«A DECADENCIA DE OCCIDENTE» de OSWALD SPENGLER (3/4)

Tropas da Brigada Erhardt da Weimar, na Porta de Brandeburgo durante o golpe do Kapp, Berlín, 1920.
A REVOLUCIÓN ALEMANA
Sigue o conflito bélico na «fronte interna». Vencedores e vencidos retornan ó seu lugar de orixe, a intentar refacer as súas destrozadas vidas. Algúns celebrando o seu primeiro baile popular tras catro anos de carestía e horror, os prisioneiros que esperan ser reenviados ó seu pais, nenas e nenos orfos da guerra, ... Todo un mostrario da desolación de seres humanos, atrapados pola violencia e o deterioro da guerra. Escenas de compasión e dor, de xentes afectadas por unha catástrofe común, sobre a que non teñen maior responsabilidade que soportar o desastre.
A comezos de decembro do 1918, co apoio do SPD no goberno, o líder nazi Eduard Stadtler e promotor da «Liga Antibolxevique», publica un folleto distribuído por Berlín en grandes cantidades, animando ó linchamento dos líderes espartaquistas:
«Obreiros, cidadáns!
A patria achégase ao fin.
Salvádea!
Se encontra ameazada,
e non desde fora,
senón desde o interior
pola Liga Espartaquista.
¡Matade ós seus líderes!
¡Matade a Liebknecht!
¡Entón teredes paz, traballo e pan!
(Asinado) Os soldados da fronte [SIC]».
[SIC] A mentira, sementar odio, igoal que o desprecio pola cidadanía, é unha constante na comunicación do nazismo, fascismo e capitalismo, coa sociedade: «Ningún soldado da fronte, asinou esta proclama para asesinar ós líderes do KPD». O afán asesino de "Eduard Stadtler", atopa no capitalismo un aprecio e un forte apoio económico.
«Liebknecht, o axente de Rusia!»: Folleto propagandístico da Liga Antibolxevique chamando a loitar contra o levantamiento de xaneiro de 1919 en Berlín. Fonte: Biblioteca Dixital Alemana (Deutsche Digitale Bibliothek).
Comeza o ano 1919, creándose e armando «Consellos Obreiros» por todas partes. Os partidarios da "paz e da revolución social", se suman ó levantamento Espartaquista en Berlín, que se estrea este ano coas siglas KPD (Partido Comunista Alemán). O KPD, se posiciona claramente pola creación dunha "República dos Consellos Revolucionarios" dende abaixo, coa implicación da cidadanía.
Do 5 ó 12 de xaneiro de 1919, o KPD e outras formacións obreiras revolucionarias, organizan unha «folga xeral», coa intención de derrocar ó goberno e impedir a celebración das eleccións do dezanove.
Barricada «espartaquista» no levantamento de xaneiro, contra os freikorps e tropas afíns ós militares prusianos.
O 10 de xaneiro, en plena folga xeral en Berlín e con combates entre os traballadores armados e os Freikorps (xunto cas tropas leais ao goberno socialdemócrata baixo control dos militares prusianos), uns cincoenta altos representantes da industria, comercio e banca alemán se reuniron nas instalacións da Flugverbandhaus (Berlín), e estableceron un fondo anti-bolxevique de empresarios alemáns.
Paul Mankiewitz, director executivo da Deutsche Bank, e Karl Helfferich, tamén director do banco alemán e segredario de Estado durante a guerra, organizan a conferencia co líder nazi, Eduard Stadtler, co titulo: «O bolxevismo como ameaza mundial». Entre os asistentes a conferencia, está o banqueiro do Disconto-Gesellschaft, Arthur Salomonsohn, futuro presidente do consello de supervisión da Deutsche Bank e membro do Partido da Patria Alemaña (Deutsche Vaterlandspartei). "Cada un dos participantes nesta conferencia, contribúe con cinco millóns de Reichsmarks" para apoiar a "Liga Anticomunista-Antibolxevique", que Eduard Stadler creara en novembro do pasado ano.
A finais de xaneiro, a 'Liga' establece sucursais en Hamburgo, Bremen, Königsberg, Düsseldorf, Essen, Dresden, Halle, Leipzig e Breslau.
Os Freikorps, xunto as tropas leais ó goberno socialdemócrata e baixo as órdenes de Gustav Noske, asasinan e masacran a centos de militantes e simpatizantes do KPD, encarceran a moitos deles, co ánimo de influír a favor dos partidos que aceptan o Goberno Provisional, nas eleccións do día dezanove.
As eleccións federais de Alemaña celébranse o domingo 19/01/1919, para elixir ós 423 escanos da Asemblea Nacional, a fin de redactar a «nova constitución». Son as primeiras eleccións libres da historia do territorio xermano, e aplícase o sufraxio universal.
ROSA LUXEMBURGO E KARL LIEBKNECHT
Na noite do 15 de xaneiro de 1919, Rosa Luxemburgo e Karl Liebknecht, son arrestados por unha «milicia cidadán», previo “sopro” dun veciño. Estes, entréganllos a máxima autoridade nese momento, os Freikorps do GKSD, instalados no Hotel Eden. Son levados ao Hotel Eden, onde os interrogan e torturan. O comandante Waldemar Pabst, decide o seu asasinato, previa información a Gustav Noske o Ministro de Interior, quen se desentende de dar a orde de executalos, pero tampouco defende a súa liberación. Logo os trasladan en diferentes vehículos, por separado. Tan pronto Rosa entra na furgona, un dos soldados lle golpea na cabeza coa culata da súa arma, deixándoa “groguiña”. Cando se vai recuperando do golpe, ve que o soldado a apunta coa arma, ela chega a dicirlle: “Non dispare!”.
Atáronlle pedras ó corpo e a tiran ó «Landwehrkanal». O seu corpo foi atopado, catro meses máis tarde.
A Karl Liebknecht, o fixeron baixar do auto no parque do Tiergarten, cínicamente o soldado lle pregunta si pode andar, Karl Liebknecht. apesar do martirio sufrido, dixo que si, e dou uns pasos, momento no que aproveitaron para dispararlle polas costas. Logo dirían, que intentara a fuxida.
Aproximación ó martirio sometido a Karl Liebknecht (Käthe Kollwitz)
Rosa Luxemburgo, a «Rosa Vermella», nace un 5 de marzo de 1871 en Zamosc (Polonia), poucos días antes de que os obreir@s francesas proclamaran a 'Comuna de París', a primeira revolta proletaria do mundo. Pola súa actividade política, con 18 anos se exilia a Suíza, onde consigue o doutorado en Economía Política pola Universidade de Zürich.
No 1900, teoriza sobre unha gran guerra en Europa, froito da competitividade entre as potencias imperialistas polo reparto dos mercados. Falaba con fluidez seis idiomas: polaco, hebreo, ruso, alemán, inglés e francés.
Na súa obra 'Reforma ou Revolución', fai o seguinte análise: «Para a socialdemocracia, a loita cotián para conseguir institucións democráticas e reformas sociais que melloren, aínda dentro do orde existente, a situación dos traballadores, constituíndo o único camiño para orientar a loita de clases proletaria e para traballar polo 'fin último': "a conquista do poder político e a abolición do sistema de traballo asalariado". Na socialdemocracia, existe un vínculo indisoluble entre 'reforma e revolución': "a loita polas reformas sociais é o medio, mentres que a loita pola revolución social é o fín"».
En memoria de Karl Liebcknecht (Käthe Kollwitz)
A XUSTIZA NAZI
O asesinato de Rosa Lúxemburg e Karl Liebcknecht, é un aviso para os revolucionarios, de como serán combatidos e eliminados sen maior consideración. As mobilizacións do KPD en Berlín quedan paralizadas, pola violenta represión dos Freikorps.
As protestas por estes 'asesinatos', chegan as bases do SPD. O SPD, único partido representado no goberno en cernes, fixo que se nomeara un 'tribunal militar' para que realizara unha "investigación xudicial", no lugar dunha comisión de "investigación civil". O tribunal militar, que recibiu o encargo da investigación xudicial, pertencía a mesma división da que saíron os asasinos. O xuíz militar, Roland Freisler, colaborou plenamente con Pabst, encubríndoo por completo, a ele e ós asasinos que os executaron. Os asasinos quedaron absoltos.
Prisioneiros - Käthe Kollwitz
O importante e banqueiro da Deutsche Bank, con fortes conexións cos círculos influintes conservadores Salomon Marx, financiou xuntamente cos industriais Hugo Stinnes e Friedrich Minoux, ós Freikorps de Waldemar Pabst.
O xuíz Roland Freisler, únese ó Partido Nazi no 1925, como inimigo acérrimo da República de Weimar, e no 1933, cos Nazis no Poder, foi nomeado como "Secretario de Estado do Ministerio Prusiano de Xustiza" do Reich Alemán e "Presidente do Tribunal Popular".
Roland Freisler, considerado como «o máis sinistro dos maxistrados nazis», dirixiu o tribunal que xulgou ós conspiradores contra Hitler no atentado do 20 de xullo do 1944, no que a Xestapo (Policía secreta do Estado) sospeitaba que Gustav Noske formaba parte desta conspiración para atentar contra Hitler, entre os aproximadamente douscentos imputados. O Tribunal condena a Gustav Noske ó Campo de concentración de Ravensbrück. Foi liberado polas tropas aliadas e viviu en Hannover, ate o seu pasamento en novembro do 1946.
B. TRAVEN: ANIQUILADE A PRENSA!
O panfletario inconformista de nome Ret Marut, mentres exercía funcións de Director de Prensa da República Bávara dos Consellos en xaneiro de 1919, supera o seu individualismo e entrégase a causa do cambio do mundo en Baviera.
Comprendía moi ben, o poder que tiña a “prensa aliñada” na sociedade industrial, e estaba determinado a rematar con ela, imaxinando o utópico suposto de reemplazala por unha «prensa libre», independente dos poderes económicos e políticos. Afirmaba que: «unha publicación, periódico ou revista, que non poda sosterse sen ingresos publicitarios, non merece existir».
Ret Marut - B. Traven - Hal Croves morre na Cidade de México o 26 de marzo de 1969. O mesmo día, a súa dona anunciou nunha conferencia de prensa que o verdadeiro nome do seu home era Traven Torsvan Croves, que nacera en Chicago o 3 de maio de 1890, fillo de Burton Torsvan de ascendencia noruega e Dorothy Croves de ascendencia anglosaxona. Afirmou que tamén usara os seudónimos B. Traven e Hal Croves durante a sua vida. Ela leeo esta información do testamento do seu home, redactado por ele, tres semanas antes da súa morte (o 4 de marzo). Traven Torsvan Croves, tamén era o nome do certificado de defunción oficial do escritor; as suas cinzas, logo da cremación, foron espalladas dende un avión sobre o mato do estado de Chiapas.
Así clamaba en xaneiro de 1919: «Humanos!, só tedes un inimigo. É o máis depravado de todos. A tuberculose e a sífilis, son pragas terribles que fan sufrir ó home. Pero hai unha praga máis devastadora que todas as pestilencias que infectan os corpos, pois esta arrasa os espíritos. É unha epidemia incomparablemente máis terrible, máis traicioneira e máis perniciosa. Falo da “prensa”, esa rameira pública. Ningunha revolución, ningunha liberación do Ser Humano acada o seu obxectivo, si non se comeza por aniquilar, sen piedade, a prensa. Aniquilade a prensa!. Expulsádea a correazos da Comunidade dos Humanos, a eses proxenetas, e se vos perdoarán os pecados, os que cometedes e os que aínda non cometéchedes. Ningunha reunión, nin asemblea de seres humanos, debe desenrolarse sen que retombe o deflagrante aturuxo:
Aniquilade a Prensa!».
REVOLUCIÓN BÁVARA
En Baviera, obreiros e soldados muniqueses, claman por unha «segunda revolución» na defensa dos Consellos Obreiros. No resto de Alemaña, baixo a violenta presión dos Freikorps de Noske, estes eran desmobilizados e disoltos.
O 12 de xaneiro de 1919, celébranse eleccións á «DIETA -Parlamento da Revolución» en Baviera. O SPD bávaro, presiona por instaurar unha democracia representativa burguesa, en troques dunha “democracia directa” como se exercía nos Consellos. No reconto dos votos, da a vitoria ós Católicos do Partido Popular, pero dada a hostilidade dos Bávaros con Prusia, permitiron manter como Presidente a Eisner, que xa era Presidente dende a Constitución dos Consellos Obreiros. Politicamente debilitado, pola falta de apoio electoral nas eleccións do 12 de xaneiro, e as presións do Goberno Provisional da República incipiente, Eisner dimite.
Cando Eisner se dirixía á «Dieta» o 21 de febreiro, é asasinado polo conde Arco-Valley, ligado á Sociedade de Thule -Irmandade clandestina protonazi-. Este asasinato causa unha intensa impresión, provocando a dispersión da «Dieta», quedando Baviera sen Goberno. Desencadease unha folga xeral en Múnic. A única autoridade constituída existente, eran os Consellos Obreiros.
Eugen Leviné, chega a Múnic a primeiros de marzo, coa misión de organizar o nacente Partido Comunista, só contaba con sete membros. Excluíu a cinco, e afanouse en construír unha organización de combate, recrutando a decepcionados da esquerda tradicional. Logo se fixo moi coñecido, polas taxantes intervencións públicas, argumentando da falta de madurez dos Consellos para proclamar a súa República e asumir a administración da sociedade.
Tras semanas de confusas negociacións, é investido na Dieta, un novo goberno de coalición socialista, dirixido por Johannes Hoffman o 17 de marzo, sen a confianza dos Consellos Obreiros.
O 7 de abril, proclámase a «República dos Consellos de Baviera», integrado por intelectuais de gran integridade e pouco pragmatismo: Erich Mühsam, Ernst Toller, Gustav Landauer e un panfletario inconformista de nome Ret Marut.
Mobilización das tropas dos Consellos Obreiros Bávaros en Múnic.
O 13 de abril, se produce un golpe militar (Putsch) comandado polo Ministro da Guerra Schneppenhorst, do Goberno de Hofman. Isto forza ós comunistas a tomar os mandos da que consideran a “inmatura” República dos Consellos, e Leviné, accidentalmente, atópase en primeira liña fronte as forzas reaccionarias. Despois dunha dura batalla polas rúas de Múnic, entre as tropas de Schneppenhorst e as forzas obreiras improvisadas e comandadas polo mariñeiro Rudolf Eglhofer, o golpe militar é derrotado. Tres días máis tarde, o 16 de abril, outro intento contrarrevolucionario dos «Brancos», foi derrotado en Dachau, polo exército comandado polo poeta Ernst Toller.
Eugen Leviné (San Petersburgo, 10 de maio de 1883/Múnic, 5 de xuño de 1919) revolucionario comunista alemán de orixen xudeo e líder da efímera República Soviética de Baviera.
Leviné apuraba a organización dun exército proletario duns 10.000 homes. Mentras, Hoffman chama a Noske para que o axude. Noske envía 20.000 homes dos “Corpos Brancos” prusianos e Wuntenbergueses (Milicias de extrema dereita), que entran en Baviera comportándose como un exército de ocupación nun País conquistado.
O territorio controlado por Múnic, foi sometido a bloqueo alimentario. Leviné, confisca contas bancarias e reservas de alimentos, adxudica vivendas de luxo a persoas sen teito. Proxectaba abolir o papel moeda. Foi o primeiro revolucionario alemán, que encadea a adversarios políticos. Dúas semanas máis tarde, os canóns retomban nos suburbios. Oito dos presos, foron executados, sendo este o único acto de violencia que se lle pode imputar á Revolución Alemán, e foi vingado atrozmente.
«Denantes mortos, que escravos» -que diría o irmán Daniel-, parece decirlle o Bávaro ó pelotón que o vai fusilar, como si a súa "dignidade" o blindara das balas dos fusileros.
O 30 de abril, as tropas de Noske, entran en Múnic, e toda resistencia cesou o 2 de maio. Logo veu o “terror branco”, como non se coñecera antes. A caza dos Espartaquistas (xa KPD: Partido Comunista Alemán), prolongouse unha semana. A clase obreira quedou fora da Lei. Noske, mandou executar en prisión ó Ministro de Educación da República dos Consellos, Gustav Landauer. Atrocidades bestiais coas mulleres, máis encarnizadas, si cabe, coas «femias espartaquistas». Setecentos cidadáns, foron executados sen xuízo. Os tribunais militares condenan a fusilamento a Eglhofer e Leviné. Mühsam a 15 anos de prisión, e Toller a cinco.
Ret Marut escapou polos pelos á vinganza dos bárbaros. Detido, foi arrastrado ante un tribunal sumario, pero aproveitou a confusión para desvanecerse discretamente, dando comezo a "eterna fuxida" deste escorregadizo personaxe. Despois de que publicara clandestinamente, varios números da súa revista Der Ziegelbrenner (O Ladrilleiro), abandona Alemaña e Europa para sempre. Vagou por mar e terra, aterrando en México, adoptando o nome como escritor de «B. Traven», publicando: “O Barco da Morte”, “A Rebelión dos Colgados”, “O Tesouro de Serra Nai”, …
A revolución foi esmagada, o triunfo sanguinario dos "corpos Brancos", adiántase 14 anos ó dos "matóns nazis".
Mapa dos Länders da República de Weimar.
A NOVA CONSTITUCIÓN
República de Weimar queda «constituida» o 6 de marzo do 1919. O 28 de xuño asínase o «Tratado de Versalles», a «Nova Constitución» da República entra en vigor en agosto de 1919. Deseña un Estado democrático e social, organizado territorialmente en 17 rexións ou «länders», que asumían bastantes competencias en aspectos como a educación, a policía, a xustiza ou a sanidade. O presidente da República e o do Parlamento, debían ser elixidos por sufraxio universal, mentres que o canciller o elexía o Parlamento.
A Constitución aportou outras novidades reseñables: concedeu o voto as mulleres, e de feito 41 delas foron elixidas para o novo Parlamento, dun total de 423 escanos. Así mesmo, o texto optaba por unha representación proporcional, o que beneficiaba ós partidos pequenos e favorecía os gobernos de coalición, ó mesmo tempo que introducía un elemento de inestabilidade política.
Papavento feito con billetes: "O carto non vale pa mercar, pero vale pa xogar".
A República de Weimar, sobrevive raiando a guerra civil. Coa economía en ruína, coa política en perigo e cunha poboación brutalizada polo residuo do conflito bélico. Alemaña, enfróntase ó pago dunha débeda de guerra de 153.000 millóns de marcos (a débeda total alemán no 1913 era de 5.000 millóns). Coa estratexia de controlar a inflación, o diñeiro ía perdendo valor rapidamente -o dólar alcanzou o valor de catro trillóns douscentos billóns de marcos alemáns-, os aforros, a seguridade da clase medía, fóronse evaporando, desestabilizando aínda máis, unha situación moi volátil.
A primeira vítima entre estas posturas extremas, foi o «consenso». Os conservadores, convencidos de que a salvación, estaba no retorno a grandeza nacional e as “virtudes xermánicas”. A facción importante de tendencia esquerdista predominante urbana e internacionalista, se opón a os “delirios augustos”, que os consideran un suicidio nacional. A esquerda aborrecía o legado do Imperio, o mundo dos "junkers prusianos -nobreza terratenente-", a os militares e a súa visión do mundo.
Dado as esixencias dos acordos do Tratado de Versalles, no 1926 a Alemaña militar da Weimar, establece coa URSS de Stalin, unha colaboración para a realización de estudos conxuntos de tácticas militares. Isto permitiu ós oficiais alemáns, por en práctica manobras sobre o emprego de tanques nunha escola de artillería nas aforas da cidade de Kazán (estas manobras están prohibidas polo Tratado de Versalles en chan xermano). Por esta colaboración entre ambos gobernos -Alemaña e Rusia-, constrúen unha escola de aviación para 'pilotos de caza' na localidade rusa de Lípetsk (440 km. ó sur-este de Moscova), onde entrenan aviadores xermanos en combate aéreo de todo tipo (práctica vetada a Alemaña por "Versalles"). Así tamén, serve para a formación de oficiais da Rusia de Stalin, que se benefician co coñecemento de doutrinas e métodos máis avanzados co contacto de militares alemáns. Esta colaboración dura ate finais do ano 1933.
Oswald Spengler
CONFLITO ENTRE DIÑEIRO, SANGUE E TRADICIÓN: INVOCANDO O LEVANTAMENTO DO FORTE
«Este conflito entre o “diñeiro e o sangue” conduciría a outra revolución, un gran levantamento dos fortes por natureza, contra todo o “frouxo e pervertido”. A economía monetaria, aborrecía até provocar noxo», escribiu Spengler. Engadindo: «Agárdase unha salvación; escóitese atentamente por si chegara un son claro de honra e cabaleirosidade, de nobreza interior, de renuncia, de deber. Entón despuntará novamente unha época, na que desperten no fondo os poderes formais do sangue, que foran reprimidos polo racionalismo das grandes urbes. […] O «cesarismo» crece, sobre o chan da democracia: pero as súas raizames, penetran no cerne do sangue e da tradición».
Para moitísimos lectores, esa curiosa mistura de "romanticismo e idealismo", de "observación perspicaz e toleirona xeneralización", pasou a ser unha biblia de posguerra, pois parecía explicar por qué a vida urbana, en particular, víase como despoxada do seu códice moral e por qué a civilización occidental en xeral, parecía xirar sen senso arredor de si mesma, producindo -aparte de diñeiro- millóns de vidas desperdiciadas e decadencia moral.
Putsch do Kapp en Berlín
«PUTSCH DO KAPP»: "O EMBRIÓN DA SERPE" SINTE PRESIÓN CONTRA AS PAREDES DO OVO
A crises seguiu madurando en toda Alemaña. O apoio das masas pasou do SPD ó USPD, e ó KPD. Os Freikorps, chocaban cunha resistencia cada vez máis eficaz, dos obreiros armados e os soldados revolucionarios.
En marzo deste ano 1920, estimábase que unhas 20.000 persoas morreron, a consecuencia dos enfrontamentos civís rexionais.
Entre o 13 e o 17 de marzo de 1920, a clase dominante alemán organiza cun grupo de oficiais descontentos dirixidos por Wolfgang Kapp, un violento golpe contra a República de Weimar, ocupando edificios oficiais, incluso a Cancelaría, obrigando ó Gabinete a abandonar Berlín, unha vez máis, nomeando como canciller a Wolfgang Kapp, un burócrata conservador.
Manifestación en contra do Putsch do Kapp.
Como reacción inmediata, a dirección da principal confederación sindical, convoca unha folga xeral. Millóns de traballadores se puxeron en folga, elixiron novos «Consellos Obreiros» e tomaron as armas. Isto desbotou o golpe, e os cabeciñas recuaron do seu intento de instaurar un "goberno autoritario" na liña do militarismo prusiano. O «Exército Roxo do Ruhr» liberou a maior rexión industrial alemán, de todas as tropas de dereitas.
O «Putsch de Kapp», fracasou en poucos días, e os ministros do SPD, volveron a ocupar os seus postos. Como reacción a este golpe, aumenta e se reforza a confianza na clase traballadora, desprazando notablemente o seu apoio as esquerdas.
No verán de 1920, foi case con seguridade, o mellor momento para que os revolucionarios dirixiran á clase obreira a vitoria no corazón de Europa.
Cartel convocando a defensa contra o Putsch do Kapp
BAUHAUS
Walter Gropius, funda a Bauhaus en Weimar. Arquitecto visionario, que fai o proxecto da elegante fábrica de «Fagus» de fornas para zapatos, construída en Alfeld no 1911, constituíndo un dos primeiros exemplos do novo estilo arquitectónico, que evitaba toda ornamentación ostentosa, pondo o acento interpretativo do deseño, nas liñas rectas e en materiais como o vidro, formigón e aceiro. A funcionalidade e eficiencia industrial da Escola Alemán, debíanse as ideas de Taylor e Ford, como tamén a os soños de Gastev, o impulsor dunha Unión Soviéticas mecanizada.
Walter Adolph Georg Gropius, 1919 (Berlín, Imperio Alemán, 18 de maio de 1883-Boston, EUA, 5 de xullo de 1969) e o Logo da Bauhaus.
Nas ideas nas que se apoiaba o proxecto da Bauhaus, eran utópicas, evolucionando en paralelo a os debates culturais que se mantiñan, en e fora de Alemaña. «O artista é a intensificación do artesán», escribiu Gropius.
O sillón de aceiro e coiro de Marcel Breuer, o edificio en Dessau, como Casas de Mestres, son creacións icónicas, concibidas polos deseñadores nos Talleres da Bauhaus, que deixaron unha marca indeleble na estética moderna, precisamente por atoparse na intersección entre oficio e arte, entre utilidade e beleza.
Parti na Bauhaus
A maioría dos mestres na Bauhaus, tiñan unha concepción moi alemán, e case Wagneriana da obra de arte total, un enfoque abordador da estética que ía máis aló de obxectos ou edificios, filtrouse a danza, a música e en cuestións sociais, creando unha visión integrada da vida. Esta benigna ditadura artística da «verdade e beleza», que foi a Bauhaus, comezou a elaborar as súas propias contribucións ó tema do home e a máquina, en producións teatrais con personaxes de aspecto e movementos robóticos, tamén en estudos xeométricos.
Entrada na cervexería de onde partiu o Putsch (golpe de estado)
«PUTSCH DA CERVEXERÍA»: "A SERPE DO MAL" ROMPE O CASCARÓN
Os primeiros catro anos da República de Weimar estaban lastrados pola bancarrota económica, o trauma da derrota militar na Primeira Guerra Mundial e os humillantes acordos no Tratado de Versalles, considerados excesivamente punitivos. Neste clima de inestabilidade nacional, tanto os movementos políticos de esquerda como da dereita dispuñan de formacións paramilitares integrados de veteranos desempregados e xoves rebeldes.
Cando Adolf Hitler, encabezando e dirixindo o Partido Nazi prepara un golpe de estado os días 8 e 9 de novembro de 1923, na cervexería «Bürgerbräu Keller» na cidade bávara de Múnich, co fin de tomar o control do goberno estatal, marchar sobre Berlín e derrocar o goberno federal alemán, contaba con 50.000 membros, a maioría ansiaba tomar medidas contra a república democrática, inspirados pola exitosa “marcha sobre Roma” de Mussolini, que aupou ao fascismo no poder en Italia en outubro de 1922.
O fracasado intento de golpe de Estado, o chamado «Putsch da Cervexería», saldouse con nove dos participantes en causa xudicial, entre eles A. Hitler, condenados por alta traizón, fallando a condena máis leve posible de cinco anos, nunha cadea de mínima seguridade.
Marcha nazi no Putsch da Cervexería
Cumpriu só oito meses de prisión, nun réxime agradábel e permisivo polos funcionarios da prisión, permitíndolle reunións con outros presos, facer envíos e recibir unha voluminosa correspondencia. Tamén lle permitían o uso dos servizos do seu secretario, Rudolf Hess, tamén condenado, froito desta colaboración sae o primeiro volume da infame autobiografía, Mein Kampt (Miña Loita), onde fai referencia a Kant, Schopenhauer e unha reinterpretación da "teoría evolucionista" de Charles Darwin, postulando que para o nazismo, a «vontade de poder» basease no “desexo do poder (darwinismo social)”, enmarcado na simple dominación do “superior biolóxicamente”, facendo desaparecer ó outro máis débil e inferior. Tamén profundou na lectura e análise de «A Decadencia de Occidente» de Oswald Spengler, sendo neste ano cando sae do prelo o segundo tomo.
Tralo «Putsch da Cervexería», o goberno federal e bávaro prohibiu o Partido Nazi no 1924, as súas formacións e o seu periódico. O compromiso público de Hitler, de chegar ao poder por métodos legais, induciu as autoridades a levantar a prohibición no 1925.
Paul Joseph Goebbels (Rheydt, 29/10/1897-Berlín, 1/05/1945) foi ministro para a Ilustración Pública e Propaganda do Terceiro Reich do 1933 ó 1945.
JOSEPH GOEBBELS
No 1926 Joseph Goebbels é nomeado Xefe de distrito en Berlín, colaborando moi estreitamente con Adolf Hitler, e interesándose na propaganda como ferramenta de promoción do partido e do seu programa, convertendo a «propaganda» nun “volante” para conducir as masas. Goebels, anotou no seu diario: «Os movementos revolucionarios, non son obra dos grandes pensadores, senón dos grandes oradores». Hitler era un orador portentoso, electrizante, que cativaba ós auditorios. Goebels, concibe que para sacarlle o maior proveito a esta oratoria, hai que definir quenes son os destinatarios destes discursos e proclamas: «Todo o alcanzaremos, si apelamos a fame e a desesperación das masas»; engadindo no seu diario: «... o porvir non pertence as masas, senón a quén as manexe e as guíe».
Unha coidadosa reestruturación organizativa do Partido Nazi, baixo o control de Hitler entre 1925-1929, os nazis, conseguen un resultado de importancia e un gran avance electoral, nas eleccións ó Reichstag do 1930.
Evolución do apoio electoral na República de Weimar.
CONCLUSIÓN: A DITADURA COMO SOLUCIÓN
O amplo análise de Spengler, e a súa conclusión de que só un "ditador" podería salvar da autodestrucción á civilización occidental, conseguindo que escoitara, unha vez máis, a voz do seu "sangue", tiveron moitos admiradores e imitadores, non tanto entre os historiadores como entre os mestres, periodistas e políticos, que desexaban presentar unha imaxe da historia universal e da grandeza nacional.
O que cativou a os lectores de Spengler foi, máis que a vertixinosa profusión de nomes e as súas incursións na economía, a historia da arte e a bioloxía -erradas en moitos dos seus detalles-, a mensaxe subliminar na que se xunguía o “destino, a saúde e a forza”, aberto a moitas interpretacións.
Anita Berber, a raíña do cabaret
O CABARET
A prosperidade do cabaret na República de Weimar é unha combinación entre a ausencia de culpabilidade e a permisividade do ambiente creado após da Guerra. A xente vai ó cabaret a tomarse unha cervexa, votar unhas risas e criticar o Estado, sen sentir a culpabilidade de socavar a imaxe do país, sentimento acusado baixo o réxime de Guillerme II. Pasando, o cabaret, nun senso técnico -como ate a Guerra-, a ser unha poderosa forza cultural, intelectual e política, na que se converteu ca República.
«Metrópole» película muda de producción alemana de ciencia ficción de 1927, dirixida por Fritz Lang e guión de Thea von Harbou a súa esposa e colaboradora, conta unha fábula de amor e redención, nunha ditadura que gobernará «dentro duns cen anos» e na que a sociedade está dividida radicalmente en dúas clases, os que teñen e os que non. Nos niveis máis altos dunha deslombarante cidade futurista, cos seus rañaceos de setenta pisos, rúas a diferentes niveis e avións que parecen flotar entre os edificios, vive unha clase rica e ociosa, a «beautiful people», adicando a súa vida ó deporte e a celebracións opulentas, mentres abaixo, nas escuras catacumbas, un exército de escravos botan carbón nas xigantescas máquinas que manteñen a cidade en funcionamento. No máis alto, nun despacho ubicuo na «nova torre de Babel», Jon Fredersen, o gran oligarca e creador técnico dese mundo futuro, e soberano indiscutible de esa cidade chamada «Metrópole».
Cartaz de "Metrópole" - George Grosz.
A SODOMÍA BERLINESA
Cando no 1924 se establece a moeda de curso legal na Weimar, a galopante inflación vai desaparecendo gradualmente, non así a trepidante noite berlinesa.
Berlín dispuña de guías que aconsellaban ós turistas, os establecementos adecuados para tal ou cal inclinación sexual, ou onde podían ligar cunha muller ou home do seu gusto. A cidade se loaba de dispor, dun ambiente erótico de cen mil mulleres e trinta e cinco mil homes, que se prostituían regularmente. As rúas e zonas da cidade, era un constante desfilar de chicas con tacóns, dominarchas que traballaban pola súa conta, secretarias e dependentas con certificado oficial de hixiene, mozas menores de idade, mulleres maduras, preñadas, mulleres maquilladas para parecer mozos, travestís e transexuais, mozos de aluguer e machóns rudos, nenos en venta a prezos exorbitantes, sádicos e masoquistas, flaxeladores e coprófilos.
Traballadoras dunha fábrica de Bayer, a finais dos anos 20, empaquetando medicamentos-E. O. Hoppe / Getty
PRIMEIRO PRODUTOR DE HEROÍNA E COCAÍNA DO MUNDO
A principios do século XX, a "Bayer" comezou a comercializar un medicamento para combatir a dor de cabeza e como sedante para a tos co nome de «Heroin». É un derivado sintetizado da "morfina" que inicialmente creuse menos adictivo e peligroso que ésta (receitábase a nenos e nenas!) pero que, durante os anos 20, e dado os seus efectos adictivos e degradantes, vetouse a súa fabricación e libre circulación.
Asociada a prostitución turística, o poderoso complexo das farmacéuticas como Merck, Hoechst ou Bayer, fabrican o 40% da produción mundial da «morfina», e lidera o 80% do mercado internacional da «cocaína», que distribúen a farmacéuticos e médicos con poucos escrúpulos, que receitan a cambio de diñeiro. Hai asaltos a farmacias, pero tamén hai moitas receitas falsas. Asentándose unha mafia liderada por un gran número de exiliados rusos, que se van apoderando devagar co mercado ilegal de morfina, cocaína e heroína. Redes que non se limitan a Berlín e o seu entorno, senón que se estenden ate París e Riga.
Para mais 'inri', o país convertíase nos anos posteriores a Primeira Guerra Mundial, nun espazo para todo tipo de adiccións. Os 'loucos' anos 20, foron especialmente loucos en Berlín, onde as penurias da 'hiperinflación' da Weimar, se "pasaban" con todo tipo de sustancias máis ou menos tóxicas.
A XUVENTUDE NA WEIMAR
Berlín tamén era unha cidade xuvenil. Unha terceira parte dos seus cidadáns, tiñan menos de vinte anos. Foran nenos e nenas cando a guerra, e agora ansiaban construírse o seu propio futuro. A persistente «neuroses da guerra» que se representaba nos pais, avós e familiares, destrozados emocionalmente, ancorados para sempre no pasado. Coa presencia, pola rúas, dos vetaranos mutilados pedindo esmola. A furibunda retórica dos mestres e bébedos, invocando o imperio perdido “por culpa de …”, adocenando ós nenos e nenas, nunha antipatía polas minorías e que a «euxénese» é necesaria para conseguir unha raza forte que domine ó Mundo.
Comezan a aparecer no mercado revistas sensacionalistas, tamén o cine da os seus primeiros pasos con éxito multitudinario, propagando o «heroísmo», creando un imaxinario naquelas mentes ávidas, que os convertería en potencial «carne de canón» de primeira.
As mozas envanecíanse da súa perversión, unha moza de dezaseis anos, sospeitosa de ser todavía «virxe», sería considerada nese tempo nunha escola berlinesa, como unha 'vergoña'.
MONUMENTO NA LEMBRANZA
O 13 de xuño de 1926 se inaugura no cimenterio de Friedrichsfelde en Berlín, un monumento na lembranza dos asasinatos de Rosa Luxemburgo e Karl Liebcknecht en particular, e en xeral de todas as caídas por defender a paz e a democracia, obra do artista da Bauhaus, Ludwig Mies van der Rohe e o seu equipo. Que consistía, nunha serie de prismas horizontais acomodados en capas, cada unha coma un enorme ladrillo romano, nunha desmesurada sección dun muro. Os ladrillos, foran recuperados por obreiros comunistas de edificios demolidos, dándolle ó monumento un color e unha textura moi particular. Foi financiado, ca venta de postais co bocexo de "Mies van der Rohe" do monumento.
Os autores interpretaban o monumento como: «unha combinación evocadora do traballo ca terra e de asembleas masivas, cas fendeduras da violencia da destrución de outros muros. Demostrando a posibilidade de sobrevivir ó "trauma", e renacer en «nova forma». Onde, a materia en bruto dun "acontecemento brutal", é traballada de novo, para evocar o espírito humano, a dignidade e o sentido da liberdade.»
O «Monumento a Memoria», foi destruído polos nazis en xaneiro de 1935. Dous anos antes, pecharan a escola da Bauhaus, da que "Mies van der Rohe" era director dende 1930.
No 1937 "Mies", fuxe para os Estados Unidos, onde seguiu coa súa creación.
«OS MORTOS NOS ADVIRTEN»
No mesmo cemiterio de Friedrichsfelde en Berlín, inaugúrase no 1951 un novo monumento no mesmo sitio onde se ubicuaba o «Monumento da Memoria», integrado por un monolito nun círculo central, con "tombas de honor" dispostas de xeito radial, arredor dunha placa que reza: “Os Mortos nos Advirten”; cun muro que rodea ese espazo central, con tombas de vellos socialdemócratas e furnas funerarias de dirixentes comunistas e stalinistas, ademais dunha gran placa cos nomes das vítimas da resistencia ó réxime nazi e brigadistas que caeron en combate na guerra civil española.
Entre as "tombas de honor", están as placas de Rosa Luxemburgo, Karl Liebknecht y Franz Mehring, fundadores do Partido Comunista Alemán.
Desde 1990, coa caída da ex Unión Soviética, as manifestacións do 15 de xaneiro para homenaxear ós revolucionarios, se celebran todos os anos. As "rosas vermellas" dos asistentes, cubren os nomes das víctimas sobradamente.
DEUTSCHLAND ERWACHE!
JUDA, VERRECKE!
Sinalaba o escritor británico Stephen Spender: «Berlín era a tensión, a pobreza, a rabia, a prostitución, a esperanza nas rúas. Eran os ricos ostentosos nos restaurantes exclusivos, as prostitutas calzadas con botas do exército nas esquinas, os comunistas adustos que se manifestaban, e os xoves violentos que de repente saíron de ningunha parte e na Wittenbergplatz gritaron: «Deutschland Erwache! Juda, verrecke! -Desperta Alemaña! Xudeo, morre!-».
O JAZZ E AS FLAPPERS
A «música Jazz» converteuse no distintivo sonoro dun novo xeito de vida, de unha nova xeración que desexaba escapar e evadirse dos confíns do mundo anterior a guerra, un mundo cuxos valores ninguén respetaba. Foi a xeración perdida, as «flappers», os novos bohemios que pasaban as noites nos abrevadeiros de París, Chicago, Londres, Berlín, Viena, Bruselas e Atlantic City. Unha vida de ensalze do hedonismo. Scott Fitzgerald, dixo deles: «Bailaban, bebían e durmían, para atontar a conciencia, pois sabían que alí se agochaban cuestións non respostadas, preguntas que, moi probablemente, tampouco tiñan resposta».
Louise S. Brooks (n. Cherryvale-Kansas, 14/11//1906 / m. Nova Iorke, 8/08/1985).
O CAPITALISMO DO ESCRAVO FÓSIL E A GUERRA
O Plan Dawes, que ofrecía un fluxo aparentemente ilimitado de créditos estadounidenses, contribúe ó rexurdir do capitalismo alemán e a estabilizar a República de Weimar, a finais da década dos vinte. O canciller socialdemócrata alemán Hermann Müller declaraba en 1928: «Vemos unha clara tendencia na vida económica europea, na que as tensións antagónicas se compensen, diminúan e rematen por desaparecer».
A xeralización do uso do petróleo -escravo fósil- como combustible, tamén na industria, provoca unha nova revolución industrial e tecnolóxica, que incide na sociedade. Esta revolución dos Asuntos Militares, obriga ós Estados Maiores a pensar a estratexia militar, a niveis de complexidade nunca antes alcanzados, pola compaxinación entre empresas, comercio, industria, banca e os sistemas de produción a unha escala global.
O rápido crecemento da década dos vinte, crea uns niveis de produción industrial que complica as relacións internacionais nos anos 30. A proliferación de inventos técnico-tecnolóxicos, e a puxanza das novas formas de produción industrial, freadas parcialmente polo crack do 1929, repercutindo nun notable aumento da tecnoloxía militar no período de entre-guerras, que deixaban obsoletas as vellas doutrinas militares.
O sistema demostrouse incapaz, dunha reanudación ordenada da produción civil e da "autorregulación" do mercado.
Adolf Hitler (de pé) pronuncia un discurso na refundación do NSDAP en febreiro de 1925. Ao seu carón -dende a perspectiva do espectador-: Á dereita: Gregor Strasser e Heinrich Himmler. Á esquerda: Franz Xaver Schwarz, Walter Buch e Alfred Rosenberg. Detrás de Hitler o Blutfahne (bandeira de sangue), unha reliquia central dentro da propaganda dos nacionalsocialistas.
«A SERPE DO MAL» ADÍCTA ÓS BENEFICIOS DA GUERRA
«A recuperación económica capitalista era "adicta" á industria do armamento». A redución do gasto en armamento a partir de 1918, tivo como consecuencia un considerable desemprego. A pesar das restricións, a poderosa empresa armamentística Krupp, non deixou de fabricar armas. Coa complicidade do goberno da República, Krupp trasladou en segredo, unha parte da súa produción armamentística. Valéndose de empresas subsidiarias, fabricou material de guerra en países que se mantiveran neutrais, como Holanda ou Suecia. Un rearme encuberto, que logo aproveitaría Hitler cando chegou ó poder no 1933.
A «oligarquía financeira alemán», especialmente o seu sector máis 'duro', se plantean uns plans de cara ó futuro, agora moito máis profundos e ambiciosos: Poñer fin ó Tratado de Versalles por riba de calquera cousa; a volta as antigas fronteiras e colonias do imperio alemán arrebatadas polas potencias rivais imperialistas; quitarse de enriba a unha socialdemocracia que, por moi ben que actuara en 1918-1919 freando as tentativas revolucionarias e apaciguando a poboación, era un estorbo; derrocar a xove República de Weimar e eliminar todas as concesións (laborais e civís) dadas nun período onde a burguesía alemán atopábase frouxa e ameazada e, por último, volver ós estados autoritarios e monárquicos anteriores a guerra.
Membros do partido Nazi, 1930.
Tamén pretenden eliminar para sempre a socialdemocracia (xa séa na súa vertente reformista ou revolucionaria) e ó movemento obreiro organizado. Para a oligarquía financeira, era impensable que o 'rebelde' movemento obreiro, ese que case se fai co poder no 1918-1919, non só que se organizara e defendese os tímidos dereitos adquiridos coa República de Weimar, senón que incluso aspirase a máis nun futuro.
A oligarquía financeira, se plantea o que o historiador Gossweiler chama «realización da dobre misión»: gañarse o apoio de amplas capas de traballadores e simultaneamente, aniquilar o movemento obreiro». Involucráronse na creación do partido 'nazi', e tras a súa ilegalización no 1923, apoian a súa reconstrución desde 1926-28, incrementándose co estalido da crise no 1929. Os empresarios, banqueiros e terratenentes que se unen e apoian ó partido nazi (Siemens, Krupp, IG-Farben, Wintershall AG, Deutsche Bank, Allgemeine Elektricitäts-Gesellschaft AG, Hoesch AG, Vereinigte Stahlwerke AG, e un longo etcétera… ), son os mesmos que dirixen a economía alemán e tamén estiveron involucrados anteriormente na creación da Liga Panxermánica, Liga Antibolxevique (1918), a DAAP e o NSDAP.
A contradición irresoluble do capitalismo, pola súa tendencia a reducir salarios do traballo, para reducir custes, elevando os beneficios, co resultado de que os traballadores non se poden permitir mercar artigos, que o seu traballo produciu; pero si aumentan os salarios e se reducen os beneficios empresariais, os capitalistas (empresarios) perden incentivos para inverter. Co resultado de que: «son os beneficios empresariais os que impulsan e alimentan o sistema».
A natureza do capitalismo, reforza a «revolution von oben -revolución dende arriba-» emprendida polos militares prusianos, que negaban a súa derrota militar na Guerra e que sinalan como culpables a xudeus, socialistas, comunistas, sindicalistas e en xeral calquer atisbo de emancipación.
«Si alguén pregunta por qué morrimos, decídelle:
Porque os nosos pais mentiron (Ruyard Kipling)»
George Grosz, de nome Georg Ehrenfried Groß (Berlín, 26 de xullo de 1893-Berlín Oeste, 6 de xullo de 1959), pintor que participou como soldado na Guerra, plasma nos seus cadros a realidade que percibe deste período de entre guerras, unha Alemaña con esperanzas contraditorias, que crean unha sensación de ameaza baixo os intensos praceres dunha época libre do horror dos catro anos de guerra:
«Era un mundo absolutamente negativo, revestido de ledas cores que moita xente consideraba a verdadeira Alemaña, un país feliz antes da erupción da nova barbarie. Os estranxeiros que nos visitaban naqueles días, deixábanse enganar facilmente por esa diversión aparente, esa superficie despreocupada e ruidosa, pola vida nocturna e a suposta liberdade e o florecemento das artes. Pero iso era só a superficie. Xusto debaixo de esa animación, que durou pouco, debaixo dese pantano relucente, agóchase a discordia fratricida e xeral, e formáronse rexementos para o xuízo final. […] E nós o sabíamos ou, ao menos, o presentíamos».
Käthe Kollwitz
Fontes:
- “A Fractura: Vida e Cultura en Occidente 1918-1938” de Philipp Blom. Editorial Anagrama.
- “Unha Historia Radical do Mundo” de Neil Faulkner. Editorial: Pasado Presente – Barcelona.
“B. Traven: Como a Revolución Bávara pareo un gran novelista”, Texto: Julius van Daal; Traducción: Gladys Martínez. Publicado no apartado de “Radical: A Utopía en Actos”; na revista “O Salto” nº 18, de Outubro de 2018.
“A Verba non vence ó Monstruo” de Xabier Valenzuela. Publicado en Tinta Libre nº 65, de xaneiro de 2019.
Wikipedia
https://arquine.com/rosa-luxemburgo/
https://www.laizquierdadiario.com/La-eterna-memoria-del-futuro
https://www.leftcom.org/es/articles/2018-11-10/lecciones-de-la-revolución-alemana
https://www.sinpermiso.info/textos/klaus-gietinger-habla-de-la-muerte-de-liebknecht-y-luxemburg-un-asesinato-puro-y-duro
https://mises.org/es/wire/la-manana-del-11-de-noviembre-de-1918
https://archivoshistoria.com/el-capitalismo-aleman-y-los-origenes-del-nazismo-la-liga-antibolchevique-1918-y-el-socialismo-de-los-industriales-del-acero/
https://revistamundodiners.com/el-hombre-que-hizo-de-la-mentira-un-arte/
https://revistadesbandada.com/2020/03/29/el-berlin-de-los-locos-veinte/
https://www.lavanguardia.com/historiayvida/historia-contemporanea/20200116/472902683101/gustav-krupp-armamento-igm-iigm-nazismo.html
https://www.lavanguardia.com/historiayvida/historia-contemporanea/20200315/474098557872/tercer-reich-regimen-adictos-drogas.html#foto-7
https://seguridadinternacional.es/resi/html/la-industria-de-guerra-alemana-como-elemento-de-planificacion-estrategica-durante-la-segunda-guerra-mundial/
PUBLICADOS:

OS MÁIS LEIDOS

FESTAS PATRONAIS 1945, A FORTALEZA DO TAPAL E O «SANCTI SPIRITU»

NÓS, OS IRRELEVANTES

FESTAS PATRONAIS 1946 CON SONETO Ó BERBERECHO

GACETA MUNICIPAL - 16 XULLO 1931

GACETA MUNICIPAL - 24 XULLO 1931

ULTREIA: TERCEIRA XEIRA (3/3)

«A DECADENCIA DE OCCIDENTE» de OSWALD SPENGLER (2/4)

MUNICIPAIS DO 31 (e 2)

«A TODO O QUE NON PENSE COMA NÓS»

FESTAS PATRONAIS 1947 / OS EMILIANOS / EVA DUARTE DE PERÓN