VIDA UTERINA: O CURTO PARAISO TERREAL DO HUMANO

CROMOSOMAS, XENES E HORMONAS
Todas as células do organismo conteñen no seu núcleo o patrimonio xenético, expresándose polos "xenes" contidos nos cromosomas. Se illáramos os cromosomas do núcleo celular, obteríamos unha imaxe de varias figuras agrupadas por parellas coa forma de pequenos paoiños entrecruzados.
O ser humano ten 46 cromosomas en cada unha das súas células, que se agrupan en 23 pares símilares na súa forma de X. O par número 23 si é XX determina a feminidade e si é XY a masculinidade. Si se plasmara en papel a información xenética contida no núcleo de unha célula, posiblemente ocuparía uns mil libros de 500 páxinas cada un. Dispoñemos duns 100 billóns de células no noso corpo, uns 100.000 millóns son neuronas. As células xerminais (óvulo na muller, espermatozoide no home) dispoñen de 46 metades (23 pares de un dos travesiños da escaleira) dos cromosomas, co fin de conxugarse entre os dous proxenitores, completando os 46 cromosomas.
Os cromosomas están formados por filamentos de DNA (Ácido DesoxiriboNucleico) enrolados en dobre hélice, como unha escaleira de caracol que xira sobre si mesma, como a escaleira barroca do mosteiro de Santo Domingo de Bonaval, en Santiago de Compostela.
Cada chanzo da escaleira contén as moléculas chamadas "xenes" (créese que haberá sobre uns 30 ou 40.000 xenes en cada célula, xa que un xen pode intervir na síntese de distintas proteínas), estes conteñen as indicacións de como se vai a desenrolar a célula e o organismo que forme (color do pelo, dos ollos, ... ate a predisposición a certas enfermidades, a tendencia a ser lonxevo ou morrer de xeito precoz, alguns trazos da personalidade, de comportamento e tamén o xénero). Estudos xenéticos recentes, demostran que entre o 1 e o 4% do ADN das persoas de orixen non africano, provén dos Neandertais, non só inclue o xen MC1R, causante das "pecas" e o "cabelo avermellado", tamén outros que influen no sistema inmunolóxico e na adaptación a climas fríos.
O cromosoma Y contén un xén que estimula a hormona que provoca a evolución dos órganos sexuais a masculinidade, a ausencia deste cromosoma produce unha evolución natural a sexualidade feminina. Postulouse que os varóns son feminas modificadas pola acción da hormona dependente do cromosoma Y.
Na reprodución dunha célula, os filamentos do DNA se separan pola acción dunha enzima (helicasa) que independiza os dous filamentos. Aparece a macromolécula "polimerasa", que pega cada filamento coa parte da ponte que lle falta. Na reprodución dun filamento de DNA traballan unhas 10.000 polimerasas, as combinacións son infinitas, a pesar delo, esta consigue que os novos DNA sexan idénticos ós anteriores, que a secuencia da combinación sexa exacta. Os errores na reprodución dunha molécula de DNA son rarísimos. Cando se produce un erro isto denomínase "mutación", i é gracias as mutacións polo que a vida evolucionou, xa que si nunca se produciran erros só seguirían existindo as moléculas orixinarias de DNA bañándose no plasma primixenio. Nun senso amplo, pode afirmarse que descendemos dos erros da "polimerasa".
O "óvulo" xoga un papel protagonista na fecundación, participando activamente no proceso selectivo do espermatozoide idoneo para o éxito procreativo. O "líquido folicular" que o envolve e protexe, ten unhas moléculas proteicas que manteñen un diálogo químico ou coreografía bioquímica cos espermatozoides pretendentes, co fín de recoñecer aqueles coas características moleculares afíns. Unha vez superada a selección, actívase o mecanismo de bloqueo evitando a duplicidade reproductiva.
VIDA UTERINA
No útero non temos moita luz, pero non se está totalmente a escuras. Aprendemos a sorber líquidos -practicando co líquido amniótico, o que nos provoca o hipo-, a chuparnos o dedo polgar. Adquirindo a habilidade de adaptarse ós movementos maternos, a rabuñarse, revolverse, estarricarse, sentirse sacudido ou empuxado.
O doutor Joost Meerloo describe o útero como un "mundo de sons rítmicos", acompañando ó feto no seu despertar da conciencia vivindo ao ritmo do corazón da nai en sincronía co propio, que late a dobre velocidade. Esta sincronía coa nai é unha experiencia que afecta para o resto da vida. "O bebé nonato ten unha capacidade para aprender a un ritmo moi veloz", di o fetólogo H. M. I. Liley, sinalando que o feto escoita unha gran variedade de sons: "Detectamos que o útero é un lugar moi ruídoso. Está o son do latexo do corazón da nai, a súa voz, os ruidos externos da rúa. Si a nai non engordou demasiado, o feto percibe os sons dos automóbiles, ultrasóns, música, ... O son sordo dos movementos intestinais da súa nai sempre presentes. Cando ela bebe un copo de champaña ou cervexa, é posible que o feto se vexa arrodeado de fogos de artificio que estalan ó seu redor".
O liquido amniótico é mellor condutor do son que o ar, as conversas da nai son perfectamente audibles polo bebé. Os investigadores suxiren que a aprendizaxe da linguaxe podería comezar no ventre materno na segunda metade do embarazo. No quinto mes do embarazo o feto pode chorar, detectándose algún caso de pranto prenatal. Dado que a escoita e o choro son precursores da linguaxe, o doutor Truby considera que se pode aventurar que o ambiente lingüístico que rodea ao feto nos últimos tres ou catro meses de embarazo inflúe no rendemento lingüístico da nenez. O doutor Truby, que pasou uns catorce anos estudando e analizando o pranto dos recén nados, pode detectar nun análise do recén nado, posibles lesións cerebrais e outras alteracións que se poden producir no futuro desenrolo do individuo, así como o tipo de personalidade e comportamento, predicindo a tendencia a unha personalidade abúlica ou activa.
IDENTIDADE: O PODER HORMONAL
No desenrolo embrionario vanse diferenciando os órganos internos: cerebro, corazón, fígado, intestinos, ollos, etcétera. A formación do sexo xenital, acontece a partir do terceiro mes de xestación, formándose no abdome unhas glándulas imprecisas chamadas "gónadas", que evolucionan a formación dos órganos sexuais. O xen que contén o cromosoma Y, provoca a sínteses dunha hormona que determina a conversión da gónada en testículos.
Cando o embrión se achega ao cuarto mes de xestación, os órganos xenitais xa diferenciados, comezan a produción das distintas hormonas. Estas hormonas determinarán a aparencia corporal externa, tamaño corporal, estrutura do cerebro, ..., configurando o denominado "sexo aparente".
Despois desta punta de actividade hormonal na etapa embrionaria, esta actividade diferenciadora queda adurmiñada até a chegada da pubertade, que con renovado vigor volven a producirse altas taxas de hormonas, completándose neste período da adolescencia o iniciado na fase embrionaria. Este conxunto de cambios e diferencias configura o denominado "dimorfismo sexual", isto é, as diferentes formas físicas entre homes e mulleres.
Cando a muller xestante inxire algún tipo de hormona masculina (tratamento médico ou acentuado no contido dos alimentos), esta inxesta inflúe no embrión, provocando cambios n* fill* ó medrar, desenrolando condutas distintas as propias do sexo xenético, e coherentes co sexo da hormona que recibiron por medio da nai. Este influxo débese a acción da hormona sobre o cerebro en formación, no período embrionario.
En traballos con ratos, observouse que cando se somete as femias xestantes a situacións de estrés, como reacción, aumenta a secreción da hormona feminina; máis tarde o seguimento das crías demostrou que no caso dos machos adoitaban condutas femininas.
O SHOCK DE NACER
O feito de nacer é un shock para o ser humano, posiblemente o maior que debe soportar na súa existencia. Si ó facelo se atopa nun ambiente similar en moitos aspectos ó do útero do que acaba de saír violentamente, o shock que sufrirá é menor. O que máis se pode asemellar a esta experiencia no mundo exterior é estar en brazos da súa nai.
De xeito experimental someteron ós recén nados a audición de gravacións co ritmo cardíaco, como resposta aumentaron de peso e choraron menos que outros. Tamén presentaron menos problemas dixestivos e respiratorios, e a súa respiración era máis profunda e regular.
Algunhas nais, instintivamente mexen e palmean ó recén nado, como atendendo a unha necesidade de experiencia rítmica, seguindo o ritmo da súa propia respiración ca d* nen*. A cuna mecedora brinda esta sensación rítmica de seguridade. Na década de 1890, os pediatras divulgaron que o seu uso se asociaba cunha "práctica malsán", reemplazándose a confortable mecedora pola plana e desprotexida cuna fixa.
Dun xeito natural, o animal recén nado é lambido agarimosamente e aseado a intervalos frecuentes tan pronto nace, non tanto como medida hixiénica, senón como un estímulo táctil necesario. A pele é masaxeada e os impulsos sensoriais chegan ó sistema nervioso central e estimulan os centros respiratorios e outras funcións. O animal que non reciba este estímulo, moi posiblemente pode morrer ou lastrar problemas fisiolóxicos ó longo da vida.
PEL CON PELE
Harry Harlow comprobou nos seus experimentos con monos, que o contacto epidérmico continuo é extremadamente importante, polo que a estimulación táctil é moi positiva ó longo dos primeiros anos de crianza. Realizou un experimento consistente en separar os moniños recén nados das súas nais, substituíndoas por dúas nais artificiais. Unha delas, feita de aramio, provía de leite periodicamente. A outra, confeccionada con felpa, non lles proporcionaba alimento. Os moniños mostraron preferencia pola de felpa, que lles proporcionaba consolo. Dando a impresión, de que o consolo que lles proporcionaba a felpa era tanto ou máis importante que o alimento.
Este contacto corporal é importantísimo para *s nen*s recén nad*s. Si se lles separa das súas nais inmediatamente despois de nacer e se lles interna nalgunha institución, poden padecer o chamado síndrome de "privación materna". O seu desenrolo mental, emocional e físico resulta ameazado.
Montagu cree que esta privación táctil dos bebés na nosa cultura, provoca persoas torpes no arte de facer o amor e mulleres máis interesadas no contacto corporal, que o pracer que podan experimentar na relación. Algunhas mulleres tendentes a promiscuidade, son levadas polo fervente desexo de ser acariñadas e estreitadas nos brazos do partener, acusando un desesperado desexo infantil insatisfeito.
O COLO DA NAI OU O PARAISO DESAPARECIDO DA VIDA UTERINA
Para o bebé, estar no colo é simil de ser amado. Pero a medida que crece, o xeito como o sosteñen representa algo máis. Indicándolle moitas cousas sobre a persoa que o sostén, dase conta do nerviosismo da persoa que o colle no colo, ou da inexperiencia de tratar con bebés. Pode sentir a tensión que acompaña a ira e o medo, e capta o letargo da depresión. A temprana idade comeza a asimilar os sentimentos da súa nai hacia o sexo, transmitidos de xeito non verbal. O psiquiatra Alexandre Lowen explica que si a nai sinte vergoña do seu corpo, transmitirá ese sentimento cando amamanta ó bebé. Si os órganos xenitais lle resultan repulsivos, o demostrará ó mudarlle os panais do bebé. É practicamente imposible, tentar de esconder estas reaccións básicas da ávida atención do recén nado.
Bruner sostén que os bebés posúen unha capacidade innata para construír teorías lóxicas partindo de información fragmentaria. Se observa que dende idade temprana senten unha forte atracción polo rostro humano, en especial os ollos. Un día, o bebé mirará a súa nai directamente ós seus ollos e sorrirá. As nais reaccionarán con gran alborozo e alegría, isto ten un valor de supervivencia dende o punto de vista evolutivo, xa que para os seres humanos a maternidade é un período prolongado, exixente, esgotador e con frecuencia pouco recoñecido de coidados ó bebé. Este sorriso do bebé, representa unha resposta positiva hacia a súa nai, algo así como pago polos servizo prestados.
A nosa cultura coida pouco de axudar ó recen nado a adaptarse, proporcionándolle algunhas das comodidades da vida prenatal. Ashley Montagu, no seu libro "Touching" sostén que isto pode ser un perigoso erro.
Fontes:
- "A Comunicación non Verbal" de Flora Davis (1992). Edita: Alianza Editorial.
- "O Cerebro do Rei" de Nolasc Acarín (2018). Edita: RBA.

OS MÁIS LEIDOS

FESTAS PATRONAIS 1945, A FORTALEZA DO TAPAL E O «SANCTI SPIRITU»

NÓS, OS IRRELEVANTES

FESTAS PATRONAIS 1946 CON SONETO Ó BERBERECHO

GACETA MUNICIPAL - 16 XULLO 1931

GACETA MUNICIPAL - 24 XULLO 1931

ULTREIA: TERCEIRA XEIRA (3/3)

«A DECADENCIA DE OCCIDENTE» de OSWALD SPENGLER (2/4)

MUNICIPAIS DO 31 (e 2)

«A TODO O QUE NON PENSE COMA NÓS»

FESTAS PATRONAIS 1947 / OS EMILIANOS / EVA DUARTE DE PERÓN