RAG DE MONTMARTRE

«RAGTIME»
O “Ragtime (Rebenta Tempo)”, considérase a música composta e pianística, que condensa os sons de Nova Orleáns combinándoos coa música de piano clásico do século XIX. O afroamericano Scott Joplin (1868-1917) foi a figura máis destacada de este son. A súa difusión atopou o seu público nos campamentos dos traballadores, que trazaban as grandes vías para os comboios que atravesan o continente norteamericano. Os compositores de 'ragtime' reproducen os seus rags en rolos dos pianos mecánicos, estes rolos distribuíronse por miles de exemplares antes da época do disco fonográfico. Foi nos anos cincuenta, cando se descubriron dun xeito casual, unha serie de rolos en tendas de antigüidades e publicáronse en discos. Máis que calquera outra forma de jazz, o 'ragtime' considérase “música branca tocada a negra”.
«VALORES CULTURAIS APÓS PRIMEIRA GUERRA»
As guerras culturais, entre os valores conservadores e a visión do mundo da xeración de posguerra, tiveron como escenario todo o continente europeo, e en moitas desas batallas os EEUU foron o símbolo do poder liberador do «Novo Mundo», lonxe da atmosfera abafante das ideas da Europa de antes da guerra.
Tras chegar a capital francesa como soldados na Primeira Guerra Mundial, os músicos afroamericanos escolleron quedarse ou voltar a Norteamérica, a gañarse a vida na súa patria, onde a competencia era máis encarnizada entre os propios negros e o imperante racismo na poboación branca, poñíanlles as cousas moi difíciles. Para moitos músicos negros desmobilizados, as lembranzas de Europa eran, pese ós perigos e as penurias da fronte, un tesouro. Algúns voltaron a París cos seus instrumentos e se instalaron nos alrededores do barrio de Montmartre, na rúe Lance, na rúe Pigalle e na rúe des Martyrs. A cidade estaba despertando do trauma dunha guerra, que entre a poboación francesa causara máis mortos e sufrimentos que en calquera outro país occidental. A xente quería esquecer tantos mortos e tantos tolleitos, e o funesta que fora a guerra.
«JOSEPHINE BAKER»
A espectacular fama de Josephine Baker (1906-1975) sostíñase no seu desinhibido sex-appeal e unha posta en escena interpretando estereotipos colonialistas ou racistas. O seu atuendo máis famoso consistía nunha pequena faldiña feita con plátanos colgantes, pesados colares e pendentes orientais e o pelo perfectamente alisado hacia atrás, tamén usaba unha longuísima cola de plumas de avestruz. O seu aspecto, coidado o máximo, era unha mistura perfecta dunha África imaxinaria onde non existían as inhibicións e unha sofisticada sensibilidade e ultramoderna que combina elegancia, decorados abstractos e ritmos de jazz. As súas danzas frenéticas, eran o bastante indecentes para que lle prohibiran actuar en Viena, Praga, Budapest e Múnic, un feito que fixo aumentar o seu magnético atractivo, pois para o público convertérase na encarnación dunha fantasía erótica oriental.
«JAZZ FUSIÓN EUROPEA»
Os Jazz Kings de Mitchell no Casino de Paris, rúe de Clichy, aportaban o son do Sur norteamericano ó público parisino, e acompañaron tamén a cantantes franceses como Maurice Chevalier e Mistinguett. No 1924, o cabaret Le Grand Duc, na rúe Pigalle, foi tamén outro escenario para o ragtime ou a «musique négre».
Artista afroamericana Lois Mailou Jones, "Paris pola Noite".
«MONTMARTRE O HARLEM EUROPEO»
Chegado dende Londres, onde estivera de xira, o gran clarinetista Sidney Bechet asombroulle ver que Montmartre parecíase moito a Harlem: “Paseando por esas rúas podíase un atopar con catro ou cinco coñecidos -intérpretes, artistas, xente toda de verdadeiro talento ...-. Decidías voltar a casa e nunca o conseguías. Sempre había algún cantante o que escoitar, ou alguén que tocaba. Tropezábaste con amigos que ían a escoitar tal cousa ou tal outra, ou a facer isto ou aquelo, e íaste con eles. Parecía imposible voltar a casa antes das dez ou as once da mañá”.
Dende Montmartre, os ritmos sincopados de cornetas, clarinetes e baterías, viaxaron en tren ate Bruselas e Ámsterdam. Unha ráfaga de cultura africana norteamericana, leva consigo o seu inconfundible arrecendo a liberdade.
Londres foi outro destino importante, onde as cousas non eran tan doadas. Como os parisinos, os londinienses tentaban de esquecer a guerra e redescubrir os praceres, pero, a diferencia de Francia, Gran Bretaña empregara nas súas fábricas a traballadores das Antillas para compensar a carencia de man de obra (baixas da guerra), unha solución que parecía tanto máis atractiva ós empregadores, canto que a paga dos obreiros negros era inferior a que recibían os brancos.
«TIGER RAG»
Alemaña derrotada na Primeira Guerra Mundial, é condenada ó ostracismo. O Jazz chegou a Berlín no 1920, en formato disco e cunha remota versión de «Tiger Rag», interpretado por unha banda alemán descoñecida ate ese momento e lanzada por un selo alemán. Aínda que distaba o seu fraseo da elegancia de Bechet e pese a que os músicos evitaron con esmero todas as notas “sucias”, interpretando a música como si se tratara dunha melodía bailable máis, o disco foi unha pequena sensación. Dous anos máis tarde comezaron a importarse discos de jazz dos EEUU, e as bandas e os músicos alemáns adicáronse avidamente a escoitar, transcribir e imitalos, para regalía do público mozo do país. O jazz chegou e trunfou.
«CELOS SEXUAIS»
Rematada a desmobilización da guerra, os obreiros brancos británicos competían polos seus postos de traballo, e así foi crecendo o odio ós negros, a quenes acusaban de premer os soldos á baixa. Outro motivo de rivalidade entre os traballadores brancos e os negros eran os "celos sexuais"; nas verbas de Francis Caldwell, entón xefe da policía de Liverpool: “Durante un tempo, constatouse da existencia dun sentimento de animosidade, entre a poboación branca e os negros de esta cidade. Un sentimento, probablemente motivado, pola conduta arrogante e autoritaria da poboación negra para cos brancos, e polas mulleres brancas que viven e cohabitan con homes negros, e presumen ante outras mulleres da calidade dos negros, moi superior a dos homes brancos. Dende o armisticio, a desmobilización de tantos negros en Liverpool, provocou que ese sentimento se estendera máis rapidamente e máis activamente”.
«RACISMO POLO TRABALLO»
Os obreiros brancos, negábanse a traballar xunto os seus colegas negros, e as fábricas comezaron a despedir a estes, para cederlles seu lugar ós 'brancos'. En xullo de 1919, as tensións estalaron en Liverpool, cando despediron dunha refinería de azucre a cento vinte obreiros negros. Unha multitude de negros e brancos armados con porras, cadeas, revólveres e navallas enfrontáronse entre si, en batallas polas rúas. Morreu un mariñeiro negro, e houbo decenas de feridos. Foi precisamente durante eses días tráxicos, cando "Sidney Bechet" e os seus músicos da Southern Syncopated Orchestra desembarcaron en Liverpool. Tocaron ante unha concorrencia moi nutrida na Philarmonic Hall de Londres, sito en Great Portland Street, e incluso os invitaron a tocar no Palacio de Buckingham.
Escena da peli "Tempos Modernos".
Fonte:
- A Fractura, Vida e Culturas en Occidente 1918-1938 (2016) de Philipp Blom.
- "Jazz, Orixe e Desenrolo" de Joachim E. Berendt.

OS MÁIS LEIDOS

FESTAS PATRONAIS 1945, A FORTALEZA DO TAPAL E O «SANCTI SPIRITU»

NÓS, OS IRRELEVANTES

FESTAS PATRONAIS 1946 CON SONETO Ó BERBERECHO

GACETA MUNICIPAL - 16 XULLO 1931

GACETA MUNICIPAL - 24 XULLO 1931

ULTREIA: TERCEIRA XEIRA (3/3)

«A DECADENCIA DE OCCIDENTE» de OSWALD SPENGLER (2/4)

MUNICIPAIS DO 31 (e 2)

«A TODO O QUE NON PENSE COMA NÓS»

FESTAS PATRONAIS 1947 / OS EMILIANOS / EVA DUARTE DE PERÓN