WILLIAM OKELEY, HISTORIA DE PIRATAS

A piratería do Mediterráneo, tanto clásico como bérber, obtuvo grandes beneficios traficando coa esclavitude por máis de vinte séculos. En Arxel, Túnez e Trípoli formáronse Compañías, co propósito de financiar barcos, que eran enviados ó mar co único obxectivo de voltar cargados de mercancía humana.
O crego Dau, que durante anos traballou entre eles, di que en 1634, só en Arxel, había vintecinco mil escravos cristiáns e oito mil cristiáns convertidos ó islamismo.
WILLIAM OKELEY
HISTORIA DE PIRATAS
Ningunha descrición da vida dos cativos da piratería, iguala o relato de primeira man que conteñen as cartas remitidas a casa de contrabando, ou os diarios publicados por escravos rescatados ou fuxidos. A pesares do rigor con que confinaban ós escravos, de cando en vez algún o lograba, as descripcións de estas aventuras son, secollar, as máis emocionantes de toda a literatura da piratería.
A seguinte historia topouse en poder do autor: é un rarísimo e pequeno volume publicado no 1675, co título de “Ebnezer or a small monument of Great Mercy”, escrito “por min, William Okeley”. O autor prologa a súa historia, cun longo poema alegórico, do que se transcriben os dous primeiros versos
"This author never was ir print before,
And (let this please or not) will never more".
"O autor non publicou nada antes de agora,
e (guste ou non) esta será a súa última obra".
A pesar desta escusa, Mr. Okeley fai a súa narración dun xeito case profesional.
«Ebnezer ou un Pequeno Monumento da Gran Misericordia»
En xuño de 1638, partiu o «Mary» de Gravesand-Londres, rumbo a illa Nova Providencia nas Antillas. Ía armado con seis canóns e levaba un cargamento de lenzos e telas de lá, e unhas sesenta persoas entre a tripulación e pasaxeiros. A viaxe comezou desfavorablemente. Despois de navegar cinco semanas contra vento e marea pola costa de Kent, o Mary chegou a illa de Wright; “pero a esta altura da travesía, toda a nosa cervexa daba mal olor, e vímonos forzados a tirala pola borda e a tomar vinagre para misturar con auga durante a viaxe”. O seguinte revés foi, encallar nun banco de area; conseguindo reflotalo con moitos traballos.
Estas circunstancias poden parecer insignificantes, para quen non tivera que sufrir as súas consecuencias; pero Deus nos concedeu a vantaxe, de ver cuán grandes cousas se esconden no seo de esas nonadas.
O emprego máis ominoso para o que podía ser destinado o escravo era o das galeras. Se lle encadeaba a un remo xunto con outros catro, cinco ou seis desgraciados. Alimentábannos cunhas galletas e un sorbo de pitanza, e por bebida, auga con vinagre e unhas gotas de aceite na superficie, con isto tiñan que soportar un traballo en todo momento superior as súas forzas humanas. Entre as dúas filas de remeiros corría unha ponte, ó longo do cal marchaban dous comitres ou contramestres con longos látegos na man, que deixaban caer sobre as costas núas dos cansos e extenuados escravos.
O Mary partiu con outros dous barcos como protección mutua, topándose seis dias despois con tres barcos de guerra arxelinos, que os atacaron, e despois dunha curta batalla, na que foron mortos seis tripulantes da Mary, capturaron as tres naves inglesas. Durante varias semanas, os cativos continuaban prisioneiros a bordo, mentres os piratas, navegaban a caza doutras naves; neste tempo, Okeley aprende un pouco de árabe, coa perspectiva de que puidera serlle útil máis tarde.
Chegados a Arxel, os novos cativos foron levados ó mercado de escravos. Os precios eran varios; os escravos mellor pagados eran os xoves de dentes sans e fortes membros. Examinaban particularmente as mans; os que tiñan callos endurecidos nas palmas das mans eran destinados para traballos brutos; con frecuencia pagábanse altos precios por aqueles que levaban mans suaves e ben coidadas, pois era probable que foran mercadores ou cabaleiros, e, polo tanto, susceptibles de ofrecer un bo rescate.
Okeley foi mercado por un armador mourisco, que o empregou en traballos de ferreiro; pero pouco despois envióuselle a unha expedición nun dos barcos piratas do seu amo, contra o cal protestou vigorosamente o inglés, aínda que foi en van. Despois dunha travesía sen éxito o patrón de Okeley soltouno, dicíndolle que buscara algún oficio de que sosterse, quedando obrigado a pagar dous pesos mensuais o seu amo.
A gran maioría dos cativos estaban destinados a unha corta vida de intenso traballo físico. Os mouros eran construtores infatigables, e en todos os portos bérberes víanse cuadrillas de escravos cristiáns labrando pedras, facendo escavacións, construíndo casas, fortes ou desembarcadoiros.
Okeley abriu unha pequena tenda, onde vendía tabaco e viño, e cando o negocio deu en ir a máis, tomouno en sociedade outro cativo, John Raudal, guantero de profesión. Este home, foi capturado xunto a súa esposa e fillo, comezou a facer luvas de lona para vender ós mariñeiros.
Despois duns catro anos de escravitude Okeley observou que o mesmo ele que outros escravos estaban “tan acostumados ó cativerio, que case esquecemos a liberdade, facéndonos estúpidos e insensibles a nosa prisión; como Issacher, axeonllámonos entre as nosas cargas, dobregamos as nosas costas o peso e fixémonos servos do tributo. I. Cron., IV, 23”.
O primeiro que sentía Okeley era a necesidade de confortación relixiosa, e isto non tardaría en obtelo na persoa do bo Devereux Spratt, un sacerdote anglicano compañeiro de cativerio. “Tres veces por semana este santo e pacífico servidor de Xesucristo pregaba con nós, e nos predicaba o verbo do Ben; nos xuntábarnos nunha cela que eu alugara. As veces viñan ata oitenta persoas a nosa congregación, e, aínda que nos xuntábamos a dous pasos da rúa, non fomos amolados xamais o máis mínimo por turcos nin mouros”.
A sorte dos prisioneiros por rescatar variaba enormemente. Algúns deles, si eran artesáns expertos ou profesionais, eran moi solicitados polos mouros; especialmente os médicos eran tratados con gran respecto, aínda que precisamente porque lles eran moi útiles, os propietarios resistíanse a permitir o seu rescate.
Fixemos varias expedicións sen resultado positivo, o amo de Okeley veuse obrigado a vendelo para pagar as súas débedas, e os seus escravos mudaron de man. Okeley foi mercado por un “grave e ancián cabaleiro”, que non só tratou o seu escravo inglés con amabilidade e compaixón, senón que o atendía coma un fillo; tanta foi, en verdade, a bondade do amo, que Okeley sentiuse feliz por primeira vez dende o seu cativerio en Arxel. Pero, a pesar do seu agarimoso patrón, ansiaba a liberdade, e púxose a facer plans para a fuxida, aínda que con moito exame de conciencia, pois o honrado cativo sentíase preocupado acerca de “si non sería a todas luces un roubo e furtarme ó servizo de quen me mercara co seu diñeiro e posuíame como xénero da súa lexítima propiedade, e agora eu non me pertencía, non tiña dereito a min mesmo”. Ó fin, para o seu grande alivio, a súa conciencia decidiu que o “título de patrón estaba danado pola base; o home é unha criatura demasiado nobre para que se lle someta a un negocio de compravenda sen pedir xamais o seu consentimento”.
Co espírito aliviado, Okeley comezou entón a preparar seriamente a fuga. Despois de confiarse a Mr. Spratt e obter o seu consentimento e beizón, os conxurados, pois había varios na conspiración, comezaron a fabricar un bote de lona, cuxas pezas, ó ser completadas, serían levadas o mar e ensambladas alí, “onde por intervención da Divina Providencia, viría a ser un «arca», que nos libraría das mans dos nosos inimigos”.
A sorte das cativas non é difícil de supoñer. A gran maioría desaparecían nos haréns si eran xoves, e nas labores domésticas si eran vellas.
A cela onde celebraban os oficios divinos, foi elixida como o lugar máis adecuado para facer unha lancha, e ó seu debido tempo foi construído un casco susceptible de desarmar en pezas; fíxose unha cuberta de lona ben chapapoteada, que podía estenderse sobre o armazón. As partes da lancha foron transportadas a praia por un dos escravos que traballaba de lavandeira, e as levaba entre os panos, e ocultounas baixo unha silveira. Polo mesmo método sacaron da cidade a lona alcatranada, a pesares do seu volume, e a agocharon coa armazón.
Ó fin, unha noite escura os sete escravos ingleses atopáronse a hora e no lugar convidos, armaron lixeiros o bote, votárono a auga e, para o seu grande contente, aboiaba!. Logo despoxándose das súas roupas, vadearon co bote mar adentro e comezaron a subir a bordo; pero, para o seu grande pesar, cando os sete estaban dentro o bote afundíase. A experiencia demostroulles que o bote non podía manterse a flote con máis de cinco, así que dous tivéronse que quedar na praia mentres o resto aventurábase no mar. Comezaron a viaxe, catro deles tirando dos remos en demanda da súa vida, mentres o quinto achicaba a auga sen un momento de descanso.
No amanecer do día, descubren horrorizados, que aínda estaban a vista dos barcos fondeados no porto; pero, por fortuna, pasaron inadvertidos. Remaron durante tres días, ata que todo o seu pan e case toda a súa auga esgotouse. No cuarto día -era no mes de xuño de moito calor- os fuxitivos atopábanse na derradeira boquexada, cando conseguiron pescar unha tartaruga que durmia frotando no mar. Beberon o seu sangue e comeron a súa carne, e sentíronse tan reanimados, que de seguida tomaron de novo os remos e halaron, según agardaban, en demanda de Mallorca e da liberdade.
"A conciencia" de Mr. Okeley, resultou ser un grande atranco, aínda que non invencible.
Ó fin, no sexto día apareceu terra a vista, o cal alentou os cansos remadores a tirar con ánimo renovado; tardaron un día máis en arribar a Mallorca, onde desembarcaron case moribundos, e onde se lles tratou con moita xenerosidade, dándolles de comer e que vestir e enviáronnos a Cádiz nunha galera do rei de España. En Cádiz atoparon un baixel inglés, no que partiron a súa patria, chegando a Downs na costa de Kent, en setembro de 1644.
FONTE:
HISTORIA DA PIRATERÍA:
OS CORSARIOS BERBERISCOS / OS PIRATAS DO NORTE
Philip Gosse
Colección Austral
Espasa Calpe – Arxentina, S.A. (Bos Aires)
Impreso en México: rematado de imprimir o 14/12/1954

OS MÁIS LEIDOS

FESTAS PATRONAIS 1945, A FORTALEZA DO TAPAL E O «SANCTI SPIRITU»

NÓS, OS IRRELEVANTES

FESTAS PATRONAIS 1946 CON SONETO Ó BERBERECHO

GACETA MUNICIPAL - 16 XULLO 1931

GACETA MUNICIPAL - 24 XULLO 1931

ULTREIA: TERCEIRA XEIRA (3/3)

«A DECADENCIA DE OCCIDENTE» de OSWALD SPENGLER (2/4)

MUNICIPAIS DO 31 (e 2)

«A TODO O QUE NON PENSE COMA NÓS»

FESTAS PATRONAIS 1947 / OS EMILIANOS / EVA DUARTE DE PERÓN