INFORME PETRAS
No
ano 1995 James Petras (Boston-EUA, 17 xaneiro 1937) -sociólogo da Universidade de Binghamton de
Nova Iork, especialista en estudios sobre a relación entre economía,
política e benestar social, colaborador de Noam Chomsky-, que após de
seis meses de estancia como convidado polo Centro Superior de
Investigacións Científicas (CSIC) do goberno de España -contratado para elaborar unha investigación xeral e sustentada sobre o efecto do proceso de modernización política e económica, desenrrolado no país na etapa do goberno de Felipe González e coñecer as súas tendencias-, se dispuña a deixar Barcelona.
Este
significativo membro do tribunal Russell dos Dereitos Humanos
(fundado por Bertrand Russell e Jean Paul Sartre), no seu despacho do
CSIC, comentaba a Óscar Fontrodona en que empregou o seu semestre
español:
“Estou rematando un estudo da aberta xeracional do país (España) entre os traballadores xoves e os seus páis (etapa
tardo-franquista e socialista). O máis grave aquí é o terror que
*s xoves teñen ó traballo, e que ninguén fala delo. É a ditadura
real, baixo a fachada electoral.
Para que a cidadanía se de conta do que
está a sufrir, estas cousas hai que sacalas á luz”.
Medio
ano despois, polo nadal, volvo a atoparme con Petras, pregunteille por
aquel estudo. Petras estaba desolado. Cando concluíu o informe,
entregoullo a quen llo encargara do CSIC para a súa publicación,
como estaba previsto. Pero despois de varias reunións co máximo
responsable, lle seguían dando largas. As conclusións do estudo no
referente a seguridade no emprego eran de maior estabilidade laboral
na recta final do franquismo que nos anos dourados do PSOE, crebando
o relato oficial da súa política progresista democrática e de
integración europea, acentuándose un paro desbocado e disparando as
taxas de precariedade. Resultaba demasíado demoledor para a
socioloxía oficial española, decidindo a Institución non
publicalo.
A
revista AJOBLANCO, dirixida polo galego Xosé Ribas, non dubidou en
brindar as súas páxinas, para dar a coñecer este fulminante
documento, que disecciona os anos no que España foi gobernada polo
PSOE, que se reclama «socialista» e «obreiro». O “Informe
Petras” sintetizado, se publicaba no mes de marzo de 1996, co
título “Que pasou na España?”.
Foron
moitas as peticións que se recibiron na redacción de Ajoblanco para
publicalo completo. Así se fai como especial monográfico, na súa
integridade e co seu título orixinal: “Pais-Fillos: Dúas
Xeracións de Traballadores Españoles”.
Neste
orixinal punto de análises -Petras dá no cravo-, facilita a
comprensión da "brecha" que se abrira no Estado Español, cos
primeiros síntomas de descomposición social, a pesar delo, foi condenado ó
esquecemento polos responsables políticos que podían e debían
corrixir o deterioro socio-laboral da poboación española a mediados
da década dos noventa. Por certo, cantos documentos coma este,
dormen nos caixóns do CSIC?.
Óscar
Fontrodona (Redactor de Ajoblanco e Coordinador da edición do
Informe Petras)
PRÓLOGO
A EDICIÓN DE AJOBLANCO (James Petras)
Comecei
a investigación sobre o impacto das políticas do partido socialista
na sociedade española, a principios de xaneiro de 1995, visitando
ministerios, falando con profesores universitarios e cadros
sindicais, … Ó mesmo tempo, na miña vida cotián, no ximnasio, no
videoclub, no supermercado, nos bares da Zona Franca de Barcelona,
experimentaba unha realidade diferente. Nun principio pensaba que se
trataba de casos “extremos”, para contrastalo comecei a ir polos
barrios obreiros, como a Zona Franca, e topeime cos bares repletos a
plena luz do día. A España moderna se mostra asi: traballadores
retirados xogando ó dominó de luns a venres e bailando pasodobres
no fin de semana nos clubs da terceira idade, e os seus fillos
trasegando cervexas na marxe dunha vida sen futuro. Descubrindo outro
mundo que as estadísticas do goberno e a investigación académica
pasaban por alto: os millóns de xóvenes traballadores españois que
quedaban marxinados do emprego estable e ben pagado … de por vida.
Reconceptualicei
o estudo para contemplar o rostro humano e a voz dos traballadores
xóvenes, a súa frustración, súa rabia, os seus medos. Pasando
tempo falando con eles nos bares e cafés do barrio, paseos pola
Rambla e Barrio Chino.
No
Informe se recolle o estudio de 20 traballadores de xeracións
pasadas e presentes, a partes iguais, e dos efectos na vida cotián
derivados da estratexia de liberalización. No grupo de veteranos
inclúese traballadores que entraran no mercado laboral nos anos 60 e
70, os xoves que o fixeron a finais dos 80 e mediados dos 90. Os
traballadores pertencían ó sector do automóbil, a electrónica,
portuario, maquinaria, ferroviario, eléctrico e autónomos. As
entrevistas leváronse a cabo durante o inverno e a primavera de
1995.
(James Petras)
XULIO
ANGUITA – Coordinador Xeral de Esquerda Unida
Petras
mostra con pelos e sinais como a política económica levada a cabo
polo PSOE no goberno, favoreceu ós prestamistas estranxeiros, a os
directivos dos bancos e ó capital multinacional (corporativo)
estranxeiro.
Nestes
anos, o “europeísmo” banal e propagandístico, converteu España
nunha avanzadilla das políticas neoliberais. Favorecendo o aumento
do desemprego. Incrementou a inestabilidade laboral e a precariedade
dos empregos. Creáronse os contratos vasoira favorecendo os
traballos inestables e mal pagados para a xente moza ate límites
impensables fai quince anos.
Todo
isto se sabía, o que non se sabía tan ben son as consecuencias
socioculturais desta nefasta política.
Unha
das novidades do Informe Petras é mostrar sen afeccións a dimensión
real da brecha xeracional que se creou neste anos na clase obreira
española. Por un lado o desencanto dos traballadores maiores que
sentiron o orgullo de ser algo, de facer cultura socio-laboral,
resistindo o franquismo, polo outro, o medo d*s máis xoves, o medo a
non atopar traballo, o medo a seren rotados, o medo a ser despedidos,
o medo ó futuro.
A
converxencia actual (1996) entre o desencanto dos maiores e o medo
d*s xoves, explica moitas cousas que están pasando na sociedade.
Explica, sobre todo, a despolitización e o retraemento.
Contra
iso teñen que loitar hoxe en día a esquerda. Sabelo é o primeiro
paso para pórse a actuar.
(Resumen das conclusións de Xulio Anguita
que acompaña o Informe Petras, solicitado polos editores de
AJOBLANCO)
CONCLUSIÓNS
DO INFORME PETRAS
A
suposta “Modernización” da economía española baixo o réxime
socialista de Felipe Gonzalez tivo un efecto profundamente negativo
sobre a vida socio-económica, política e cultural da clase
traballadora e, en particular, sobre a familia e *s traballador*s
xóvenes. A liberalización da economía levou a maiores inxustizas
sociais e a menos actividades políticas, deprimindo a democracia
política. A loita antifranquista na Transición, o fomento da
cidadanía nas asociacións de veciños e sindicatos, as activas
asambleas cidadáns de debate dos asuntos públicos, foron
dilapidadas polo réxime socialista. A intervención do PSOE na
sociedade civil, a man dura do Estado (continuísta da administración
franquista) e os partidos políticos de vocación electoral, minaron
as organizacións locais. O sindicato socialista converteuse nun
apéndice do Estado, e o sindicato comunista, máis activo, foi
sometido polos pactos dos líderes do seu partido, socavando a
militancia local. A xeración de traballador*s máis xóvenes, chegan
a maioría de idade política nun período de corrupción política
masiva que o embebe todo (cando o partido socialista e as dereitas
nacionalistas competían por socavar a seguridade no emprego),
expresan desconfianza xeneralizada, cando non repugnancia, a os
partidos e políticos, provocando unha aberta cada vez máis fonda
entre as elites políticas dominantes e a masa de traballadores
atomizados, sobre todo os xóvenes empregados temporais e parados.
O suposto dos economistas liberais, de que un funcionamento favorable do mercado tradúcese en maiores niveis de vida e máis liberdade
política, é falso.
A intensificación do mercado crea maior
dependencia familiar, máis inseguridade persoal, mobilidade social
descendente e menos autonomía persoal. O mercado debilita a
sociedade civil e fortalece o poder do Executivo, ó tempo que
diminúe o apego dos cidadáns as institucións electorais.
Referente
á Estrutura Social: A política do "libre mercado" non só
amplía a brecha entre clases, senón dentro mesmo das clases. A
diferencia de ingresos entre os vellos traballadores fixos e os xoves
eventuais oscila entre rateos de 2 a 1 e de 5 a 1, sen contar os
beneficios complementarios (vacacións, pensións, cobertura
sanitaria, etc). Ó carecer de continuidade social, o mercado
debilitou o nivel de organización social. Ó ter os empresarios, o
groso dos traballadores temporais non se afilian a os sindicatos, nin
expresan opinións no traballo. A falta de continuidade laboral
socava as asociacións sociais. Fora do traballo, o baixo salario, a
atomización social e a sensación de impotencia social desaniman á
participación en asociacións de veciños, tal como os seus pais
fixeran no pasado. A sociedade actualmente (1996) se organiza en
torno a grupos recreativos, privados e informais. O crecemento das
asociacións privadas non ten relación coas necesidades sociais
profundas da maioría d*s xóvenes traballador*s. No mellor dos
casos, son entidades de consolo, como o fora a Igrexa para a xeración
precedente. Os estridentes concertos de rock son como as sesións dos
evanxelistas, válvulas de escape sen risco para liberar emocións
contidas.
Aínda que a calidade de vida d*s xoves traballadores era mellor que a dos seus pais mentres estaban crecendo, as perspectivas
de futuro son moito máis negativas.
Ademais, como os mimaron e
satisfixeron todos os seus desexos de consumo, carecen do empuxe e a
iniciativa para cambiar o seu status. Máis aínda, cando chegan á
idade adulta non hai modelo político nin movemento que lles atraia.
Nin tampouco os seus pais superan provelos dun marco de referencia
político para facer fronte os seus adversarios sociais e políticos.
É o retrato da primeira xeración de españoles condenados a vivir
peor que os seus pais.
Entendendo
o Impacto: A “estratexia de liberalización” puxo a diana sobre a
clase traballadora. Aínda habendo máis bens de consumo asumibles, a
xeración máis moza ten menos recursos para "meterse" no
estilo de vida consumista; especialmente nos artigos máis custosos
(economía de “todo a cen” ou dos chinos), como a vivenda, os
mobles e o transporte. A pesar de aumentar a renda nacional, a
participación nela da clase traballadora diminuíu, e o porcentaxe
de salarios que corresponde ós xóvenes traballadores foi o que máis
baixou. Obrigados a traballar na economía mergullada, con soldos por
debaixo do salario mínimo, ou nos supostos contratos de aprendizaxe,
os xóvenes empregados reciben salarios por debaixo do nivel de
subsistencia. Hoxe (1995) o 95% dos novos contratos laborais son
temporais. E a gran maioría dos traballadores eventuais non se
converten en fixos. Ademais dos ingresos, a liberalización ampliou a
diferencia entre *s traballador*s temporais e fix*s, aumentando os
potenciais conflitos sociais entre eventuais, fix*s e parad*s. Os
traballadores maiores centran a atención nos termos favorables para
as súas xubilacións, sen preocuparse demasiado polo feito de que
eles non serán reemplazados por traballadores máis xóvenes.
Unha
xeración retírase con ganancias, a outra permanece sen oficio nin
beneficio. *s xóvenes, insert*s nun mundo de competición sen
recursos ideolóxicos, ou carentes dunha memoria histórica das
loitas antifranquistas ou obreiras, son vulnerables as mensaxes
individualista-escapista, nacionalista-fascista ou incluso racista
(que culpa ós emigrantes).
A lexislación anti-inmigrante dos
partidos socialista e dereita nacionalista, incita *s xóvenes
traballadores parados a culpar ós inmigrantes da súa falta de
emprego. Ningún líder político lles di que os inmigrantes non
pechan as fábricas; os Capitalistas Si. Nin que os partidos
socialista e a dereita nacionalista aprobou unha lexislación que
faculta ós empresarios a pagar por debaixo do salario mínimo; non é
a competencia co 2% de inmigrantes o que baixa os niveis de vida.
A
contradición entre ser criad* entre algodóns e un futuro incerto,
xera un medo e frustración social n*s xoves traballador*s que, si
non se encauza a través da política de clase, pode dexenerar en
violencia individualizada.
O
que mostra claramente o noso estudio é, que a maioría d*s
traballador*s de ambas xeracións se senten vítimas pasivas máis
que protagonistas dos cambios a os que se enfrontan. Non hai conexión
entre o seu descontento privado e o público, excepto no nivel da
política local. Isto é comprensible, dada a estrutura da decisión
política concentrada nun Executivo centralizado, que impuxo as
“políticas de libre mercado”. As traballadoras reaccionan as
súas circunstancias, en vez de sentírense consultados polos
decisorios políticos.
A maioría d*s traballadores maiores, cunha
memoria colectiva do período pre-González, son moito máis
conscientes da responsabilidade política do réxime socialista, que
provocou inseguridade laboral, falta de traballo e emprego precario.
Os traballadores maiores lembran o "período da Transición",
no que se consultaba ós sindicatos na formulación da política. Os
traballadores xóvenes só experimentan as políticas concentradas no
Executivo, que legalizan contratos de traballo temporais por debaixo
do salario mínimo, nos que os sindicatos quedan completamente
marxinados. A falta dun marco de referencia de comparación
histórica, da por sentado que todos os políticos e partidos actúan
sempre contra os seus intereses, de aí que rexeiten o activismo
político. A “pirotecnia ideolóxica” política do Estado,
identifica a modernización coa desregulación laboral.
Os
traballadores maiores viviron un período dunha vibrante cultura
política, na que os barrios e os sindicatos desempeñaron un papel
crucial a hora de mudar de xeito importante as condicións de vida e
traballo. Expresan satisfacción e orgullo polo que lograron, aínda
que as políticas liberais do réxime de González minaron eses
logros. A xeración moza de traballadores, chega a idade adulta nun
momento no que a cultura cívica fora eclipsada. A política
clientelar, a corrupción política xeralizada, a implicación do
goberno en escuadróns da morte forman parte dos comentarios cotiáns
nos medios de masas. O declive da ética desempeña un papel
importante no desgaste do interese pola actividade política entre os
xóvenes, e reforza a imaxe de que "os políticos só se axudan
a sí mesmos".
A carencia de medios de comunicación
alternativos e a dominación dos media polos réximes socialista e a
dereita nacionalista, limitan o fluxo das fontes de información
alternativas e críticas.
Confrontados coas "novas" dos
medios de masas convencionais que adulan as poderosas celebridades
políticas (esas figuras que, na mente dos xóvenes traballadores,
exacerban as súas inseguridades socioeconómicas) provoca decepción
n*s xóvenes, inducíndoos a "desconectar" e rematan por
"ignorar" a actualidade.
Na
España, a cultura cívica emerxente de finais dos 70 e principios
dos 80, foi transformada nunha cultura política autoritaria, onde
unha pequena clase política marxinou ó groso da clase traballadora
do público e da consulta política. O resultado é unha xeración
maior de traballadores frustrada e ansiosa, e unha xeración xoven
marxinada e apolítica.
O “libre mercado”, como mecanismo
escollido para a suposta modernización da España, debilitou os
lazos entre a clase traballadora e a clase política, e fortaleceu as
estruturas estatistas-autoritarias a expensas da sociedade civil e da
consulta pública. O medo a ser despedid* do traballo, é hoxe peor
que a represión baixo o Réxime Franquista.
A
pesar de que *s xoves teñen pouca ilusión e os seus pais ningunha,
percibo unha especie de enerxía vital que se expresiona de xeitos
diferentes. As periódicas folgas xerais que crebaron os límites
impostos pola patronal, políticos e burócratas sindicais. As
mobilizacións na rúa pola Guerra do Golfo, as manifestacións
antirracistas e contra da mili, …., agora mesmo hai como un
depósito de desesperación oculta que pode dar unha sorpresa a
aqueles que escribiron a voapluma sobre a xeración moza. Este é o
principio, e non o capítulo final, da loita dos traballadores
españoles por unha vida decente. Este estudio é unha pequena
contribución a esperanzada, á construción deses lazos xeracionais
que poden volver a crear aquel espírito de solidariedade e
xenerosidade polo que os traballadores españois son tan
xustificadamente coñecidos. (James Petras)
Imáxenes de Xavier Miserachs (Barcelona 1937)



.jpg)







