FERRER I GUARDIA

CONTIGO COMENZOU TODO
O 13 de outubro do 1909, o Exército Español fusila a «razón» no foso do Castelo de Montjuic de Barcelona. A «razón» toma forma, neste caso, de varón de 50 anos, pelo cano que xa retrincou na parte central do cranio, abondante mostacho que impera sobre unha coidada barba, roupa elegante sobre a que se observan varios furados recén producidos por unha andanada de balas.
Francisco Ferrer i Guardia, na España de principios do século XX, encarna a "luz" que se abre paso nas tebras. Ferrer escribiu cousas coma esta: “Demostrar ós nen@s, que mentres un home dependa de outro, cometeranse abusos e haberá tiranía e escravitude, estudar as causas que manteñen a ignorancia popular, coñecer a orixe de tódalas prácticas rutinarias que dan vida ó actual réxime insolidario, fixar a reflexión dos alumnos sobre canto a vista se nos presenta, tal será o programa das escolas racionalistas”. Na España, pensar así é pecado; levalo a práctica, pecado mortal.
Francisco Ferrer i Guardia (Maresme, 1859 - Montjuic, 13/10/1909).
Fundador anarquista do laicismo pedagóxico en Barcelona (pai da Escola Moderna).
A Insólita liberdade dos Nen@s
Nado no 1859 nunha familia conservadora de campesiños da comarca do Maresme, Ferrer comezou a traballar con 14 anos en Barcelona, onde seguiu educándose de xeito autodidacta e comezou a relacionarse con grupos masónicos e republicanos ate que no 1886 exiliase en París tras dar apoio a un falido pronunciamento militar. Na seguinte década, ademais de adentrarse no pensamento anarquista, vai desenrolando plans de educación racionalista. Estes fanse realidade no 1901 en Barcelona gracias ó herdo dunha antiga alumna. A Escola Moderna, que acolle a un centenar de alumnos, Ferrer i Guardia descríbea así: “As nenas e nenos terán unha insólita liberdade, realizarán exercicios, xogos e esparcementos ó ar libre, insistirase no equilibrio co entorno natural e co medio, na hixiene persoal e social, desaparecerán os exámenes, os premios e os castigos. Faise fincapé no tema do ensino da hixiene e o coidado da saúde. Os alumnos visitarán centros de traballo -enxeños téxtiles de Sabadell, especialmente- e farán excursións de exploración. As redaccións e os comentarios destas vivencias por parte dos seus mesmos protagonistas, converteranse nun dos eixos do aprendizaxe. E isto farase extensivo as familias dos alumnos, por medio da organización de conferencias e charlas dominicais”.
Coeducación, laicidade e pensamento crítico, son os principios da escola e auténticos anatemas para a patronal educativa española: a igrexa católica. Ferrer converterase nunha especie de "anticristo" para os sectores conservadores de Barcelona. Deste xeito, o centro educativo converterase nun obxectivo, cada vez que se produza algún conflito.
No 1906, un dos seus bibliotecarios, Mateo Morral, atentou en Madrid contra a familia real, provocando a prisión temporal de Ferrer e o peche da Escola Moderna. Esta non reabrirá, aínda que o pedagogo seguirá a fronte dun importante movemento de renovación pedagóxica tanto na España como en Europa.
Barricadas nas rúas de Barcelona (Semana Tráxica)
A Guerra chega a Barcelona
No verán de 1909, prodúcese o levantamento popular contra a guerra de Marrocos coñecida como "Semana Tráxica". Tralo seu remate, cinco persoas son elixidas como chibos expiatorios. Unha delas é Francisco Ferrer i Guardia, quen a pesar das enormes manifestacións europeas en pro da súa liberación será condenado a morte por un tribunal militar a mercé dun proceso arbitrario.
A noite anterior ó seu fusilamento, o creador da Escola Moderna deixou escrito: “Desexo que en ningunha ocasión nen próxima nin lonxana, nen por un nen outro motivo, se fagan manifestacións de carácter relixioso ou político ante os meus restos, pois considero que o tempo que se emprega ocupándose dos mortos sería mellor destinalo a mellorar as condicións nas que viven os vivos, tendo gran necesidade delo case tódalas persoas. Desexo tamén, que os meus amigos falen pouco ou nada de min, porque créanse ídolos cando se ensalza a alguén, o que é un gran mal para o porvir humano. So os feitos, sexan de quen sexan, estudaranse, ensalzaranse ou vitupearanse, loubandos para que se imiten cando parecen redundar no ben común, ou criticándoos para que non se repitan, si se consideran nocivos para o benestar xeral”.
A mañá seguinte, Ferrer era executado. A mensaxe era clara: "As nenas e nenos non debían pensar, nen cuestionar, senón seguir obedecendo cegamente a curas, burgueses e militares. As tebras extendíanse, de novo, por España.
Fonte:
Texto: Eduardo Pérez / Ilustración: Belén Moreno. Publica: O SALTO, nº 54 de Outubro 2021

OS MÁIS LEIDOS

FESTAS PATRONAIS 1945, A FORTALEZA DO TAPAL E O «SANCTI SPIRITU»

NÓS, OS IRRELEVANTES

FESTAS PATRONAIS 1946 CON SONETO Ó BERBERECHO

GACETA MUNICIPAL - 16 XULLO 1931

GACETA MUNICIPAL - 24 XULLO 1931

ULTREIA: TERCEIRA XEIRA (3/3)

«A DECADENCIA DE OCCIDENTE» de OSWALD SPENGLER (2/4)

MUNICIPAIS DO 31 (e 2)

«A TODO O QUE NON PENSE COMA NÓS»

FESTAS PATRONAIS 1947 / OS EMILIANOS / EVA DUARTE DE PERÓN