CATALINA DE ERAUSO, A MONXA ALFÉREZ (I/III)
![]() |
Dona Catalina de Alférez, coa golilla, o alzapescozo de ferro e o coletillo de "ante mal atacado", de aspecto viril, militar e aspro, de persoalidade pouco conciliante. |
"Esta é a historia de un ser de outro
mundo, dun animal de galaxia, é unha historia que ten que ver co
curso da Vía Láctea, é unha historia enterrada, é sobre un ser da
nada", canta Silvio Rodriguez no tema da “Canción do Elexido”
referíndose ó Che Guevara, e que encaixan coma unha luva en
Catalina de Erauso.
Catalina de Erauso convértese en home a edade de quince anos por pura supervivencia. A súa vida como muller lle foi negada, cando a familia decide ingresala no convento para convertila nunha novicia máis. Recibe unha "educación espartana", en condicións de clausura conventual, pasando "de nena a ancián" sen experimentar o tempo de xuventude, onde forxa unha persoalidade irreductible e única, allea ós valores educativos tradicionais da época.
O seu corpo convertido nun carruaxe do que se sirve para "correr a vida". No pescante un home, o "alférez" ou o que toque representar, renunciando a muller que lle veu de orixen e inútil para o seu desenrrolo humano, nun mundo ferozmente masculino.
A clausura conventual, proporciónalle unha notable formación, tamén emocional, polo que non terá moito problema, de dirixir eficientemente as "bestas" que tiran do seu carruaxe. Burlou a Caronte innumerables veces, o seu carácter destemido a converte nunha supervivente nata, onde manexa con facilidade e dominio o trato cos demais, preservando o seu "ser" cun celo tal, que nin o propio irmán entra na sospeita. Vive unha eterna xuventude, desdeñando os bens materiais, dos que se vale para unha finalidade inmediata e útil para sobrevivir.
O que se coñece da súa vida é por unha autobiografía-memorial que escribiu ó rei Felipe IV acompañando a solicitude dunha pensión vitalicia, datada o 18 de setembro de 1624, de volta a España no galeón “San Xosé”.
O "relato", cheo de feitos verídicos e con situacións e coincidencias, tan forzadas como incribles, tivo moita sona.
Fixéronse dúas edicións das súas memorias en 1629. O dramaturgo Juán Pérez de Montalbán, discípulo de Lope de Vega, compuxo e representou na corte “A Monxa Alférez”, obra teatral que marcou definitivamente ó personaxe, convertíndoa en cinzas bizarras da rareza humana.
I/XVIII
NACER PA VIVIR EN CLAUSURA CONVENTUAL, O DESPERTAR "PUBER" DO HOME QUE TEN QUE "SER", SECRETARIO EFICIENTE QUE COMPROMETE A "DOCE LIBERTADE" CONQUERIDA, ENCONTRO CASUAL COS PAIS DISPOIS DE MÁIS DE DEZ ANOS SEN VELOS, PRIMEIRA "REFREGA" E CÁRCERE POR UN MES.
Catalina de Erauso nace en San Sebastíán no 1585 (según partida de nascencia no 1592). Pertenecente a pequena nobreza guipuscoana, era a menor de seis irmáns, e como moitas mozas da época entra no convento en 1589 a idade de catro anos con tres irmáns, no convento das dominicas de San Sebastián o Antigo. Polo seu forte carácter e inadaptación, é trasladada ó convento de clausura de San Bartolomeu, con normas de clausura máis estrictas.
Con quince anos e ante o reiterado abuso violento dunha compañeira noviza de complexión robusta, decide escapar do convento. Foi o 18 de marzo do 1600 na véspera da festividade de San Xosé, entrando na primavera, cando se fai coas chaves do convento, colgadas na parede da cela da súa tía, tamén monxa, aproveitando o canto dos matinais no convento, di sentirse mal a súa tía e aproveita para “sair a rúa, que nunca vira, sen saber dirección a tomar, nen a onde ir”.
Coas tixeiras que colleu, córtase o pelo coma un mozo, e dunhas telas confecciona a indumentaria adecuada para a estreada condición sexual.
Este proceso transformativo, levoulle como tres días nunha fraga de castiñeiros situada tras do convento, convertíndose nun de tantos mozos probes que andan polos camiños en busca de traballos temporais, teito e algo de sustento. Fai camiño a Vitoria, sustentándose de herbas que atopou de camiño.
Ponse ó servizo dun “catedrático” que lle colle moito aprecio, sobre todo despois de vela leer ben o latín, empeñándose en que estude. Este aprecio e insistencia alarmou a Catalina que vía comprometida a súa liberdade, e dispois de tres meses volve a fuxir.
Concerta cun arrieiro en doce reais e chega a Valladolid que era a capital do reino de Felipe IV, co nome de Francisco Loyola traballa seis meses como paxe dun segredario do rei. O seu novo amo, Xoán de Idiáquez, tiña trato co seu Pai, e un día coincide co seu Pai na casa na que sirve, pero este non a recoñece. Escoita a conversa, descubrindo que a están buscando, e decide fuxir de novo, esta vez a Bilbao, cun arrieiro: "deixándose levar polo vento coma unha pluma".
Indo por Bilbao, uns mozos búrlanse dela, cercandoa, leándose a pedradas con eles, ferindo a un deles, motivo polo que a condenan ó cárcere un mes, ate que o acosador sandou das feridas.
Despois de Bilbao, vive en Estella, onde se acomoda ó servicio como paxe de Carlos Arellano, do hábito de Santiago, por dous anos, ben tratado e ben vestido.
Vaise a San Sebastián, escoita misa no convento onde fora ingresada, xunto a súa nai, que «non me coñeceu», asegura nas súas memorias.
Esto sucedeo, entrado xa o ano de 1603.
![]() |
II/XVIII
NORTE A SUR, O MUNDO É UN PANO, EMBARQUE A AMÉRICA: "A FEBRE DO MOMENTO", TRABALLA CO TÍO EN ANONIMATO, DESEMBARQUE-ESCAPE DE VOLTAR A ESPAÑA, EXPERIMENTANDO A LIBERTADE COSTEANDO O PARAISO CENTROAMERICANO, NAUFRAXIO EN MANTA, ENCARGADO MERCANTIL
En Pasaxes colle un barco, axustado en cuarenta reais, que a leva a Sanlúcar de Barrameda, visita Sevilla e dous días dispois volta a Sanlúcar, onde senta praza como gurumete no galeón do capitán Esteban Eguiño, primo irmán da súa nai, que parte para Punta de Araia o luns mes de Santos do ano 1603.
Chegamos a Punta Araia, arribando finalmente en Cartaxena das Indias, onde pasa a servir ó capitán Eguiño, o seu tío. Van a Nome de Deus, onde están nove días. Embarcada a prata e preparado todo, o día da partida de volta a España, a eso das dez da noite, Catalina, cóllelle quinientos pesos ó seu tío e desembarca, partindo o barco sen ela.
Acomódase co capitán Xoán de Ibarra, partindo ós seis días a Panamá. Alí coñece a Xoán de Urquiza, mecader de Truxillo, co que permanece en Panamá tres meses.
Parten a Paita, onde Urquiza tiña un cargamento. En Manta, un forte vento os manda a pique, salvándose ela, o amo e outros, afogando a maioría. Chegando a Paita e atopando a carga na nao do capitán Alonso Cerrato, Urquiza dalle orden a Catalina para que se faga cargo da carga, enviandoa a Saña.
III/XVIII
COMERCIAL DE PANOS E VIDA DE PRÍNCIPE, AVATE A SÚA PRIMEIRA VÍCTIMA, TRASLADO A LIMA, CAMBIO DE PATRÓN, MELLORA A HABILIDADE COA ESPADA, DAS PROMESAS DE "ENTRAS-PERNAS" A VER MUNDO RUMBO A CHILE, SE CHAMA "DIEGO BRAVO DE SARABIA".
Urquiza queda moi satisfeito polas xestións de Catalina, empregandoa na tenda de panos que tiña en Saña, dispoñendo de dos escravos africanos para o traballo, ademais dunha muller, tamén negra, que lle fai a comida e coida da casa. Nela convive coa amante do amo, Beatriz de Cárdenas.
Un domingo, acude ó curral de comedias da localidade, e un español, un tal Reis, séntase diante dela, tapándolle parte do escenario. Pídelle que lle deixe ver, e o tipo, chuleándose lle resposta con desprecio: “que se vaia dalí ou lle cortará a cara”. Catalina aguanta o desplante. O día seguinte, o tal Reis pasa fronte a súa tenda e esta aproveita para vingar a afronta. Pecha o tinglado, toma un coitelo, acude onde o barbeiro para que lle amole e pique o fio coma unha serra, ceñíndose por primeira vez a espada o cinto e busca a Reis, atopándoo onde a igrexa. Aproxímase por detrás, e dille: “Ah, sinor Reis!”, este se volve: “Que pasa?”; “Esta é a cara que se corta”, di Catalina, e córtalle a cara “cun refilón que lle valeu dez puntos”. O amigo que acompañaba a Reis reacciona, e Catalina “o atravesa ca punta no lado esquerdo e cae”.
Como tantos delincuentes da época, busca refuxio na igrexa, aínda que o correxidor sáltase a lei, entra no recinto sacro e a saca a rastras ate o cárcere, onde lle poñen grillos e cepo. Avisa ó seu patrón do incidente, este percorre as 32 leguas que separan Truxillo de Saña conseguindo a súa liberación, esixíndo xustiza e sexa restituída á igrexa, de onde fora quitada ilegalmente. Permanece tres meses ó resgardo da igrexa mentras dura o pleito.
Estando nunha situación de debilidade, precisando de protección fronte a xustiza, o patrón lle propón de casarse con Beatriz, pois a sobriña desta estaba casada co tal Reis, co cal “sosegaríase todo”. A pesar da boa disposición de Beatriz por Catalina e a insistencia do patrón, apoiando a proposta con promesas de “montañas de ouro”, Catalina acepta a proposta de trasladarse a Truxillo (obispado sufraganeo de Lima) atendendo o negocio de telas que o patrón tiña nesta localidade.
Pasados dous meses do traslado e estando na tenda, entra un africano do servizo a avisala de que a buscan tres cabaleiros, que son Reis co amigo do encontro en Saña e outro. Nesta refrega a estocadas e a par do negro, o amigo de Reis volve a caer para non erguerse nunca mais. Catalina mata ó seu primeiro home.
Detida polo correxidor Ordoño de Aguirre, vai camiño do cárcere cando este lle pregunta de donde é, e descubrindo que é “vizcaino” coma ele, dille en euskera que, pasando fronte a igrexa, se solte da pretina, corra ate o templo e se acolla a protección de Deus. Este homicidio a obligaba a marchar de Truxillo, acordando co seu patrón trasladarse a Lima cunha carta de recomendación e dous mil seiscentos pesos.
En Lima, entregou a carta de recomendación a Diego de Solarte, mercader moi rico e consul maior de Lima, que a contratou para traballar na súa tenda de panos por seiscentos pesos anuais de paga, mentras agardaba o xuizo polo homicidio de Truxillo.
Durante nove meses traballa na tenda de panos e lábrase unha reputación de imbatible espadachín. Catalina tontea coas doncellas que a muller do consul tiña na casa para o servicio, “e sobre todo cunha que mais se me inclinou, coa que acostumaba a xogar e triscar”. Un día, “estando peiteándome no regazo das súas faldas e andándolle nas pernas” as escoita o patrón, xusto cando a doncella lle propón de fuxir a Potosí para casarse, o galán é despedido.
Apúntase nunha das seis compañías militares que se estaban formando en Lima para ir a Chile, o cónsul o enterarse pretende facer xestións para que abandone esa idea, pero Catalina era firme na súa inclinación de andar e ver mundo. Deixando definitivamente o seu labor de encargado de venta de panos, converténdose en militar, como mestre de campo Diego Bravo de Sarabia.
![]() |
Mapa do Reino de Chile - Alfonso de Ovalle, 1603-1651. |
IV/XVIII
AFILIADO SOLDADO POLO IRMÁN CO QUE MANTÉN O ANONIMATO DA SÚA "NOVA IDENTIDADE", DOLO CO IRMÁN POR UNHA MULLER, DESTERRADA A FRONTE ARAUCANA, O "DEMO A CAVALO" DOS INDÍXENAS, ASCENSO A CAPITÁN, EXECUTA Ó CACIQUE QUISPIGUACHA, DEVASTACIÓN D*S INDÍXENAS.
Embarca rumbo o porto de Concepción en Chile, distante de Lima quinientas cuarenta leguas, cunha tropa de mil seiscentos homes. Chegan a Concepción vinte días dispois, tomándolle nota da súa filiación un capitán que resulta ser Miguel de Erauso, o seu irmán, ó que non vira dende que tiña dous anos, polo que non se recoñeceron. Cando Catalina di que é de San Sebastián, emocionado Miguel fai xestións ante o gobernador para evitar que Catalina fora destinada a prisión de Paicabí e poñela como soldado o seu servicio, compartindo a mesma mesa durante tres anos, sen sospeitar que se trata da súa irmán.
Todo vai ben ate que Miguel descubre que Catalina visita as agachadas unha dama que a ele tamén lle gusta. A disputa remata en pelexa. Nesta ocasión, perde Catalina, que é desterrada tres anos a Paicabí no frente araucano tamén en Chile, onde a guerra contra os indios é máis intensa.
Tres anos vive “coas armas na man”. O soldado Diego Bravo é desapiadado cos araucanos, “maltratándoos sempre e destrozandoos”. Na batalla dos Llanos de Valdivia, un grupo de indios arrebata a bandeira os españois, Catalina con dous soldados parten tras eles. Os soldados que a acompañan caen mortos, e a pesar de estar ferida nunha perna derruba o cacique mapuche recuperando a bandeira. Queda malferido de tres frechas e unha lanza no hombreiro, estuvo nove meses recuperándose. A fazaña válelle o nomeamento de alférez da compañía de Alonso Moreno, cargo que exerceu durante cinco anos.
Na batalla de Purén morre o capitán da compañía, co que tiña unha gran amizade, facéndose cargo da compañía como capitán durante seis meses. É destituido, por coller cativo ó cacique cristianizado Francisco Quispiguacha e ordenar o seu aforcamento inmediato, cando o gobernador quería collelo con vida para sometelo a interrogatorio. Dispois de sobrevivir seis meses de batallas en Purén, facendo moitos danos de talas e queimas de sembrados, o gobernador Alonso de Ribera dalle licenza para volver a Concepción.
Itinerario de Catalina de Erauso na aventura americana. |
V/XVIII
ATRAVÉSALLE OS "CARRILLOS" Ó GOBERNADOR CUNHA DAGA, DOLO NA ESPESA NÉBOA: "METÁFORA DA IDENTIDADE DA IRMÁN PEQUENA QUE VIRA POR ÚLTIMA VEZ CON TRES ANOS", MATA AO SEU IRMÁN, CREBANDO COA PERIGOSA VIDA MILITAR.
A vida de soldado coa categoría de alférez o conduce de cote as casas de xogo, onde non é difícil rematar a cuchilladas cos rivais da partida. A súa perigosa vida de militar, remata cando un día, en Concepción, un xogador o insulta chamándolle mentiroso e cornudo. Catalina o atravesa coa espada. É fortemente inmobilizado, facéndolle non sei que preguntas o auditor xeral Francisco de Párraga, contestando que declararía ante o gobernador. Entra o seu irmán, que lle dí en vasco que procurase salvar a vida. Ante os maltratos do auditor, atravesoulle os carrillos cunha daga. Escapa acolléndose a igrexa de San Francisco, onde supo que quedaban mortos o alférez e o auditor. A igrexa foi cercada por seis meses polo gobernador, "publicando bando, prometendo premio a quen me prendera e que en ningún porto me desen embarcación". Ata que co tempo, que o cura todo, “foise caendo a urxente provocación do principio e no apreto encadeado do lance”.
Un día de estos, o amigo alférez Xoán da Silva, pídelle que o acompañe a un desafío que concertou ese día as once da noite. Catalina recelaba de si era unha treta para prendelo de novo, Xoán da Silva dille: “Si non vos parece, non sea; eu irei só, que a outro non ei de fiar ó meu lado”.
Era unha noite pechada, que non ve nin as súas propias mans, menos aínda o rostro do home con quen loita. Alcanza e atravesa ó seu contendente e, antes de que expire, averigua que se trata do seu propio irmán, o capitán Miguel de Erauso. Acudiron médico e ciruxián, a preguntas de quen fora o homicida, Miguel solicitaba un pouco de viño, o médico negoullo pola súa inconveniencia, ó cal o capitán Miguel de Erauso di: “Máis cruel anda vostede conmigo que o alférez Díaz”, e o pouco expirou.
Tamén morreron o alférez Xoán da Silva e o seu contendente Francisco de Roxas. Acudiu o gobernador, mentres o alférez guarecíase no convento franciscano. Intenta entrar a guardia do gobernador, pero os frades o impiden.
Catalina asiste dende o coro do convento ó enterro do seu irmán no cimenterio do mesmo convento, onde pasou oito meses. Tuvo o amparo de Xoán Ponce de León, que lle dou cabalo e armas para que saira da Concepción e partira a Valdivia e Tucumán.
VI/XVIII
CRUZANDO OS ANDES E CASI MORRER NO INTENTO, «CALAVERA NUNCA CHORA», DE CONCEPCIÓN A TUCUMÁN A CONTRAER MATRIMONIO CON DUAS MULLERES.
Na súa enésima fuxida da xustiza, Catalina cruza os Andes en dirección a Tucumán. Para atravesar a cordilleira xúntase con dous soldados de “mal andar”. Para o seu sustento cómense os cabalos, seguindo a ruta a pé.
Entrando en terrra fría, creen toparse con dous homes ó carón dunha peña que parecen sorrir contentos de velos. Cando se achegan, descobren que o sorriso é o aceno provocado pola conxelación dos músculos do rostro. Estaban “xeados, coas bocas abertas como nun permanente sorriso, o que lles causou pavor”. Os dous compañeiros, tamén foron vítimas da conxelación. Canso, descalzo e cos pés doentes, arrimouse a unha arbre e chorou por primeira vez que lembre, encomendándose á Virxen e a San Xosé. Catalina descendeu da cordilleira andina san e zafa, a terras mornas da actual Arxentina.
Alí a atopan case exhausta, dous cabaleiros cristiáns que a levan a unha facenda, propiedade dunha mestiza cunha filla. A viúva non só se compadeceu daquel fuxitivo, senón que concibiu a idea de que se casara coa súa filla, xa que había poucos españois por alí e o fuxitivo era mellor partido que casala cun indio. A moza tiña un problema: “Era moi negra e fea coma un diaño, moi contraria ó meu gosto, que foi sempre de bos rostros”.
Pasados dous meses, foron a Tucumán para efectuar o casamento. Alí estubo outros dous meses, entretendo a india, mentres entabla amizade co segredario do bispo de Tucumán, o que lle levou a coñecer a Antonio Cervantes, canónigo da igrexa e provisor do obispo, que tiña unha sobriña da mesma idade que Catalina (28 anos aprox.) e proponlle que a despose. O que lle parece ben a moza, flirteando con ela, e tamén dalle largas ate que se cansa do xogo e deixa plantadas as dúas: “E non voltaron a verme xamais”.
![]() |
Guerra de Arauco. Xerónimo de Bibar-s.XVII |
VII/XVIII
FUXIDA A POTOSÍ, «APOCALIPTO» DOS ALZAMENTOS POPULARES, FAI 10.000 ANACOS DUN NENO INDIO E TORMENTO NO POTRO.
Fuxe ó norte, facendo camiño cun soldado que ia na mesma dirección, durante máis de tres meses. Nesta ruta, saíronlle tres atracadores, caéron dous e o outro fuxiu.
Chegan a Potosí, na actual Bolivia, onde se acomoda con Xoán López de Arguixo que o contrata como camarero, con salario de novecentos pesos anuais. Parten para Charcas, onde o amo ten problemas cunha xente, co que Catalina se despide e volta a Potosí.
En Potosí colabora na represión do alzamento de Alonso Ibáñez contra o correxidor Rafael Ortiz, apoiando ó correxidor dando vivas ó rei, fronte a quenes a daban pola liberdade. Derrotando o alzamento: “dándose tormento a algúns dos capturados e confesaron pretender alzarse coa cidade aquela noite”. Ós quince días, foron todos aforcados, “co que a cidade quedou queda”.
Por esta participación, pasa a ser axudante de sarxento maior de Potosí durante dous anos. O gobernador de Potosí, xuntou un continxente para sofocar o levantamento de indios en Chuncos e Dourado, situados a quinientas leguas de Potosí.
Nesta expedición e nun descanso, o mestre de campo Bartolomé do Alba é alcanzado pola frecha dun indio duns doce anos encaramado a un arbol, que lle entra por un ollo, expirando ós tres días. En venganza fixeron “dez mil anacos” do mozo indio.
Grandes matanzas de indios ate pasar o río Dourado e rapiña do seu ouro, protagonizou este continxente.
As súas correrías proseguen pola cidade da Prata onde, por erro é acusado de acuchillar na cara a unha muller. Danlle tormento no potro: “Comenzaron as voltas, e estuven firme coma un carballo”; aguantando ate que chega a declaración dun testigo que o exculpa. Rematando o suplicio decindo o alcalde: “Quítese ese mozo de ahí!”.
VIII/XVIII
XOGO E MORTE, COA FORCA NO PESCOZO SAFA "IN EXTREMIS", AXUDA A MARÍA DÁVALOS A FUXIR DO MARIDO E DETÉN A UN ASASINO.
As liortas derivadas da súa afeizón polo xogo a leva a matar a un mercader de Sevilla en Charcas, acolléndose na igrexa da maior, onde pasa uns dias, fuxindo logo a Piscobamba.
Tamén a deribas do xogo, mata o portugues Fernando de Acosta en Piscobamba, sendo condenado a morte. Chegado o día de cumplir a súa execución, a visten co hábito de tafetán dos reos, a suben ó patíbulo, lle votan o volatín ó pescozo, que por torpeza do verdugo non llo poñía ben, e díxolle: “Borracho, ponmo ben ou quítamo!”. Estando nestas, entra unha posta da cidade da Prata dicindo que paren a execución, pois o buscan por un delito pendente.
En Prata, o proceso pendente debíase a que os testigos de vista pola morte do portugués, o fixeran en falso, inducidos e pagados, declarando esto antes de ser aforcados por outros delitos, quedando de novo en liberdade.
En Cochabamba axuda a dona María Dávalos, a fuxir do seu marido Pedro Chavarría natural de Navarra, que acababa de matar ó seu amante, e iba a por ela. Logra poñela a salvo coa súa nai María de Ulloa, que era monxa no convento de San Agustín na Prata.
Traballa para a audiencia desa cidade, facendo pesquisas de denuncias. Nunha investigación, en Piscobamba detén ó alférez Francisco de Escobar como autor do aleivoso asasinato de dous indios para roubalos e enterralos nunha canteira preto da súa casa. Gábase de que, grazas a súa intervención, o asasino é aforcado.
IX/XVIII
MATA E CASE A MATAN, CONDENADA A MORTE MÁIS UNHA VEZ, SAFA POLA HOSTIA CONSAGRADA Ó GRITO DE: «IGREXA ME CHAMO!», EN PROCESIÓN BAIXO PALIO E CATIVERIO POR CINCO MESES.
Trasládase a A Paz, alí mata ó criado do correxidor coa daga, por un desplante que lle fixo. É detida e encarcelada, mentras cura as feridas que lle produciron os que se lle votaron enrriba. O correxidor a condea a morte.
Estuvo dous días en confesión, o franciscano que a asiste a pon ó tanto do uso da “sagrada forma” para safar en caso de apuro. Celébrase a misa no cárcere no terceiro día, cando recibe a comuñón, quita a hostia da boca, a colle coa man dereita e grita: “Igrexa me chamo, Igrexa me chamo!”. Tendo a forma consagrada na man, ármase un escándalo, todos a acusan de herexe, o sacerdote manda que ninguén se achege a mín, e organízase unha estraña procesión, na que gardas e sacerdotes a acompañan ó sagrario máis preto "baixo palio", para que deposite a hostia que contén ó mesmo Deus. Deste xeito, burla de novo á xustiza, aínda que a igrexa queda cercada durante un mes, ate que lle quitan a garda. Por intercesión do señor obispo, que lle proporciona unha mula e cartos, vaise para Cuzco.
En Cuzco foi encarcelado durante cinco meses polo correxidor Fernando de Guzmán, acusado de dar morte ó anterior correxidor Luís de Godoy. Ó cabo dos cales, comprobouse a súa inocencia, saíndo en libertade e partindo de Cuzco.
A seguir:
Fontes:
- Dibuxos de Robert Ingpen, do libro: "Enciclopedia das Cousas que Nunca Existiron".
- “Tránsfugas, Travestís e Traidores: Rebeldes exemplares da Historia de España” de Arturo Arnalte, publicado por www.esediciones.es.
- A increible historia de Catalina de Erauso, A Monxa Alférez: https://historia.nationalgeographic.com.es/a/increible-historia-catalina-erauso-monja-alferez
- Historia da Monxa Alférez: https://www.cervantesvirtual.com/obra-visor/historia-de-la-monja-alferez/html/ff38d5be-82b1-11df-acc7-002185ce6064_10.html







