SANGUE DE LADRA

«GULAG» é o acrónimo de Glavnoye Upravleniye Ispravitelno-Trudovykh Lagerey, co significado: "Dirección Xeral de Campos e Colonias de Traballo Correccional". Baixo o control da Policía Secreta da URSS, que administrou e dirixiu un amplo complexo ó longo e ancho do territorio ruso, os Gulags conxugan con fría precisión política a aniquilación dos sospeitos*s de disidencia ideolóxica co asasinato en masa. Creadas no principio da década dos anos vinte do século XX, a finais da mesma década Stalin lle da dimensións industriais, ligándoa a extracción de codiciados recursos mineiros, condicións extremísimas e como «carpantas».
«SANGUE DE LADRA»
A continuación se transcribe parte do capítulo «Sangue de Ladra», incluido nos Ensayos sobre o Mundo do Hampón, o VI libro e último dos Relatos de Kolimá de Varlam Shalámov.
A INSPIRACIÓN ARTÍSTICA CANDO O ROUBO
Os hampóns din que no momento do roubo experimentan unha emoción moi especial, unha excitación nerviosa que emparenta o acto do roubo cun acto creativo, coa inspiración. Que viven un peculiar estado psicolóxico de emoción nerviosa e exaltada que, pola súa forza, a súa profundidade, a súa plenitude e atractivo, non se pode comparar con nada.
Din que naquel momento quen rouba vive unha vida incomparablemente máis plena que a dun xogador de cartas fronte ó tapete verde, ou mellor dito o collín, a tradicional mesa de xogo no mundo dos hampóns.
- Lle metes a man -conta un carteirista- e o corazón che late dun xeito … Morrerás e revivirás mil veces ate que non saques aquela maldita carteira, na que, polo demais, poida que teña dous rublos.
Danse roubos sen perigo algún, pero tampouco neles pode faltar a emoción do «artista», a inspiración do ladra. A sensación de risco, do entusiasmo, da vida.

O QUE VEO E COMPRENDEU VARLAM SHALÁMOV NOS GULAGS
1. Comprendín a extraordinaria fraxilidade da cultura humana, da súa civilización. Un home convértese en “alimaña” en tres semana, si soporta un traballo duro, o frío, a fame e as malleiras.
2. O medio principal para que se descompoña o alma é o frío. Nos Gulags de Asia Central, seguramente a xente aguantaba máis tempo, alí fai máis calor.
3. Comprendín que a amizade, o compañeirismo, nunca se dan en circunstancias duras, duras de verdade, con risco da túa vida. A amizade nace en condicións difíciles pero soportables: nun hospital, pero nunca nunha mina.
4. Comprendín que o sentimento máis perdurable é a ira. Un home famento a pouca carne que lle queda, só alimenta a ira. Móstrase indiferente con todo o demais.
OS APESTADOS OU O ROBAR POR ROUBAR
Ó ladra lle importa un pepino quen é a persoa á que está roubando. No campo, o hampón rouba as veces cousas que para ele son totalmente inútiles, tan só por roubar, para experimentar unha vez máis a «alta enfermidade» do roubo.
«Contaxiados», así se chaman estes hampóns. Pero no campo os mestres do «arte puro» do roubo son os menos. A maioría prefire o atraco e non o roubo, o atraco descarado, sen tapuxos, arrincándolle á vítima, a vista de tododiós, a chaqueta, a bufanda, o sucre, a manteiga, o tabaco, todo o que se pode comer e todo o que pode servir de moeda de troco no xogo das cartas.

5. Comprendín a diferencia entre o cárcere, que fortalece o carácter, e o gulag, que descompón a alma humana.
6. Comprendín que as «vitorias» de Stalin se debían a que este mataba a xente inocente, unha organización dez veces menor en número, pero organizado, barrería a Stalin en dous días.
7. Comprendín que o home é o supervivente da rama homínida pola súa fortaleza física, máis resistente que calquera outro animal. No Extremo Norte ningún cabalo resistía o traballo.
8. Vin que o único grupo de persoas que preservaban un comportamento humano entre a fame e as humillacións era a xente relixiosa, os adeptos das seitas, case todas, e a maioría dos popes.
9. Os primeiros en corromperse son a xente do partido e os militares.
O DESCARADO ORGULLO DE PERDELO TODO
O ladra de trens falaba sobre a particular emoción coa que abría un vulto (unha maleta) roubado.
- Non abrimos os cerres -dicía-, lle das coa tapa contra unha pedra e o «vulto» abre.
Este «talento» do ladra ten que ver moi pouco coa valentía humana. Valentía non é a verba. É puro e simple descaro, unha insolencia sen límites, que só poden deter no seu camiño unha duras barreiras.
A actividade do ladra non leva consigo ningunha carga psicolóxica en forma de sufrimento anímico.
As cartas ocupan un lugar moi importante na vida do hampón.
Non todos eles xogan as cartas sen parar, como «enfermos», ate perderen no combate os derradeiros pantalóns. Perderen ate este termo non é considerado algo vergoñento.

10. Vin o convincente argumento cos intelectuais cun simple tortazo.
11. O pobo distingue a ós xefes pola forza dos seus golpes, pola súa afección pola violencia.
16. Comprendín que a ira pode soster a vida.
17. Comprendín que se pode vivir gracias a indiferenza.
O CÓDICE CABALEIRESCO DO HAMPÓN
Pero todos os hampóns saben xogar as cartas. Faltaría máis!. Saber xogar forma parte do «códice cabaleiresco do home» no mundo do hampa. Non son menos os xogos do azar que está obrigado a dominar todo hampón, cúas regras aprende de rapás. Os xoves hampóns practican constantemente tanto a confección das cartas, como o arte de facer unha «transporte» con aposta.
O "S KUSHEM" POR "SKUSHAN" DE CHÉJOV
Por certo, esta expresión dos xogadores de cartas significa aumentar a aposta. Na ”A Vida de Sajalín”, Chéjov a anota como «transporte comido» (Confunde «transpor s kushem» -transporte con aposta-, con «transport skushan»: “o transporte comeuse”), termo que considera pertencente ó argot carcereiro dos xogadores de cartas. Así, este erro pasouse por todas as edicións de ”A Illa Sajalín”, incluídas as académicas. O escritor non escoitou ben esta fórmula de cote entre os xogadores.

18. Comprendín por qué o home vive non de esperanzas -non hai esperanza algunha- nin pola forza da súa vontade -que parvada!-, senón gracias ó instinto, o sentido de auto-protección, gracias ó mesmo principio que rexe na árbore, na pedra ou no animal.
19. Enorgullézome de tomar a decisión xa no 1937, de negarme a ser xefe de brigada e que as miñas decisións puideran provocar a morte de outro home, e que a miña vontade estivera ao servizo dos superiores, oprimindo a outros homes, presos como eu.
A CULTURA DA BARALLA
O mundo do hampa é moi rutineiro. Nel a forza das tradicións é moi poderosa. Pero neste ambiente conserváronse xogos desaparecidos na vida corrente. O conselleiro de Estado Shtoss de “O Retrato” de Gogol é ate hoxe unha realidade no mundo do hampa. Un xogo cun século de antigüidade, o shtoss, asináronlle outro nome, léxicamente máis móbil: stos. Nun dos relatos de Kaverin, uns mozos da rúa cantan unha coñecida romanza, trocando as verbas según o seu xeito de entendela e ó seu gusto: «A rosa negra, de tristura blema …» (os mozos, ignorando a verba «emblema», que é a que aparece na canción, invéntanse esta, que non parece significar nada).
Todo hampón sabe xogar ó stos e dobrar as puntas como Guerman ou Chekalinski (personaxes de A Dama de Picas de A. Pushkin).
O segundo xogo, que ocupa o primeiro lugar pola súa difusión, é a burá. Así chaman os hampóns ao xogo do «trinta e un». Parecido ao ochkó (tamén chamado 22 puntos, variante rusa do blackjack, la burá sigue sendo un xogo do hampa. Os hampóns non xogan entre eles ao ochkó.

20. A miña fortaleza espiritual e física resultaron ser máis fortes do que puidera supoñer para afrontar esta gran proba, e me sinto orgulloso de non vender a ninguén, de non mandar a ninguén a morte ou a cumprir unha nova pena, e non escribir unha denuncia contra ninguén.
21. Me sinto orgulloso de non escribir ningunha instancia ate o ano 1955 (ano no que Shalámov escrebe instancia para a súa rehabilitación).
23. Vin que as mulleres son máis correctas, máis entregadas que os homes. En Kolimá non se coñecía ningún caso de un varón que acompañara a súa muller. En cambio, se coñecian varios casos no que as esposas acompañaron ós seus homes condenados: Faíña Rabinóvich, a esposa de Krivoshéi, …
QUEN LEMBRE, GAÑA!
O terceiro xogo de cartas, o máis complexo e no que se anotan os resultados, é o terts, unha variante do «quiñentos un», ao que xogan os mestres, en xeral os «vellos», a aristocracia do hampa, os máis instruídos.
Todos os xogos de cartas dos hampóns se distinguen por un número inusitadamente grande de normas. Hai que lembralas ben, e o que mellor as lembre é quen gaña.
O DOLO DA RESPOSTA
O xogo de cartas sempre é un dolo. Os hampóns non xogan en grupo, entre varios, senón sempre un contra un, separados polo tradicional collín.
Cando un deles perde, fronte ó vencedor se senta outro xogador, e o combate segue mentres haxa con que «responder».
Según as regras non escritas, quen está gañando non ten dereito a dar por rematado o xogo mentres haxa «resposta», sexa esta uns pantalóns, un xersei ou unha chaqueta. Polo xeral, as partes acordan o prezo da prenda que se «xoga» e o obxecto se xoga coma si fora unha aposta de diñeiro. Hai que lembrar ben todos os cálculos feitos e saber defenderse, non deixarse estafar ou enganar.

27. Comprendín que se poden conseguir moitas cousas -ir a parar a un hospital, que te trasladen ó campo-, co risco da túa vida: malleiras, o xeo das celas de castigo.
28. Vin unha cela de castigo xeada, escavada na rocha, e incluso pasei unha noite nela.
29. A pasión polo poder, por matar impunemente é grande, desde os altos mandos ate os servos máis baixos, cun fusil, un seropashkla e semellantes.
30. A insuperable inclinación dos rusos a denunciar, á queixa.
OBXECTIVO DESENMASCARAR Ó MÁIS FULEIRO
O engano nas cartas é un mérito. O adversario ten que descubrir ó trapalleiro, desenmascaralo e de este xeito gañar a partida.
Tódolos xogadores hampóns son uns fuleiros, é o previsto, de xeito que é o outro a quen lle toca desenmascarar, cazar, descubrir a trampa … Con este ánimo se sentan a xogar, enganando o un ao outro, «executando» cada un as súas fuleiradas baixo un control recíproco.
O HAMPÓN SE MALVA CO PASO DO TEMPO
Os combates de cartas -si se celebran nun lugar seguro- son unha sucesión inacabable de ofensas mutuas e blasfemias, e entre esta chuvia de insultos mutuos se desenrola o xogo. Os vellos hampóns contan que nos seus tempos xuvenís, nos anos 20, durante as partidas de cartas, os xogadores non se insultaban con tanta grosería como agora. Os canosos «patriarcas» murmuran meneando a cachola: «Ou, costumes!». Os modais dos hampóns málvanse de ano en ano.
A «VIETNAMITA» DA BARALLA
As cartas se fabrican no cárcere ou no campo, cunha rapidez de conto: a experiencia de moitas xeneracións de presos elaborou o mecanismo de fabricación. As cartas se confeccionan do xeito máis racional e accesible no cárcere. Para elo se precisa cola, é dicir pan, unha ración, que sempre está a man e que se pode mastigar, para así obter moi rapidamente a cola. Fai falta papel, para elo serve un periódico ou papel de embalar, un folleto ou un libro. Precísase dun coitelo, e en que cela carceraria, en que etapa dos campos non se atopará un coitelo?.
O LAPIS QUÍMICO
Precísase o máis importante, que é un "lapis químico" para pintar. Por iso os hampóns gardan tan ciumentos a mina do lapis químico, protexéndoa de todo xénero de cacheos. Este anaco de lapis químico ten dúas utilidades. Un anaco de mina, no caso dunha situación cŕitica, pode meterse nun ollo, o que obrigará ao practicante ou a o médico a mandar ao padecente ao hospital. Sucede que o hospital representa a única saída si un hampón vese embolto nun transo difícil ou perigoso. O perigo estriba en que a axuda médica tarde en chegar. Non poucos ladróns quedaron cegos por esta arriscada operación. Pero non poucos escaparon ao perigo e salváronse no hospital. Este é un papel de reserva do "lapis químico".
Os «xefecillos» xoves, creen que estes lápices serven para facer selos, estampillas e documentos. Este uso é moi pouco frecuente, e está claro que si alguén se propón preparar uns documentos precisará algo máis que un lapis químico.

31. Dinme conta que o mundo non se divide entre bos e malos, senón entre os covardes e os que non o son. O 96% dos covardes son capaces de calquera vilanía, de vilezas mortais, ante unha feble ameaza.
32. Estou convencido de que o campo, todo ele, é unha escola negativa, nin para pasar nel unha soa hora, pois será unha hora de corrupción. O gulag non lle dou nada positivo a ninguén nunca. O campo actúa sobre todos, sexan reclusos ou homes libres, de xeito corruptor.
33. Cada rexión ten os seus campos en cada construción. Con millóns, decenas de millóns de presos.
A PLANTILLA
A principal razón pola que o hampa adquire e garda os lápices químicos, pola que se valoran bastante máis que os lápices comúns, é porque se empregan para pintar as cartas, para «imprimir» as barallas.
Primeiro se prepara a «plantilla». Non é unha verba do argot do hampa, pero no linguaxe carcerario úsase moito. Na plantilla recórtase o debuxo do pao. As cartas do hampa non coñecen o roxo e o negro, o rouge e o noir. Todos os paos son da mesma cor. O valet ten un debuxo dobre, pois, según a convención internacional, vale por dous. A dama ten tres liñas que se xuntan. E o rei, catro. No "as" aparecen varias filigranas xuntadas no centro da carta. Os setes, oitos e noves se deseñan na súa configuración habitual, ao igual que nas impresións do monopolio estatal de naipes.
O ENGRUDO
O pan mastigado tamízase ó traveso dun trapo e con esta magnífica cola se pegan dúas follas de papel fino. Logo a folla se seca e se corta cun coitelo afiado para obter a cantidade precisa de cartas. O lapis químico se envolve cun trapo, se molla e xa temos lista a imprenta. Colócase a plantilla sobre a carta e esta se tingue de cor violeta, deixando no papel a filigrana desexada na cara da carta.

34. A represión afectaba a todas as capas sociais, a todos os estamentos. En calquer aldea, en calquer fábrica, en calquera familia, tiñan familiares ou coñecidos represaliados.
35. Considero a mellor época da miña vida, a que pasei na cela da prisión de Butirka, onde conseguín fortalecer o espírito dos febles e onde todos falamos con liberdade.
36. Aprendín a «planificar» a miña vida para o día seguinte, non máis.
O PAPEL
Si o papel é groso, como nos libros da editorial Akademia, entón se corta sen máis o papel e se «imprimen» nel as cartas. Para confeccionar unha baralla (secado incluído) bastan dúas horas.
Este é o procedemento máis racional para fabricar un xogo de cartas, un procedemento ditado por séculos de experiencia. A receita é aplicable en calquera circunstancia i é accesible a calquera.
OS CACHEOS
En todos os cacheos, así como nos rexistros de paquetes, os vixilantes confiscan con sumo coidado os lápices químicos. A este respecto existen ordes moi estritas.
Se conta que os ladróns se xogan as cartas entre eles ás mozas libres: algo parecido aparece en Os Aristócratas de Pagodiño. Créese que é unha de tantas lendas. Eu nunca tiven ocasión de ver escenas extraídas de A Tesoureira de Lérmontov.
O FRAIER
Contan que se xogaron as cartas un abrigo, cando a prenda aínda estaba sobre o pobre «vulto». Eu non presenciei este tipo de situacións, aínda que non hai nada de inverosímil nelo. Se me antolla que neste caso tratábase dunha aposta perdida «de palabra» e que facía falta quitar ou roubar un abrigo ou algo de parecido valor e nun prazo de tempo establecido.

37. Comprendín que ós ladras non son persoas.
38. Que nos campos non hai delincuentes, os que alí están confinados, estaban ó teu carón ou o estarán mañán, e que foron capturados ao outro lado da liña, e non os que cruzan a liña da Lei para pervertela amparados a súa sombra.
39. Comprendín o sentimento de orgullo de un cativo, de un mozo: “antes roubar, que pedir”. As gabanzas e este sentimento, conducen a os mozos todos ó abismo.
PODE GAÑAR ... AÍNDA QUE TAMÉN PODE PERDER
Ocorre no xogo que chega un momento no que, no final do segundo ou terceiro día, muda a sorte e a fortuna inclínase no senso contrario. Un perdeuno todo e o xogo chega ó seu fin. Montañas de xerseis, pantalóns, bufandas, almofadas amoréanse as costas de quen está gañando. E o perdedor implora: «Dáme a desquite, outra carta, unha verba, que mañá cho devolvo». O que perdía pode gañar, a sorte pode cambiar de bando e o xogador pode rescatar unha tras outra as prendas e resucitar, para rematar sendo ele o vencedor ... Aínda que tamén pode perder.
XOGAR DE PALABRA
Se xoga de «palabra» unha soia vez e a cantidade conviña non cambiala, como tampouco se alonga o tempo establecido para devolver o prestado.
Si os obxectos ou as prendas non se entregan a tempo, o perdedor será declarado «queimado» e entón só lle quedará unha saída: o suicidio, ou fuxir da cela, do campo, fuxir ao fin do mundo, pois está obrigado a pagar a débeda do xogo, é unha débeda de honor!.
E aquí é cando aparecen os abrigos alleos, aínda mornos gracias ó calor do corpo dun «fraier». Que se lle vai facer!. O honor do hampón, ou mellor dito a súa vida, vale máis que calquera abrigo dun «fraier».
Sobre as necesidades máis baixas, sobre a súa calidade e impulso, xa se falou. Trátase de necesidades peculiares, moi alonxadas de todo o humano.

42. Os últimos da fila son aqueles a os que todos odian, tanto os gardas de escolta, como os compañeiros, os que se quedan atrás, os enfermos, os débiles, aqueles que non poden correr cando hai xeo.
43. Comprendín que é o poder, e qué un home cunha espingarda.
44. Que as escalas de valores están alteradas, e isto é o máis característico do gulag.
ÁR DE HAMPÓN
Existe ademais outro punto de vista sobre o comportamento dos hampóns. Trataríase dos enfermos psíquicos e polo mesmo digamos que irresponsables. Non hai dúbida de que os hampóns son, un sí e outro tamén, histéricos e neurasténicos. O famoso «ar» do hampón, a súa capacidade de «saírse de mae», da fe do inestable do seu sistema nervioso. Os sanguíneos e os flegmáticos son moi raros entre eles, aínda que tamén se dan. O coñecido carteirista Kalrov, apodado o Empresario (sobre ele escribía o periódico Pravda nos anos trinta, cando o pescaron na estación de Kazán), era un home recheo, de cara sonrosada, barrigudo e xovial. Pero Karlov é unha excepción.
O «MAL» QUE BULE HOXE ENTRE NÓS
Hai científicos médicos que consideran que todo asasinato é unha mostra de psicoses.
Si os hampóns son enfermos mentais, habería que encerralos para sempre nun manicomio.
Nós creemos, en cambio, que o do hampa é un mundo especial de persoas que deixaron de selo.
Este mundo existiu sempre e sigue existindo ate hoxe, e descompón e envelena co seu respirar a nosa xuventude.

45. Que pasar do estado de recluso a condición de home en liberdade é moi difícil, case imposible sen unha prolongada adaptación.
46. Que o escritor debe ser como un estranxeiro nos temas que trata, e que si coñece ben o material, escrebará de xeito que ninguén o entenda.
47. …
Neste punto o manuscrito se interrompe. Trátase dun simple caderno escolar de papel raiado do terceiro trimestre do 1961.
FONTE:
- Relatos de Kolimá. Volumen VI: Ensaios sobre o Mundo do Hampa, de Varlam Shalámov, da editorial Minúscula, 2017.








