a Hitler. Detrás de Hitler o estandarte "Bandeira do Sangue" co seu portador oficial Jakob Grimminguer, 1935. |
Ao nacionalismo panxermánico de Hitler, o “antisemitismo” valíalle para desviar o resentemento do pobo contra os seus opresores, os grandes beneficiarios do holocausto das guerras.
O costo final do nazismo, foi astronómico. Durante a 2ª Guerra Mundial, ían morrer sete millóns de alemáns, e outros catorce millóns quedarían sen teito. Millóns foran fusilados, e millares de mulleres violadas, cando o exército ruso avanzou no 1945, entrando na Alemaña con sede vingativa. A mortandade planetaria provocada pola guerra nazi, elévase a 60 millóns de persoas. Entre 1939 e 1945, os mitos racistas do século X, íanse fusionar coa tecnoloxía destrutora do século XX, dando lugar ó maior desastre da historia da humanidade.
O autor e director teatral Bertolt Brecht en maio de 1945, recén derrotado o Terceiro Reich, escribiu: «Señores, non estean tan contentos coa derrota de Hitler, porque aínda que o Mundo se puxo en pé e detuvera ó «bastardo», a “puta que o pareo”, está de novo en celo».
![]() |
SPENGLER E O NAZISMO
Cos nazis no Reichstag, o 14 de xuño do 1933 lle fan a proposta a Spengler dunha praza na Universidade de Leipzig que rexeitou, igual que cando lle ofreceran a praza na Universidade de Gotinga no 1919.
Hitler, convencido de ser ese home do destino, o “Führerprinzip” que esixe a teoría da historia de Spengler, ten un encontro con él o 25 de xullo en Bayreuth. Spengler, que abominaba a violencia (e non só en teoría) e aborrecía dos nazis, por consideralos plebeos, recibiuno con frialdade.
O 18 de agosto publica “Anos Decisivos”, no que Spengler toma distancia co canciller do Reich e o nazismo, pola contra eloxia o fascismo de Bieito Mussolini. Cando os nazis, lle solicitan unha carta de apoio nas inminentes eleccións, este negouse a colaborar, motivo polo que foi censurado por completo.
A ruptura definitiva do filósofo cos nazis, prodúcese a consecuencia do golpe interno contra as SA, no que Hitler elimina a Ernst Röhm na “Noite dos Coitelos Longos” o 30 de xuño de 1934, pero tamén son asasinados, os seus amigos: Gregor Strasser e Willi Schmid, a quen adicou un eloxio fúnebre (poema «A Memoria de Willi Schmid», publicado no 1935 na antoloxía Reden und Aufsätze), todo unha mostra de coraxe e audacia nesas circunstancias.
Escribe baixo o acrónimo «DiG» (Deutschland in Gefahr, «Alemaña en perigo»), notas para o segundo tomo dos “Anos Decisivos”, rendendo contas contra o nazismo e o bolxevismo, doutrina que definira como: “o máis grande de todos os fraudes políticos”. Reafirmouse na súa admiración por Mussolini.
En outubro de 1935 retírase das súas funcións de administrador do «Arquivo Nietzsche», denunciando unha terxiversación da obra do filósofo pola propaganda nazi.
Morre na noite do 7 ao 8 de maio de 1936 dun ataque cardíaco no seu apartamento muniqués, con 56 anos de idade (♂-29/Maio/1880). A súa prematura morte, dou creto a hipótese dun asasinato político.
![]() |
MARINUS, «O CABALEIRO DA TRISTE FIGURA» SÓ, CONTRA OS MONSTRUOSOS MUÍÑOS EN BERLÍN
Marinus van der Lubbe, mozo neerlandés nado en Leiden (Holanda) o 13 de xaneiro de 1909, que tiña no seu “haber”, un par de accidentes laborais, cando aínda non cumprira os 17 anos e que lle restaron a visión de por vida. Inserido no mundo sindical, entra en contacto coas ideas revolucionarias, evolucionando o seu pensamento hacia o comunismo dos Consellos Obreiros.
Se sinte interpelado, ante a noticia:
“O Partido Nacional Socialista Alemán, faise cun terzo dos deputados no Reichstag, nomeando ó seu líder Canciller”.
Marinus vaise a combater o nazismo, como dicía León Felipe na "defensa da xustiza": «cunha lanza rota e unha viseira de papel». Sen un "tostao", fai unha peregrinaxe de quince días para cubrir a distancia que o separa de Berlín, o escenario do seu derradeiro acto vital.
Cando chega a Berlín, nada é como imaxinaba, o feito de que os nazis tuveran a máxima representación política no Reichstag, parecía ser algo que non preocupaba demasiado ós berlineses. Marinus preguntábase, qué pode facer un pobre albañil estranxeiro, medio cego e aillado, para reverter esta perigosa situación de indiferencia, ante os acontecementos políticos na sociedade berlinesa e sinalar «a serpe do mal» sedenta de sangue, baixo a pel da "normalidade democrática". Marinus declarou: «Quizá, cando as amedoñadas masas, vexan en chamas as “fortalezas do capitalismo”, poderían espreguizarse do letargo, incluso a esta hora tardía».
O primeiro obxetivo de Marinus a queimar, foi o “Axuntamento de Berlín”, douse a alarma pronto, e o incendio foi sofocado. O seguinte obxetivo foi o “Palacio Imperial”, co mesmo resultado que no anterior intento. O 27 de febreiro de 1933, o “Reichstag” ardía en chamas.
Marinus penando en prisión, dase conta do fracaso político, polo intento de despertar a sociedade ante o que él considera un “aberrante perigo”. Pola contra, a os nazis co seu eficaz Ministro de Propaganda J. Goebels, o incendio do Reichstag foi usado dende o primeiro momento. Atribuindo o incendio a un complot “comunista”, que ameazaba con destruir a nación.
![]() |
O día após, o 28 de febreiro se suspende o «habeas corpus», prohibiuse a libertade de expresión, de reunión e de asociación, tamén a prensa, encarcelando a miles de rivales políticos, logrando nunha semana, mellorar ostensiblemente o apoio cidadán, cara as próximas eleccións a celebrar en marzo. Os partidos da oposición, sinalaban a queima do Reichstag, como un «autogolpe dos nazis».
O Partido Comunista foi prohibido, os seus periódicos pechados e 10.000 membros do partido, enviados a campos de concentración. Pouco dispois, os dirixentes do partido socialdemócrata e dos sindicatos alemáns, seguiron o mesmo destino. En poucos meses, os nazis destruiran o movemento obreiro máis poderoso do mundo.
A finais do 33, os partidos conservadores e liberais, tamén foron destruidos. Alemaña convértese nun «estado policial totalitario».
No xuizo a Marinus no verán do 33, os nazis o acusaban de peón ó servicio de Moscú, con múltiples conexións “inéxistentes”, cos outros acusados da fiscalía. Estos acusados, decían de Marinus, ser un mercenario ó servicio dunha complexa trama conspiranoica, elucubrada por Hitler. Marinus, se consola pensando, que o veredicto, só pode condenalo a él.
Marinus, é executado na guillotina na cadea de Leipzig, o 10 de xaneiro do 34.
![]() |
MAGNUS HIRSCHFELD: O PRIMEIRO SEXÓLOGO DO MUNDO
Hirschfeld foi un home fora do común. Médico titulado de familia xudea asimilada. Comenzou a entender a súa homosexualidade, non coma unha maldición social, senón como tema de investigación, e tamén como misión política da República de Weimar. Xunto con outros activistas, presionaron para descriminalizar a homosexualidade. Como profesional investigador, dirixe un amplo estudo sobre actitudes e orientacións sexuais no estudantado universitario, publicando os resultados da investigación en revistas e libros.
Hirschfeld convértese no primeiro sexólogo do mundo, a fronte do seu Institut für Sexualwissenschaft, centro pioneiro que dispuña dun museo de artiluxios e accesorios, que enrroibarían a calquera cun mínimo de pudor, e que representa a vangarda centífica da Weimar.
Asumía o risco de declarar abertamente a súa condición de homosexual, tiña unha biblioteca duns vinte mil volúmenes, unha inmensa colección de fotografías, cuarenta mil entrevistas e cartas, e un importante surtido de obxetos de índole sexual: dispositivos, anticonceptivos, xoguetes eróticos e fetiches. Con cuarenta empregados a xornada completa, que se encargan de dirixir estudos e brindar consellos, o Instituto convértese na meca de médicos e sociólogos, e tamén de homosexuais.
O 6 de maio de 1933, uns cen estudantes da Hochschule für Leibesübungen (Academia de Educación Física), reuníronse en formación militar, diante da gran casa que albergaba as coleccións do museo. Irrumpen no edificio ó compás de música marcial. Tiran as portas abaixo e cargaron contra todo e contra todos os que se interpuñan no camiño. Destrozaron a documentación, romperon mobles, cadros e pezas da colección, e leváronse todo o que consideraron «moralmente sospeitoso».
Cando exixiron ver a Hirschfeld, os informan que está de viaxe no extranxeiro dando conferencias, e enfermo de malaria. Os xoves nazis pareceron alegrase da nova, mófanse decindo que esa enfermidade podería matalo, aforrándose as molestias de aforcalo ou moelo a paos. Leváronse o busto en bronce de Hirschfeld, co que decorarían a cacharela de libros do día 10 deste mes na Praza da Ópera. Pola tardiña dese día 6 de maio, os homes das SA volveron a saquear o Instituto, levándose dous camións de obxetos da colección.
Hirschfeld, unha vez curado da malaria, nunca voltou a Berlín. Intentou montar un novo instituto, primeiro en París e logo en Niza, onde morreo após de dous anos (1935), dun ataque ó corazón.
No seu libro, escrito no 1934 e publicado postumamente no 1938, co título de «Racismo», Hirschfeld consideraba que o concepto de “raza”, centíficamente non ten valor ningún, recomendando a eliminación do termo por carencia de significado.
![]() |
Cemiterio Norte de Múnic. |
OS PARTIDARIOS DO FÜHRERPRINZIP
Os partidarios desta revolución conservadora foron moitos, e de procedencias tan variadas como a interpretación e a importancia que daban a esas ideas. Entre eles había veteranos do campo de batalla como os escritores Ernst Jünger en Alemaña e Pierre Drieu La Rochelle en Francia. Considerouse que “Tempestades de Aceiro” (1920) de Jünger glorificaba a experiencia da guerra. Pola súa parte, Drieu La Rochelle volveuse cada vez máis hacia o fascismo e o antisemitismo, rematando con sumarse ó colaboracionismo, tras a invasión de Francia polos alemáns.
Neste contexto, cabe tamén citar algúns filósofos, como o existencialista Martin Heidegger, que logo se veu comprometido polas súas conexións cos nazis. Tampouco D’Annunzio foi o único poeta; na Alemaña destacou o influínte Stefan George; entre os norteamericanos expatriados cabe citar a T.S. Eliot e Ezra Pound; tamén pertenceron a esta corrente “científicos”, que se unxiron a si mesmos, e profetas como o propio Spengler, e personaxes da política como o francés Charles Maurras, líder de Action Française, un movemento católico, monárquico e nacionalista; en Inglaterra, Oswald Mosley, aristócrata veterano das trincheiras, fundou a Unión de Fascistas Británicos. E, na Italia, o poeta Giovanni Gentile e o propio Mussolini.
Cartel nazi convocando a cachareladas de libros. |
QUEIMA DE LIBROS
Na noite do 10 de maio de 1933 en Berlín e noutras 21 cidades alemanas fan “cacharelas” de libros.
Cando o 30 de xaneiro de 1933 Adolf Hitler se convirte en chanciller do Terceiro Reich, a élite cultural da República de Weimar fuxira dos nazis, o novo chanciller deixara claro que non había futuro para eles na Alemaña. Algúns destos artistas puderon continuar as súas carreiras, como Fritz Lang, Billy Wilder, Bertolt Brecht ou Thomas Mann, o que supuxo un gran beneficio para as universidades dos paises de acollida. Para moitos supuxo o fin das súas carreiras, avocándos ó suicidio.
Albert Einstein, que abandona Alemaña en decembro do 32, comentaba do nazismo: «O nacionalismo é unha cousa infantil, o sarampelo da humanidade».
O autor e director teatral Bertolt Brecht, abandona Berlín coa súa familia o día após de arder o Reichstag. Recalando en Dinamarca, onde se entera das cachareladas de libros, incluíndose os seus textos nelas, por «ser contrarios ó espíritu alemán», decían os nazis. Brecht, consideraba ó nazismo como, «o último recurso do capitalismo para desviar ou reprimir os desexos de cambio das clases populares».
![]() |
O poeta xudío-alemán Heinrich Heine no 1820 comenta: «Onde se queiman libros, remátase por queimar persoas», referíndose a salvaxe Santa Inquisición da España Medieval. Actualmente esta frase pode leerse nunha placa na praza Bebelplatz de Berlín, na mesma onde o 10 de maio do 33 os Camisas Pardas e as Xuventudes Hitlerianas, instigados polo ministro de propaganda nazi Joseph Goebbels queimaron uns 20.000 libros, tamén os de Heinrich Heine, que morrera facía setenta anos exhiliado en París.
Todos os anos os estudantes da Universidade Humboldt, celebran un mercadillo de libros na praza Bebelplatz de Berlín, conmemorando este suceso.
Norman Mailer, advertiu de que o “fascismo-nazismo” é «máis natural» que a “democracia”, pois apela ós medos e inseguridades da infancia, a esa figura protectora, a ese “alguén” que che diga o que se pode ou non, facer.
1934
«MEU SÉCULO»
GÜNTER GRASS
Dito sexa entre nós: este asunto debera ser liquidado dun xeito máis preciso. Deixeime levar demasiado por motivos persoais. O lío comezou co cambio precipitado do destino, pola intentona de Röhm: destacados dende Dachau, o 5 de xullo nos fixemos cargo do campo de concentración de Oranienburg, pouco despois de que unha verdadeira calamidade de homes das SA foran substituídos por un comando de portaestandartes da garda, camaradas, por certo, que poucos días antes, en Wiessee e noutras partes, remataran sen contemplacións coa banda de Röhm. Aínda visiblemente esgotados, falaban da «Noite dos Coitelos Longos» e nos traspasaron coa tenda os seus propios subxefes das SA, que debían axudar na parte burocrático do relevo, pero resultaron totalmente ineptos.
Un daqueles matóns -chamado significativamente Stahlkopf (Cachola de Aceiro)- pasou lista ós reclusos que tíñamos confiados, ordeando ós xudeus que se situasen nun lugar afastado.
Apenas unha ducia de personaxes, entre os que un chamaba especialmente a atención. En calquera caso, recoñecín enseguida a Mühsam. Inconfundible o rostro. Aínda que no presidio de Brandeburgo lle rasuraran a barba a machetazos e, en xeral, lle leran a cartilla devagar, aínda quedaba de el o suficiente.
Dito sexa entre nós: un anarquista do máis sublime e, por engadidura, un literato de café típico, que durante os meus primeiros anos en Múnic fora un personaxe mais ben cómico, concretamente como poeta e propagandista da liberdade absoluta, sobre todo do amor libre, claro está. Agora tiña ante min a unha piltrafa, coa que apenas se podía falar, pois enxordecera. Como motivo sinalou os seus ouvidos en parte supurantes e en parte con costras, facendo unha mueca de desculpa.
Na miña calidade de axudante, informei ó xefe de brigada Eicke, cualificando a Erich Mühsam por un lado inofensivo e pola outra de especialmente perigoso, pois ate os comunistas temeran o seu discurso propagandístico.
-En Moscú xa o terían liquidado fai tempo.
O xefe de brigada Eicke dixo que me ocupara do caso, aconsellándome un tratamento especial, o que resultaba suficientemente claro. Ao fin e ao cabo, foi Theodor Eicke en persoa quen liquidou a Röhm. Logo de pasar a lista, cometín o meu primeiro erro, ao pensar que podía deixar o traballo sucio a Stahlkopf, o imbécil das SA.
Dito sexa entre nós: eu tiña certo temor a achegarme a aquel xudeu máis do necesario. A elo engadíase que, durante o interrogatorio, mostrou unha entereza sorprendente. A cada unha das miñas preguntas, respostaba con versos de poemas, aparentemente seus, pero tamén algúns de Schiller: «... e si non arriscades a vida ...». Aínda que lle faltaban varios dentes anteriores, recitaba como si estivera nun escenario. Por unha parte era cómico, pero por outra … Ademais, irritábame aqueles “quevedos” sobre os narices de xudeu … E máis aínda as resquebraxaduras en ambos cristais … E ele, impertérrito, sorría despois de cada cita …
En calquera caso, concedín a Mühsam corenta e oito horas, dándolle o perentorio consello de que, nese prazo, puxera fin por si mesmo. Sería a solución máis limpa.
Boeno, pois non nos deu ese gusto. De xeito que entrou en acción Stahlkopf. Ó parecer, afogouno na cunca do retrete. Non quixen enterarme dos detalles. Ben visto, resultou unha auténtica chapuza. Naturalmente, a posteriori foi difícil finxir que Mühsam se aforcara. As mans contraídas dun xeito atípico. Non conseguíamos sacarlle a lingua. Ademais, o nó estaba feito dun xeito demasiado experta. Mühsam non o conseguiría nunca. E logo Stahlkopf, aquel idiota, fixo máis tonterías aínda, ó darlle publicidade ó asunto na lista matinal, coa orden: «Xudeus para cortar a corda, un paso a fronte!». Naturalmente, aqueles señores, entre eles dous médicos, se deron conta enseguida da chapucería.
Como era de agardar, inmediatamente recibín do xefe de brigada Eicke un rapapolvos:
-Home, Ehardt, Deus sabe que podería facelo con algo máis de limpeza.
Só cabía estar de acordo con ele, porque, en confianza sexa dito, o asunto no lo colgaron moito tempo aínda, xa que non conseguimos enmudecer a aquel xudeu xordo. Por todas partes dicían … No estranxeiro honrábase a Mühsam como mártir … Até os comunistas... E tivemos que pechar o campo de concentración de Oranienburg e distribuír ós reclusos por outros campos. Agora estou outra vez en Dachau, supoño que a proba.
A GUERRA CONTINUA DO CAPITALISMO DO ESCRAVO FÓSIL E A INDUSTRIA DO ARMAMENTO
A guerra non rematara. A Primeira Guerra Mundial converteuse no que os historiadores denominaron a «Segunda Guerra dos Trinta Anos», un horror que durou dende o 1914 até o 1945. Así pois, o chamado período de entreguerrras foi, máis que unha época de paz, parafraseando a Clausewitz, unha continuación da guerra con outros medios.
As novas frontes, opoñían entre si as clases sociais, afastaban a cidade do agro, interpúñanse entre ideoloxías, entre ricos e pobres e entre grupos étnicos.
Pareceu que eses conflitos, se podían superar a finais da década dos vinte, cando as economías parecían estabilizarse e as actitudes se suavizaron, pero a "depresión económica mundial" que seguiu ó "crac de Wall Street", endureceu os xeitos de pensar e, unha vez máis, problemas lastrados como a pobreza, a desigualdade crecente, o paro e o medo á indixencia, deixaron ó descuberto e agravaron as liñas de falla.
A crise capitalista, deixa as claras, que este sistema non é reformable, que non existe, nin existirá capitalismo de rostro humano, nin capitalismo verde. Os avances científicos e tecnolóxicos, permiten hoxe en día, conquistar obxectivos para a humanidade, que fai tan só unhas décadas parecían ciencia ficción.
As mesmas relacións capitalistas de produción, impiden o uso destas ferramentas para resolver e atender os problemas sociais, presentando a "continuación da guerra como solución", para seguir perpetuándose.
O forte deterioro do medio ambiente do noso Planeta, fai que a consigna de “Socialismo ou Barbarie”, sexa unha realidade máis clara que nunca. A necesidade dun “novo orde”, unha sociedade sen explotadores nin explotados, pasa ineludiblemente, pola toma do poder político e non pola reforma do actual sistema.
Fontes:
“A Fractura: Vida e Cultura en Occidente 1918-1938” de Philipp Blom. Editorial Anagrama.
“Unha Historia Radical do Mundo” de Neil Faulkner. Editorial: Pasado&Presente – Barcelona.
“A Verba non vence ó Monstruo” de Xabier Valenzuela. Publicado en Tinta Libre nº 65, de xaneiro de 2019.
“Meu Século” de Gunter Grass-1999. Edita: “punto de lectura”.
“O obreiro que queimou o Reichstag” de Eduardo Pérez. Publicado no apartado de Radical da revista de “O Salto” nº 61, de maio do 2022.
Wikipedia
https://www.lavanguardia.com/historiayvida/historia-contemporanea/20200116/472902683101/gustav-krupp-armamento-igm-iigm-nazismo.html
https://franciscojaviertostado.com/2019/01/21/los-fotografos-de-hitler/comment-page-1/
http://www.claseshistoria.com/2guerramundial/causas-crisis1929.html
EPÍLOGO
O «opresor», a persoa que funciona como un «opresor», foi sempre antes “oprimido” e logo empurrado ao outro extremo do «patrón de opresión».
Este concepto, este principio, é recibido ó comenzo con indignación polas víctimas da opresión.
-Intentan decirme, que esos eran seres humanos inocentes?; esa xente que torturou, arrincou os ollos e asesinou a toda a miña familia?. Vai decirme, que Hitler era un ser humano?.
-Sí.
Nos é de gran axuda entender, que a persoa máis perversa do mundo, era un ser humano agochado baixo a anguria, e funcionaba de xeito tan perverso, nada máis que a causa da súa anguria. Esto danos audacia e valor, para buscar aliados moito máis vastamente, para manter en alto a nosa moral e a nosa forza. Nun dos nosos cartazes, podemos leer que:
«Si un "patrón de anguria" che ataca -e ningunha outra cousa o fará-, sempre terás a axuda da túa man. É o ser humano pechado no “patrón da anguria” a víctima do patrón e o seu mellor aliado, a quen se pode chegar polos medios que estamos aprendendo».
«Si un "patrón de anguria" che ataca -e ningunha outra cousa o fará-, sempre terás a axuda da túa man. É o ser humano pechado no “patrón da anguria” a víctima do patrón e o seu mellor aliado, a quen se pode chegar polos medios que estamos aprendendo».
A persoa que funciona como un “opresor”, faino sempre e únicamente, porque ela tamén foi antes oprimida, implantándoselle así o "patrón de opresión" e logo empurrándoa ó outro extremo, para funcionar como "opresora". «Si podemos axudar á persoa que actúa no papel de opresor, a desafogar ese patrón ou a empuxamos fora do mesmo, esa persoa deixará gostosamente de funcionar como opresor e transformarase no noso aliado».
«“Manual Elemental do Escoita”: Para clases elementais do proceso de Re-evaluación».
Fundamentals of Co-counseling Manual por: Personal Counselors, Inc. / Seattle, Washington / Copyright, 1970. Traducción de Héctor Álvarez
Este “Manual Elemental do Escoita”, estaba no mesado dos "retirados" da Biblioteca Municipal, como obsequio para os usuarios. Coa capa en vermelho, tamaño folio e lomeira preta, se achega a unha edición predixital, divulgativa con poucos medios e alternativa, como proposta de xestión da saúde emocional, a realizar en grupo ou con outra persoa.
O texto seleccionado, ven moi acaido, para entender como se crea o "liderazgo fascista" -a manipulación de turno, da que somos víctima e protagonistas-, que calquer opresor foi antes oprimido, e a súa perversión, é a resposta por ocultar estar pechado na anguria sufrida.
PUBLICADOS:
















