«A DECADENCIA DE OCCIDENTE» de OSWALD SPENGLER (1/4)

Louis Michel (1830-1905), educadora, poeta e escritora anarquista francesa. Figura destacada na dinamización e xestión da "Comuna de París". Enarbolou a bandeira negra, convertindoa na cor representativa do movemento anarquista. Este carácter coraxudo, doulle o álias de "A Virxe Roxa": "O Poder está maldito, por eso son Anarquista".
Acompañamento musical para a lectura a cargo do «Rei do Swing»: "Benny Goodman".
CANDO OSWALD SPENGLER NACEU ...
Cando Oswald Spengler nace o 29 de maio de 1880 en Blankenburg (Alemaña) -falece o 8 de maio de 1936, Múnic (Alemaña)-, Otto von Bismarck (1815-1898), nomeado primeiro ministro-presidente e caudillo de Prusia no 1862, viña de conquistar e unificar Alemaña a «Blur and Eisen» (Sangue e Fogo), poñendo fin á ditadura de Luís Napoleón Bonaparte -Napoleón III, 1852-1870- (Guerra Franco-Prusiana, 1870-71). Otto von Bismarck, proclámase emperador de Alemaña nunha gran cerimonia no Palacio de Versalles (Francia) o 18 de xaneiro no 1871, envolvéndose na bandeira do nacionalismo alemán moderno, creando o «Primeiro Reich» baixo preceptos autoritarios e antidemocráticos, neutralizando a influencia da igrexa no poder do imperio.
A proclamación como Emperador de Alemaña dou lugar á «Primeira Revolución Proletaria» da historia: «A Comuna de París».
Proclamación como Emperador de Alemaña a Otto von Bismarck no Palacio de Versalles no 1871.
A COMUNA DE PARÍS
A Comuna de París (do francés: la Commune de París) foi un movemento insurreccional que do 18 de marzo ó 28 de maio de 1871 gobernou brevemente a cidade de París, cun espírito de socialismo autoxestionario.
O 26 de marzo o pobo votou. Os parisinos, actores do triunfo das súas ideas, expresaron nas urnas a súa vontade dun cambio resplandecente de luz. Consolidouse a Comuna!. Expresábase por boca da clase obreira que acadaba a súa madurez. Era preciso reaprendelo todo, creando un novo cidadán, un xuíz, un resistente, un compañeiro, un actor da súa propia forza.
A Comuna do 26 de marzo era rameira, presidiaria, espontánea, picante coma unha risa feliz, sen raía no medio. Era un caldo vermello, a fusión dos desgraciados, dos desterrados pola especulación, dos explotados das fábricas, dos que habitaban nos suburbios, e da gran reserva de pobres.
A Comuna de París non foi perfecta, nin dou o voto a muller, a pesar de ser fundamental o seu papel como motor de explosión da revolución, inferindo normalidade ó proceso revolucionario, dende o principio ate o final. Encabezarán a primeira manifestación darevolución o 18 de marzo de 1871, e cando a Comuna foi derrotada polo exército prusiano -o maior exército do mundo, naquel momento-, a activista Louise Michel, declara ante o tribunal que a condena: «Non me defenderei a min mesma, nin ninguén me defenderá. Pertenzo por enteira a revolución social. Si me deixan vivir, seguirei reclamando vinganza».
Destrución da Columna Vendõme durante a Comuna de París. A Columna Vendōme, símbolo do "bonapartismo", representaba para a Comuna un monumento ao odio, á barbarie, á forza bruta e falsa gloria, afirmación do militarismo, da negación do dereito internacional e un permanente insulto dos vencedores sobre os vencidos.
Coa caída da Comuna, case duas mil persoas foron fusiladas os dous primeiros dias, moitas sumariamente executadas tras "xuízos" na propia rúa, que non duraban máis de trinta segundos, simplemente por ser pobres e apoiar a Comuna. En total, foron asasinadas entre 20.000 e 30.000 cidadáns, e outras 40.000 encarcerados agardando xuízo.
A «Comuna de París», mostrou ó Mundo o aspecto que podería ter un estado obreiro que durou "dous meses", abrindo un novo capítulo na Historia Mundial. A loita, entre a violencia capitalista e a revolución proletaria, entre a barbarie e o socialismo, data de 1871.
Oswald Spengler (1880-1936) e a edición alemana de «A Decadencia de Occidente».
PUBLICACIÓN DE «A DECADENCIA DE OCCIDENTE»
A erudita obra de Oswald Spengler, un ex profesor de instituto e periodista ocasional, achacoso, miope e caracterizado pola súa torpeza social, que vivía en Múnic dunha pequena herencia e que adicara dez anos da súa vida, a escribir «A Decadencia de Occidente». As tesis desta obra, eran coincidentes cas opinións do precursor da "estética fascista", o hedonista italiano Daniele D'Annunzio.
Spengler, un home renacentista excéntrico, con estudos oficiais e informais nunha ampla gama de ciencias e humanidades, se impuxo a prodixiosa tarefa de explicar a historia na súa totalidade, condensando unha fisioloxía da vida humana, o destino das civilizacións de todos os tempos e de todas as rexións do planeta, en dous volúmenes. Ao seu éxito contribuíu o ser publicado en dúas partes, acaendo moi oportunamente entre lectores da posguerra cunha sensación de derrota, desencanto e resentimento, e que pedía a gritos algo parecido a un compendio, como o que Spengler editara.
Cando no verán de 1918, publica o primeiro volume -o segundo foi editado no 1922 co título: «Perspectivas da Historia Mundial»-, pasou inadvertido, e as poucas críticas que recibiu non foron favorables o libro parecía destinado ao esquecemento. Con todo, ó pouco tempo foi descuberto por un público máis amplo e, a medida que aumentaron as ventas, a influencia das ideas de Spengler, multiplicouse acadando proporcións espectaculares, difundíndose por moitos países con cada nova tradución e edición.
«A Decadencia de Occidente» publicouse traducido na rusia soviética no 1923, pero un ano antes, no 1922 xa vira a luz en Moscú, unha colección de artigos críticos, asinados por prestixiosos intelectuais rusos -entre eles, os filósofos da relixión, Nikolái Berdiálev e Semen Frank-, popularizándoa antes da súa publicación traducida.
Os lectores anglófonos tiveron que agardar ate o 1926 para acceder a lectura da prosa oracular do profeta. O lector culto inglés coñece tamén o alemán, accedendo a lectura orixinal dende o 1922.
Os intelectuais italianos, que non puideron velo traducido ate 1957, quedaron fascinados con él, usándo como guía para entender o Fausto de Goethe.
No 1926, a obra vendera cen mil exemplares, so en Alemaña.
Pánico bancario do IV Banco Nacional en Nova Iork no 1873. Ilustración de Frank Leslie para un periódico da época.
DA ESCRAVITUDE Ó SUBEMPREGO
A vitoria de Bismarck na guerra franco-prusiana, a creación do estado alemán unificado e as reparacións da guerra de Francia, provocaron un "boom especulativo" na Alemaña de, «faite-rico-canto-antes». O capitalismo, sempre carente de planificación, durante o "boom" os capitalistas son lixeiros en inverter en empresas rendibles para eles, e todos van ao mesmo sector, provocando un exceso de capacidade que avógana a un escalada de crebas, cando non teñen mercado para "tamaño volume" de bens e servizos.
O capitalismo, que ven de facer fortuna coa trata descarnada de escravos, pretende seguir facéndoa cos salarios dos obreiros, resultando unha masa obreira con salarios mínimos, o que lles impide, entre outras cousas, acceder a estes bens e servizos que oferta o capital, creado coa "trata de escravos". A crises creada por este motivo, na segunda metade do século XIX -Longa Depresión-, foi menos agresiva, que a de 1930 -Gran Depresión-, porque os salarios non caeron na mesma proporción que os prezos.
Novos sectores, como o químico ou o eléctrico, creceron notablemente. Foi no sector primario (agrícola, gandeiro, mariñeiro, …), onde máis se notou a crisis, provocando un éxodo de demandantes de emprego do sector primario a outros sectores, onde houbera demanda de traballadores, creando unha bolsa de "subempregados". A práctica do crecemento económico, era contraria a teoría do capitalismo da «autorregulación do mercado».
Gabriele D'Annunzio
A TECNOCRACIA E O SER HUMANO: O INCIPIENTE FASCISMO
D’Annunzio e outros revolucionarios do incipiente fascismo, defendían ó individuo heroico, fronte as frías regras da técnica e dos tecnócratas, que habían comezado a manifestarse no 1900 e que caracterizaran a guerra. Rescatando a idea do «ser humano» que o século XIX o condenara a súa obsolescencia, e que o novo e moderno século, o marxinaba como actor da súa modernidade. Plantexando como "decadente", ante o reto da nova técnica, que o desprazaba do seu protagonismo, para convertelo en auxiliar da maquinaria industrial, conducíndoo a unha vida antinatural e impropia dun home de verdade, e que agora levaban decenas de millóns de urbanitas.
Spengler, na súa análise da historia de Europa occidental, afirma que a cultura europea, entrou na etapa final da súa existencia e que esta sería, sobre todo, un período de "expansión tecnolóxica e política". Sostiña, que a cultura individual europea, posuía un estilo de arte e pensamento, seguindo un ciclo vital de crecemento, desenrolo e decadencia, comparable a dos organismos vivos. Asegurando, que o momento presente, se situaba na "situación de decadencia".
Ante o ascenso do fascismo italiano e o nazismo alemán, de principio Spengler móstrase partidario, logo mudaría de opinión.
Na década de 1930, a súa influencia adquire connotacións ideolóxicas agresivas, máis acusado na orixe dos violentos movementos fascistas que se xestaban na Europa.
O 29 de xaneiro de 1886, Carl Benz patentou o seu «vehículo motorizado con motor de gasolina» de tres rodas.
O ESCRAVO FÓSIL
No 1886, Alemaña crea os primeiros coches con motores de explosión, convertendo o petróleo -o escravo fósil- na estrela do sector da automoción. Logo, Henry Ford nos EUA, lanza o modelo T fabricado en serie. No 1910, as ventas de gasolina superaban as de queroseno. Un ano despois, Inglaterra crea a maior frota naval propulsada por derivados do petróleo, seguindo a iniciativa que xa viñan mantendo na Alemaña.
O comportamento «Franquestein do Capitalismo», tanto podía dar lugar a un longo estancamento, como a unha longa expansión. Unha das consecuencias deste comportamento, foi a "colonización": «no 1876 só o 10% de África, estaba baixo dominio europeo, pero no 1900, máis do 90 por 100 do territorio fora colonizado». Tamén os "ferrocarrís": a liña Berlín-Bagdad, destinada a enlazar Alemaña, Austria-Hungría, os Balcáns e o Imperio Otomano, provéndose do preciado petróleo de Mesopotamia, provocando un desafío directo a os intereses das outras potencias: Gran Bretaña e Francia. O gasto do estado nos ferrocarrís e armamento sostivo o boom industrial. A maior empresa estatal -Administración Ferroviaria do Estado Prusiano- tiña o mesmo tamaño que a maior corporación privada, o Deutsche Bank. O gasto do goberno no exército e a armada, “decuplicouse” entre 1870 e 1914. O gasto naval alemán, aumentou de 90 millóns de marcos, a mediados da década de 1890 a 400 millóns no 1914, pasando de 7 navíos a 29.
Entre 1871 e 1914, a produción de carbón en Alemaña, pasa de 34 a 227 millóns de toneladas -alcanzando na produción a Gran Bretaña no 1914-, o de arrabeo de 1,3 a 14,7 millóns de Ton. e a de aceiro do 0,3 a 14 millóns de Ton. O complexo Krupp de aceiras e fábrica de armas en Essen, no Ruhr, converteuse na maior empresa industrial de Europa, dando traballo a 16.000 obreiros en 1873, 45.000 no 1900 e 70.000 no 1912.
Esta enorme expansión industrial foi posible gracias ó crédito bancario, os contratos estatais e os aranceis protectores (no 1914 era do 13% o premédeo de carga as importacións estranxeiras). Os depósitos totais dos principais bancos alemáns, aumentaron un 40% no período entre 1907-1908 ao 1912-1913. Con estos préstamos dos bancos para a inversión industrial, os bancos se converten nos principais propietarios de bens industriais.
O avance do capitalismo alemán nas novas industrias química e eléctrica, era aínda máis pronunciada. No 1914, as empresas alemáns dominaban a produción mundial de «tingüiduría de sintéticos» e vendían, ao redor da metade dos artículos eléctricos do mundo.
A revolución burguesa Alemaña "dende arriba" -emprendida por un monarca absoluto, coa axuda de oficiais aristocráticos e recrutas campesiños-, desencadeará unha transformación industrial acelerada. O seu efecto foi a desestabilización, tanto da sociedade alemán, como do sistema interestatal europeo.
Ó cabo dun cuarto de século da guerra franco-prusiana (1870-71), a loita de clases interna na Alemaña e o forte pulo interimperialista no estranxeiro, impulsaban a nova Alemaña a unha crises cataclismática.
Sigmund Freud (1856-1939) / Karl Marx (1818-1883) / Friedrich Nietzsche (1844-1900).
LECTURA DE «A DECADENCIA DE OCCIDENTE»
«A Decadencia de Occidente», non é un libro de lectura fácil, e percíbese como un texto sesudamente “alemán”: cun ton maxistral, intricado, con frases longas e labirínticas, cun desfile de nomes famosos en cada páxina.
Da antigüidade ao Chicago dos anos vinte do século pasado, do Moises a Marx, e do arte grego a Goethe, ... Non é o tipo de obra, que se converta en tema de conversa cotián no mundo occidental. Pero, nesta ocasión, dun libro denso e extenso con dilatadas explicacións, pode emanar un curiosos atractivo para certo tipo de lectores e, por irónico que pareza, a linguaxe oracular, e decote, escuro de Spengler, garantiu que a súa obra fose obxecto de lecturas diversas, e que fora citado con «admiración intelectual», a pesar da dificultade para entendelo. O seu método, era tan excéntrico como ele mesmo, e tomouno prestado de Nietzsche, de Goethe, do biólogo Ernst Haeckel e outros pensadores.
Inspirouse na República de Platón, dividindo o período de vida de todas as civilizacións, en estacións ou idades -infancia, xuventude, madurez e vellez-, atribuíndolles características particulares.
Según Spengler, o presente era a senilidade do mundo occidental, que esgotara toda a gama de manifestacións dos seus xenios, e só podería recuperar a grandeza, si entraba nun período de «cesarismo», no que o destino individual, viría a erradicar os síntomas da decadencia, concretamente, «o imperio do diñeiro, da prensa e da democracia», que para o autor, son os "mecanismos empregados polos desalmados poderes capitalistas, para manipular e escravizar a poboacións enteiras, pervertendo o curso natural da historia".
Gavrilo Princip
«O TIRO POLA CULATA»
Entre 1906 e 1912, os gobernos alemáns elaboraran unha Weltpolitik (política mundial) para fortalecer a súa posición imperialista, fronte a os imperios establecidos de Gran Bretaña e Francia. A finais de 1912, os alemáns estaban convencidos de estar quedando atrás nesta competencia imperialista. O dirixente máximo do exército alemán, Helmuth von Moltke argumentaba, que «unha guerra entre as nacións» era inevitable.
O 28 de xuño de 1914, un estudante nacionalista serbio, Gavrilo Princip, asasinou ao arquiduque Francisco Fernando, herdeiro do trono austro-húngaro, durante unha visita de estado a Saraxevo (Bosnia). Cinco semanas despois Austria, Rusia, Alemaña, Francia e Gran Bretaña estaban en guerra. Dez millóns de persoas, ían morrer durante os catro anos de «carnicería industrializada» que seguiron. Tamén supuxo, o "descuartizamento" do movemento socialista mundial.
Oswald Spengler
NATUREZA DAS CIVILIZACIÓNS: MASAS, ARTE E RAZA
Para Spengler, a verdadeira natureza de todas as civilizacións estaba determinada polo «sangue», un termo que usaba a discreción e metaforicamente para denotar, mais que a etnicidade, as características únicas dunha cultura, dentro dunha paisaxe e un entorno dados: «Unha masa inabarcable de seres humanos, un torrente sen beiras, que nace no pasado umbrío, alá onde o noso senso do tempo, perde a súa eficacia ordenativa e a fantasía inqueda -ou o terror- evoca a imaxe dos períodos xeolóxicos, para ocultar tras ela, un enigma indescifrable; un torrente, que se vai a perder nun futuro tan negro e intemporal, como o pasado».
Asocia a decadencia de occidente, co auxe das masas. Escribiu que as masas odian «as boas maneiras, calquera distinción de rango, o orde que proporciona a propiedade, a disciplina do coñecemento». Concluía, que as masas, constituían a encarnación dese final, sinalando que «a masa, é o final, a total nulidade».
Consideraba que, a arte estaba morta, e que ante a decadencia da civilización, esta imposibilitaba a creación de arte.
Para Spengler, ningún individuo, ningunha civilización pode eludir o destino, e cada «raza forte», intentará impoñerse sobre as demáis, dirixida por un home excepcional que conservaría o seu poder «por toda a súa existencia persoal, e aínda máis alá para o sangue dos seus fillos e netos». Ese era o destino do home, pois: «a muller, en canto Nai, é historia; o home , en canto "guerreiro e político", fai a historia».
A INDUSTRIALIZACIÓN DA GUERRA
No 1815, en Waterloo, os británicos tiñan 150 canóns, que dispararon en total uns poucos miles de canonazos. Na batalla do Somme no 1916, tiñan 1.400 canóns e dispararon ao redor de dous millóns de proxectís en poucos días. A capacidade de fogo moderna creou unha «tormenta de aceiro impenetrable», e un "campo de batalla baleiro", a coñecida: «no man's land», "a terra de ninguén", tapizada de cadáveres. No 1914, había decenas de miles de soldados de cabalería lixeira; no 1918 había miles de tanques. En agosto de 1914, os británicos tiñan tan só 30 aeroplanos militares, en toda a fronte occidental; en agosto de 1918, despregaron 800 aeroplanos nunha soia batalla. O número de mortos en combate non estaba determinado pola natureza do combate, senón pola súa escala. O "Capitalismo Industrial Moderno", podía producir en masa medios de destrución, a unha escala descoñecida ate ese momento.
Para manter o apoio á guerra, a clase dominante demonizaba ó "inimigo" e aldraxaba ós "traidores" e "espías", dando lugar as máis das veces, a un «racismo xenocida». Os turcos otomanos, executaron a "un millón e medio" de armenios, nunha "guerra contra o terror" interna no 1915, empregando fusiles, garrotes e fame.
Unha xeración despois, chegouse a industrializar o xenocidio: os nazis, asesinaron a 6 millóns de xudeus e outros 6 millón de xitanos, homosexuais e infrahumanos (Untermenschen) en centros de exterminio construídos ó efecto.
Desfile "camisas pretas" na Italia de Bieito Mussolini.
"A MÁQUINA" CREA UNHA REALIDADE: «A VONTADE DE PODER»
Co triunfo da política angloamericana contemporánea, a forza vital da civilización, sólida e natural, rematou por someterse a unha inmensa máquina de formación de opinións: «Non se fala de home a home; a prensa, e con ela o servizo de noticias radiotelefónicas e telegráficas, manteñen a conciencia de pobos e continentes enteiros, baixo o fogo granado de frases, lemas, puntos de vista, escenas, sentimentos, e así, día por día, ano tras ano, de xeito que o individuo se transforma en mera función dunha “realidade” espiritual enorme».
Spengler valoraba, que ese grandioso sistema, estaba condenado ao fracaso, porque remataría socavándose a si mesmo. Ó final, a «vontade de poder» -termo que tomou de Nietzsche- remataría por reafirmarse: «Polo diñeiro, a democracia se anula a si mesma. […] Na democracia posterior, rexurde a raza, e escraviza os ideais ou, os chimpa ao regueiro con sarcasmo».
AGOSTO DE 1914
A declaración da "Guerra", radicalizou sensorialmente a sociedade, nun punto no que a "modernidade", marca un rumbo na "urbe" descoñecido, e dunha "anguria vertixinosa", que os avoca a un entusiasmo de "servir de medio (instrumentalización)" ás ambicións capitalistas sen teito e sen tellado.
Pola contra, a sociedade laboral sindicalizada e a pertenecente ó sector primario (labregos, mariñeiros, ...), cunha valoración máis holística da realidade, se plantean con preocupación a duración da guerra, as dificultades e penurias da súa familia, a ruptura total do seu proxecto de vida. Para estos, a guerra era unha maquinación capitalista, que os obrigaba ó abandono da terra.
Foron moitas e nutridas as manifestacións en contra da guerra: París, Berlín, Londres, ...; así como moitas voces escandalizadas e que predeciron un final catastrófico.
A clase dominante, marca unha narrativa con exhultante entusiasmo, da "experiencia de agosto". A poboación en idade de combatir, querían ser "herois", crebando o paradigma da súa sórdida vida, por outra con nubes celestiais e luces de neón de fondo.
No 1916, Philipp Wittkop publica as «Kriegsbriefe Deutscher Studenten» (Cartas de Guerra de Estudantes Alemáns). Unha obra propagandística e moi selectiva, sobre o culto retrospectivo ó heroi. Cando Hitler chega ó poder no 1933, circulaban por alemaña, máis de "douscentos mil exemplares" de esta obra. A súa popularidade, segue aboando a suposición xeralizada, de que tanto soldados como sociedades enteiras, foron a guerra embriagados por un entusiasmo frenético.
Fontes:
-“A Fractura: Vida e Cultura en Occidente 1918-1938” de Philipp Blom. Editorial Anagrama.
-“Unha Historia Radical do Mundo” de Neil Faulkner. Editorial: Pasado&Presente – Barcelona.
-"O Grito do Pobo", de Tardí-Vautrin. Norma Editorial-2001.
-"1914-1918 A Guerra das Trincheiras", de Tardí. Editorial: Norma Editorial-2009.
-Wikipedia
-annefrank.org
PUBLICADOS:

OS MÁIS LEIDOS

FESTAS PATRONAIS 1945, A FORTALEZA DO TAPAL E O «SANCTI SPIRITU»

NÓS, OS IRRELEVANTES

FESTAS PATRONAIS 1946 CON SONETO Ó BERBERECHO

GACETA MUNICIPAL - 16 XULLO 1931

GACETA MUNICIPAL - 24 XULLO 1931

ULTREIA: TERCEIRA XEIRA (3/3)

«A DECADENCIA DE OCCIDENTE» de OSWALD SPENGLER (2/4)

MUNICIPAIS DO 31 (e 2)

«A TODO O QUE NON PENSE COMA NÓS»

FESTAS PATRONAIS 1947 / OS EMILIANOS / EVA DUARTE DE PERÓN