A MARÍA: NÉCTAR DA DELICIA

1) Parte superior da planta macho, con frores; 2) Parte superior da pranta femia con froitos; 3) Xerminación da pranta; 4) Foliolo dunha folla dividida en once partes; 5) Porción dunha inflorescencia estaminífera con capullos e fror madura; 6) Frores femias; 7) Froito pechado nunha bráctea resistente; 8) Froito, vista lateral; 9) Froito, vista posterior; 10) Velosidade glandular con tallo corto, visible, dunha soa célula; 11) Velosidade glandular con tallo corto, visible, dunha soa célula; 12) Velosidade non glandular contendo un cistolito.
O NÉCTAR DA DELICIA
A relación do ser humano e a Cannabis, existe probablemente, dende moito antes do descubrimento da agricultura no Vello Mundo, fai máis de dez mil anos. Pola súa múltiple utilidade, a Cannabis convértese nun dos cultivos máis antigos e máis estendidos do mundo, cumprindo eficazmente cinco propósitos: Fonte de Fibra (cáñamo), Aceite, Sementes (fonte nutricional), Narcótica e Terapéutica para tratar un amplo espectro de enfermidades.
As tres especies de Cannabis.
Cando as plantas tiveron unha longa relación co home e coa agricultura, esta desenrólase de xeito estraño. Ó crecer nun medio ambiente novo, distinto, forman híbridos que non se formarían no seu medio ambiente orixinal.
Os primeiros investigadores clasificárona na familia das ortigas (Urticaceae); despois foi ubicua na familia da figueira (Moraceae). Actualmente é asinada a unha familia especial, Cannabáceas, da cal só a Cannabis e o Humulus (xénero dos lúpulos) son membros. Actualmente se recoñecen tres especies: C. indica, C. rudelaris e C. sativa. Estas especies se distinguen polos diferentes modos de crecemento, os aquenios (sementes) e sobre todo polas diferencias na estrutura das fibras. Aínda que todas as especies teñen cannabinoles, se rexistran diferencias químicas significativas.
Nas bolsas de Nova Iork e Canadá xa cotizan máis de 200 empresas relacionadas coa cannabis, cun valor bursátil de máis de 70.000 millóns de dólares. Xa son 44 os paises que teñen algún tipo de regulación en torno a planta.
O primeiro en sair son os redondeados cotiledóns da semente. As primeiras follas son sinxelas, se dividen cando madurecen.
O consumo dos aquenios (sementes) comestibles, foi anterior ó descubrimento das útiles fibras. Estos aquenios son moi nutritivos, e é difícil imaxinar que os homes, nunha constante búsqueda de alimento, deixaran escapar esta oportunidade. O descubrimento arqueolóxico de aquenios de cáñamo en Alemania, fechados nuns 500 anos a.c., sinalan o uso destos froitos como alimento. Dende tempos moi remotos ate o presente, os aquenios do cáñamo foron utilizados como alimento na Europa oriental.
As ventaxas da regularización frente a ilegalidade son moitas. “O prohibicionismo só empuxa á ilegalidade, ó consumo de menores, e a que os ingresos queden para o mercado negro. En Canadá e nos EEUU, onde se regulou, o consumo entre menores reduciuse pola anulación do mercado negro e sustituilo por un mercado regulado e baixo estrictos controles” (Jorge Moruno, diputado na Asamblea de Madrid por Más Madrid).
Hei, que é isto?. Fai que todo o que penso, pareza profundo. (W.Miller)
Atopáronse restos de fibras de cáñamo en China que datan de 4000 anos a.c. Fio e cordas de cáñamo no Turquestán de 3000 anos a.c. Pedras usadas para bater a fibra do cáñamo en zonas moi antiguas de Taiwán, e impresións de corda de cáñamo feitas en algunhas pezas de cerámica. Obxetos fabricados con cáñamo en algúns lugares de Turquía de finais do século VIII a.c., e topouse un especimen cuestionable de cáñamo, nunha tumba exípcia, que ten entre tres e catro mil anos.
O valor do cáñamo na mediciña popular, ainda que resulte difícil de distinguir das suas propiedades alucinóxenas, pudo ser o seu primeiro papel na economía. Hai inscripcións da dinastía Chou en China, que datan do ano 700 ó 500 a.c., que acompañan o antigo ideograma de Cannabis, Ma, con unha connotación “negativa”, mencionando as suas propiedades estupefacientes. Como esta idea, é moi anterior a escritura, o Pen Tsao Ching, escrito sobre o ano 100 d.c., pero que se remonta ó lendario emperador Shen-Nung, ano 2000 a.c., recomendaba a Cannabis para o paludismo, o beri-beri, as constipacións, dolores reumáticos, distracción continua e padecementos femeninos. Hoa-Glio, outro antiguo herbario chino, recomendaba unha mistura de resina de cáñamo e viño como analxésico para a ciruxía..
O emperador chino Shen-Nung, foi o primeiro en recoller as propiedades medicinais de moitas plantas. Na súa farmacopea, que se cree que foi compilada no ano 2737 a.c., fala da C. sativa que inclúe tanto plantas masculinas como femininas.
No 2008 xa defendíamos que a regulación era un saída á crises. A xente ten que pensar que si todo o diñeiro que se utilizou na guerra contra as drogas, cifras que o estado non quere dar, se gastara en saúde pública, agora teríamos equipos de protección individual e todo o que nos fixera falta (Fermín Les, portavoz da organización Representación Cannábica de Navarra -RCN-). Dende RCN calculan que, si se desenrólase unha lexislación completa como a de Canadá, poderíase recadar uns 6.000 millóns de impostos anuais en España.
Dicíase que si se tomaba Ma-fan (froito do cáñamo) “... en exceso, provoca alucinacións. Si se usa durante moito tempo, facilita a comunicación cos espíritos e alixeirar o corpo”. Un sacerdote taoísta escribiu no século V a.c. que a Cannabis era empregada polos “nigromantes, en combinación con ginseng, para adiantarse no tempo e revelar eventos futuros”.
Durante estes primeiros períodos, o uso da Cannabis como alucinóxeno, estaba asociado co "chamanismo" na China, pero cando os europeos tomaron contacto ca China, uns 1500 anos despois, o chamanismo comezara o seu decline, e o uso da planta como intoxicante, parecía que rematara ou caera no esquecemento. Así pois, o seu valor na China, era fundamentalmente como fonte de fibra. Hai informes sobre o cultivo de marihuana na China dende tempos do neolítico, e chegouse a suxerir que a Cannabis pode ser orixinaria de China, e non de Asia central.
Os cálculos sobre ingresos públicos e emprego poden variar moito según quen faga os números, comenta Hugo Madera, que cita a cifra de 3.300 millóns de euros anuais o ingreso para o Estado e a creación de uns 92.000 postos de traballo. Pero matiza que dito cálculo só fala do mercado interno español, pero “poderíamos ser os maiores exportadores de cannabis de Europa”, o que podería levar esa previsión a “entre 2.000 e 15.000 millóns, según varios estudios”. Outro publicado pola Unidade de Políticas de Drogas do Servizo de Psicoloxía e Logopedia da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB) no 2018, calcula que coa regularización crearíanse 101.569 postos de traballo legais e uns ingresos de 3.312 millóns de euros anuais en impostos e cotizacións.
A zona raiada (Asia central) representa o lugar de orixe da Cannabis. A zona sombreada por onde se difundiu o seu cultivo. Probablemente foron os Escitas os que a deron a coñecer na China.
Pero foi na antiga India onde este “regalo dos deuses” atopou un uso exhaustivo na medicina popular. Criase que axilizaba a mente, prolongaba a vida, melloraba o xuízo, baixaba a febre, inducía ó sono, e curaba a disentería. A obra médica chamada “Susbruta” argumentaba que podía curar a lepra. O Bharaprakasba do ano 1600 d.c. aprox., a describe como antiflemático, dixestivo, capaz de afectar a biles, punzante e astrinxente; prescribíase para estimular o apetito, mellorar a dixestión e afinar a voz. O seu uso medicinal na India era moi amplo, cubría dende o control de caspa ate o alivio de dolores de cabeza, manías, insomnio, enfermidades venéreas, tos ferina, dolor de oídos e tuberculoses.
Moruno cita unha comparativa co estado de Colorado, que ingresou uns mil millóns de dólares dende que legalizaran o cannabis no 2014. “Facendo as estimacións comparadas, estaríamos falando da creación de 90.000 empregos para o ano 2030 e duns ingresos vía impostos que oscilan entre os 1.500 e os 3.000 millóns ó ano, ao que habería que sumar o aforro nos custos policiais e xudiciais”. EEUU creou no 2018, 24.000 empregos a tempo completo, que acabaron sumando 211.000 ó peche de dito ano. Ademais o deputado sinala outro factor: “O salario medio desta industria nos EEUU é un 11% superior ós salarios medios do país”.
Miniatura do século XV que pertence a un manuscrito que narra as viaxes de Marco Polo, e ilustra a un nobre persa, Al-Hassan Ibn-al-Sabbah, coñecido como o Vello da Montaña, gozando dos paraísos artificiais dos que inxiren hachis. Os seguidores deste nobre persa, eran coñecidos como "ashishins", consumían grandes cantidades de resina de Cannabis para acrecentar o seu valor na batalla, matanzas e saqueos. A verba "asasino" e "hachís" derivan do nome desta banda.
Os vedas hindús cantaron a Cannabis como a un dos néctares divinos, capaz de outorgar ó ser humano todo tipo de dons, dende a saúde e longa vida, ate visións dos deuses. O Zend-Avesta de 600 a.c. menciona unha resina intoxicante, e os asirios xa no século IX a.c. usaban a Cannabis como incenso.
Nos anos 500 a.c., o escritor grego Herodoto describiu un baño marabilloso dos escitas, que eran homes de a cabalo, agresivos, que dende as rexións transcaucásicas recorrían o mesmo o este que o oeste. Sinalou que: “facían unha tenda cravando na terra tres paos que se apoiaban un noutro, e estendían redor peles de cabra, arrecunchadas de xeito que quedaran achegadas entre si, dentro da tenda poñían un prato sobre o piso e colocaban varias pedras moi quentes, e engadían entón algunhas sementes de cáñamo, inmediatamente producíase fumo e formábase tal vapor, que ningún baño de vapor grego o podía superar; os escitas deleitábanse, e daban gritos de felicidade”. So recentemente, os arqueólogos atoparon, nas escavacións das tumbas escitas de Asia central, que datan de 500 a 300 a.c., trípodes, odres, braseiros e carbón con restos de froitas e follas de cannabis.
O portavoz de RCN destaca outro factor, a "fuga de cerebros". Ó non existir regulación, pero si un gran coñecemento en cultivo e xenética, “outros países veñen aquí a se levar ós técnicos, veñen empresas chilenas, arxentinas, colombianas …, vas a un laboratorio ou empresa de Uruguai ou Canadá e sempre te atopas a algún español”.
Obxectos desenterrados da tumba dun xefe en Pazirik, nos Altai occidentais. O conco de arriba, contiña froitos de Cannabis, e o incensario de cobre de abaixo, usábase para queimar a planta sagrada.
A Cannabis chegou a Europa polo norte. Na Grecia clásica e en Roma, non se cultivou para obter fibra, e hai razóns para pensar que coñecían os efectos psicoactivos da planta. Demócrito mencionou que ocasionalmente bebíase con viño e mirra para producir estados visionarios; Galeno escribiu hacia 200 d.c., que era común ofrecer marihuana os convidados para incitar a hilaridade e o gozo. Non se sabe si os vikingos usaron cordas de cáñamo ou non, pero as probas palinolóxicas indican que o cultivo de cáñamo tivo un forte incremento na Inglaterra dende o primeiro período anglo-saxón, ate o último período saxón en tempos dos normandos, do ano 400 ó 1100.
A Cannabis estendeuse de Asia Menor a África, en parte gracias a presión da influencia islámica. Tamén é introducido cos escravos de Malaisia. Coñecida comunmente en África como “kif" ou "dagga”, a planta introduciuse no contexto social e relixioso das culturas aborixes primitivas. Os Hotentotes, Bosquimáns e Kafires, usaron o cáñamo por séculos como medicina e como intoxicante. Nunha antiga cerimonia tribal no Val do Zambesi, os participantes inhalan vapores que proveñen dunha pila ardente de cáñamo; mais tarde empregáronse carrizos e pipas, e a planta queimábase nun altar. As tribos Kasai do Congo reviviron un vello culto riamba, no cal o cáñamo, emprazando antigos fetiches e símbolos, era elevado a un deus protector contra os danos físicos e espirituais. Os tratados selábanse fumando unha pipa de cabaza.
En España funcionaría unha lexislación que se baseara no que xa existe con relación ó sector dos clubs e asociacións, un modelo xa regulado nalgunhas comunidades autónomas e no que se están fixando outros países para exportalo. É un modelo nin totalmente capitalista nin totalmente estatal, moi baseado na autoxestión dos usuarios, do que se podería partir para facer unha sorte de modelo mixto que conduciría a outro de cooperativas e máis social (Sánchez Avilés).
Moruno alerta de evitar que se creen monopolios e de incentivar a creación de cooperativas, porque “hai que evitar que veñan eses grandes capitais, evitar a financiación do cannabis”.
Alicia no país das marabillas de Lewis Carrol, o encontro entre Alicia e o lánguido verme: "Ela estirouse sobre as puntas dos seus pés, e asomouse no borde do fungo, e os seus ollos topáronse cos ollos dun gran verme azul que estaba alí sentado cos brazos cruzados, fumando devagar unha gran pipa de auga, sen fixarse nela o máis mínimo, nin en ningunha outra cousa".
Henrique VIII favoreceu o cultivo do cáñamo na Inglaterra. A supremacía marítima de Inglaterra fixo que, durante a época isabelina aumentara a demanda da fibra. O cultivo de cáñamo comezou tamén nas colonias británicas do Novo Contininte: primeiro en Canadá en 1606, en Virxinia no 1611; os colonizadores levaron este cultivo a Nova Inglaterra no 1632. Antes da independencia, en Norteamérica, o cáñamo déuselle un uso téxtil. Introduciuse nas colonias españolas de América: en Chile no 1545, e en Perú no 1554.
O cáñamo espallouse por distintas areas do Novo Mundo, ainda que non penetrou como uso nas cerimonias ou credencias relixiosas nativas de América. Como excepción, os indios Tepecanos do noroeste de México que, empregan o cáñamo ocasionalmente, ou Rosa María, como eles a chaman, cando non poden conseguir "peiote".
Os indios dos estados de Veracruz, Hidalgo e Puebla, coa planta que chaman Santa Rosa, identificada como Cannabis, celebran unha cerimonia de curación comunal, a planta é considerada como un mediador ante a Virxe. Aínda que a cerimonia está baseada en elementos cristiáns, a planta é adorada como unha deidade da terra, pensando que está viva e que representa unha parte do corazón de Deus. Os participantes neste culto creen que a planta pode ser perigosa e que pode tomar a forma da alma dun home, enfermalo, enfurecelo e ainda matalo.
Quitar as multas, reformar a Lei Mordaza e regulación do autocultivo, tanto individual como cando un grupo de xente se xunta para elo, como no caso dos clubs, afirma Hugo Madera, portavoz do Observatorio Europeo de Consumo e Cultivo do Cannabis (OECCC). Insiste sobre a entrada de grandes empresas no mercado e propón que “primeiro as persoas, despois os dereitos e logo o beneficio, porque si facemos o contrario ó final só haberá diñeiro para accionistas de unhas poucas multinacionais”. A regulación para uso medicinal debería ser un sistema de tres vías como no que existe en Colombia: autocultivo para fins terapéuticos, unha regulación para promover as pequenas cooperativas e unha concesión de licencias totalmente transparentes e xustas. A realidade actual en España é de ocultación do proceso e as concesións fanse por “entrevistas”. Nunha democracia non se poden repartir licencias deste xeito, e esta opacidade non é digna dun país europeo, engade Les (portavoz da organización Representación Cannábica de Navarra -RCN-).
Nalgunhas partes de América era estimada por aliviar a disentería, o paludismo, o ántrax e a febre. Ate hoxe en día os Hotentotes e os Mfengu proclaman a súa eficiencia nas mordeduras de serpes, e as mulleres Sorho alcanzan unha estupefacción parcial fumando marihuana antes de dar a luz.
Gravado en madeira da Cannabis Sativa
(herbario Kreuterbuch de Leonard Fuchs, 1543.
Os efectos psicóticos das preparacións de Cannabis varían moito, dependendo da doses, o xeito da preparación e o tipo de planta usada, o modo de administración, a personalidade de quen a consume e os antecedentes culturais e sociais. Tal vez a característica máis frecuente é un estado soñador. Veñen a lembranza eventos esquecidos fai moito tempo, e os pensamentos aparecen en secuencias aparentemente sen relación. A percepción do tempo, e as veces do espazo, vese alterada. As alucinacións visúais e auditivas seguen ó uso de fortes doses. É típica a euforia, a excitación e a felicidade interior. Nalgúns casos pódese experimentar un estado depresivo ó final. Aínda que as veces a conduta tórnase impulsiva, é raro que desencadeen violencia.
A persecución do cannabis, a nivel de tráfico ou menudeo, consume moitas horas de traballo dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado. No apartado de Seguridade Cidadán -o maior presuposto do Ministerio de Interior-, cun presuposto no 2019 de 5.789,7 millóns de euros, o 70,89% das multas impostas foron por posesión, consumo ou cultivo de cannabis. Sumando o gasto estimado que parte do presuposto de Xustiza e do resto de partidas, o gasto que a persecución do cannabis supón as arcas públicas está en torno ós 4.200 millóns de euros anuais.
Nos últimos anos, o uso da Cannabis como intoxicante difundiuse moito na sociedade occidental, e causou problemas sociais e de saúde. Case non hai acordo, en canto a magnitude de estes problemas e en canto a sua solución. A opinión parece polarizarse en dúas direccións: aquela que considera que o uso da Cannabis é un perigo social, moral e físico, e que polo tanto debe ser prohibida, e aqueles que plantean que o seu uso é inocuo, un pasatempo pracenteiro que debe ser legalizado.
A finais de xuño deste ano 2020, unha empresa colombiana de cannabis fai unha oferta por unha pyme cultivadora de rosas dunha pequena localidade de Soria, que se atopa en concurso de acredores e a punto de despedir a 270 empregados. Nesas mesmas datas, o Goberno de coalición aproba unha nova licencia para producir e exportar cannabis a unha empresa británica que producirá en Alacante.
Fonte:
“As Plantas dos Deuses, Orixe do Uso dos Alucinóxenos” de Schultes Hofmann.
Texto "marelo":
O SALTO (periódico mensual), Setembro 2020.

OS MÁIS LEIDOS

FESTAS PATRONAIS 1945, A FORTALEZA DO TAPAL E O «SANCTI SPIRITU»

NÓS, OS IRRELEVANTES

FESTAS PATRONAIS 1946 CON SONETO Ó BERBERECHO

GACETA MUNICIPAL - 16 XULLO 1931

GACETA MUNICIPAL - 24 XULLO 1931

ULTREIA: TERCEIRA XEIRA (3/3)

«A DECADENCIA DE OCCIDENTE» de OSWALD SPENGLER (2/4)

MUNICIPAIS DO 31 (e 2)

«A TODO O QUE NON PENSE COMA NÓS»

FESTAS PATRONAIS 1947 / OS EMILIANOS / EVA DUARTE DE PERÓN