OLIMPIADAS BERLÍN 1936 EN DOUS DISPAROS
AS OLIMPIADAS COMO AGASALLO DOS ALIADOS COA REPÚBLICA DE WEIMAR
No 1931, Alemaña é elixida para acoller as Olimpíadas. Foi un xesto co que pretendíase agasallar o traballo de conciliación de posguerra, readmitíndose ó País na familia das nacións. Logro póstumo de Gustav Stresemann (Berlín, 10 de maio de 1878-Berlín, 3 de outubro de 1929).
Hitler é nomeado Chanceler a finais de xaneiro do 1933, e as Olimpiadas constituían un desafío e unha oportunidade, a partes iguais. Podendo mostrar ó mundo a nova Alemaña, dirixida polo seu gran líder en concilio co "capitalismo armamentístico", e mostrar o seu "pacifismo" e potencial como "raza" dun "novo mundo".
Proposta músical para acompañar a lectura, do album «Existence (Nova Concepción do Jazz)» de Bugge Wesseltoft.
O nazismo enfocouse nos preparativos, todo tiña que ser xigantesco en resposta tamén ante a "soberbia stalinista" das grandes obras e grandes logros. Ningún plan era demasiado ambicioso, ningún detalle demasiado nimio. Joseph Goebbels, o ministro de Propaganda de Hitler, tomouse os “Xogos” como un exercicio de relacións públicas a gran escala para o réxime nazi.
WOLFGANG FÜRSTNER COMANDANTE DA VILA OLÍMPICA
A principios de 1934, como parte do seu ambicioso plan, nomeou a Wolfgang Fürstner, soldado condecorado e home de confianza, Comandante da Vila Olímpica. De ele dependería o benestar de todos os atletas, así como as moitas impresións que se levarían ao voltar ós seus respectivos países.
Fürstner adicouse de cheo a tarefa de transformar uns antigos cuarteis, nun complexo con cento sesenta aloxamentos individuais, salas de reunión, espazos comúns e consultas médicas, entre outros servizos.
O novo comandante, tomou en conta as necesidades e os hábitos de atletas de distintas disciplinas e nacións. A os levantadores de pesas, os alimentaron con "steak tartare" e "fígado crú". Os atletas indios, tiveron a súa "dieta vexetariana". A delegación británica, non lle faltou o "leite malteado", nin as "verduras fervidas". Segundo o regulamento, os atletas dos EUA comerían "bife" no xantar, pero non “arenques afumados”. Cos chilenos, se tivo en conta a súa afección a consumir grandes cantidades de "marmelada”, e os finlandeses, tiveron "arándonos" en abundancia.
Mentres Fürstner se ocupa de non deixar nada ó azar, no tocante ao aloxamento dos atletas, a policía, empregouse en “embelecer” as rúas de Berlín, arrestando a centenares de vagabundos e “xitanos”, ocultándoos nun campo de internamento nas aforas da cidade, lonxe da vista dos posibles turistas.
Cando os preparativos chegaron a súa fase final, o "alto mando" felicita a Fürstner polo traballo feito. A súa Vila parecía unha postal de cine, e funcionaba como un mecanismo de reloxería; había dentistas, barbeiros e prensa internacional. Consciente da súa gran responsabilidade, quixo facer a "vila perfecta", pois Alemaña, quería gañarse a boa vontade de todas as nacións visitantes.
Non obstante, unha intensa polémica empanou os preparativos para o gran acontecemento. O Comité Olímpico Internacional (COI), insistía na "non discriminación dos atletas xudeus", a quenes tamén, se lles debía permitir formar parte dos equipos alemáns.
"XUDEOS": OS APESTADOS DE MODA
Algunhas organizacións xudeas, fixeron un chamamento a "boicotear os xogos", e varias asociacións de esquerda, prepararon unha "Olimpiada de Traballadores" con sede en Barcelona. Durante varios meses, ninguén tiña claro, si finalmente as Olimpíadas se celebrarían ou non.
Dende o seu exilio en París, o escritor alemán Heinrich Mann, declarou:
“Como pode respectar os deportes pacíficos e a uns atletas pacifistas, un réxime que se basea nos traballos forzados e a escravitude de masas, e que só existe gracias a unha propaganda mendaz?. Créanme, os atletas internacionais que vaian a Berlín, alí só serán gladiadores, presos ou bufóns da corte dun ditador que xa se ve a sí mesmo como amo do mundo”.
HELENE MAYER
Gracias a un pacto, conseguiuse que Alemaña asegurase a celebración dos Xogos en Berlín. O Reich, garantía a presencia de atletas xudeus, e que non se discriminaría a os xudeus, durante as Olimpíadas.
Discretamente, a dirección do Partido Nazi, dou a orde de quitar das rúas, os carteis e mensaxes antixudeus mentres durasen os xogos.
Así pois, Alemaña estaba obrigada a presentar, cando menos, "un" atleta xudeu na equipa nacional. A elección recaeu en Helene Mayer, que en realidade era "medio xudía", "tiradora de esgrima", rubia e de ollos azuis, que fuxira da discriminación, e estaba vivindo nos Ánxeles (EUA).
Mayer, era unha atleta excepcional, candidata segura ao ouro olímpico. No 1924, con trece anos de idade, gaña os campionatos nacionais alemáns e catro anos despois, unha medalla de ouro nos Xogos de Amsterdam, pero nada diso impediu que no 1933, a "expulsaran" do seu club de esgrima, tras o cal, refuxiouse nos Estados Unidos.
Agora, as autoridades nazis a contactaron para convidala, dándolle a entender, non só que a súa participación sería benvida, senón tamén, que unha negativa non lles poría as cousas doadas, a os membros da súa familia que aínda seguían na Alemaña.
Mayer, considerando que se atopaba en boa disposición para negociar, pediu que lle devolveran a nacionalidade alemán, pero ao final, tivo que resinarse a voltar ó seu País, sen ningunha garantía ó respecto. A prensa recibiu instrucións, no senso de non informar da súa chegada, e non mentar, en ningún caso, a súa ascendencia xudea.
Finalmente, conseguiu unha medalla de prata. Cando subiu ao podio, fixo o saúdo nazi, non por sentirse orgullosa da súa patria, senón para protexer a súa familia.
AS OLIMPIADAS COMO CELEBRACIÓN INDIGNA DO NACIONALISMO HISTÉRICO
Deses xestos públicos, para ocultar o medo íntimo, víronse moitos durante as Olimpiadas, sobre todo entre os xudeus, que, mentres os reflectores internacionais enfocaban a Alemaña, viviron unhas «estrañas vacacións» do maltrato diario que padecían.
O lingüista Victor Klemperer, que perdera a súa praza na universidade, levou un triste diario relatando o que ocorría no seu País. Home dunha gran cultura e educado na antiga tradición alemán, consideraba que:
«todos os Xogos Olímpicos -non só os de 1936- eran unha celebración indigna do nacionalismo histérico, unha ocasión na que a cultura dunha nación se iguala, non con elevados logros intelectuais ou artísticos, e moito menos co trato humano que esa nación daba ós seus súbditos, senón simplemente coa velocidade coa que un individuo era capaz de correr».
«todos os Xogos Olímpicos -non só os de 1936- eran unha celebración indigna do nacionalismo histérico, unha ocasión na que a cultura dunha nación se iguala, non con elevados logros intelectuais ou artísticos, e moito menos co trato humano que esa nación daba ós seus súbditos, senón simplemente coa velocidade coa que un individuo era capaz de correr».
Non obstante, os xogos de ese ano, eran «unha iniciativa política de principio ó fin. […] A os nativos e a os estranxeiros, non deixan de inculcarlles a "machamartelo" que o que alí se ve, é un espírito en alza, florecente e novo, a unidade, a solidez, o esplendor e tamén, naturalmente, o espírito pacífico e o amor ao mundo do Terceiro Reich».
Nestes Xogos Olímpicos, se producen varias novedades: cobertura televisiva en vivo, en branco-preto, rexistro fotográfico e fílmico en cor, usando o recén inventado «Agfacolor» e a carreira de relevos para traer o «lume olímpico» dende Grecia a Berlín.
DESPIDO SUMARIO: O DISPARO SUICIDA
En maio, tres meses antes da inauguración oficial dos Xogos, "despediron sumariamente" a Wolfgang Fürstner do seu posto de Comandante da Vila Olímpica. As autoridades competentes alegaron que, durante un día de portas abertas, algúns visitantes locais, pouco coidadosos, danaron as estruturas do complexo. Pero a verdadeira razón non tardou en coñecerse.
Oito meses antes, durante o gran mitin anual en Nüremberg, os nazis anunciaran a introdución de "novas leis raciais", en virtude das cuais, entre outras cousas, a os xudeus se lles retiraría a nacionalidade alemán e se lles prohibiría casarse ou ter relacións sexuais con persoas de outra relixión.
Concenziudos como sempre, os xenealoxistas do Reich determinaron que Fürstner tiña un "abó xudeu" e o clasificaron entre os que tiñan "unha cuarta parte de xudeu". O oficial, que posiblemente descoñecía ese detalle sobre os seus antepasados, non saía do seu asombro.
O degradaron a subcomandante e o reemprazaron, con un militar máis xoven e "ario", absolutamente disposto a colleitar os froitos do "meticuloso" traballo de Fürstner.

O Comité Olímpico Alemán, donou unha nova lápida para a tomba de Fürstner, adicada en xuño do 2002 polo Presidente do Comité, Walther Tröger. A lápida, nomea a Fürstner como "Comandante Adxunto da Vila Olímpica en 1936 (stellvertretender Kommandant des Olympischen Dorfes 1936)".
Enfrontado, non só a degradación, senón tamén a expulsión do exército, Fürstner mostrouse "estoico". Asistiu a todos os Xogos, e incluso a unha cea en honor do seu sucesor o 19 de agosto, tres días despois da clausura. Na metade da comida, se desculpou e se dirixiu ao cuartel onde se aloxaba, sacou a súa arma da cartucheira de coiro, apuntouse na sién e apertou o gatillo. Tiña cuarenta anos.
A prensa alemán, recibiu instrucións para presentar o ocorrido como un tráxico accidente de automóbil. O enterraron con honores militares no «Invalidenfriedhof» de Berlín, un cimeterio castrense, onde estaban enterrados outros heroes alemáns, como o "ás da aviación", Manfred von Richthofen, «o Barón Roxo». Así quedou zafa a reputación do Reich, e Fürstner levouse o seu segredo e desesperación a tomba.
O DISPARO DA FAMA: A COR DO OURO OLÍMPICO
Foron poucos os que escoitaron no cuartel, o disparo suicida de Fürstner. Dúas semanas antes, o 3 de agosto de 1936, o son de outro disparo escoitouse en todo o mundo: a detonación breve e seca da pistola de saída para os 100 metros masculinos, quizá o momento de maior prestixio de todos os Xogos. O propio Hitler veo como os corredores ocupaban a súa posición na liña de partida.
A gran esperanza branca de Alemaña era Erich Borchmeyer, que con trinta e un anos xa era un veterano. Moi preto dele, un estudante norteamericano, dez anos menor que o alemán. O mozo, comentaba rememorando aquel intre: «Ollei a pista, os 100 metros que tería que correr ate chegar a meta, e me puxen a pensar en todo o que me custara chegar ate aquí». Tamén facía a seguinte reflexión: «E mentres ollaba o uniforme do País ó que representaba e tomaba conciencia de que, ao fin e ao cabo, eu só era un home igual a todos os demais, de repente tiven a sensación de que as miñas pernas non podían cargar sequera, co peso do meu corpo».
Jesse Owens deixou atrás o bloque de saída, e entrou na historia do deporte, cun tempo de 10,3 segundos. Na película que se filmou ese día, vemos a Hitler, espectador animado na maioría das demais competicións, ese día mostra "cara de pedra", e dando as costas con manifesto disgusto. Owens era afroamericano, como Ralph Mercalfe, o gañador da medalla de prata.
Estaba previsto que o "Führer", saudara persoalmente ó gañador, pero este, abandonou o estadio, antes da cerimonia de entrega dos premios.
A Owen, importoulle pouco o desaire do Führer. Nos Estados Unidos, os periódicos publicaron un sen número de comentarios "indignados", sobre unha actitude que consideraban un "claro insulto". Con todo, esa reacción dos medios norteamericanos, irritou a Owens. Os mesmos medios, que agora reclamaban un trato xusto para cun atleta norteamericano en Alemaña, eran os mesmos, que sempre o trataran como un cidadán de segunda no seu País.
O NEGRO JESSE OWENS
Jesse Owens, fillo dun parceiro de Alabama, era o menor de nove irmáns, nados todos na pobreza. De pequeno, acostumaba a agocharse das mozas do lugar, pois non tiña roupa suficiente para cubrirse como a decencia recomendaba. Durante a Primeira Guerra Mundial, a familia instalouse en Cleveland, Ohio; foi unha máis, dos centos de familias de negros sureños, que decidiron buscar unha vida mellor nos estados do Norte.
No colexio, a velocidade do neno non tardou en atraer a atención, e o inscribiron en competicións que con toda probabilidade gañaría. No 1932, con dezaseis anos, o elixiron para formar parte do equipo olímpico dos Estados Unidos. No ano seguinte iguala o récord mundial de 9,4 segundos nas 100 iardas. A pesar de que nunca aprendeu a ler ben, lle concederon unha praza na Universidade Estatal de Ohio, de maioría branca, onde puido concentrarse no deporte.
Owens, era un estudante que se beneficiaba dunha beca especial, por ser un atleta talentoso, pero non lle permitiron aloxarse nunha das residencias para homes da universidade. Nos restaurantes locais negábanse a servirlle, e tiña que usar a porta traseira dos estadios, para poder competir en moitas das carreiras que acababa gañando.
A súa situación económica era precaria; mentres entrenaba, gañábase a vida traballando de ascensorista e, tamén, de porteiro da cafetería da universidade. Despois de competir nalgunha carreira noutra cidade, Owens e os seus colegas atletas, negros todos eles, de cote comían no auto e durmían no albergue para vagabundos locais, o único lugar ao que lles permitían acceder. Unha vez, en Kokomo, Indiana, escaparon polos pelos dun linchamento.
Nos Xogos Olímpicos de 1936, Owens foi gañador das probas de 100 m., 200 m., 4x100 m. e salto de lonxitude, gañando "tres medallas de ouro", un logro histórico en sí mesmo, pero cando volveu ós Estados Unidos, o atleta máis destacado do País, nin sequera recibiu un telegrama de felicitación do Presidente Franklin D. Roosevelt. Faltaba moi pouco para as eleccións, e o Presidente non podía permitirse "adular publicamente" ós negros.
Máis tarde, Owens dixo, que ese "desprecio" lle doeo máis, que a ridícula irritación de Hitler o día da súa vitoria en Berlín.
George Bush (1989-1993) concede postumamente a Jesse Owens a Medalla do Honor do Congreso dos EUA.
![]() |
James Cleveland "Jesse" Owens, nado en Oakville (Alabama) o 12 de setembro de 1913 e finado en Tucson (Arizona) o 31 de marzo de 1980. |
Fonte:
"A FRACTURA: Vida e Cultura en Occidente, 1918-1938" de Philipp Blom. Colección Argumentos da Editorial Anagrama (Primeira edición 2016).










