CATALINA DE ERAUSO, A MONXA ALFÉREZ (II/III)

Catalina nin foi monxa, nin madureceu muller.
Cando fuxiu da clausura conventual con quince anos aínda era noviza. Cunha excelente formación humanística e de xestión persoal, moi superior á formación media a esa idade, da sociedade de calquera tempo. Dominaba o latín, vasco e castelán, lido e escrito, ca particularidade de que a humillación redutora educativa da muller, non foi exercida directamente polos seus pais, senón polas monxas, as “médiums” de Deus na Terra e o apoio dunha tia tamén monxa.
Pronto decatouse de que socialmente era máis importante a superstición da credencia en Deus, que a propia realidade.
A determinación de transformarse en home, "no home máis bizarro da historia humana", foi coa dignidade de superar o efecto castrante de que lle asignaran un papel de monxa de por vida, e poder experimentar a vida, sen as limitacións asociadas a muller. Xunto a brutal realidade colonizadora, que establecía as reglas deste xogo macabro, fixo que madurecera como home.
A súa natureza de muller era delatada por un ton de voz de agudeza afrautada, mofa do machorro de turno (espesa realidade), que si non o exteriorizaba non lle pasaba nada, pero como se lle ocorrera exteriorizar esa mofa, a punta da súa espada o silenciaba para sempre, a morte despexaba a dúbida. Ese ton de voz, que carecía da dureza salvaxe do home branco, para a sensibilidade natural d* african* sería percibida cunha calidade superior a un home, un ser divino. Para o nativo sudamericano Catalina converteuse no "Demo a Cabalo", o pánico que provocaba, nin os seus propios deuses podían dar acougo.
Sometida en varias ocasións a comprobación da súa condición de virxinal, e coa aplicación do remedio para a eliminación das mamas, doente remedio que serviu para configurar a súa condición sexual desexada.
A súa vida, esa adolescencia permanente que se restauraba na reflexiva solitude da cela, foi unha práctica a morte, en contra da condición de inferior asinada pola sociedade e a relixión coa súa persoa por nacer muller.
Antón de Erauso é a proba dunha conversión natural de muller a home, a un home potente, superando situacións que pertenecían a o mundo dunha rebordante imaxinación da literatura bizarra do século de ouro hispano, e parece pouco probable que se poda dar, dun xeito natural, a conversión contraria con tal éxito.
A súa "Crónica Autobiográfica", que lle valeo unha pensión vitalicia do Rei de España de 800 escudos e o permiso Papal de vestir e asinar como home, rescatouna do esquecemento do pasado, e fai xurdir a duda: será esta a única Catalina-Antón de Erauso da historia da humanidad?.
X/XVIII
EN LIMA CONTRA OS HOLANDESES: ABANDONADA NA COSTA DE PAITA
Chega a Lima onde os holandeses con oito baixeles acosan a cidade. Enrólase con cinco baixeles pa facerlles fronte, os holandeses afunden o barco no que ía Catalina, sobreviven tres tripulantes: un frade franciscano descalzo, un soldado e Catalina, perecendo o resto da tripulación. Son recollidos polos holandeses, con grande burla.
Cativa durante vinte seis días, ó cabo dos cales os deixaron na costa de Paita, a cen leguas de Lima. Nús e pasando moitos traballos. Un paisano que os atopa, compadécese deles proporcionándolles roupa, e facilita o seu retorno a Lima.
Permanece en Lima sete meses. Dous soldados o acusan ante o alguacil e o alcalde da cidade de roubarlles o cabalo que mercara, confusa colle a súa capa e oculta con ela a cabeza do cabalo e preguntalles: «Señor, suplico a vosa mercede que estes cabaleiros digan de que ollo é carente o cabalo?»; un di que o esquerdo e o outro o dereito, logo se poñen acorde con que era o esquerdo. Catalina tira da capa e di: «Pois vexa vosa mercede que nin un nin o outro están no caso, que o meu cabalo non é torto, senon san». Concluíndo o alcalde: «Monte vostede no seu cabalo e váiase con Deus», partindo para Cuzco.
Convento de San Francisco, Cuzco (Perú), o ceario do dolo co "cachimán" do Novo Cid.
XI/XVIII
MATA EN CUZCO Ó NOVO CID: "PERRO AÍNDA VIVES!?", QUEDANDO FERIDA, CATRO MESES DE RECUPERACIÓN
Aquí, nun xogo de naipes, crava na mesa a man dun fulano facinoroso, xigantón e feo de sobrenome O Novo Cid. É ferida de gravidade: “doume o Cid por detrás coa daga unha puñalada, que me pasou as costas, polo lado esquerdo, de parte a parte; outro, me entrou un palmo de espada polo lado esquerdo, e caín botando un mar de sangue. Erguinme con ansias de morte, e vin ó Cid a porta da igrexa de San Francisco; funme a ele e ele veuse a mín, dicindo: «Perro, aínda vives!?» Tiroume unha estocada, aparteilla coa daga e tireille outra, de tal sorte, que lla entrei pola boca do estómago, atravesándoo, e caeu pedindo confesión”, ao pouco expira o xigantón.
O ciruxano que atende a Catalina, das súas grandes feridas, non a intervén ate que faga confesión, por temor de que expire. O Frade Luís Ferrer de Valencia, asiste a súa confesión, coa convicción da súa inminente expiración. Despois de catorce horas de intervención agónica, acompañada durante todo este tempo polo Frade, se salva milagrosamente.
Catro meses tardou en recuperarse, mentres os amigos do defunto "Novo Cid", agardaban para vingar a súa morte.
«Doume o capitán Gaspar de Carranza mil pesos; o tesoureiro Lope de Alcedo, tres mulas e armas, e don Francisco de Arzaga, tres escravos; co cal, e con dous amigos vizcaínos de satisfacción ...». Pola noitiña partiu de Cuzco para Guamanga (actual Aiacucho).
Estoque hispano do século XVII
Arma de capa e espada: A espada roupeira ou estoque, foi unha arma branca moi popular no Século de Ouro, usada como unha peza máis da vestimenta (roupeira) para a defensa persoal e duelos. Había tres tipos de guarnicións: guarnicións de lazo, de concha e de taza, brindando unha maior protección a man que a empuña.
XII/XVIII
NA PONTE DE APURIMAC, O ALGUACIL XOSÉ SUÁREZ E NO RÍO DE BALSAS: "VIDA OU MORTE POR TRES DOBRÓNS"
Partindo de Cuzco, na ponte de Apurimac o agardaban os amigos do defunto Cid cun ministro da xustiza, facendo un total de oito que pretenden prendela. Entáblase unha grande contenda, ate que Catalina mata dun pistoletazo ó ministro de xustiza, poñendo en fuga ó resto do grupo. Pasando a ponte de Apurimac, remata a xurisdición de Cuzco, os superviventes que ían con Catalina voltan para Cuzco, partindo soa para Andahuailas.
En Guancavélica o alguacil Xosé Suárez coa axuda dun servo negro queren prendela. En rematando con eles, achégase ó trote un indio que lle trae un cabalo roubado ó alcalde, monta nel e vaise para Guamanga que dista catorce leguas.
No río de Balsas toma un descanso -polo cabalo-, chegando tres homes a cabalo, lles pregunta a onde van, un deles resposta que a prendelo. Dilles que prendelo vivo non poderá ser, e que primeiro o terán que matar para logo prendelo. Estes comentan que son uns mandados e que senten admiración polo Alférez, ó cal púxolles tres dobróns sobre unha pedra no medio do río, montou no cabalo e partiu para Guamanga.
Pistolón de tres canos
XIII/XVIII
EN GUAMANGA: "SON O DEMO!", O ACOSO A LEVA AO ARZOBISPADO
Chegado a Guamanga, vende o cabalo por douscentos pesos. Estando nunha casa de xogo, coincide co correxidor Baltasar de Quiñóns que o recoñece, a pesar de que nunca a vira antes, e tenta de prendela, o Alférez saca un pistolón de tres bocas e fuxe deles, protexéndose na casa dun amigo viscaino.
Uns dias despois sae pola noite, topándose con dous alguacís, que preguntándolle quen é, resposta: “O Demo!”; montándose un grande alboroto para detelo. Mata a un dun disparo. O Correxidor que estaba na casa do Arcebispo, sae polo alboroto e grita que maten ó Alférez. O Arcebispo intercede, pedíndolle as armas ó Alférez. Catro escravos do Correxidor a reteñen, derribando a un deles. Intercede o secretario do bispo que defende ao Alférez. O Arcebispo lle quita as armas, e a colle do brazo como protexéndoa e meténdoa no arcebispado.
Lle cura unha ferida producida na puxa, doulle de cear e pechouna nunha cela a pasar a noite.
Sacsayhuamán (Falcón ledo, en Quechua): Cidadela inca do século XV, a dous kilómetros ó norte da cidade de Cuzco (Perú). As ciclopeas pedras que conforman os seus enormes muros de terraza de pila seca (sen morteiro), poden pesar ate casi 200 toneladas, e se encaixan dun xeito tan preciso, que nen siquera un trozo de papel cabe entre moitas delas.
XIV/XVIII
FRAI AGUSTÍN DE CARVALLAL ARZOBISPO DE GUAMANGA: "A VERDADE COMO TERAPIA", A IMPRESIONADA CURIOSIDADE DA CIDADANÍA DE QUITO IMPIDE NA NOITE DESE DÍA O AVANCE DA CARRUAXE DA "VENERA", ESPAÑA CERTIFICA QUE NON É MONXA, ENFERMA GRAVE RÍO MAGADALENA ARRIBA
Resgardada na residencia episcopal, o relixioso pregúntalle polo curso da súa vida. Catalina comeza o reconto da súa ficticia vida, pero subitamente a súa vida de mentira a silencia. Catalina dáse conta de que leva case dúas décadas sen dicirlle a ninguén quen é na realidade, nunha profunda soidade interior, portadora dun segredo que lle pesa como unha lousa.
O "Alférez" desvanécese, "Catalina" crébase, e tras un dubitativo silencio, a necesidade de ser recoñecida como quen é, fai que a verdade se reborde dos seus labios como un caudaloso río. Non resiste máis e sae do seu almario: “Señor, todo esto que referín a Vosa Ilustrísima non é así. A verdade é esta: que son muller, que nacín en tal parte, filla de Fulano e Zutano; que me enclaustraron a temprana idade nun convento coa miña tía; que alí crieime; que me fun a tal sitio, mudei os meus roupaxes, corteime o cabelo, partín para alí e acolá, embarqueime, aportei, traxinei, matei, ferín, maleei, correteei, ate chegar aquí, e os pés da Súa Señoría Ilustrísima.
O Bispo quédase de pedra, ambos botan a chorar a bagoa viva e Catalina ofrécese para que algunha muller estude o seu corpo, comprobe o seu sexo e, algo moi importante para o seu perdón, comproben que é "virxe".
Feita a proba por dúas matronas, o Bispo Carballal confésalle que a venera “coma unha das persoas máis notables deste mundo”. A visten de monxa e a mandan a un convento de Lima nunha liteira.
Cando chega a Lima de noite, a gran cidade do Virreinato, toda a xente escoitou falar do suceso, xuntándose unha multitude para recibila, ate o punto de que a "comitiva" non podía avanzar.
Recibida polo Virrei, Francisco de Borxa, conde de Maialde, príncipe de Esquilache, ofrécelle que escolla o convento onde queira estar, Catalina solicita velos todos, escollendo o da Santísima Trinidad con encomendadoras de San Bernardo, onde permaneceu dous anos e cinco meses. Ó cabo deste tempo, chega da España a documentación que probaba que non chegara a monxa profesa, quedando libre de voltar a vida segrar.
Decide voltar a España para realizar as xestións que considerara necesarias para a súa salvación. Fai unha peregrinaxe de despedida por Guamanga no convento de Santa Clara, que a reteñen por oito días; por Santa Fe de Bogotá no reino de Granada, onde o arcebispo Xulián de Cortazar insístelle que quedase alí no convento da súa orde.
Por Zaragoza, río Magadalena arriba, cae enferma grave e a punto de morrer. Medio recuperada sae polo río rumbo a Tenerife, a súa saúde vai mellorando ate que se recupera totalmente.
Rueiro de Cadiz do 1642.
XV/XVIII
RETORNA A ESPAÑA "ANTÓN DE ERAUSO", PEREGRINAXE A ROMA, DETIDA POR ESPÍA NO PIAMONTE
Para entreter a travesía, ademais de escribir a súa crónica autobiográfica, se xuntaba coa tripulación para xogar unha partidiña, nunha destas produciuse unha reierta e Catalina fíxolle un “arrichoucho” na cara a ún cun coitelo que alí tiña.
Chega a España, desembarcando en Cádiz no 1624, co nome de "Antonio de Erauso".
De Cádiz vai a Sevilla, permanecendo por quince días, tentando pasar desapercibido ante a expectación que provocaba a súa presencia. Trasládase a Madrid, onde a pesar da súa discreción é prendido polo vicario, ordenando a súa liberdade o Conde Duque de Olivares. Vaise a Pamplona e de aquí parte a Roma por ser o ano de grande Xubileo.
A peregrinaxe foi pesada, e pasado o Piamonte e antes de Turín, foi detido por cinco días acusada de ser espía de España, liberado por non haber motivos para retelo, o obrigan a facer o camiño de volta a España so pena de galeras. Na ruta de volta a España a pé, pobre e mendigando polo camiño, ate que chega a Tolosa (Francia) onde o conde de Agramonte compadécese do seu estado e o manda vestir, dándolle cen escudos e un cabalo para o camiño de retorno.
Felipe IV, chamado «o Grande» ou «o Rei Planeta» (Valladolid, 8 de abril de 1605-Madrid, 17 de setembro de 1665), foi rei de España, dende o 31 de marzo do 1621 ate a súa morte, e de Portugal dende a mesma data ate nadal de 1640. O seu reinado de 44 anos e 170 días, foi o máis longo da casa dos Austria e o terceiro da historia española. Os exitosos primeiros anos do seu reinado auguraban a restauración da preeminencia universal dos Habsburgo, mais a guerra constante da Europa protestante e a católica Francia contra España, conduciron ó declive e a ruina da Monarquía Hispánica, cedendo a hexemonía en Europa a puxante Francia de Luís XIV, e recoñecer a independencia de Portugal e as Provincias Unidas dos Paises Baixos.
XVI/XVIII
AUDIENCIA CO REI: PENSIÓN VITALICIA, ATRACO EN VELPUCHE E NOVA AUDIENCIA CO REI NA CIDADE CONDAL, RUMBO A XÉNOVA
En Madrid pide audiencia co Rei Felipe IV que conta con 20 anos e facía pouco herdara o trono. Entrégalle o seu "Memorial Autobiográfico", solicitando se lle respecte o grao militar que obtivera no exército, onde combatera coma calquera home. O monarca o remite ó Consello de Indias, acordando este unha pensión vitalicia de oitocentos escudos en agosto de 1625, dándolle permiso para andar como varón e hábito militar, e que en todos os Estados e señoríos ninguén a molestase.
Vaise a Barcelona na compaña de tres compañeiros. Pasando por Velpuche son atracados por nove homes que lles quitan todo o que levaban. Proseguindo o seu camiño a pé, nús e avergoñados, chegando a Barcelona no Sábado Santo de 1626. Sabedor de que o Rei estaba na cidade condal, recorreu ó marques de Montes Claros ó servizo do monarca a quen coñecera e tratara con anterioridade en Madrid, proporcionoulle roupa e xestionou unha audiencia co monarca. O Rei a escoita con interese e curiosidade. Asombrado polo relato, pregúntalle: “Pero como, vos deixardes roubar?”, respostando Antón: “Señor, non puiden máis”. Renovando o Rei, a súa simpatía por tan inclasificable e peculiar súbdita.
Embarca na galera San Martiño rumbo a Xénova.
Medalla ca efixie de Urbano VIII. Museo Bottacin, Padua.
Urbano VIII (Florencia, 5 de abril de 1568-Roma, 29 de xullo de 1644) foi o papa n.º 235 da Igrexa católica, entre 1623 e 1644. O Papa concedeu permiso a Catalina para vestir e asinar como home. Ante as críticas por tal concesión, o Pontífice dixo con satisfacción: «Dádeme outra "monxa alférez", e concedereille o mesmo».
XVII/XVIII
AUDIENCIA CO PAPA EN ROMA, CONVIDADO DE MODA DA "ARISTOCRACIA NEGRA" DA CIDADE ETERNA
Permaneceu en Xénova quince días. Nun destes días sentouse ó seu carón, un galán de grande cabeleira que o provocou cun despectivo “español de merda”. No enfrontamento, un se lle xunta ó italiano contra Antón, que lle entra cunha estocada ó galán italiano que cae. Mentres outro se xunta no grupo do italiano, e outro no de Catalina. Foi tal a concentración de contendentes, que Antón, fixo “mutis polo foro” para a súa galera, sen que os espadachíns se deran conta, e alí quedaron, no fragor do combate.
Cando chega a Roma, o curioso morbo ábrelle as portas do Vaticano, sendo recibido polo Papa Urbano VIII. Tras a audiencia, confirmando a súa virxindade, o Pontífice o autoriza a vestir de home de por vida, si así o desexa.
Antón vive días espectaculares na "Cidade Eterna", converténdose no convidado de moda nos salóns da aristocracia Negra de Roma, as grandes familias que traen ó mundo papas e cardeais, escribindo en masculino: “Personaxes, príncipes, bispos, cardeais. Onde quixera topaba o lugar aberto, de sorte que en mes e medio que estiben en Roma, foi raro o día no que non fose convidado e regalado de príncipes”.
Pietro do Val, que a veu en Roma, a describe: “Tiña unha pinta como estropeada e de idade, nada fermosa e con aspecto dun eunuco, vestido a española, coma un soldado desgarbado. Ela mesma relata a súa audiencia, que non ten peito pois aplicouse un remedio para secalo”.
Pasada a novidade, os focos vanse apagando, e Antón baixa a Nápoles para embarcar en Ripa rumbo a España o 5 de xuño de 1626. Alí, unhas damas burlonas a queren humillar preguntándolle: “Señora Catalina, a onde se camiña?”; ao que ela contesta: “Señoras putas, a darlles a vostedes cen pescozóns e cen cuchilladas a quen as queira defender”.
Fortaleza porto de Veracruz (México).
XVIII/XVIII
FINAL ARRIEIRO, MORRE EN ORIZABA NA COMPAÑA DAS MULAS DE CARGA
A súa lenda creceu, pero ele desaparece da vida pública.
Retorna a América en 1630, coñecida co nome de «Antón de Erauso», adicándose ó "arrieirismo", trasladando mercancías, pasaxeiros e equipaxesdende o porto de Veracruz á cidade de México cunha recua de mulas e asistentes africanos. Andaba en hábito de home, e portaba espada e daga con guarnicións de prata, duns cincenta anos de idade, de bo corpo, algo groso, cor trigueña e con algúns pelillos no bigote.
A Nova España estaba ó cargo do Marqués de Cerralbo. Nunha destas viaxes, namórase da dama que os seus Pais lle encargaran levar a México, a dama era coñecedora da singularidade de Catalina, a pesar de vestir como home. Aquela paixón causoulle grandes desgustos. Antón desafía por carta ao home que casara coa súa namorada, chegando a intercer persoas de importancia, que lograron impedir o "lance".
En México, Antón de Erauso era apreciado, querido e tiña fama, dunha gran destreza no manexo da espada.
En 1650, no camiño de Veracruz, enfermou e morreu. Facéndoselle un suntuoso enterro, gravando no sepulcro un honroso epitafio.
Vicente Riva Palacio, na súa obra “México ao traveso dos séculos” publicada no 1884, tomo II, «O Virreinato», di: «No ano de 1650 morre en Cuitlaxtla a famosa dona Catalina de Erauso y Pérez de Galarraga , coñecida co nome de A MONXA ALFÉREZ».
Algún autor escribiu que o seu falecemento foi nos altos de Orizaba onde residía, en soidade coas suas mulas de carga.
Monumento en lembranza de Catalina de Erauso en Orizaba (Veracruz, México).
Fontes:
- “Tránsfugas, Travestís e Traidores: Rebeldes exemplares da Historia de España” de Arturo Arnalte, publicado por www.esediciones.es
-A increible historia de Catalina de Erauso, A Monxa Alférez: https://historia.nationalgeographic.com.es/a/increible-historia-catalina-erauso-monja-alferez_13152
-Historia da Monxa Alférez: https://www.cervantesvirtual.com/obra-visor/historia-de-la-monja-alferez/html/ff38d5be-82b1-11df-acc7-002185ce6064_10.html
PUBLICADOS:

OS MÁIS LEIDOS

FESTAS PATRONAIS 1945, A FORTALEZA DO TAPAL E O «SANCTI SPIRITU»

NÓS, OS IRRELEVANTES

FESTAS PATRONAIS 1946 CON SONETO Ó BERBERECHO

GACETA MUNICIPAL - 16 XULLO 1931

GACETA MUNICIPAL - 24 XULLO 1931

ULTREIA: TERCEIRA XEIRA (3/3)

«A DECADENCIA DE OCCIDENTE» de OSWALD SPENGLER (2/4)

MUNICIPAIS DO 31 (e 2)

«A TODO O QUE NON PENSE COMA NÓS»

FESTAS PATRONAIS 1947 / OS EMILIANOS / EVA DUARTE DE PERÓN