O SABOR DAS BAGOAS

MATILDE LANDA VAZ
Matilde Landa Vaz (Badaxoz, 24 de xuño de 1904-Palma de Mallorca, 26 de setembro de 1942) foi unha destacada militante do Partido Comunista de España (PCE). Actualmente é considerada unha dos referentes máis significativos do movemento obreiro e comunista das décadas de 1930 e 1940.
O 26 de setembro de 1939 ingresou na prisión de Ventas. Entre as reclusas alí enceladas estiveran "As Trece Rosas", fusiladas o mes anterior sen chegarse a tramitar a súa solicitude de conmutación da pena. A directora do penal era entón a teresiana Carmen de Castro, que fora alumna da Institución Libre de Ensenanza. Matilde, quizais por elo, consígueo a súa autorización para organizar na propia cela da galería de penadas —que reunía as condenadas a morte ca finalidade de separalas do resto de reclusas, e que naquelas datas chegou a albergar ata 190 penadas— unha oficina onde realizaría unha impresionante tarefa de axuda as presas condenadas a morte: tratábase da "oficina de penadas" —fundamentalmente tramitación de recursos para conseguir a súa exculpación—, conseguindo evitar o fusilamento dalgunhas delas. Consolidándose como un importante apoio psicolóxico que posibilitou establecer unha rede de axuda entre as mulleres e as súas familias ante situacións desesperadas e incertas, decote enfrontadas a unha situación de absoluta indefensión legal.
Presentación das Brigadas Internacionais.
Foi procesada en consello de guerra polo capitán Álvaro Soto Burgos o 7 de decembro de 1939, polo delito de adhesión á rebelión. Condenada a pena de morte, gracias as xestións realizadas pola súa irmán Aida co filósofo e entón sacerdote Manuel García Morente, converso moi ben relacionado co réxime, alumno e profesor da ILE (Institución Libre de Ensinanza) e amigo de Rubén Landa Vaz, irmán de Matilde, a súa pena foi conmutada pola inmediatamente inferior de trinta anos de reclusión el 18 de xuño de 1940.
A súa conmutación foi un caso absolutamente excepcional, e condicionado ó seu traslado a un penal situado fora da península. Trala conmutación, Matilde solicitou continuar na galería de penadas co seu labor de asistencia xurídica, sen conseguilo. Despois da súa saída da galería, a dirección da prisión prohibiu a "oficina" e no seu lugar habilitouse un taller de costura.
O 14 de agosto de 1940 foi trasladada á prisión de Can Sales en Palma de Mallorca, caracterizada pola masificación e a pésima alimentación e condiciones das reclusas. Ao igual que en Ventas, Matilde converteuse de inmediato nun referente moral para as presas, encabezando as modestas accións de resistencia que se desenrolaban no penal. Dende o seu ingreso foi obxecto dun permanente acoso, non só a causa da súa gran actividade organizativa, senón pola súa sengularidade. Castigada na cela de illamento permaneceu case catro meses; o 20 de setembro acordouse levantar o castigo con motivo da festividade da Mercé. El 14 de setembro de 1942, doce días antes de morrer, recibiuse un oficio da dirección xeral de prisións ordeando o traslado de Matilde ó cárcere de mulleres de Santa Cruz de Tenerife, sancionada pola súa conduta. O traslado foi suspendido días após. Desde o cárcere, escríbeo diversas cartas dirixidas a súa filla Carmen, que conseguira fuxir de España e vivía cos seus tíos en México.
As súas fortes conviccións, coherencia e actitude consecuente provocaron que as autoridades relixiosas da prisión, as Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl, interesáranse de maneira moi especial pola súa conversión ao catolicismo, constituíndo un acto propagandístico de primeiro orde para a ditadura. Así, desde 1941 sufriu fortes presións para que accedera a recibir o bautismo. A presión das militantes de Acción Católica sobre Landa foi extremadamente cruel, personificada na catequista que lle asignaran, Bárbara Pons. A mellora das condicións de vida das reclusas foi convertida en moeda de cambio para conseguir a cristianización de Matilde, auspiciada polo bispo de Palma, Xosé Miralles Sbert. O bautismo público estaba previsto para o 26 de setembro de 1942, xustamente ao cumprirse o terceiro aniversario desde o seu ingreso en prisión, ao que asistirían o bispo de Palma e o gobernador civil. Pasadas as seis da tarde do sábado 26 de setembro de 1942, día que estaba prevista a cerimonia de bautismo, con 38 anos, lanzouse desde unha galería da prisión, falecendo.
A súa agonía durou case unha hora, tempo suficiente para que se lle administrara finalmente o bautismo in articulo mortis. Apúntase como causa da súa morte o suicidio, inducido pola terrible situación de presión a que estaba sendo sometida por parte das autoridades penitenciarias i eclesiásticas da illa para ser bautizada. O acta de defunción expedida polo xulgado municipal e certificada en extracto na causa xudicial, con data do 29 de outubro de 1945, informaba de que “faleceu o 26 de setembro de 1942, as 19 horas 25 minutos, a consecuencia de hemorraxia interna”. Na súa cela atoparon tres obras: as poesías de Bécquer, os escritos de Santa Teresa, e unha edición completa das obras de Quevedo. Foi enterrada no cimenterio de Palma, nunha sepultura propiedade de Aina Oleza Bestard, pertencente a una familia aristocrática mallorquina.
A documentación da causa xudicial de Matilde Landa, co número 50.683, atópase actualmente nun arquivo militar, na Capitanía Xeral de Madrid.
As Brigadas Internacionais foron unidades militares compostas por aproximadamente 40.000 a 60.000 voluntarios extranxeiros de máis de 50 países que loitaron na Guerra do Golpe Militar Franquista (1936-1939) en defensa da Segunda República española contra o bando sublevado.
O SABOR DAS BAGOAS
Franco pretendía borrar en todos os niveis da sociedade calquera influencia que considerara estranxeira ou identitaria. Calquera que falara galego, vasco ou catalán en público ou na igrexa era arrestado, foron prohibidos todos os nomes en galego ou catalán, e deturpados os apelidos, así tamén as danzas tradicionais. Aínda que facía séculos eran moi poucos os xudeus ou sefarditas, o «Xeneralísimo» arremeteu contra o "espírito xudeu". Promulgou unha «Lei de Responsabilidades Políticas», que, cunha lóxica da novela 1984, declaraba que, dado que o seu Alzamento Nacional fora lexitimado, calquera que se opuxera a el sería considerado culpable de “rebelión militar”, así tamén a todos aqueles activos participantes da República: «opostos ao movemento nacional con actos u omisións graves».
Presentación das Brigadas Internacionais.
A Lei foi aplicada por un tribunal presidido por Enrique Suñer Ordóñez, un destacado paranoico, que condenou a os políticos republicanos que os cualificaba como: «xabaríns e ungulados correndo polo Congreso dos Deputados, na procura de vítimas propiciatorias das súas colmilladas e dos seus golpes de solipediños [...] España foi e está sendo teatro dun combate épico, ciclópeo, accións de titáns contra monstruoso apocalípticos. Os programas expostos nos Protocolos dos Sabios de Sión comezan a cumprirse».
Mentres os republicanos perdían impulso e os nacionais iniciaban o contraataque, os temorosos soldados americanos viron o ceo cubrirse de algo novo e ameazador: Un monoplano compacto, elegante e dun só motor que se movía cunha celeridade sen precedentes e cunha temible velocidade de ascenso. Era o Messerschmitt Bf-109 alemán, que estaba facendo o seu debut en combate. Este caza converteríase no mortífero e polivalente piar da Luftwaffe durante a Segunda Guerra Mundial. Dáballes os golpistas superioridade aérea sobre a República. Franco podía destacar en voo máis de 200 aparatos a vez, manexados por pilotos alemáns, italianos e españois ben entrenados, e a forza aérea republicana veuse rapidamente sobre pasada. Nun só día, a Lexión Cóndor derribou 21 aparatos republicanos. Mentres a infantería republicana tentaba de cavar trincheiras na terra endurecida. Cando tropas do Batallón Washington avanzaban demasiado agrupadas, catro bombardeiros pesados italianos lles lanzaron a súa carga con terribles consecuencias. Lembraba un capitán do veciño batallón británico: "Atravesamos a zona entre enormes cráteres en cuxos bordos aínda seguían ardendo os cadáveres de decenas de americanos, cuxos corpos adquiriran un estraño cor amourado".
Antes de seren enviados ante o pelotón de fusilamento, a menudo a os presos se lles torturaba, golpeándoos e sen comer ate que confesaran os seus pecados. Métodos de tortura de cote eran meterlles a cabeza na cunca do retrete, cantar himnos golpistas brazo en alto durante horas ou darlles descargas eléctricas nas orellas, nos bicos do peito e xenitais. Os resistentes a confesar, o réxime tiña reservado persuasivos métodos, como por exemplo o aplicado a Matilde Landa, profesional do ensino, laica e comunista (constituíndo catro cargos contra ela), que se atopaba como prisioneira política en Mallorca. As autoridades lle esixiron que se retractara das súas conviccións e se bautizara publicamente. Incapaz de soportar máis interrogatorios, suicidouse tirándose por unha ventá do cárcere. Durante os 45 minutos de agonía, chamouse a un sacerdote para que lle deran a extremaunción e o goberno, no lugar de entregarlle o seu corpo a súa familia, enterrouno polo rito católico.
Neugass escribiu: «O motor do camión ducha, aportaba a electricidade para a luz. Os dous quirófanos funcionaban a tope. Trala porta aberta podíanse ver figuras silandeiras vestidas de branco e a pel núa ao descuberto e os muñóns vendados de brazos e pernas, farrapos flotando en sucios recipientes de líquido sanguinolento [...] Por que non se facía nada para darlle alivio ós esporádicos e frouxos xemidos dos corpos baixo as mantas?. Estiven descargando camillas ate que o comandante me mandou volver a Mezquita a buscar instrumental. Faría o que fixera falta, tan avergoñado me sentía de estar ileso». Mentres tanto, o doutor Barsky e os demais cirurxiáns, lidaban cunha avalancha de feridos, operaron sen parar durante 50 horas seguidas.
En tais ocasións, as veces as enfermeiras chegaban a substituír a os médicos. Unha noite, a enfermeira Esther Silverstein entrou nunha sala de operacións para coller instrumental e quedouse perplexa ao ver ó médico durmido nunha cadeira e a súa enfermeira operando. «Fíxome: "Chisss". Eu quedeime calada e logo pregunteille: "Que estás a facer?, e ela contistou: "Ben, istou rematando con isto, o pobre doutor está canso". E pregunteille: "Fas isto moi amiudo?", e contestoume: "Oh, bastante, pero non llo digas a ninguén».
As mulleres republicanas como Landa, foron tratadas con especial asañamento. A enfermeira Oliva Cabezas García tentara fuxir atravesando os Pirineos co seu amante, o médico voluntario polaco Jacques Grunblatt. Ambos traballaran xuntos no hospital da XV Brigada. Tras dous días de marcha, preñada do fillo de Grunblatt, resultoulle imposible seguir adiante. Voltou a casa da súa irmán en Madrid, sendo detida polo exército golpista. Se puxo de parto xusto no remate da guerra, os seus carcereiros para celebralo, a obrigaron a bailar ó son marcial dos seus cantos franquistas mentres paría. Cando Grunblatt se enterou no seu refuxio en Francia, comentou: «Chorei como nunca chorara na miña vida».
O magnate do petroleo Torkild Rieber, presidente de Texaco e gran amigo de Franco e dispois de Hitler. O goberno de EUA sabía que o abastecemento de petróleo de Texaco era embarcado na flota de petroleiros transoceánicos da propia compañía, unha das maiores do sector, o que violaba a lexislación de neutralidade norteamericana. Rieber non cobraba por dito servicio, polo que o precio do petroleo abastecido por Texaco, establecíase como si Franco o transportara en barcos propios, o que supuña un enorme subsidio a os golpistas. Os mandos que dirixían os bombardeiros, os buques de superficie e os ataques submarinos dos golpistas e dos seus aliados alemáns e italianos sempre estaban ben informados. Os petroleiros que transportaban o petróleo para a República eran os seus obxetivos prioritarios (durante a guerra ao menos 29 petroleiros para abastecer a República, foron atacados, danados, afundidos ou capturados). O risco eran tan alto que no verán do 37 as primas de seguro para petroleiros no Mediterraneo, repentinamente se cuadriplicaron. Converténdose o Mediterraneo nunhas augas moi perigosas para o tránsito marítimo de apoio a República, os golpistas contaban coa rede marítima internacional de información, que pertenecía a Texaco.
Texaco dispuña de oficinas, instalacións e axentes de venta por todo o mundo. Por indicación de Rieber, emitíronse discretamente órdenes a todos eles. Dende as cidades portuarias chegaban a oficina de Texaco en París, telegramas que facilitaban detalles sobre os petroleiros enviados á República. Estos listados derivados ó bando golpista, informaban de cantidades de petroleo, gasolina ou gasoleo transportados por un petroleiro, e da cantidade pagada pola república pola carga (información estratéxicamente útil para evaluar os suministros de petroleo republicán e as súas finanzas). En total, Rieber vendeulle ós golpistas ao menos 20 millóns de dólares en combustible durante a guerra, o equivalente, según o cálculo máis conservador, a uns 325 millóns de dólares actuais. Os petroleiros da Texaco realizaron 225 viaxes a España dos que 156 foron barcos fletados pola compañía o resto era unha axudiña de magnate a magnicida. Un agradecido Franco seguiu mercando combustible a Texaco durante moito tempo despois de rematada a guerra, e máis tarde concedeo a Rieber a Gran Cruz de Isabel a Católica. Estados Unidos podería ser neutral, pero Texaco estaba en guerra. Anos após, o subsecretario de Asuntos Exteriores da España franquista, declarou a un periodista que «sin o petroleo, os camións e os créditos estadounidenses, nunca poderíamos gañar a guerra».
Unha cárcere de mulleres de Madrid incrementouse ate 14.000 internas. Moitas eran violadas e empreñadas en prisión. Uns 12.000 fill*s de presas republicanas, moitos destes bebés, foron arrincad*s dos brazos das súas nais e ingresados en orfanatos. Estas incautacións as xustificaba o xefe de psiquiatría do exército, Antonio Vallejo Nágera, un protexido de Franco, pola crenzia de que, de outro xeito, o «fanatismo marxista» transmitíase coma un xerme de pais a fillos.
Como identificar a os homes e mulleres que apoiaran a República non sempre resultaba doado, as denuncias eran fundamentais e, como na Rusia de Stalin, non denunciar a ninguén era motivo de sospeita. «Non tes dereito a privar á xustiza de ningún inimigo da patria», advertía un periódico de Santander. Asemade, os sacerdotes tomaban nota da xente que non ia a misa.
Ao menos uns 20.000 republicanos foron executados despois da vitoria de Franco. Un número indeterminado, anque probablemente maior, morreu nas ateigadas cárceres do país. No 1940, según datos do propio réxime, uns 270.000 reclusos convictos amoreábanse nas celas construídas para 20.000 e outros 100.000 agardaban no cárcere polo xuízo. A comida era infame, as enfermidades provocaban estragos e as veces os presos pasaban un ou dous días seguidos sen auga. Só en Córdoba, no 1941, morreron entre reixas 502 reclusos.
As estadísticas de quenes estaban en prisión non incluían a unhas 90.000 persoas das «colonias penitenciarias militarizadas» obrigadas a traballar en diversos proxectos, como un canal de 180 quilómetros para irrigar as terras de algúns grandes latifundios cuxos propietarios apoiaran a Franco. Moitos prisioneiros eran tamén alugados a empresas privadas como man de obra barata, precarizando os salarios da man de obra libre. Uns 20.000 traballadores de presos republicanos foron forzados a construír o Valle dos Caídos, que demorou 20 anos rematar a súa construción. Si un sindicalista fora botado directamente a un pozo, non existía nen certificado de defunción, polo que a súa muller nunca podería volver a casarse xa que non era legalmente viúva. Durante décadas, a xente que perdera a un ser querido en lugares así, o único que podía facer era deixar flores de noite, xa que calquera outra cousa podería ser perigoso.
Os refuxiados tiñan boas razóns para fuxir, pois a victoria de Franco non trouxo consigo a reconciliación, senon a vinganza. Si durante a guerra os partidarios dos golpistas foran asasinados nunha poboación concreta e confiscadas as súas propiedades, en revancha executábase a xente dese mismo pobo, tuveran ou non que ver con aqueles feitos.. E si o réximen non podía capturar a alguén, eran os seus familiares os que pagaban as consecuencias. Camil Companys i Jover, por exemplo, era un prominente avogado barcelonés e presidente do Colexio de Avogados da cidade. O seu parroco declarou que protexera a moitos membros do clero durante a guerra, o seu irmán era o presidente do goberno catalán (executado por Franco pouco tempo após), polo que sabía que era un home marcado. Ao finalizar a guerra fuxiu a Francia, onde se suicidou. A pesar dese xesto desesperado, non o safou de ser condenado postumamente a 15 anos de inhabilitación e a unha multa que tivo que pagar a súa viúva.
O réxime baseábase no poder sobre a vida e a morte de Franco. Como escrebe o historiador Antony Beevor: «O Caudillo acostumaba a ler as sentencias de morte após do xantar, a hora do café, moitas veces acompañado polo seu asesor espiritual. [...] Procedía a anotar nos expedientes unha “E” de «enterado», que significaba a execución da sentencia, unha “C” de «conmutado» [...] ou unha anotación manuscrita de “garrote e prensa”, para os casos que debían ter un efecto exemplarizante. Unha vez que chegaban as listas a os penais do país, «esta relación líase en voz alta nas galerías e algúns funcionarios cachondeábanse con saña en pronunciar os nomes máis comúns, como Xosé ou Xoán, facendo unha longa pausa mantendo a tensión do auditorio e, logo, pronunciar solatreando o apelido do condenado. No cárcere de mulleres de Amorebieta o facían as monxas oblatas».
O trato ós prisioneiros nesta guerra foi implacable. Os republicanos fusilaban a os oficiais golpistas por consideralos irrecuperables; pero a os soldados reclutados, os consideraban enganados pola propaganda ou forzados a combater contra a súa vontade, en xeral os deixaban vivir. No outro bando, os golpistas executaban sistemáticamente a os oficiais capturados, así como a moitos dos soldados reclutados, sobre todo a os internacionais: "dos 287 estadounidenses dos que se ten noticia que foron feitos prisioneiros, executaron a 173",
Tropas das Brigadas Internacionais desfilando por Barcelona, na súa despedida como forza de apoio a Repûblica o 28 de outubro de 1938.
Franco gobernou España durante 36 anos, até a súa morte, entre síntomas de senilidade, a idade de oitenta e dous anos, unha rexencia moito máis longa que os de Hitler, Mussolini ou Stalin. Co tempo foi adoptando algúns dos elementos do boato da realeza, como entrar e saír da igrexa baixo palio, recibir a os embaixadores nun estrado ou acuñar moedas coa súa imaxe. A algúns dos seus favoritos, entre eles varios xenerais da guerra, Franco lles concedeu títulos nobiliarios ao xeito real, creando toda unha saga de condes, marqueses ou duques. Algúns deses novos nobres, nun estraño aturuxo, como reminiscencia da declaración de santidade no catolicismo, os recibiron a título póstumo.
O seu goberno foi, tal como George Orwell observara dende o principio, «non tanto un intento de impoñer o fascismo como de restaurar o feudalismo». A igrexa católica seguiu sendo enormemente poderosa e a posición da muller moitísimo peor que na Alemaña de Hitler. As mulleres eran consideradas dependentes dos seus pais ou maridos, cuxo permiso precisaban para abrir unha conta bancaria, ter unha propiedade, presentar unha demanda, asistir a un traballo ou saír de viaxe. O marido tiña o dereito de matar a súa muller si a sorprendía cometendo adulterio. O réxime franquista volveuse menos criminal e represivo nas súas últimas décadas. España finalmente gozou dun crecemento económico que relaxou parte das restricións para as mulleres ou a expresión cultural. Pero a tortura seguiu sendo adoitada, o réxime continuou sendo un Estado policial e ate 1974, un ano antes da morte do ditador, executouse presos a garrote vil.
O 28 de outubro de 1938, desfilaban pola Diagonal de Barcelona as tropas que quedaban das Brigadas Internacionais na súa despedida oficial. As tropas en formación escoitaron o himno da República e os discursos das autoridades. Moi emocionado, o primeiro ministro Negrín prometeu a nacionalidade española a todos os soldados internacionais que voltaran a España despois da guerra. Logo subiu ao estrado a mellor oradora do país, Dolores Ibarruri, a Pasionaria: "Nais!..., Mulleres!. Cando os anos pasen e as feridas da guerra se vaian restañando [...] cando [...] o orgullo da patria libre sexa igualmente sentido por todos os españoles, falade ós vosos fillos, faládelles destes homes das Brigadas Internacionais. Contádelles como, atravesando mares e montañas, salvando fronteiras ateigadas de baionetas [..], chegaron a nosa patria como cruzados da liberdade. [...] O abandonaron todo: cariños, patria, fogar, fortuna, nai, muller, irmáns, fillos e viñeron onda nós a decirnos:«Aquí estamos!. A vosa causa, a causa de España, é a nosa mesma causa, é a causa de toda a humanidade avanzada e progresista». Hoxe vanse moitos, millares quedan tendo como sudario a terra de España". Dirixíndose logo ós voluntarios, lles dixo: "Camaradas das Brigadas Internacionais! Razóns políticas, razóns de Estado [...] vos fan voltar as vosas patrias a uns, a forzada emigración a outros. Podedes marchar orgullosos. Sodas a historia, sodes a lenda, sodes o exemplo heroico da solidariedade e da universalidade da democracia. [...] Non vos esqueceremos, cando a oliveira da paz floreza, entrelazado nos loureiros da vitoria da República Española, volvede!".
Fonte:
España no Corazón: A Historia dos Brigadistas Americanos na Guerra Civil Española, de Adam Hoschschild. Traducción de Mariano López. Editorial MALPASO, 2018.
- WIKIPEDIA
https://nomesevoces.net/gl/o-proxecto
O Proxecto de Investigación "Nomes e Voces" naceu ao abeiro dos traballos que se realizaron ao redor do Ano da Memoria 2006, promovido pola Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia. Ao proxecto encomendóuselle a tarefa de estudar a violencia golpista durante a Guerra e posguerra, así como ofrecer á sociedade os datos relativos ás persoas que sufriron algún tipo de persecución neste período. Esta tarefa abordouse desde a perspectiva da investigación histórica, como parte dun crecente interese da sociedade polo estudo da violencia franquista e as consecuencias desta.
Cartografía do Xenocidio Franquista na Galiza.
Non son todas as existentes, de seguro haberá máis. No mes de marzo do 2025 o Goberno do Estado encomendou ao grupo de investigación Histagra da USC a elaboración do Censo Estatal de Vítimas do golpe e a ditadura. Fíxoo grazas á experiencia previa demostrada no proxecto Nomes e Voces, a primeira gran investigación sobre as vítimas en Galicia, que acreditou case cinco mil asasinatos e un total duns quince mil casos de represión. Nomes e Voces tivo que pechar por falta de financiamento da Xunta.

OS MÁIS LEIDOS

SANGUE DE LADRA

FESTAS PATRONAIS 1945 E A FORTALEZA DO TAPAL

O CACIQUE "PAKARAIÑA"

STRANGE FRUIT: ECHE O QUE HAI!

«SHELL SHOCK»: NEUROSE DE GUERRA

A DERRADEIRA SINGRADURA DO ANDRUCHO

SERVIDUME VOLUNTARIA (II/IX)

RUTH MATILDE ANDERSON EN NOIA - 1924 e 1926