A ILLA DA CREBA
Si, mar, gran mar, de delirios dotado
Pel de pantera e manto ben calado
Por ídolos de sol máis dun milleiro,
Ebria de carne azul, hidra completa
Que mordes a túa cauda de cometa
Nun tumulto ou bruido silandeiro.
Pel de pantera e manto ben calado
Por ídolos de sol máis dun milleiro,
Ebria de carne azul, hidra completa
Que mordes a túa cauda de cometa
Nun tumulto ou bruido silandeiro.
Antón Avilés de Taramancos, traducindo ó galego «O Cemiterio Mariño» de Paul Valery.
Plinio a situaba nos pobos Tamaricos dicindo que nela se atopan as famosas Aras sextianas, feito que parece corroborar Carré Aldao ao dicir: “que as tan discutidas Aras sextianas, torques de ouro e fíbulas preciosas apareceron por estes paraxes e foron a enriquecer as colecciones soberbias do Sr. Blanco-Cicerón”.
Na Historia Compostelana relátase como os piratas-sarracenos e normandos (vikingos), instalados na illa asolaban frecuentemente a costa provocando que os nativos abandonasen as súas casas a comenzos da primavera ate mediados do outono, refuxiándose nos montes próximos. Alvaro das Casas escribe: Que a últimos do século XI, os «Almorávides» fixeron incursións polos alrededores da Vila de Noia, no ano 1.115, dominaron a illeta da Creba, cerca da desembocadura do Tambre, arrasando a Vila de Noia”
Na Historia Compostelana relátase como os piratas-sarracenos e normandos (vikingos), instalados na illa asolaban frecuentemente a costa provocando que os nativos abandonasen as súas casas a comenzos da primavera ate mediados do outono, refuxiándose nos montes próximos. Alvaro das Casas escribe: Que a últimos do século XI, os «Almorávides» fixeron incursións polos alrededores da Vila de Noia, no ano 1.115, dominaron a illeta da Creba, cerca da desembocadura do Tambre, arrasando a Vila de Noia”
A Creba é unha pequena illa, duns trescentos metros de lonxitude e algo máis de cen de anchura. En tempos os pescadores da ría cando navegaban por diante da illa, a cen metros de Punta Uhía, na beira norte da ría, facían un ritual saúdo a Illa cun fin protector.
Antigamente perténceo ó Axuntamento
de Noia; despois pasou a ser propiedade particular, según consta no
Rexistro da Propiedade de Muros. Fai uns anos, foi adquirida por un
coñecido industrial de Santiago de Compostela para edificar nela
unha mansión de granito sobre os restos dunha antiga capela, na que
en tempos era de visita obrigada eclesiástica do Reitor da Parroquia
de San Martín de Noia, a Xustiza e Rexemento, que acudían dende
Noia en barcas (Fabeiro Gómez, 1969).
Nestes tempos, a illa dependía
dun Administrador oficial e dun eremita que residía na Creba, que se
mantiña das esmolas que lle daban os pescadores devotos da Virxe que
alí se veneraba.
No ano 1578 o Visitador do Arcebispado
de Santiago, desembarcou na illa co fin de erguer acta dos obxectos
que se gardaban na eremita. O Visitador quedou moi compracido co
esmero con que o eremita coidaba a eremita, e relatou que no altar
maior había dúas imaxines da Nosa Señora: "e a unha cunha
roupa de tafetá marelo e un crucifixo o medio". Ós lados había
dous altares e no pequeno inventario que fai das cousas que alí ve,
cita unha táboa coa Verónica do Noso Señor; un frontal de lenzo
coa imaxe da Nosa Señora; un arambel; uns manteis e unha campaíña.
Os bens eran os mesmos da visita do 21 de novembro de 1571 (a máis
antiga do Arquivo Parroquial), que consistían en: Unha casa ó carón
da eremita, afundida e que non tiña máis que as paredes e catro ou
cinco trabes de madeira; unha casilla na que vivía o eremita
(Antonio Coloco, borgoñón) e levantado máis arriba o muro para
facer maior a casa, e unha horta xunto a eremita. Como bens raizames,
tiña a eremita certas herdades en varias feligresías, que non
superon declarar, pois o título estaba en poder de Pedro Ximénez,
que está en Castela, crego presbítero da dioceses de Ávila. A súa
renta era de ate cinco cargas de pan (Fabeiro Gómez, 1969).
Os datos históricos máis antigos son
de finais do século XVI, aínda que a capela debeuse construír
nunha época moi anterior, poida que a súa construción fora
motivado pola necesidade de cristianizar os restos dalgún templo ou
altar pagán, pois Vicente Risco recolleu unha lenda que fala de
extranos sucesos que alí acaeceron; o que fai sospeitar que a Igrexa
tentou rematar co culto pagán que se rendía a unha divindade
relacionada co mar. A lenda relata que "na Creba había mouros
que tiñan un templo do seu falso deus. Os cristiáns matáronos
deixando só a filla do xefe. Esta invocou ó demo, que ergueu unha
tempestade, afogando ós cristiáns e afastou a illa da terra. A mora
converteuse nun culebrón arrodeado de feras que afundían os barcos.
Os cristiáns foron onde un santo home que lles aconsellou bendicir a
illeta e erguer a egrexiña de Nosa Señora da Creba (Vicente Risco,
1979).
Os anciáns de Noia lembran que
antigamente había unha ponte de pedras e tablóns que unía a illa
coa costa. Por él pasaban as vacas a illa para ir pacer nela. Tiven
a fortuna de ver esta estrutura de ponte, coincidindo cunha gran
marea baixa. Tamén contan os vellos pescadores de Noia, que na parte
superior da Illa víanse as ruínas dunha construción, pero da que
non queda ningún vestixio, pois a xente das localidades cercanas
foise levando pouco a pouco as pedras para empregalas na construción
das súas vivendas. Os últimos restos que quedaban da eremita e da
casa do eremita desapareceron fai moitos anos baixo os muros da
mansión actual.
Santiago Abella (Noia 1845-Bos Aires 1913) no seu libro "A Vila de Noia: Historia, Topografía, Monumentos e Homes Ilustres (1911)" comenta o achádego de torques de ouro na Illa.
A illa da Creba debeu ter un gran
significado relixioso noutros tempos, pois a súa situación
xeográfica marcaba o linde entre as augas tranquilas da ría e o
perigoso océano. Os mariñeiros e pescadores cando navegaban preto
dela, poñíanse en pé, santiguabanse e saudaban coa boina a Virxe.
Polo 1940, o Carreto (barco a vapor de
carga e pasaxe, que facía a ruta de Noia, Freixo, Esteiro e Muros)
pasaba por diante da Creba, as mulleres que ían a bordo acostumaban
a recitar: "Salve a Virxe!", referíndose a imaxe que había
alí antigamente. No cancioneiro popular da ría quedan testemuñas
de esa devoción popular: "Indo polo mar embaixo / o aire
rifoume a vela: / nosa Señora da Creba / doume o pano para ela
(Álvaro das Casas, 1931)".
Fonte:
"Creencias e Tradicións
dos Pescadores da Ría de Muros e Noia", por Fernando Alonso
Romero (Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de
Compostela. Publicado no "Mostra Filatelica Nacional-Prefiliter
2000



