MARÍA CHOROU NOS PÉS DE XESÚS

Nado en Montreal no 1960, Chester Brown publicou a súa primeira tira ós doce anos nun periódico local, e antes de cumprir os vinte trasladouse a Toronto co propósito de profesionalizarse na súa paisón que o catapultaría como unha das personalidades máis novedosas do cómic independente.
No 1983, autoedita o minicomic “Yummy Fur”, que sería o previo a editar a súa novela gráfica “O Paiaso Feliz”, que acadaría varios premios internacionais, e as lembranzas autobiográficas co título de “O Playboy” e “Nunca me gustaches”. Outros traballos notables son a biografía do líder rebelde canadense do século XIX “Louis Riel”, ou as súas rotundas reflexións sobre a prostitución, baseadas en experiencias reais, recollidas no libro “Pagando por Elo”.
De personalidade introvertida pero impúdico no seu discurso, Chester Brown logrou converterse nunha das voces máis poderosas e influentes con que conta hoxe o mundo do cómic para adultos.
“SON MARÍA DE BETAÑA E MARÍA MADALENA, A MESMA PERSOA?”
Non podía prescindir de María Madalena para facer este libro. Acaso non é a "rameira" máis famosa da Biblia?. Fai bastantes anos leín “A Resurrección de María Madalena: Lendas, Apócrifas e Testamento Cristián” de Jane Schaberg, onde argumentaba que a Madalena non fora prostituta. E dera por bo as conclusións de Schaberg, polo que non se me ocorrera incluír un capítulo sobre María Madalena mentres escribía o guión.
Entón, un día, mentres debuxaba este libro, telefonoume unha amiga (tan interesada como eu polas cuestións relixiosas) para informarme dun saldo nunha librería con abundantes títulos relixiosos e preguntarme si quería que nos víramos alí. Os dous saímos do saldo cun montón de libros.
Entre os meus había un exemplar de Secrets Of Mary Madalene, antoloxía editada por Dan Burstein e Arne de Keijzer. Comecei a leelo nada mais chegar a casa e, na páxina 15 (nun ensaio escrito por Burstein), atopeime ca afirmación de que “María Madalena non era prostituta, nin arrepentida, nin todo o contrario”. Irritoume a vehemencia dese “non” tan enfático.
Aínda que a conclusión de Schaberg me parecera razoable, abría a prespectiva das dúbidas o respecto. Proseguín a lectura. Case todos os ensaios do libro reflexaban a mesma mensaxe: "María Madalena, Non foi prostituta!". Non só non fora, senón que María de Betaña tampouco o fora! -sempre se considerou que María Madalena e María de Betaña, eran a mesma persoa-.
Releín, as pasaxes bíblicas onde aparece María de Betaña. Os catro evanxelios canónicos, inclúen unha escena na que Xesús é unxido por unha muller. Tanto as verbas “mesías” como “cristo” significan “unxido”, asi que o «unximento de Xesús» é importante.
Na antiga Grecia, a verba “cristo”, aplícase ós aspirantes a sacerdote que, tras pasar unha proba, eran unxidos, estando dende ese momento preparados, para explicar os oráculos e comunicarse coas divindades, converténdose asi en profetas e adiviños.
En San Lucas, dise que o unxe unha "prostituta". A califica de "pecadora" e durante o «unximento» descubre seus cabelos, ante os homes alí presentes. As mulleres “respectables” da época, non mostraban os seus cabelos. En San Xoán, chama a esa muller "María de Betaña". Hai moitos especialistas bíblicos, que afirman ou insinúan, que a muller que aparece en San Lucas, e a que aparece en San Xoán, son diferentes persoas. A min resúltame evidente que, pese as diferencias existentes nos catro evanxelios sobre o relato do «unximento», seguen sendo versións do mesmo incidente, e que a "prostituta" de San Lucas é a "María de Betaña" de San Xoán.
Aquí a cuestión non é: “era María de Betaña prostituta?”. Calquera lectura obxectiva de San Lucas e de San Xoán deixa claro que o é. A cuestión é: “Son María de Betaña e María Madalena a mesma persoa?”. Aínda que non podo afirmar con certeza que o sexan, hai argumentos para afirmar que é asi.
“UNHA PROSTITUTA FIXO CRISTO A XESÚS”
O caso é que me din conta de que precisaba un capítulo con María de Betaña e a cerimonia onde, ó unxir a Xesús, o converteu en Cristo. É algo digno de ser resaltado. Unha prostituta fixo Cristo a Xesús.
En que consistía a cerimonia?. Non o sei, pero si pensamos que “pés” é un eufemismo de “pene”, paréceme posible que houbera algún compoñente sexual no rito.
Xesús, quería que a muller que o «unxira» fora lembrada. Chamábase María, era prostituta e tiña algunha clase de autoridade espiritual -ou non sería ela quen o «unxira»-. Según Xesús, era unha persoa cariñosa, e non consideraba que ela, as súas compañeiras prostitutas ou os seus clientes, foran pecadores.
POR QUÉ PUDO ESTAR XESÚS A FAVOR DA PROSTITUCIÓN?
Mentres que a muller domesticada, estaba sexualmente definida -e por tanto controlada- polo seu compromiso exclusivo con un home, as putas de tempos bíblicos, arranxábanse para manter a súa autonomía sexual e económica, e seguiron resistíndose a ser "domesticadas", pero o facían ante leis cada vez máis severas e punitivas. A súa sexualidade rebelde, e o feito de non depender dun amo, as convertía nunha ameaza evidente para a autoridade patriarcal ... e así seguiu sendo. (Roberts, p.9.)
Sería posible que un xudeu de aquela época, pudera ver máis aló das "presuncións patriarcais" que tiña a súa cultura, acerca da prostitución e o papel da muller dentro da sociedade, e máis tendo en conta, que era un home especialmente sabio e que a súa Nai fora prostituta?.
“CISMA PRECRISTIÁN!?”
Posiblemente houbo un cisma nos primeiros movementos cristiáns, estando algún deles a favor da prostitución e outros en contra. O seguinte parágrafo é especulación pura, pero é unha idea de como puido ter lugar ese cisma.
María estaba orgullosa de ser prostituta, e o seu fillo Xesús aceptaba que a prostitución beneficiaba a sociedade e que as mulleres como a súa nai tiñan un sitio no reino dos ceos. Pero Xacobo, outro dos fillos de María, desexaba que a súa nai fora “normal” e adoptou a opinión da xente que o rodeaba de que as prostitutas son “pecadoras”. Os irmáns creceron e Xesús converteuse nun sabio cúas ensinanzas eran moi respectadas. Ensinaba que, para achegarse a Deus, non se debe buscar en fontes externas, como a lei, senón, máis ben, no teu interior. Tivo seguidores. Tras a crucifixión, Xacobo asumiu o liderazgo do movemento, pero era un pensador máis convencional e alterou lixeiramente algunhas das ensinanzas do seu irmán achegándoas ó xudaísmo tradicional e a práctica da lei. Isto provocou divisións no movemento; algúns partidarios de Xesús mostráronse descontentos coa dirección de Xacobo e aferráronse as ensinanzas orixinais. Deste xeito desenroláronse dous tipos de cristianismos: o baseado en Xesús, a favor da prostitución e por enriba da lei (que non forzosamente en contra), e o cristianismo de Xacobo, centrado na lei e contrario a prostitución. Logo apareceu San Paulo, que tomou elementos dos dous movementos: a antiprostitución de Xacobo e a actitude por enriba da lei de Xesús (aínda que os seus escritos parecen ir máis ben en contra da lei).
“CANTO MÁIS AMES, MELLOR SERÁ A TÚA VIDA”
O normal é seguir as leis do país no que se está, pero iso non ten que ver con Deus. Deus, nunca pediu que sigamos lei algunha. Él (ou ela) aconsellounos por medio de Xesús: “canto máis ames, mellor será a túa vida”. A mensaxe de Xesús é moito máis que iso, aínda que este é un elemento principal.
Si cobras diñeiro a cambio de proporcionar sexo, ou pagas a alguén a cambio de sexo, non violas ningunha lei de dios -pois non existe-, pero canto máis cariño mostres hacia o/a outro/a durante un intercambio de sexo retribuído, máis feliz será Deus.
Si tivera que respostar as cuestións censais e me preguntaran cal é a miña relixión, diría que son «cristián». A miña comprensión da relixión, basease na lectura de libros que ofrecen unha interpretación máis “mística” das escrituras. Nunha versión do cristianismo que non busca impoñer valores “morais” ou leis relixiosas ós demais, céntrase no interior. Como dixo Xesús, “o reino dos ceos está en ti”.
Moitos dos problemas que asedian as prostitutas, son o resultado do "desprecio" que a sociedade sinte por elas, ate o punto que, como o libro mostra, moitas delas teñen que manter o seu “traballo” en segredo, incluso as súas amizades.
Tiven unha amiga quen, nunha cea, confesou que traballara como “chica de compañía” durante anos, sen que as súas amizades o superan, e observou como todos mudaron un pouco a súa opinión sobre ela a partir dese momento. Dinme conta, que as mulleres a despreciaban, como si confesara que estivera involucrada nalgún tipo de actividade criminal. Os homes, algúns deles, a partir de entón, a viron como un blanco fácil no coqueteo para manter sexo esporádico. Aparentemente era unha muller tímida, humilde e recatada. Nunca sospeitarías que fora unha traballadora sexual. Tivo que abandonar a zona de residencia, pois as coñecidas a repudiaban, tratándoa de “puta” e "roubamaridos", aínda que parecía a persoa máis encantadora e agradábel do mundo, concenziuda e traballadora. Foi moi triste. (“Introdución de Robert Crumb, Feb. 2011” do libro “Pagando por Elo”).
“VIVIMOS NUNHA CULTURA QUE LLE TEN FOBIA Á PROSTITUCIÓN”
Busco conectar de xeito persoal con Deus, non impoñer as miñas creencias a ninguén. Aínda que acepto que Xesús foi unha figura histórica real, non creo que fose Deus, ou “o fillo de Deus”, tal e como acostuman a argumentar os cristiáns. Máis ben creo, que Xesús era un home espiritualmente avanzado. Quizá tivera algún tipo de conexión “especial” con Deus, pero, nese caso, sería unha conexión que tamén está ó alcance de outras persoas.
Considérome unha persoa relixiosa. Unha persoa de fé no materialismo segrar, cree que a consciencia nace da materia, mentres que quenes somos relixiosos diríamos que a materia nace da consciencia.
O meu libro anterior, era unha memoria das miñas experiencias, pagando a prostitutas a cambio de sexo. Teño unha opinión moi positiva de esa profesión, e da maioría das traballadoras sexuais coas que estiven. Fai once anos, que só manteño relacións coa mesma traballadora sexual. Ademais de ter unha opinión positiva dela, a quero e a respecto moitísimo. Non creo, que ela faga nada moralmente reprobable comigo, nin mantendo relacións sexuais comigo, nin aceptando o diñeiro que lle dou. E non creo estar facendo nada moralmente reprobable con ela, nin mantendo relacións con ela, nin pagando por elo.
Vivimos nunha cultura, que lle ten fobia a prostitución. Periodistas, políticos, policías, famosos, tertuliáns e demais, menten regularmente nos medios de comunicación acerca das prostitutas e dos seus clientes. Os avogados, que defenden os dereitos das traballadoras sexuais, non conseguen nos medios, o mesmo tempo e espazo que eles, para poder contar a verdade.
As raizames desta fobia, están na Biblia. A maioría dos escritores da biblia hebrea, toleraban, pero vían mal a prostitución. No novo testamento, San Paulo desaproba enérxicamente a prostitución, establecendo esta fobia, que se considera a postura cristián oficial acerca do tema. A medida que se propagaba o cristianismo, o facía o prexuízo contra as prostitutas. O resultado é, que o sexo de pago entre adultos consentidores, é unha ofensa criminal na maioría dos países do planeta. E os non cristiáns, que crean que o seu desagrado pola prostitución ten raizames segrares, só se enganan a sí mesmos. É un "razoamento segrar", influído polo cristianismo.
137:1 – 143:2 Os catro evanxelios canónicos, contan o unximento de Xesús: San Mateo 26:1, San Marcos 14:1, San Lucas 7:36-50 e San Xoán 12:1-8.
137:1 – 139:1 Esta secuencia, é invención miña. Nos evanxelios, o unxemento preséntase como si non houbera discusión ó respecto; non hai ningunha escena, onde ela propoña a Xesús ser unxido. Estou bastante seguro, de que foi algo que se discutiu de antemán e que Xesús participou da conversación, incluso no suposto de que o unxemento non fora idea súa (e non digo que non o fora).
139:1 «Putas Santas» eran chamadas “virxes”, porque non se casaran. «Virxe Santa», era o título das sacerdotisas rameiras de Ishtar, Asherah e Afrodita. O título, non se refería a unha virxinidade física (B. Walker, pp. 822 e 1048)
Si esta afirmación de Bárbara Walker é certa, estarían San Mateo e San Lucas, xogando con ese significado de “virxe” cando chamaron «parthenos» a nai de Xesús?. Parece posible, pero eu estaría máis seguro delo, con máis fontes que confirmasen, que había prostitutas as que se lles chamaba “virxes”. Non atopei a ninguén máis, aparte de B. Walker, que faga tal afirmación.
Postos a especular, ocorreseme que, no pasado, puidera haber prostitutas que afirmasen ser virxes, ou que o dixeran delas. É concibible que, nalgúns lugares, en certas épocas, esa afirmación foi tan común que os homes que pagaban por sexo, usaron a verba “virxen” de xeito irónico, como sinónimo de “prostituta”. Insisto en que so é especulación pola miña parte.
141: 1-4 A maioría das traducións din que Xesús foi unxido con “nardo puro”. Que é o nardo puro?: María de Betaña empregou aceite de nardo, para unxir os pes de Xesús; pode ser significativo, o feito de que na "tradición tántrica" (sexo sagrado) oriental, se usara este unximento especificamente para o cabelo e os pés (Picknett, p.60). (Pode que) a frase represente unha verba aramea que se refira a "noz do pistacho", en cuxo caso o «unximento» é identificable como «mirobálano». Pero non está claro (Marsh, p. 455).
O nardo, era un ungüento feito dunha rara planta india, moi valorada na antigüidade. “Puro” so é a tradución máis probable dunha verba grega de significado incerto (Nineham, p. 374).
142:1 – 143:2 Se supón que, as ensinanzas de Xesús son un reto ós individuos, para que vivan a súa vida de xeito diferente. Non se supón, que as suas ensinanzas, deban usarse como dedo acusador contra ninguén.
Fonte:
“María Chorou Sobre os Pes de Xesús: Prostitución e obediencia relixiosa na Biblia” de Chester Brown – Unha “Novela Gráfica” que adapta algúns Pasaxes Bíblicos.

OS MÁIS LEIDOS

FESTAS PATRONAIS 1945, A FORTALEZA DO TAPAL E O «SANCTI SPIRITU»

NÓS, OS IRRELEVANTES

FESTAS PATRONAIS 1946 CON SONETO Ó BERBERECHO

GACETA MUNICIPAL - 16 XULLO 1931

GACETA MUNICIPAL - 24 XULLO 1931

ULTREIA: TERCEIRA XEIRA (3/3)

«A DECADENCIA DE OCCIDENTE» de OSWALD SPENGLER (2/4)

MUNICIPAIS DO 31 (e 2)

«A TODO O QUE NON PENSE COMA NÓS»

FESTAS PATRONAIS 1947 / OS EMILIANOS / EVA DUARTE DE PERÓN